Comentarios de miss21

Comentario Fecha Karma
Será un derbi dos que gusta xogar. Un partido entre equipos parellos e con traxectorias semellantes que chegan igualados a puntos. Un partido entre amigos, entre compañeiros, donde agardemos e non me cabe ningunha dúbida de que sucederá, que brille a deportividade e o saber estar. O que se leve o encontro terá bastante feito de cara á salvación e a asegurarse non ser sorprendido polos máis que posibles numerosos arrastres que poidan vir de categorías superiores. Agardemos que sexa un bo encontro e que gañe o que máis o traballe (agardemos que sea o Grixoa) ;) 10 Abr 2012, 23:16 247.01
Etapa decisiva para o Trazo. O lóxico é unha victoria visitante máis que nada porque so xogan todo e o seu rival ten varias baixas. Esta é a primeira de moitas finais que lle quedan ao Trazo se para o ano quere estar nesta categoría. Ánimo rapaces! 07 Abr 2012, 17:15 263.48
A salvación é posible, pero hai que ir paso a paso. Primeiro gañar aquí 04 Abr 2012, 18:01 170.59
Partido de empate. Moita loita, moita intensidade e poucas ocasións. O encontro desenvolveuse máis no campo do Grixoa pero sen que o seu rival poidera crearlle excesivo perigo. O gol do san marcos chegou mediado o segundo tempo nunha xogada embarullada. A partir de aí o Grixoa tirou de orgullo e comezou a ter chegadas. A máis clara no 90 tras un saque de banda e unha cabezada que se colaba pola escadra senón fora pola maxistral intervención do meta visitante. A última xogada do partido tamén foi para o Grixoa cun disparo que se foi pegado ao pao. O dito o xusto quizais debería ser un empate pero a sorte sorriulle ao San Marcos 31 Mar 2012, 19:58 224.74
Xurrasco cada un pensa o q quere. Posiblemente sexa un dos xogadores que mais evolucionou dende o principio da tempada! sobre todo tácticamente que é o que máis fai falla neste xogo. Non sei eu nada deso dunha cuenta pero para falar ben del xa tou eu e mais todos os que o viron xogar.Sobre todo nesta segunda volta donde os erros brillaron pola sua ausencia. 30 Mar 2012, 16:10 124.41
Pois ise capitan que ti dis e o home que equilibra o equipo no centro do campo, e o outro día ben que se notou que non estaba! A súa colocación por diante da defensa nesta segunda volta unha das claves para que o grixoa estea nesta boa racha de resultados. E non sei cando lle faría Lucas ese pandeiro porque na ida el non xogou... 29 Mar 2012, 19:15 135.95
Mala imaxe do lider ante un montañeros que foi superior 27 Mar 2012, 19:18 12.25
O Grixoa ten a mesma prima que supoño que terá o San Marcos. A habitual. Tres valiosísimos puntos que nos poden colocar a tan só dous de distancia deste todopoderoso rival que semellaba inalcanzable non hai moito 26 Mar 2012, 15:52 179.68
O Union afianza a súa cadidatura. Pola súa parte o Silleda perde algo de fuelle pero segue aí. Dous claros candidatos ao ascenso! 25 Mar 2012, 19:10 199.48
Mal partido. Deses que lle saen ao Grixoa 1 vez cada 2 meses e que explican o seu nefasto golaverage. Afortunadamente puideronse sacar os 3 ptos, o único positivo do choque. Asi son as cousas. Unha mala imaxe que se lle pode sumar a unha xa demasiado poblada lista: Noia, San Marcos, Villestro... Por sorte non tan poblada como a lista de encontros serios e intensos. Agora a esquecer isto e a traballar para que non volva a suceder. Quedan 8 xornadas e fan falla os 24 puntos! 25 Mar 2012, 18:54 94.06
Claro está que se os dous clubes se poñen de acordo non hai problema ningún lóxicamente. 22 Mar 2012, 16:14 200.10
Partido máis ca complicado para un líder bastante solvente en terreos de xogo de herba artificial, incógnita noutros. Non é que o do San Marcos seña un mal campo, nin moito menos. A min gústame, pero é unha superficie na que o Sporting non está acostumado a xogar e tampouco ten dimensións demasiado grandes para que eles fagan o seu xogo. E por se non fora pouco, teñen diante a un equipo con ambición que tentará gañar para acercarse ao seu obxectivo, e un rival que na casa é moi forte. Bo encontro, sen dúbida 22 Mar 2012, 16:09 237.47
el hombre de negro discrepo un pouquechiño no que dis, e explícoche porque. Na primeira parte o Son si tivo a posesión e achegouse á portería con centros dende o centro do campo, pero só creou perigo nun erro do lateral no que o dianteiro se plantou só e non foi quen de atinar. Pola súa parte o Grixoa contragolpeou en tromba sempre que puido e creou ata 4 ocasión clarísimas. Dúas acabaron en gol, unha foi ao longueiro e a outra desviouna un defensa a córner. Despois no segundo tempo o Son non deu saido do seu campo e houbo un instante co 4-0 que a sensación era de que iso ía acabar cunha goleada de escandalo. A parte o Son xa estaba medio alicaído. Si que a partir do minuto 20-25 volveu a ter a posesión e a xogar en campo rival aínda que seguía sen crear perigo, ao contrario ca o seu rival que tivo dúas xogadas perigosas. Ademáis dos dous goles (1 ocasión clara, e unha falta sen perigo aparente) o Son só disfrutou dunha ocasión máis. A da expulsión do capi do Grixoa na que tras unha falta ao porteiro non sinalada houbo unha serie de rechaces que poideron acabar en gol. Non foi así e o encontro rematou 4-2. Resultado creo que demasiado pouco abultado para as ocasións que tivo cada equipo; e supoño que estarás de acordo en que os 3 puntos se mereceron quedar na casa. O campo. É o que hai. Aínda bo é como taba. Que co que choveu aínda aguantou ben. E estar estaba liso asi que a bóla dábase pasado ben agás nalgunhas zonas que había pozas. 18 Mar 2012, 18:38 102.19
Xa rivas 65 pero na normativa formase un lío co tema de que se poden alinear cadetes en proporción ao número de habitantes do concello ou algo así (non sei non me fagas moito caso) e espartaco o tema do serafín (ti supoño) xa no mencionei no meu 2º comentario co cal dino por rectificado, e senón rectifícocho agora. Ala un saúdo e que teñades moita sorte! 17 Mar 2012, 23:26 36.07
A pesar do resultado o partido foi dominado de cabo a rabo polo Grixoa excepto nos últimos minutos. O Grixoa comezou o partido avasallando ao seu rival e nunha das primeiras xogadas convirteu o 1º gol tras un bo centro dende a banda. A raíz deste, o Grixoa non baixou e seguiu dominando e saíndo á contra con moito perigo. NUnha desas xogadas chegou o 2-0 tras un barullo na área. O ritmo do Grixoa comezou a mermar contra o ecuador deste tempo, e as ofensivas do Son comezaban a xerar unha tímida sensación de perigo, aínda que estaban sendo ben solventadas polos locais. Así chegamos ao minuto 40 aproximadamente donde o Son mete un balón en profundidade. O porteiro local sae e comete falta sobre o atacante. O árbitro decide expulsar ao meta local a pesares de que o balón se dirixia deica un costado. Este feito marcou o encontro e deixaba con dez aos con case 1 hora por diante. Chegamos ao descanso sen maiores incidencias. Á volta do descanso, o Son saíu anestesiado e o Grixoa conseguiu facer o 3-0 nos primeiros compases deste tempo. O Son non daba pé con bóla e era incapaz de saír do seu campo ante un equipo con dez xogadores que saíu cheo de valentía e a presionar roubando balóns en zonas de creación e creando innumerables ocasións de perigo. Nunha falta frontal chegou o 4º gol. O Grixoa seguiu mordendo e disfrutou de varias ocasións claras como un disparo á cruceta dende 35 metros, ou un balón ao pao no rechace desa mesma xogada. A partir do minuto 25 os folgos empezaron a faltar e os visitantes si tiveron máis chegadas aínda que sen crear aparente perigo sobre a meta do improvisado porteiro local. O Son atacaba, pero o Grixoa continuaba creando moito perigo á contra. Cabe mencionar que a raíz do 4º gol semellou que o árbitro lle quixo dar máis emoción ao encontro e comezou a omitir claras faltas sobre xogadores do Grixoa e a sinalar outras en contra que se inventaba el. Así, nunha falta frontal, un potente disparo dun xogador do Son colouse pola meta dun porteiro falta de experiencia, e con este 4-1 semellou que os visitantes so empezaron a crer un pouquechiño. O árbitro estaba fóra do partido e incluso comezou a faltarlle ao respecto a algúns xogadores locais. Aproximadamente no min 35 chegou o 4-2 nun erro defensivo dun equipo que lle pasara factura o esforzo físico feito con 10 homes e agora o estaba pagando. Non houbo demasiadas ocasión de perigo máis do Son aínda que iso si, era o dono e señor do esférico, e máis cando tras un saque de esquina no que se empuxou ao porteiro local na área pequena (falta non sinalada) as protestas do capitán do Grixoa provocaron a ira no colexiado que lle amosou o segundo cartón amarelo e deixou aos locais con 9 homes (corría o minuto 44). A partir de aí, o Grixoa a achicar auga e o Son a empuxar con máis corazón que cabeza e sen crear demasiados apuros. Así no minuto 52 deu remate un encontro que alexa ao Grixoa da zona baixa e que porque non, o pode facer soñar con metas máis elevadas. Un Grixoa que tan só perdeu un encontro dende que comezou a 2ª volta e que leva prácticamente unha volta completa sen perder no seu fortín (única derrota). Ademáis encadea o seu quinto encontro consecutivo sen perder. Pola súa parte, un Son moito máis vulnerable fóra, intentara aferrarse ao seu campo para non pasar apuros. Unha nova arbitraxe lamentable. Unha máis que se suma á longa lista de árbitros que se dedican a dar espectáculo en vez de pitar como deben. O mellor que hai é Vicente que a pesar da súa baixa forma física pita o que ve e non se deixa levar por factores externos. Moita sorte ao Son! un saúdo! 17 Mar 2012, 23:19 136.99
Tamén hai que dicir que o Bodegón soe ter moitas baixas e a irregularidade e a súa tónica habitual. Se reciben goles cedo véñense abaixo... 17 Mar 2012, 22:51 33.79
O Trazo é un rival duro e correoso como local e máis se o partido é no campo de herba e non en Chaián. Isto unido a que semella que o Puebla non é quen de arrancar fóra da casa, pode facer da igualdade, unha tónica dominante neste encontro 15 Mar 2012, 17:27 125.85
O posto na clasificación do Bodegón non reflexa o seu potencial, polo que pode que lle cre algún problema ao líder, ou incluso lle de unha sorpresa. Iso si, o favorito segue sendo superior a eles e é o gran favorito para o encontro. 15 Mar 2012, 17:24 127.20
Duelo importante para os dous. Se o Grixoa gaña meteríalle unha vantaxe de 7 puntos ao Son polo que estes poderían padecer a aproximación dos equipos de abaixo, e volveríase a meter na pelexa. Unha victoria do Son deixaría aos dous contrincantes separados por un punto na clasificación e con todo no aire. Tan só boas palabras de ambos conxuntos que comezaron a liga, e case prácticamente a primeira volta, loitando na zona baixa e que agora gozan de algo máis de tranquilidade, e incluso se poden achegar máis adiante. O encontro de ida foi dominado maiormente polo Son, pero non obstante, o Grixoa soubo aproveitar mellor as súas ocasións e fíxose cun 1-2. Sorte! 15 Mar 2012, 17:21 124.20
Non sei que pasa aquí pero eu non vexo tanto motivo para discutir, e menos por parvadas. -Un punto para cada equipo, un rompe racha negativa e o outro puntua fóra. Todos contentos aínda que si que o Oleiros tivo máis ocasións para gañar. -Certo é que a norma dos cadetes é unha parvada, pero está para cumplila e é tan respetable como a de que só se poden convocar 16 xogadores etc. -Non sei porque poñedes de exemplo o noso campo. Eu non vin que se queixara ninguén do do Oleiros, bueno si, pero póñeno para ter que facer e senón a palabras necias... Eu o único que dixen sobre o campo foi que é pequeno, e é certo. É un campo de pequenas dimensións, pero nada fóra da normativa. Que podía ter máis espazo polos lados, por suposto, pero o campo está ben. É de area, pois ningunha obxección, o balón pódese controlar perfectamente. En canto ao campo do Grixoa, é dunha superficie semellante ao do Oleiros, NORMALMENTE está alisado, aínda que si hai dous equipos que teñen dereito a queixarse polo mal estado no que se lle presentou o campo: Lalín e Puebla. Se o campo non está para xogar por enbaixo, pois haberá que xogar polo aire e punto, é cuestión de adaptarse. En todo caso si que é certo que eses 2 días puntuais, o campo non estaba demasiado ben. -Por último en canto ao tema de excesiva agresividade insultos etc que tanto se estaba a falar do mal que o facían os do Oleiros: 0. Os 11 e mais un cambio que fixeron, se mal non lembro, comportáronse como se debe, e a agresividade gardárona para o que a teñen que gardar, para cando está o balón en xogo. O certo e que foi un partido limpo e sen nada pulible polo que non entendo estes insultos que se están propinando en comentarios anteriores, pero bueno... é o que hai... Sorte e a seguir conseguindo puntos para que cadanseu logre o obxectivo. 15 Mar 2012, 17:15 50.85