Comentarios de miss21

Comentario Fecha Karma
Partido marcado claramente polos seus primeiros compases e polo pésimo nivel defensivo demostrado polo grixoa. Excectuando os 20 primeiros mins o encontro estivo igualado, iso sí, cunha lousa d tres goles para os visitantes q saíron a morder no segundo tempo e quizais se mereceran un gol pero nunha contra chegou o 4° dos locais. O Grixoa rompiuse e continuou xerando perigo, pero sen balón sufreu moito e os contragolpes locais costáronlle moi caro. Resultado esaxerado pero se tes 6 uns pa uns e metes os 6, meréceste os 6 goles. Quizais o casilleiro do grixoa si qedara algo baleiro en relación coas ocasións do 2° tempo pero se perdoas págalo e ainda por enriba se regalas goles... apaga e vámonos 12 Feb 2012, 00:08 173.75
Partido extraño no que o Grixoa chega na súa mellor racha de resultados de toda a campaña e o Villestro, a excepción do patinazo da semana pasada, tamén estaba colleitando bos números. No partido de ida impúxose o villestro por 0-2 nun partido moi igualado donde gañou o que mellor soubo aproveitar as súas ocasións. Máis alá diso o Villestro na ida contaba con numerosas, e coido, que importantes baixas. Seguramente se vexa un partido bo e con alternativas xa que ambos equipos sairan a polos 3 puntos. Boa sorte! 10 Feb 2012, 20:05 204.28
Ata o de agora tan só Grixoa e Dubra foron capaces de sacalos 3 puntos da casa do Abanqueiro así que ollo! 08 Feb 2012, 19:38 180.34
O campo do San Marcos é de terra pero pódese xogar perfectamente ao fútbol polo chan sen que a bóla faga cousas raras. Dito isto creo que estes dous equipos son os que máis estatura teñen da liga polo que se cadra a clave pode que estea en xogar por abaixo. 08 Feb 2012, 19:35 150.49
Moito mérito para o Conxo máis alá do terreo de xogo e todas as queixas que teñan os do Monta; que son un dos mellores da categoría e para gañarlles hai que sufrir. Noraboa ao Conxo!!! PD: Ambos equipos xogaron no mesmo campo. Esta circunstancia creo eu que non é queixa. 08 Feb 2012, 19:23 25.28
Partido feo coma el solo. Moito mediocampismo moita disputa pero poucas ocasions. Os dous equipos xogaron atipicos, coma se estivesen desganados (quizais viñeran relaxados tras terlle ganado ámbolos dous a equipos importantes na xornada anterior)e ademais o aire condicionou o encontro. As unicas ocasión chegaban en tiros lonxanos e en balóns parados. Asi chegou o gol cun remate de cabeza tras un corner q botou e despistou ao porteiro que non foi que de atrapala. Encontro para olvidar. O máis xusto seria 0-0 pero é o q hai. 3 puntiños que lle veñen moi ben ao Grixoa para seguir escalando postos. Tamén cabe mencionar a gran melloría que demostrou o Cacheiras con respecto ao partido de ida. 28 Ene 2012, 23:00 146.54
Se se xoga no campo de herba do Trazo coidao eh! pode haber sorpresa. E senón se cadra tamén. Pero o Trazo no seu campo ten un fortín 27 Ene 2012, 16:04 80.02
está visto q cada partido é un mundo, pero o resultado é o q é. Puido ser mais amplo para os lacais e incluso favorable para os visitantes. Pero é o q é: 4-3 e punto. E haber se paramos de insultarnos por 4 parvadiñas de nenos peqenos e de quen merece mais ca quen. Foi asi e punto. Agora a pesar no proximo encontro q é de vital importancia para q ambos os dous eqipos sigan polo bo camiño para conseguir as suas metas, q de momento están en postos de conseguilo os dous. 22 Ene 2012, 23:11 93.88
O resultado da ida foi 1-0 para o grixoa que dominou o encontro e tivo ocasións para gañar por máis. Pero o cacheiras no seu campo é moi forte. Ademáis ambos melloraron moito dende ese encontro. 22 Ene 2012, 17:53 190.59
O Cordeiro tócaa de cine. Dixéranme que xogaba mal, pero en Grixoa mereceuse máis premio ca cero puntos e viña de obter un bo resultado. Xogan ao FÚTBOL e ademais fanno moi vistosamente, asiq ánimo que o estades a facer ben. Xa chegaran os resultados! 22 Ene 2012, 16:49 45.28
Estes últimos comentarios parécenme deplorables. Deixade de crear polémica en torno a un encontro, que na miña nada imparcial opinión mereceu gañar o Grixoa. Certo é que os puntos poideron marchar para Lalín. Tiveron nas suas mans o empate a 3, pero fallaron o penalti e acto seguido chegou o 4-2. O fútbol é así e hai que aceptalo. A semana pasada o Grixoa mereceuse máis premio ante o Estrada e saíu coas mans baldeiras. Pero esta é unha liga de 34 xornadas e o que a ¨fortuna¨ che quita un día, pode darcha ao seguinte, ou un mes despois, pero o máis seguro é que se o segues intentando, rematarache recompensando. Por outro lado, o de que os goles locais foron erros defensivos do Lalín, é, en certa medida, certo. O primeiro gol, ven dun saque de banda onde o que recibe, xírase con mooita facilidade e pon prácticamente sen oposición un centro ao dianteiro que lle gañara as costas ao seu defensor e que rematou a placer. O 2º, é un erro no depexe do central que prolonga o balón cara atrás, circunstancia da cal se aproveita un xogador do grixoa para anotar. A xogada do penalti e o 4º nos lembro moi ben asiq non vou opinar por se meto a pata. Pero tamén teño que dicir que nos goles do Lalín houbo claros erros defensivos nos locais. Os 3 goles foron en remates dende a área pequena, e dous tras saque de banda. O Lalín aproveitouse da súa clara superioridade física, pero tamén é certo que os xogadores locais estiveron moi pasivos nas tres xogadas xa que deixaron botar o balón dentro da área depois de que o peinaran tralo saque de banda. E por último, e xa para rematar. Facede o favor TODOS de crear disputas absurdas ante un partido que foi moi limpo, sen entradas duras e sen ningún tipo de pique, tendo en conta o nivel de intensidade e de disputas que se viviu. Ambos equipos tiveron unha actitude moi deportiva e admirable. Un saúdo! e esperemos que no partido de volta sexa un partido amigable e bonito porque non fará falta disputalo demasiado, xa que ogallá, ambos teñamos conseguido os nosos obxectivos de permanencia e ascenso respectivamente. Ánimo e máis sorte da que parece que está a ter para o Lalín e nós a seguir traballando e mellorando que imos polo bo camiño. E menos esbardallar!! ;) 22 Ene 2012, 16:46 128.01
Os dous foron derribos claros dentro da área. O do Grixoa perdeu o equilibrio e non conseguiu chegar ao balón, senón seguiría. O do Lalín claro tamén. Para algo q acerta o árbitro non llo poñades en dúbida carallo! 22 Ene 2012, 10:54 49.43
Intensidade, Concentración os 90 minutos, Traballo, Esforzo, Sacrificio e solidariedade. Con iso calquera lle pode gañar a calquera. 22 Ene 2012, 00:48 125.71
Bueno. Parece que o Noia gaañou con contudencia. A verdade é que me esperaba unha cousa máis apretada porque para min estes 2 equipos foron os que mellores sensacións me deixaron xunto coa Estrada e o Puebla. Pero bueno, o fútbol é así. Noraboa ao Noia e o Unión a seguir traballando para mellorar que tendes un equipazo. Ánimo e un saúdo! ;) 22 Ene 2012, 00:45 47.93
Dous equipos que apesar de estar abaixo veñen de gañarlles aos ex-colíderes!! Será un partidazo!! Esperemos que haxa boa arbitraxe e ninguén se lastime. Un saúdo! 22 Ene 2012, 00:35 159.56
Bo partido nublado pola nefasta actuación arbitral. Á marxe de que o colexiado se comeu unha man do porteiro do Lalín, que podería terlle costado unha expulsión, nos últimos minutos tivo unha especie de repulsión hacia o equipo local. O partido foiselle e expulsou a un xogador do Grixoa sen xeito ningún. Todo hai q dicilo, atinou nos 2 penaltis. 22 Ene 2012, 00:23 83.17
campo de terra, si! 20 Ene 2012, 23:49 124.98
pts68 Non digo que xoguen mal. Nin moito menos. De feito cedímoslle a pelota a eles porque estaba claro que se lla disputabamos iamos terminar perdendo. Pero e que o de esta semana (sporting 3-1 grixoa) foi moi cantoso. Que tampouco me queixo, porque os árbitros tenden a pitar cara o equipo da casa cando teñen algún tipo de dúbida (e ás veces incluso cando non a teñen). Pero e que esta semana, na miña opinión, a arbitraxe foi desastrosa. Repito, non estou dicindo que o Estrada non se merezca ir onde vai, senón que todo o contrario, pero o que si afirmo é que o Sporting puido terse deixado un par de puntiños nunha visita a priori ¨fácil¨. Tamén hai que dicir que xogamos un dos mellores partidos da tempada (o grixoa) e por iso os fixemos sofrir. Xogando intensos e concentrados os 90 minutos, porque senón é imposible facer nada e menos contra ese equipo. O dito, merecen estar onde están pero ollo que calquera pode dar sorpresas en calquera lado. Incluído o Cacheiras. 18 Ene 2012, 16:18 155.47
Lvis non creo que sexa para tanto. Por perder 3 ptos agora non teñen porque quedar se ningunha opción. É máis pode haber equipos que agora están na zona máis baixa como o Son, Grixoa, Abanqueiro... que incluso poidan acabar pelexando pola promoción. Quen sabe? a liga é moi longa. En canto á destitución do adestrador. Non sei os motivos, pero cando me enfrontei ao Puebla pareceume un dos mellores equipos da categoría, non sei se terían o día (dúdoo) pero xogaban moi ben. Polo que se refire ao encontro daría por favorito ao Puebla por aquilo de xogar na casa pero ollo co Dubra que é moito Dubra!! Ala! un saúdo e que se vexa bo encontro! 17 Ene 2012, 20:02 70.51
Será vital se cadra máis ca levar 3 ptos, non perdelos. Xa que é unha xornada con moitos enfrontamentos directos na zona baixa e o que perda (se perde algún) pode quedar moi mermado na clasificación. O Trazo sempre me gustou pero ollo co Cordeiro que ven facendo un fútbol moi vistoso e xogando ben! Sorte a ambos, que a merecen! 17 Ene 2012, 19:52 112.60