Comentarios de semprecocompos

Comentario Fecha Karma
Ancaguachita, aquí podes valorar ti mesmo o penalti, non se ve xenial, pero a min paréceme piscinazo: https://youtu.be/ewKc8LIJbi0 20 Ene 2020, 15:13 11.04
Pode ser que fóra, haberá que velo esta noite no enxogo... 19 Ene 2020, 20:53 11.04
Xa estades preto!! Forza!! 19 Ene 2020, 19:04 101.80
Dominio total, co Alondras moi pechado ao case lle sae a xogada. Algún equipo lle sairá ben en San Lázaro. Precisamos a Josiño para crear máis no medio e a Primopara definir. Esperemos que se recuperen pronto, 3 semanas sen eles son moitas.forza Compos 19 Ene 2020, 19:01 11.04
3 puntazos! Noraboa 19 Ene 2020, 18:58 11.04
https://www.google.com/amp/s/www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/santiago/2019/06/21/compos-destinara-22000-euros-primer-equipo/0003_201906S21P41991.htm 14 Ene 2020, 14:55 11.04
E seguro que tamén unha parte do orzamento non está declarado...que 70 mil euros de diferenza é moito... 14 Ene 2020, 12:57 11.04
Que eu saiba o Compos ten algúns "extras"que outros equipos se cadra non teñen. Hai uns anos varios xogadores compartían piso do presidente do clube, outros eran estudantes universitarios que aproveitaban a opción do Compos para compatibilizar fútbol con estudos. E logo estou dacordo con Paco Mentalista, se cadra por nome hai certos equipos que poden pagar algo menos, Ourense, Compos, Ferrol o ano pasado, Arousa... E até a situación xeográfica inflúe. Santiago está a media hora de Pontevedra e Coruña, e dicir hai unha poboación de unhas 700 mil persoas en pouco espazo, o que fai posible que os xogadores se desplacen . O Barco por exemplo con isto está fodido...imaxino que eles para fichar terán que pagar máis. 14 Ene 2020, 12:53 11.04
Regalo fíxolle O Ourense ao Compos fichando a Rodri Alonso... Agora podemos traer un xogador que aporte. Fálase de Bicho 13 Ene 2020, 12:07 11.04
Xa estades máis preto...FORZA 12 Ene 2020, 20:05 -94.01
Brais é un xogadorazo.. o mellor con Josiño e Primo , a ver se non nolos levan. Boa sorte para a segunda volta! 12 Ene 2020, 20:04 11.04
Dos peores partidos do Compos en San Lázaro polo bo facer do Arenteiro, que non mereceu irse sen marcar. Por momentos, especialmente na segunda parte Fostes mellores. Nos pecamos coma sempre de exceso de toque na frontal da área, e o Arenteiro pecou de exceso de conformismo na primeira metade 12 Ene 2020, 19:39 11.04
Grazas Pulpeira! Moita sorte tamén a vos , aínda que penso que o descenso non é a vosa loita, seguramente non pasaredes apuros! 09 Ene 2020, 12:48 11.04
Oirensesomonos, penso que non faltei ao respeto a ninguén e moito menos a ti ou ao teu clube do que nin falei, así que pido o mesmo. O ano pasado o ourense gañou en San Lázaro, pero do ano pasado a este houbo unha evolución bastante grande especialmente en defensa que era do que adoecíamos. Se ti no partido do domingo viches que o Compos se encerrou e meteu as dúas que tivo non vimos o mesmo partido, tivemos o 1-3 en varias ocasións... Sinceramente penso que o Compos tivo o partido onde quixo, soubo mantelo controlado nun campo no que non pode xogar o seu fútbol habitual e contra un bo equipo que che esixe moito físicamente. Dis que ao Udo lle puidemos meter 4 ou 5 , o feito é que non lle metemos ningún, e eles a nos si, e perdemos, e de perder en Ourense alégrome que sexa contra os amigos do Udo ;-) 08 Ene 2020, 15:51 95.40
Os puntos que perdeu o Compos foron en outro tipo de campos, As Eiroas, o Couto nun estado lamentable, A Pedra Santa, cando un xoga ás súas armas. Pero como dixen, non quere dicir que o Arenteiro non poida gañar, isto é fútbol 07 Ene 2020, 22:20 11.04
Sen querer ser soberbio. Mellor que o Compos en San Lázaro non vai xogar o Arenteiro nin ninguén. Pódese puntuar obviamente e are gañar pero xogando agazapados e cun chisco de sorte. o Barco case lle sae ben , mereceu levarse unha goleada pero só recibiu un e no minuto 82 07 Ene 2020, 21:39 11.04
O Compos non pode xogar o seu fútbol co campo nese estado. Faltaban os seus dous mellores xogadores. O Ponte e un gran equipo pero o Compos dende a miña modesta opinión demostrou saber manexar mellor o partido. 05 Ene 2020, 14:44 31.59
O Arousa o mellor equipo que pasou por San Lázaeo 01 Dic 2019, 19:30 11.04
seguramente o partido máis difícil para o Compos na casa... 29 Nov 2019, 12:17 11.04
Non me fío nada do Compos neste tipo de partidos...aínda así esperemos gañar 22 Nov 2019, 16:13 279.58