Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Bo partido, mellor segunda parte que primeira. Ao final o importante, tres puntiños mais. 28 Nov 2021, 18:19 559.83
A ver se empezamos a recompoñer o tema e comezamos a puntuar de tres. 26 Nov 2021, 21:57 559.82
O da arbitraxe é para que o miren na federación. Do demais, esperemos que para o próximo partido esteamos máis acertados. Menos mal vir cun punto. 14 Nov 2021, 20:12 471.61
Pois nada, a ver se levantamos isto na segunda parte. Empezamos a remolque outra vez. 14 Nov 2021, 18:03 520.29
Espero que o Silleda manteña a afinación que vén presentando nestes últimos partidos. Aínda que volvo incidir, non se pode empezar tendo que ir a remolque... Imos Silleda, a volver co tres puntos. 11 Nov 2021, 13:21 70.82
Pois, moi ben, os tres puntiños en casa. Ainda que, non se pode empezar perdendo e indo a rastro. 07 Nov 2021, 20:12 495.17
Despois do partido da semana pasada e, se o Silleda mantén a afinación, paréceme que os tres puntos poida que queden na casa. Imos Silleda, que podedes. E o do elemento este, nada que engadir que xa non pense a boa xente que escapa de relacionarse con suxeitos desta calaña. 04 Nov 2021, 10:42 557.45
Empezamos a afinar 01 Nov 2021, 19:28 70.76
Toca xogar contra un equipo que, polo que me comentaron, está temporada vai dar xogo. Nós, por agora, estamos moi frouxos, non estamos a lograr afinar. A ver se neste partido, tomando o vermú e, contra un equipo que, se como din, ten bo xogo, logramos comezar a afinar. Vamos Silleda, empezar a demostrar o bo equipo que sodes. 29 Oct 2021, 13:59 70.76
Pois acercarémonos, se é que deixan pasar público. E Silleda, a ver, que se encaixe un gol en menos de 3 minutos é para nota. Nesta temporada o ascenso vai estar moi complicado, así que toca sacar adiante todolos partidos. 21 Oct 2021, 14:33 70.76
Partido resolto sen maiores inconvenientes. Agora a seguir así que a semana que vén toca xogar contra un equipo que parece que o cambio de adestrador deulle novos brios. 08 Mar 2020, 22:10 554.03
Temos que manter o nivel de xogo para seguir na pelexa e, tamén, a concentración. Comentáronme que a semana pasada empezouse ben pero, case nos levan os tres puntos. Sobre a arbitraxe, que algún comenta que favoreceu ao Silleda, non digo nada, só o mesmo comentario, malo como todos os árbitros pero que non inflúo. Esta semana toca un rival moi complicado que, como teña o día ou, o rival non este moi espabilado, faillas pasar moi mal. No partido de ida déronnos un bo recital. Veña Silleda, bo xogo e concentración para que os tres puntos queden na casa. 06 Mar 2020, 20:40 69.50
Despois do partido da semana pasada, o dito, a esquecer e a seguir. Esta semana toca unha saída que se me antolla de coidado, xa no partido que o Cruces veu polo noso campo non nolo puxo fácil, e iso que estiveron a xogar con 10. Así que coidado e xogar con cabeza para lograr os tres puntos nesta saída. 28 Feb 2020, 12:42 69.38
Segunda parte desastrosa. Resultado xusto. Non se me ocorre que dicir. Soamente esquecer este partido e preparar o seguinte. 23 Feb 2020, 20:34 95.40
O Silleda ten que seguir co esforzo e traballo que está a facer. Estou convencido que manténdoo pódese chegar mais arriba. Veña Silleda, estes tres puntos ten que quedar na casa. 20 Feb 2020, 21:16 68.27
Pois para min, e aínda que nos traemos os tres puntos, partido que o determina o árbitro. En fin, dicía alguén por aquí o das arbitraxes, pois toda a razón. 17 Feb 2020, 15:10 35.59
Despois do empate da semana pasada, que non foi moi do gusto dos visitantes, esta semana imos onde os veciños. O Lamela, visto o da temporada pasada, non se nos dá moi ben no seu campo. Pero non pasa nada, iso foi fai tempo e estes son outros tempos. Veña Silleda a voltar cos tres puntos. 13 Feb 2020, 20:08 67.46
O que hai que ler. 09 Feb 2020, 20:46 93.47
Falando de arbitraxes, cando estivemos por Santiago a cousa tamén tivo o seu. Sempre nos queixamos, tanto uns como outros. Veña Silleda, que os tres puntos quedan na casa. 06 Feb 2020, 12:31 93.47
A semana pasada levamos un chasco de narices, non pasa nada, refacerse e seguir adiante. Sobre este partido; non vai ser fácil, o rival tentará manter as súas opcións de ascender e estou seguro que tentará xogar o mellor posible. No partido de ida en Santa Isabel gañámoslles ben, e iso que a arbitraxe foi nefasta para nós. Así que, aínda que non vai ser fácil, estou convencido que os tres puntos quedan na casa. E que se tranquilice algún por aquí, en Silleda, que eu saiba, non se come nin se comeu a ninguén. Silleda a por os tres puntos. 05 Feb 2020, 14:03 93.47