Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Mereceu un pouco mais o Silleda pero, cando non están para un, non están. Mágoa de tardar tanto co gol, cando case nos metemos no partido, este xa estaba a acabar e, nese intento, vai e mátannos co terceiro. O dito, merecemos un pouco mais, pero, tamén, debemos poñer un pouco mais. 22 Sep 2019, 16:24 383.64
Poden ser catro no do ascenso. Ascende o primeiro fixo e, despois, o segundo e terceiro mais os dous mellores cuartos dos grupos 2, 4 e 5 xogaranse o ascenso doutro equipo. 20 Sep 2019, 17:16 46.90
Comentaba no partido da semana pasada que o Silleda está tendo problemas neste principio de temporada. Tamén dicía que para este partido tocaba xogar con un óso duro que estaba en horas baixas, pero, que coidado, pode arrancar en calquera momento. Esperemos que non sexa neste. A ver se para este partido o Silleda pon mais ímpeto e seguridade no campo e sae cos tres puntos. 18 Sep 2019, 16:26 46.90
Pois estamos a ter problemas neste arranque de temporada, no partido anterior, igual que neste, tivemos que ir a remolque, pero, no anterior, cun pouco de fortuna, que non bo xogo, lógranse os tres puntos. Onte o mesmo, comezamos perdendo, lograbamos acercarnos pero, non había a definición que impulsase o equipo a vitoria, foron os do Belvis os que puxeron un puntiño mais e, como se previa, lévanse os tres puntos. O domingo que vén toca xogar con un óso duro. Outro equipo co que tampouco pasamos das táboas, o único é que polo de agora está en horas baixas pero, non hai que fiarse, é un equipo moi competitivo e en calquera momento comeza a funcionar. O dito, temos que poñer algo mais que se non mal imos. 16 Sep 2019, 21:45 46.90
A semana pasada gáñanse os tres puntos diante dun rival novo nesta categoría que plantou cara e fixo un bo xogo. O Peleteiro empezou ben o partido, xa ían gañando o partido moi cedo. Houbo que esperar ata a segunda parte para conseguir remontar o partido. E ollo, case non se logra. Esta semana toca un partido complicado. A temporada anterior, tanto na nosa casa como na deles, non demos pasado do empate contra este equipo. E o Belvis vén de ganarlle ao Laro, que sempre é un óso duro, e mais no seu campo. Esperemos ser quen de deixar os tres puntos en casa. Vamos Silleda, a por todas. 13 Sep 2019, 10:49 45.67
Pois no do hándicap rectifico, polo menos este partido non o xogan no seu campo senón no de Villestro. 05 Sep 2019, 14:00 44.50
Coméntanme que, nesa proposta de posibles para o ascenso debería estar o Vea. Polo visto ten bo equipo e, bo xogo. 02 Sep 2019, 14:55 115.45
Comezamos a temporada contra un recentemente ascendido. Estivo a piques fai dúas temporadas, pero, quedouse. Dinme que o equipo é moi bo. É dos que vai dar pelexa dende a primeira xornada. Como hándicap, o campo é moi estreito. Nada Silleda, a comezar está temporada con vitoria, este ano hai que ascender si ou si. 30 Ago 2019, 12:51 -26.45
Digo eu, non será moi cedo para empezar a propoñer candidatos ao ascenso. E postos, o Montaos porque non está nesa proposta ou o San Mamed. E a ter en conta; esta temporada non hai ningún descendido para este grupo. Haberá que esperar algunhas xornadas para poder ver o potencial dos equipos deste grupo. Ao mellor levamos sorpresas e, un dos ascendidos faino moi ben, ou, algún dos favoritos non ten tan bo equipo como se espera. En fin, o dito, a esperar, xa haberá tempo de propostas. Iso si, espero que esta temporada o Silleda sexa quen de acadar o ascenso, e se é de forma directa, mellor. 30 Ago 2019, 12:27 -26.45
Pois nada, todo o peixe vendido. Os dous primeiros a derimir o ascenso directo. Eso si, o Pino que non pense que o Silleda vai de excursión, vai intentar quedar terceiro na táboa. Por debaixo, dous descendidos xa, e de aí cara arriba que teñan coidado. Dende o Zona Vella ata o Deixebre que anden con tento que, entre os movementos de posición e, cos arrastres, poden vir problemas. Soamente desexarlle aos dous primeiros que logren o ascenso, penso que, a maiores de seus mais e seus menos, e das dubidas arbitrais, foron os mais regulares, e, aí están. O que quede segundo terá que vérseas co Corme ou o Baño, e co Riveira ou o Cacheiras. Polo demais, nós a ver se para a temporada que vén aprendemos algo dos erros desta e logramos o ascenso. 24 Abr 2019, 15:12 -4.82
O Silleda a tentar facelo mellor posible nestes últimos partidos, iso si, non como a semana pasada. O dito, o partido da semana pasada non me serve. Un equipo que nin cambios tiña, e, para completar, tendo que subir xuvenís. Insisto non me serve, o que debeu facer o Silleda era ser un pouco mais humilde e non humillar. Porque non foi así de valente noutras xornadas. En fin. Esta semana non o vai ter nada fácil, ao contrario, a ver como lle vai, que non me estrañaría que o mellor resultado fose un empate. 05 Abr 2019, 11:07 114.03
A ver o Silleda que fai neste partido, porque no de ida, con un 0-2, en 5 minutos deixáronnos a cara pintada. Do anterior mellor non falar, non fixemos un bo partido, vale, pero os outros non foi para tirar foguetes tampouco pero, leváronse os tres puntos. O da axudiña xa non importa, pero quenta. Esperemos que de esta queden os tres puntos en casa. 28 Mar 2019, 10:51 650.71
O partido da xornada, sen dubidas. O mellor equipo da categoría, polo menos para min, verallas co equipo, que grazas a certas axudiñas, vai, polo de agora, primeiro. Bo partido, mágoa que non sexa en campo neutral, dígoo polo das axudiñas. Sorte aos dous. 28 Mar 2019, 10:42 705.57
Pois si, pode ser un partidazo, pero, o Silleda tennos desilusionados. Non termina de xogar ao nivel que debería, e, penso, pode. No anterior partido non estivo a altura, e grazas, porque puidemos quedar sen sequera o punto. Así que tamén de acordo, pode seguir soñando. Son 13 puntos de 18 para chegarlles, tendo en conta que eles fallen. 20 Mar 2019, 23:09 -26.93
Con meus respectos para os demais partidos, penso que este é o da xornada. O Estradense é un bo equipo, é sabendo que ten opcións, pequenas, pero opcións, penso que vai vir a xogar. Xa veremos como o fai o Silleda. Esperemos que sexan quen de que os puntos queden en casa. 15 Mar 2019, 14:59 47.49
Esta fin de semana o Silleda gaña os tres puntos de maneira contundente e merecida. Así que tranquiliño. 11 Mar 2019, 13:46 -61.85
Vexo que as apostas arroupan moito ao Silleda, pero, visto o visto nos últimos partidos, a cousa non pinta tan ben. O San Mamed, aínda que parece que está nun momento baixo, non vai poñer as cousas fáciles, e nós, dun tempo para aquí, non resaltamos nin refrendamos os partidos, nin sequera en casa,. Xa veremos o que acontece, esperemos que os tres puntos queden en casa, porque, como xa dixen, veñen curvas cos vindeiros partidos. 07 Mar 2019, 13:47 5.51
Non hai maneira, non ascendemos nin cun milagro. 03 Mar 2019, 20:34 43.51
O Silleda ten que poñerlle un punto mais ao tema, a semana pasada demostrou que se pode, pero, que tamén nos poden. O dito, xogar e xogar, sen baixar en ningún momento, para vir de volta cos tres puntos. 01 Mar 2019, 12:44 43.51
Penalti, non sei, xa está. De todas maneiras, non foi mal partido. 23 Feb 2019, 21:41 463.25