Comentarios de ourense2014

Comentario Fecha Karma
Fun a todos os partidos da casa este ano. O de hoxe, o peor con moito. 19 Ene 2020, 19:18 20.49
Gran primeira metade. Das mellores da tempada. Creo que deberíamos ir ao descanso gañando. Chegou o 1-0 no minuto 1 da segunda metade e a partir de aí sufrimos, pero o equipo non se descompuso tanto. O Arzúa ten moi bo equipo de medio campo para arriba. Xogan moi ben. Son 5 victorias consecutivas no Couto, algo que hai valorar moito. Unha primeira volta de Notable alto. Interesante o primeiro partido como titular de Manu Blanco en Terceira División. E o primeiro partido completo de Rubén Arce desde facía 11 meses!! 12 Ene 2020, 22:15 -59.41
A Unión Deportiva Ourense é un equipo moi humilde en todos os aspectos, salvo na masa social, na que está por riba dos demáis, pero tampouco para tirar foguetes...que estamos nunha cidade de 100.000 habitantes. Non hai diñeiro para fichar a ninguén. A ver se deixamos de facer películas. O posto na clasificacion debería estar entre o 7 e o 10. Nada mal. E de momento, non hai para máis. Sen respaldo institucional, con ataques desde parte de a prensa, sen campos onde adestrar, con críticas feroces por parte dalgúns afeccionados... xa bastante é estar na zona media de Terceira División. Este clube está aberto á cidadanía....calquera podería ser presidente. Non fai falta ter millóns. E aínda así, alguén da o paso? Cando remate a paciencia da actual directiva, virá outra? Non. Ese é o problema. 06 Ene 2020, 21:39 -116.34
Eu creo que a José Luis Díaz pillaronlle os acontecementos no medio dunha guerra. Certo que nas primeiras horas non soubo actuar correctamente, pero desde o xornal (salvo cando escribe UDO) sempre foi moi correcto. Crítico cando cre que debe selo, pero sempre informando con precisión. Eu sigo lendo os seus textos no Faro de Vigo. 12 Dic 2019, 15:11 -117.60
Por que se xoga o sábado? 02 Dic 2019, 15:28 -117.11
Non foi un gran partido. Gustoume menos que o 3-2 ao Somozas. Neste césped infame pouco máis se pode facer. Non ten mal equipo o Estradense, intentaron xogar ao fútbol pero era imposible. Moito mérito facer 6 de 6 en casa neste campo e con tan mal rollo no entorno. Moito mérito de xogadores e técnicos. E sobre a prensa, a ver se empezamos a pasar deles, como pasaron de nós (menos o Faro) o primeiro ano. O mellor sería que LR non puxese as nosas crónicas nen falase de nós. 01 Dic 2019, 20:40 10.92
O mesmo troll cambiando de seudónimo cada semana. Como SigueTuLiga non modifique mais o control de acceso, van quedar sen usuarios. Este fío é para falar do UD Ourense-Estradense, non? Veño aquì a escoitar a seguidores da UD Ourense e Estradense valorando o partido, o que pode pasar, etc... con respeto. 26 Nov 2019, 21:46 -193.25
Quizás houbo agresión, non o sabemos. De momento seguen sen aparecer nen imaxes nen testemuñas. O que está claro é que cando un medio como LR xa non ten ningunha credibilidade, a xogada pode sairlle peor a eles ca o clube. De feito, o resto de medios de comunicación xa se están desmarcando pouco a pouco da noticia, como empezando a dubidar dos feitos tal como se contaron ao principio. Iso non quita que a agresión verbal tamén sexa algo inxustificable e impresentable. 25 Nov 2019, 22:17 36.63
Pasan as horas e teño a sensación de que LR acaba de facernos un favor moi grande. Cando empezaba a haber deriva institucional, división na afección, críticas, asubíos, chega LR e dámonos conta de que temos que estar unidos. LR foi fundamental na fundación deste clube. A maneira de como nos ninguneou ao principio, foi vital para estar unidos. Igualmente que a nosa rivalidade co OCF, foi unha motivación extra. Nunca os vin como enemigos. Eles aproveitanse de todos os privilexios que lles dan, pero a culpa non é deles, senón de quen llos concede. Gracias LR por tanto. Contigo empezó todo. Y contigo continuará. Forza Ourense! 25 Nov 2019, 22:00 -67.08
Sports Da a cara e pon nome e apelidos aquí. Valiente. Para criticar a Damián Domínguez (que si dá cara) eres moi valiente. 25 Nov 2019, 16:12 10.92
Se o de La Región é certo, haberá denuncia por parte dos xornalistas, non? O que é mentira absoluta é que non houbo palabras....iso si que é mentira....e o resto, pois sospeitosos. Non sei se é peor que haxa agresión do presidente a que un xornalista sexa capaz de inventarse todo isto. 24 Nov 2019, 21:06 36.76
Bestaourensana09 Tes probas diso? Ou "me lo dijeron", "lo oí en la radio". 24 Nov 2019, 20:49 999.99
Que importante é ter bos xogadores no banquillo.....cando entran Rubén Arce e Marquitos sabes que o equipo non se vai vir abaixo.....que podes seguir creando perigo. Hoxe hai cousas que fan ser optimistas, pero outras non, obviamente. E o campo....menudo campo temos....e non só o césped. Que vergonza, que abandono absoluto! 24 Nov 2019, 19:12 36.76
Pois si, a afección produce vergonza allea. Hai un número moi alto de impresentables e energúmenos. Tamén é certo que é dos campos que máis xente levan, por iso tamén hai mais. Pero noutros campos non se vive esta histeria da grada do Couto. O partido (por chamarlle algo, ao xogado nunha lameira indigna dunha cidade) non ten moito que contar. Gañou a UD Ourense porque loitaron e porque o árbitro regalounos un penalty. Aos xogadores non se lles pode pedir máis, dérono todo, pero algúns non dan o nível da categoría. Queda moito por sufrir. 24 Nov 2019, 18:58 -48.22
Este foro é para falar do UD Ourense - UD Somozas ou para falar do OCF? Somos todos moi cansinos....non me interesa o que faga o OCF e aos trolls que veñen aquí a enmerdar.....non se lle pode facer caso. 23 Nov 2019, 00:36 305.30
Hai que comezar por asumir que non somos nen de lonxe un candidato a estar entre os 4 primeiros. A partir de aí, intentar mellorar o noso fútbol, sumar os 50 puntos canto antes, e purificar o ambiente da Tribuna, que está moi enrarecido. Se alguén quere, aínda pode ir aos partidos do OCF, con tan só cambiar os domingos que vas ao Estadio. Unha cousa é cabrearse cun xogador ou cunha xogada....e outra o runrunrun continúo. Nen que fose o Bernabéu. 29 Sep 2019, 22:27 -214.15
Hugo e Presas están lesionados. Igual que Iago Blanco e Rubén Arce. 29 Sep 2019, 22:07 10.90
Este foro non ten un moderador? Sobran insultos e ofensas, sexan do equipo que sexan. 28 Sep 2019, 22:03 34.95