Veña Silleda, a seguir coa boa racha de resultados e xogo.
Este domingo toca un rival complicado, a temporada pasada na súa casa mangounos unha boa dosis de goles.
Se mantemos o xogo que estamos a desenvolver estou seguro que os tres puntos veñen para Silleda. Que falte "un" xogador, sexa quen sexa, non debe ser escusa ningunha, o resto do equipo penso que ben pode sacar o partido adiante sen problemas.
|
29 Nov 2019, 11:35 |
78.72 |
3 |
0 |
+info
|
Golpe de autoridade. A manter este xogo. Moi ben. |
24 Nov 2019, 19:27 |
78.72 |
3 |
0 |
+info
|
Como xa dixen, toca un bo rival, non vai ser o fácil do domingo pasado.
Nós, dunha banda, temos con que facerlle fronte e conseguir un moi bo resultado. No partido anterior penso que se viu a capacidade do Silleda. Ahora, o Melide non penso que veña a ver a feira, virá con ganas, e mais despois do tropezón co Laro. O dito, non creo que veña a facer amigos.
Partido que, con toda seguridade, vai ser intenso.
Veña Silleda, ahora toca manter o empezado, hai equipo para manter os bos resultados. |
20 Nov 2019, 20:26 |
77.61 |
3 |
0 |
+info
|
Pois si, moi ben o Silleda, simplemente superiores. Lévanse os tres puntos con autoridade. Un bo partido, sen incidencias nin arbitrais nin dos xogadores.
Veña, a manter este nivel. A próxima xornada, xa como ben din por aquí, nos toca un bo rival.
|
18 Nov 2019, 13:22 |
55.66 |
2 |
0 |
+info
|
Toca xogar co líder esta semana.
Como teñamos un pouco mais de acerto que no partido pasado, os tres puntos poden vir para Silleda.
Veña Silleda, hai que empezar a explotar e obter resultados. Equipo hai.
|
14 Nov 2019, 09:05 |
54.58 |
2 |
0 |
+info
|
Partido no que o Silleda intentouno dende o comezo tentando levarse os tres puntos, pero, toma, penalti en contra. A partires do penalti, o San Mamed deixou de xogar e adicouse a outros menesteres.
Nada, a seguir traballando, aínda queda bastante.
|
11 Nov 2019, 14:03 |
54.58 |
2 |
0 |
+info
|
A ver como termina este partido. Levamos unha racha complicada. Paréceme que este equipo ten para mais, pero a ver cando explota e comeza a xerar o xogo que pode dar.
Esperemos que sexa neste. Veña Silleda que podedes.
|
07 Nov 2019, 21:36 |
523.94 |
3 |
0 |
+info
|
Gustoume o comentario "o Silleda debería (e debe, ainda está a tempo) dar moito máis de sí", porque é unha verdade inmensa.
Como ben dis, ánimo Silleda, pódese.
|
28 Oct 2019, 14:47 |
52.84 |
2 |
0 |
+info
|
Novamente a remolque e, menos mal o empate. E ollo, xogando contra 10.
|
28 Oct 2019, 09:13 |
52.84 |
2 |
0 |
+info
|
Toca recibir nesta xornada a nosos veciños de lonxe.
Ao xogar en casa penso que teremos unha marcha mais, e, tendo en conta que levamos unhas xornadas nas que non perdemos, ollo, tampouco gañamos en todas, os tres puntos deberían quedar en casa. Iso si, sempre e cando non nos confiemos e manteñamos a intensidade os 90 minutos.
|
24 Oct 2019, 11:51 |
51.67 |
2 |
0 |
+info
|
E entón que partido viches ti, "torcebotas3", porque definitivamente, no que vin eu, o Silleda non era para tirar cohetes. A ver, que antes dos 5 minutos iamos gañando, si, e que mais. Veña home, ou muller, co adxectivo que utilizaches vén a duda. Os fóra de xogo, faltas varias e penaltis, mal, ou ben sinalados, ou a pillería de toda a vida, non ten nada que ver. Cando xogas un partido ben, non terminas escusando. Date de conta que, tal como comenta alguén mais abaixo, houbo para todos. De nada vale pelexar ata o último minuto soamente de corazón, hai que meterlle un pouco de cabeza tamén.
É incrible, despois dos dous partidos anteriores nos que, como dicía, parecía que empezabamos a coller o camiño, veña.
E teño que dicir que, para min, o Silleda ten equipo para plantarlle cara a calquera.
|
21 Oct 2019, 18:57 |
51.67 |
2 |
0 |
+info
|
Sen comentarios. Non é de recibo empezar como se empezou e ao final mer... Polo menos un puntiño.
Así non imos ir moi lonxe. Dicía anteriormente que parecía que lle habiamos collido o xeito, pois parece que non. Como dicía, hai que manter a intensidade, non fiarse do rival e poñerlle un punto mais ao xogo.
En fin, a seguir traballando.
|
20 Oct 2019, 20:45 |
50.29 |
2 |
0 |
+info
|
Parece que lle imos collendo o xeito, pero, non hai que fiarse, hai que estar sempre coa cabeciña clara e manter a intensidade. No anterior partido, aínda que se lograron os tres puntos correctamente, na segunda parte paréceme que se baixou un pouco, e isto non debe pasar.
Esta semana toca un rival que parece non estar pasando polo seu mellor momento, pero, como dixen antes, non hai que fiarse, hai que manter a intensidade todo o partido.
Veña Silleda que podedes, imos a traer eses tres puntos para casa.
|
16 Oct 2019, 20:30 |
50.29 |
2 |
0 |
+info
|
Pois un pouco menos complicado do pensado. Aínda que iso si, para nada foi fácil. Na segunda parte, quizás baixouse un pouco.
Moi ben Silleda, a continuar así.
E o final, qúe pasou con Pablo?
|
14 Oct 2019, 10:12 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Pois esperaba que o Silleda puidese sacar algo positivo no anterior partido, e, mira, 3 puntiños que non ven nada mal. Non podo dicir nada xa que non estiven no partido, pero, comentáronme que a cousa estivo moi xusta, que co noso porteiro expulsado, o Compostela estivo a piques de, non só empatar, senón gañar, pero, que, a veces, a sorte e, o desacerto do rival, tamén é un factor a ter en conta.
Neste partido toca xogar cos veciños. Vinlle o partido co Villestro e, paréceme, que vai ser un rival complicado pero non difícil, penso que pódese obter un bo resultado, sempre e cando se xogue con cabeciña e intensidade. Ánimo Silleda, a por todas que podedes.
|
09 Oct 2019, 14:19 |
120.00 |
3 |
0 |
+info
|
Outro partido que dáme medo, aínda que, paréceme que se pode sacar algo positivo desta saída, pero ten que verse algún cambio, tanto de actitude como de xogo.
Esperemos que o Silleda poida sacar algo positivo.
|
03 Oct 2019, 14:59 |
47.68 |
2 |
0 |
+info
|
Así non imos a ningún lado. Novamente a remolque, e, grazas que ao final conséguese o empate.
O dito, non se vai a ningún lado así, é necesario un cambio xa.
|
29 Sep 2019, 21:26 |
47.68 |
2 |
0 |
+info
|
O mellor partido de esta xornada. Non soamente pola rivalidade que seguramente haberá no campo, senón, tamén, porque os dous equipos están a resolver ben os seus partidos, aínda que, algún, cun pouco mais de sorte ou beneplácito. |
26 Sep 2019, 20:07 |
46.90 |
2 |
0 |
+info
|
Medo me da este partido.
O Silleda non está a ter un comezo de temporada bo, e, como dixo alguén, "Outra temporada que pinta mal...".
O Silleda ten que dar un cambio, primeiro, de actitude e, despois, de xogo. Para mostra, o partido anterior, puidemos obter un mellor resultado, pero...
A ver se o Silleda é capaz de facer algo este domingo. Veña que se xoga en casa e iso debería dar mais moral.
|
26 Sep 2019, 20:05 |
46.90 |
2 |
0 |
+info
|
Despois do de onte, acerqueime a ver este partido e, bo partido, dous equipos pelexando ben. Agora, o árbitro penoso, aínda que lle expulsa, ben, a dous locáis, no penalti, de escándalo. O Lamela ten que darlle moitas grazas ao árbitro, que se non.
Moi bo equipo o Villestro, vai estar arriba. |
22 Sep 2019, 20:37 |
46.90 |
2 |
0 |
+info
|