Comentarios de miss21

Comentario Fecha Karma
Partido importantísimo. Xóganse o quedar un diante do outro. Vital quedar o máis arriba posible para tentar eludir os arrastres 15 May 2012, 19:13 113.46
aleman17 fixo o que puido baixo paos. No primeiro gol tivo moi mala sorte, e no segundo non podía facer nada. Chegou a facer intervencións de mérito que fixeron que a vantaxe que se quedara en dous goles. 13 May 2012, 15:58 194.21
En canto ao encontro, dominio da posesión do Cordeiro pero control do encontro do Grixoa. Agás nos primeiros compases, nos q o Cordeiro tivo chegadas con perigo, o Grixoa soubo controlar os tempos do encontro. Mediado o 1° tempo un disparo dende 25 metros pega na cara interior do pao con tan mala sorte que lle rebota ao porteiro e entra na portería. O calor fixo meia e o ritmo do encontro baixou bastante. Algunha chwgada máis para o Grixoa, lanzamentos de falta... Comezado o segundo tempo de novo a sorte sorriulle ao Grixoa que se atopou cun gol tempraneiro que afectou moito na moral do Cordeiro. Os visitantes seguían creando perigo, e froito da impotencia, o dorsal n° 10 cometeu unha agresión (patadón sen balón) que foi castigada con vermello directo. A partires de aí pouco máis. O Grixoa especulou co resultado e creou perigo á contra. Os locais disfrutaron de algunha chegada froito da pasividade defensiva dos visitantes que se conseguiron solventar a tempo. Obxectivo cumprido para o Grixoa que se asegura o 11° posto e agás cataclismo a permanencia na categoría. Pola súa parte o Cordeiro ten un encontro máis ca importante ante o Cacheiras na loita por conseguir unha boa plaza para tentar eludir os arrastres. 13 May 2012, 10:04 146.15
Se entras no Facebook e pos SD Grixoa xa che aparecen aí as fotos do partido (Cando as suban claro) 13 May 2012, 09:51 113.07
Se o Santiago consegue os 3 puntos neste encontro deixaría ao Areosa sen opcións e deixaría ao ascenso a tan só 3 puntos de diferencia. Unha victoria visitante daría máis emoción á parte alta e ampliaríanse as opcións de Areosa e Victoria 08 May 2012, 18:36 75.57
Nono vexo eu tan asequible. Evidentemente o Sporting é superior. Pero o Cordeiro pode dar guerra. O estilo de xogo é semellante. Cando menos verase un partido bonito entre dous equipos que lles gusta e que ademais saben xogar a pelota 04 May 2012, 20:20 201.56
A primeira eliminatoria non. Pero a segunda pode deparar cruces de calquera tipo. Si sería posible. De feito o ano pasado coincidiron dous. Non me lembro pero sóame que un deles era o Recesende 04 May 2012, 19:05 255.36
Os máis regulares e sen dúbida os 2 mellores da categoría. Cada un co seu estilo. Máis alá deste encontro, ogallá ascendan os 2, que o teñen ben merecido! 04 May 2012, 16:54 279.08
Prefiro que gañe o BOiro e confío en que o faga. O Rece xa non ten opcións e se o Boiro se salva aforraríase un arrastre no seu grupo de 1ª que xa vai ter arrastres abondo: Calo, Aguiño e Recesende (agora mesmo) 01 May 2012, 19:57 -10.58
O que é evidente é que os resultados do Cordeiro na 2ª volta son envidiables!. Cando aló por hai 17 partidos semellaba descendido, agora está aí vivo e con Grixoa e Dubra a tiro. Se lle deran algunhas xornadas máis aínda promocionaban e todo 01 May 2012, 19:47 127.72
Ambos se xogan cousas. O Grixoa buscará puntuar para que non lle volvan asexar as pantasmas dos arrastres e de paso pasarlle ao Dubra (no caso de que perda). O Silleda xógase a campaña tentando entrar nunha promoción que se antoxa dura e coa que leva tonteando todo o ano. O factor campo pode ser chave. Traxectorias opostas sen embargo. O Silleda chega nun gran momento, namentres, o Grixoa, tras un mes sen gañar e con tan só 1 dos últimos 12 puntos posibles acadados, ansía volver á boa xeira de resultados que o levaron a estar a poucos puntos da promoción e que agora non se están conseguindo por mor das numerosas baixas que sempre afectan notablemente a un plantel curto coma o noso. O dito. Sorte ao Silleda, pero a partires do sábado. 01 May 2012, 19:42 248.56
Máxima efectividade do Arzúa no primeiro tempo xa que nas súas dúas chegadas anotaron 2 goles. Controlaron o medio do campo e cansaron a un rival inadaptado a terreos dese tipo e de grandes dimensións. O Grixoa achegábase con diagonais ás bandas e tiros lonxanos que obrigaban ao gardameta local a lucirse.2-1 ao descanso. Pobre primeiro tempo do Grixoa. Na segunda parte a intensidade do Grixoa aumentou. Pronto conseguiron o 2-2 tras unha falta de cesión. Cambiaron as tornas. O Grixoa atacaba e o Arzúa, máis dificultado na elaboración pola presión rival, chegaba á contra. Así chegou o gol nunha acción protestada polos visitantes de posible fóra de xogo. Se era ou non era tan só o sabe o xogador do Arzúa que vía a liña, porque o árbitro estaba moi lonxe. Con este 3-2 o Grixoa veuse arriba a polo empate e un Arzúa metido atrás aproveitaba os ocos que deixaba o seu rival na defensa. Non houbo máis goles. O Arzúa puxo o fútbol e o Grixoa as ocasións. Como soe suceder nestes casos, o que mellor aproveita as súas opcións gaña. Foi o Arzúa. Parabéns! 29 Abr 2012, 00:23 212.04
como é o campo?? terra, artificial herba?? grande mediano pequeno.??? 24 Abr 2012, 00:33 253.78
vergonzoso grixoa... ainda asi tivo opcions. Os 3 puntos merecidos. O union non tivo nin que esforzarse. Partido pobrisimo 21 Abr 2012, 19:57 131.81
Na maior parte da primeira volta, nin eramos 9 adestrando e nos partidos 12 como moito... Non ten comparación co resto da tempada. É moi difícil competir se non hai cambios. A intensidadee baixa, agardemos que non ocorra mañá 20 Abr 2012, 23:59 105.45
O tema do campo non é para tanto pts68. E menos para dicir que é fácil lesionarse. Levamos entrenando nel dende o mes de Agosto e non houbo nin unha soa lesión (por culpa do campo) en toda a tempada. Máis aló dese tema, O Unión semella que cada día que pasa é máis favorito. As baixas acrecéntanse día tras día nos locais que presentarán un equipo en cadro. Que o Grixoa é un equipo rochoso na casa é evidente, aí gañou a maior parte dos seus puntos este ano, e como calquer equipo que se precie, debe facer da súa casa un fortín. Pero francamente, creo que se o Unión non se leva os 3 puntos o sábado sería unha enorme sorpresa. O campo pode perxudicar o seu xogo de toque, pero a calidade séguena tendo aí. Se chove será un factor a favor dos locais, que se defenden como habituan (hai excepcións) poden crearlle problemas ao Unión. Con intensidade defensiva pódenselle crear complicacións a todos. Agardemos que sexa un bo partido. Un saúdo! 20 Abr 2012, 16:35 142.81
Campo de dimensións normais. Lonxe de ser pequeno, como serían o do Oleiros ou o do Dubra, e máis lonxe aínda de ter grandes dimensións. A verdade e que as medidas nas sei. Pero estreito si que non é. De longo chegalle ben. Lóxicamente non está nin preto de ter as enormes dimensións do campo do Unión. O tema do campo seguramente sexa un dos poucos factores que xogue a prol do Grixoa. En canto á superficie, é terra. Que esperabades?. Se chove como o está a facer estos días imos ter un problema considerable, xa que un campo de terra enchoupado é unha lameira e dificulta enormemente o xogo. Se non chove o día do encontro darase a situación perfecta para o campo. Nin se levantará pó, e se se alisa (é o habitual) poderase xogar perfectamente. Ogallá fora un campo en mellores condicións, pero é o que temos e non hai outro. Iso non quita que se poida xogar ao fútbol, iso si, con máis atrancos, como é lóxico, ca nun campo de herba. 18 Abr 2012, 17:06 91.39
Destacar a actitude que están tendo os xogadores do Rece nesta parte final da tempada, xa que, apesar de estar xa abocados ao descenso, seguen loitando e pelexando nos seus partidos. Tempada moi difícil para o clube e para os rapaces. As cousas non saíron pero estase a demostran que por falta de gañas non vai ser. En canto ao Calo, máis do mesmo. Actitude 10. Seguen aferrándose a esa opción de permanencia e de seguro que co traballo e esforzo que están facendo a logren. Moitos folgos para ambos e a seguir! 17 Abr 2012, 19:02 143.37
Encontro ás 5 da tarde. Moitas baixas no Grixoa que xoga cun Unión que pasa polo seu mellor momento da tempada donde semella que non ten límite a súa evolución. Na ida non houbo cor. Será que o Grixoa de impor o seu xogo aproveitando o factor campo? Agardemos que si. O que parece evidente e que vai haber que ter un moi bo día e non cometer erros para evitar que o Unión se leve os tres puntos. 17 Abr 2012, 18:50 199.30
Igualadísimo encontro o vivido hoxe en Bembibre cun resultado que fixo xustiza ao visto no terreo de xogo. O Dubra repúxose ben ao tempraneiro gol do Grixoa cunha cabezada nun remate de falta tras un erro de marcaxe nas filas visitantes. A partir de aí moita diputa, contacto... Destacables a ocasión do Dubra tras un potente saque de falta que o meta do Grixoa atinou a despexar a córner, e unha clarísima do Grixoa que tras un cabezazo ao que respondeu magníficamente o porteiro, o dianteiro do Grixoa non atinou a marcar sen porteiro dende a área pequena tras un remate en escorzo. No segundo tempo un un pa un contra o porteiro do Dubra, que este defendeu ben e xogo no campo do Grixoa (aire en contra) pero sen que o Dubra causara excesivo perigo. Resultado Xusto. 14 Abr 2012, 19:49 145.96