Comentarios de miss21

Comentario Fecha Karma
Partido duro e disputado no que o xogo aéreo foi o predominante durante case todo o encontro. O partido comezaría co gol do Grixoa no min 3 tras un saque de banda e un cabezazo que o porteiro no acada a atallar. Na seguinte xogada o oleiros igualaría o encontro nun despiste visitante. A partir de aí, a escachala. Campo pequeno e de terra, moi difícil ser preciso por abaixo asi que a xogar polo aire. Os locais crearon perigo grazas á excesiva pasividade defensiva visitante, e estes, tan só asustaban ao Oleiros coas xogadas a balón parado, sobre todo os córners. No reinicio o Oleiros saíu con máis ansia nos primeiros minutos e encerrou ao seu rival no seu campo, que sen embargo, logrou crear perigo á contra. Nestes primeiros minutos chegaría o gol do Oleiros que sería neutralizado un pouco máis tarde debido a un penalti por mans na área local. A partir do 2-2 comezou a suceder o máis interesante do encontro que ata ese momento fora moi aburrido. Chegaron aproximacións perigosas por parte dos dous bandos, ainda que sí que é verdade que a sensación de perigo era maior cando o Oleiros rondaba as inmediacións visitantes. O Oleiros chegou a gozar de numerosas ocasións coma 2 balóns ao pao, un penalti errado e un disparo que se colaba pola escadra se o gardameta do Grixoa non interviñera maxistralmente. Estes aproveitaron que o Oleiros se volcaba para contragolpear con perigo e chegaron a crear ata 3 ocasións claras onde os atacantes visitantes chegaron a quedarse sós diante do meta local. Ningunha ocasión chegou a bo porto e o partido rematou cun último arreón do Oleiros que non logrou o seu obxectivo. O dito. Partido igualado aínda que con ocasións máis perigosas e en maior número do Oleiros, o que non quita que o Grixoa non se puidera ter feito coa victoria nun dos seus contragolpes. Quizáis máis contentos polo resultado os visitantes que sufriron para aguantalas acometidas locais no 2º tempo. PD: O Oleiros alineou a un xogador que estaba sancionado. 12 Mar 2012, 00:11 184.07
Semella que o Lugo B ten a pócema... 06 Mar 2012, 18:20 57.20
Partido vital para os dous equipos. Non hai moito semellaba que o Santiago e Montañeros ían moi sobrados pero a liga é moi longa e agora co Montañeros con vantaxe, a loita está entre Santiago, Victoria e Sárdoma. Tres grandes equipos que sen dúbida están onde se merecen. Eu vexo un pouquiño máis favorito ao Victoria, pero o factor campo iguala as tornas. Moita sorte e que gañe o que máis méritos faga! 06 Mar 2012, 18:15 211.39
efectivamente. O primeiro partido que xogamos en grixoa foi ante o Bodegón. Antes parece ser que para a federacion o noso campo non estaba acondicionado, e xogabamos en campo neutral 04 Mar 2012, 16:34 193.19
Bueno pois nada como queiras, pero no tío que se foi de dous, se o equipo funciona como ten que funcionar e como o fixo defensivamente durante a maior parte do partido, ten que haber un tío aí facendo a cobertura e punto. En canto ao tema do fútbol vistoso. Se viches máis partidos nosos non creo que non caractericemos por facer un fútbol bonito, máis ben efectivo de maneira que en xogadas rápidas e cambios de orientación poidamos plantarnos na área rival e crear perigo coas balas que temos arriba. Ao principio da tempada si intentamos facer un fútbol máis de toque e ir, non nos foi moi ben. E o de merecer ou non merecer. Non che discuto que o Puebla puido meter antes de feito tivo unha clarísima, pero unha vez que vas gañando 2-0 e o rival está con 10, o lóxico é que te leves o partido se xogas como o estivemos facendo ata o intre da expulsión, pero confiamonos e fumos moi pasivos e poucos contundentes defensivamente. Aclároche, ser pasivo defensivamente non quere dicir que os laterais estiveran pasmando senón que me refiro con iso a que na liña de presión do medio campo por exemplo se viña un rival pois non se era todo o contundente que se sería en condicións normais, froito da aparente comodidade do resultado. E por último con 2-0 tivemos varias ocasións clarísimas dentro da área que non fomos quenes de materializar. Todo vai sumando e ao final eu marchei coa sensación de que perdimos 2 puntos moi valiosos para o noso obxectivo. Máis nada 04 Mar 2012, 01:21 73.26
cojoendios non estou en desacordo contigo pero gustaríame aclarar un algunhas cousas: 1- Digo que nos merecimos a victoria pq o que conta non é ter a posesión nin caralladas desas, se un central fai un depexe e o dianteiro queda só diante do porteiro, eu consideroo ocasión de perigo, e desas tivemos unhas cantas hoxe. 2- Non me negaras que tirámolo partido porque se un equipo, calquera, foi capaz de aguantar 80 minutos a portería a 0, non é moi lóxico, salvo que ocorra o que ocorreu que en 10 minutos e con 1 menos se logre empatar. 3- A falta do 2º gol non digo que non sea, colleume moi lexos, amin non me pareceu. E nese gol considero que pecamos moi moito de pasividade defensiva. 4-O tema do campo. Debiches escoitar mal porque nós entrenamos tódo-los días nese campo, e nese campo xogamos. De feito só cheiramos un campo de herba artificial cada 15 días e sempre e cando o rival teña o campo dese material. Que hoxe foi unha pataqueira, non cho nego, ten tado mellor, pero repito houbo partido pola mañá e non tivemos tempo de alisalo. Síntoo non penses que a nós nos gusta xogar así. 5- Eu non dixen nada dun baño. Só falei de que dominamos a primeira parte(as ocasións dan sensación de dominio) e trala expulsión creamos bastante perigo. 6-O de que o Puebla se meteu atrás. Está claro que tralo segundo gol se resgardaron un pouco defensivamente aínda que saíron a presionar e entre o nerviosos que estabamos polo raro da situación e que eles se viñeron arriba, tan só puidemos chegar cerca da área con balóns frontais. Pero o partido rematou cunha ocasión nosa que se foi a córner e que o arbitro decidiu que non se debía sacar. 7-Para rematar os 2 goles foron dous erros defensivos clamorosos. No 1º gol está claro que o tío se foi de 2 maxistralmente pero a cobertura deses dous iba no carallo e plantouse diante do porteiro. 04 Mar 2012, 00:49 66.82
Primeiro tempo espectacular do Grixoa. Presión que obrigaba ao Puebla a despexar balóns, circunstancia á que non están acostumados. Ofensivamente aproveitaba a velocidade dos seus xogadores máis ofensivos e logrou crear moito perigo no 1º tempo. Nos primeiros instantes xa houbo un balón ao longueiro do Grixoa. O Puebla no daba a basto co seu rival e nos primeiros compases dedicouse a achicar auga. Nunha xogada embarullada dentro da área chegou o primeiro do Grixoa. Seguiron chegando acercamentos de perigo locais ata media a 1ª parte onde o Publa empezouse a soltar, producto tamén da baixada de ritmo local. Dúas foron as ocasións claras dos visitantes. A primeira nunha falta lateral que o Grixoa non acerta a despexar e que lle cae nos pés ao atacante á altura do punto de penalti e totalmente libre de marcaxe. O seu disparo pasou rozando a madeira. Houbo outra chegada perigosa onde o atacante do Puebla sentou a o lateral local cun recorte(entrou coma un tolo), pero o seu tiro foi mansiño mansiño ás mans do gardameta. Para rematar o 1º tempo o Grixoa dispuxo de dúas ocasións claras: a primeira nunha falta lateral centrada ao segundo pao donde se atopaban dous xogadores libres de marcaxe, pero o remate non logrou ser ben dirixido e rematou nas mans dun porteiro moi ben colocado. Outra xa no minuto 45, tras un lanzamento de falta dende o medio campo colgado á área onde un potentísimo cabezazo do atacante local a piques estivo de sorprender ao porteiro que logrou desviar a pelota a córner, non sen antes tocar no traveseiro. Así chegouse ao descanso cun resultado que para min, facía xustiza. Na segunda metade o Puebla saíu algo mellor e o Grixoa bastante relaxado polo que os primeiros instantes transcorreron no campo local, pero sen que o Puebla lle puidera crear ocasións claras. O Grixoa seguiu cerrado atrás e buscando balóns largos para a velocidade dos seus homes máis ofensivos que tiveron bastantes complicación na conducción productos dos botes do balón provocados polo mal estado do campo. Unha circunstancia marcou o partido mediando o ecuador desta parte. Tras falta ao borde da área sen maiores consecuencias ca un cartón amarelo (lóxico) para o infractor, o xogador nº 5 do Puebla dirixiu unha ameaza contra o futbolista local que se atopaba no chan. O arbitro semella que a ouviu e amonestou con vermella directa ao rapaz que tivera unha actitude lamentable durante todo o transcurso do encontro (disto xa falarei máis adiante). O lanzamento da falta foise moi desviado pero este instante marcou un punto de inflexión xa que o Puebla con 10 volveuse máis vulnerable defensivamente e o Grixoa puido provocar infinidade de ocasións a prol. Nunha delas chegou o segundo gol tras unha internada pola banda de 50 metros do lateral que batiu cun tiro potente e cruzado ao porteiro visitante. Tralo gol chegaron máis ocasións, como un un para un co porteiro que este logrou solventar, un tiro que pasou rozando o poste, e varias ocasións claras dentro da área que os locais parecía que fallaban por desgana. Aproximadamente no minuto 80, un despexe sen aparente perigo do Puebla chegou aos dominios do porteiro do Grixoa que tentou controlalo balón co pé con tan mala sorte que lle pasou por debaixo. Córner. Ao saque do córner, horrorosamente defendido polo Grixoa por certo, houbo un rechaza cara á banda donde un xogador do Puebla, o nº 10 se mal non lembro, se foi de dous homes e logrou facer un disparo cruzado que rechazou o porteiro do Grixoa, no rechace un defensor tentou despexalo perigo con tan mala sorte que o esférico rebotou nun rival e colouse na portería. O Puebla comezouso a crer. Tralo gol aínda chegou unha ocasión clara do Grixoa, pero defensivamente a pasividade era máxima nos locais. Así nunha falta lateral, que non era pero iso non é excusa, o xogador do Puebla puxo un centro que ninguén atinou a despexar, a bóla botou na área e colouse na portería. A partir de aí o Puebla para atrás, e os locais, entre o nerviosismo polo rocambolesco da situación e as imprecisión, non lograron marcar o gol da victoria a pesar de que sí puideron chegar con perigo. O partido rematou e euforia visitante tralo punto gañado e desilusión local pola perda de 2 puntos que estaban conseguidos e que se perderon por falta de actitude e relaxación nos instantes finais trala expulsión do home do Puebla. Os tres puntos mereceron quedarse aquí pero é o que hai. Así pois un puntiño que deixa sabor amargo xa que a pesar de que quizáis antes do partido si se firmaría, vendo este queda pena de que non puideran ser 2 máis. A min persoalmente doéme máis perder estes 2 ca o 6-0 que nos meteu o Villestro hai un par de semanas. A nota positiva segue sendo o fortín que está a resultar Grixoa onde tan só Puebla e Dubra lograron marchar con puntos. Por parte do Puebla sensacións contrarias, seguramente tiveran aspiracións maiores pero tralo transcurso do partido seguramente se marcharían contentos para o autobús. En canto ao campo, si, hai que dicilo, hoxe estaba moi mal. Entre o que choveu pola noite, e sobre todo, a circunstancia de que pola mañá houbera un partido e non deu tempo a alisalo o estado era pésimo. Non se daba conducido a pelota á máxima velocidade porque a pelota a pesar de intentar levala rasa ía botando coma un coello, e notouse sobre todo en imprecisións en pases e controis. En canto ao xogador nº5 do Puebla non vou dicir nada máis alá do que ocorreu porque eles saberán o que teñen pero a min pareceme que a actitude coa que ese rapaz saltou e estivo hoxe no campo de Grixoa é totalmente desequilibrada e intolerable. 03 Mar 2012, 23:48 75.51
60% 40% por aquilo de ser en Lalín, pero se o Villestro non ten baixas moito ollo con eles! O da Estrada foi un accidente aislado e eu creo que o Villestro é capaz de gañarlle a calquera. Do Lalín que dicir... está onde está por algo (por algo bo quero dicir) 02 Mar 2012, 19:52 140.44
Ah e en canto ao tema do campo da terra e todas eses condicionantes non vos preocupedes que se ha de xogar ben. E en canto a faltar ao respecto, a min non me parece falta de nada preguntar que tal é o campo xa que iso é algo que hai que saber. Cada equipo ten o campo que pode e ten que estar orgulloso del. A min o campo do meu equipo é o que máis me gusta de toda a liga. Pois iso, un saúdo! 27 Feb 2012, 23:57 230.92
non sei quen puxo esa parvada nin quen é o tal ina7 dicir que do Grixoa fijo que no puxo ninguén xa que aquí a dicir verdade, dubido que ninguén de nós coñeza como xoga nadie de aí (lóxico poroutra parte xa que só os vimos no partido de ida e eu a verdade tan só me lembro dun rapaz que se chamaba quillo creo e que se mal non recordo foi expulsado) Bueno sigo que perdo o fío. Está moi feo rajar así de alguén polas costas, porque unha cousa é facer unha crítica constructiva e outra é dicir esas cousas. Por outro lado,non coñezo ao rapaz, pero moi malo non ha de ser cando está tendo minutos nun equipo como o Puebla que para min aspira a todo e ademáis disputando minutos en encontros importantes. E por último e xa para acabar, eu opino que non se lle debe facer moito caso a esta serie de "figuras" que aparecen por eiquí de vez en cando para dicir calquera parvada e sí a xente que opina neutralmente e que sempre é correcta sen faltarlle a ninguén, e sempre expresando o seu punto de vista, coma por exemplo rivas65, pts, Lvis, adrianmota45 e podo seguir toda a noite nomeando xente que afortunadamente opina con rigor. En canto ao partido agardemos que sea limpo e con bo fútbol. 27 Feb 2012, 23:53 231.32
Home igual dar non da oh pero non hai ningún problema co campo. De feito eu prefiro xogar nese campo ca nalgúns de herba artificial 26 Feb 2012, 23:35 192.36
ina7 se te refires a se se pode rasear a pelota, pódese perfectamente. Sóese aplanar antes do partido e non bota mal o balón 26 Feb 2012, 22:35 213.47
Os horarios determínaos a federación galega xa que o Santiago non ten campo propio e xoga nun campo federativo. Realmente non sei se depende do concello, deputación ou federación, pero estou seguro de que o Santiago non puxo o partido a esa hora para ¨festidiar¨ e se hai algún equipo que faga iso co único motivo de jorobar ao equipo contrario paréceme lamentable e totalmente deplorable 24 Feb 2012, 19:21 90.62
VAMOS AGUIÑO!!! 24 Feb 2012, 19:06 152.50
O Grixoa tentará solucionar a súa mala racha fóra da casa para así ademáis tentar alonxarse un pouquechiño máis do pozo, e porque non, mirar cara arriba xa que o Noia que a priori ten aspiracións altas e que na ida lle pasou por enriba ao Grixoa está tan só a 3 puntos. Polo Noia non sei. A única vez que os vin non foi un partido coma para xulgalos (1-8) pero suponse que se quereran levalo encontro para seguir aspirando a unha promoción de ascenso que se presupón coma obxectivo para esta temporada. Que haxa sorte e que non se manque ninguén, e a poder ser que gañe o Grixoa jeje. 23 Feb 2012, 18:09 170.52
Encontro de necesidades para os 2 conxuntos. Unha victoria visitante acercaría ao Cacheiras e apertaría a zona baixa. Pero polo contrario, se se impoñen os locais, o Cacheiras podería quedar un pouquechiño descolgado o cal nunca é fácil de afrontar, e o Abanqueiro levaría unha inxección de moral que os podería levar a subir o seu nivel nas seguintes xornadas, porque equipo téñeno para estar mellor. Ollo co Cacheiras que está xogando mellor e pode crearlle perigo a calquera. 20 Feb 2012, 14:06 155.11
Un líder que por outro lado está baixando o seu nivel de resultados nos últimos encontros aínda que seguramente non sea demérito deles senón que mérito dos rivais que comezan a pillarlle o tranquillo. Pero non só lle está a suceder ao Sporting senón que tamén ao Lalín e ao resto de equipos que andan por aí. Nesta segunda volta vai ser moi difícil gañar fóra xogues contra quen xogues co cal o Puebla ten bastantes importantes posibilidades (cun bo plantexamento) de gañarlle a este espectacular líder que fai o mellor fútbol da categoría. 20 Feb 2012, 14:01 128.68
Non teñen nada de nada que ver un co outro! Bodegón Arzúa é o patrocinador dos locais, un bar de Santiago de Compostela mentres que a ED Arzúa si pertence a dita localidade. Co cal a rivalidade é tal coma se xogaran San Marcos-Arzúa Villestro-Arzúa Grixoa-Arzúa etc. 20 Feb 2012, 13:57 228.47
campo de terra ;) 14 Feb 2012, 17:21 185.24
Ánimo aguiño que podedes!!! 13 Feb 2012, 15:33 39.71