Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Un Bastavales que segue en caída libre, por agora ten o colchón que deixou os resultados dos partidos iniciais pero vai tendo demasiados problemas tanto en xogo como en xogadores, neste último partido tivo que levar cadetes. O Lalín é un equipo que traballa bastante ben, con un traballo ofensivo e defensivo moi bo, no seu último partido, con todo un peso pesado, quedou cos tres puntos en casa, certo que o rival tiña dúas baixas importantes, unha delas por ir co equipo de nacional. Tres puntos que marchan para a capital do Deza. 21 Ene 2016, 20:56 210.19
Cacheiras vén mostrando visos de mellora cada partido que pasa, o que pasa é que pode ser que cos equipos, digamos fortes, teñan que mellorar un pouco mais, no último custoulle un pouco demais sacar os tres puntos, e ollo que case queda sen eles. O Bertamiráns é un dos equipos referencia neste grupo, aínda faltándolles algún que outro xogador importante son capaces de sacar adiante os partidos, segue tendo un pequeno oco, a defensa, a veces dispérsase demais. Neste caso penso que o Cacheiras non lle poñerá o partido doado ao Bertamiráns pero o oficio deste vaise facer notar, os tres puntos marcharán para fóra. 21 Ene 2016, 20:56 248.72
O Dubra vén de facer un partido importante á semana pasada nun campo que é complicado, como sempre comento o Dubra é un equipo que xoga bastante ben e no seu campo é, digamos, un pouco mais forte. O Callobre ten un equipo bastante axeitado e é un equipo que tamén ten os seus mellores resultados no seu campo. ¿Talismán? non sei. Desta, e estando o Dubra tan cerca dos postos de ascenso e xogando en casa, tres puntos que poden que queden en Dubra. 21 Ene 2016, 20:54 169.55
O Negreira parece que recuperou algo nos últimos partidos pero non sei se será suficiente para certos rivais. O Val do Ulla equipo que sempre traballou ben, mantén algúns dos xogadores que estiveron en galega e dálles un pequeno plus, pero aínda iso teñen partidos non moi bos, sobre todo cos de enriba. Desta penso que o Val do Ulla vai ter un pouco mais de oficio e os tres puntos marchan fóra da casa. 21 Ene 2016, 20:53 94.10
O Fátima parecía que había logrado mellorar o equipo, pero quedou nun intento, novamente presenta problemas para sacar adiante os partidos. O Noia mantén os seus problemas, é un equipo con certo nivel pero o perde non ter o concepto “equipo” e presenta demasiadas fracturas na defensa. Con todo os tres puntos debesen marchar a Noia. 21 Ene 2016, 20:52 94.10
Quizais o partido mais interesante desta xornada. Un Lalín que xoga ben, ataca en conxunto e defende moi ben pero que desta vai ter diante un rival que está moi forte nesta categoría, ofensivamente un dos mellores e defensivamente quizais o mellor. Tres puntos que debesen marchar co Santiago. 14 Ene 2016, 17:26 201.99
O Conxo está a presentar unha baixada de xogo demasiado importante, sobre todo no apartado defensivo, nos últimos 5 ou 6 partidos leva encaixado mais da metade de goles de toda a primeira volta, a parte ofensiva mantense digamos que ben, pero se hai mais goles en contra, malo. O Fátima está a presentar un xogo un pouco mais serio, aínda así non é para botar foguetes, mellor no ataque que na defensa. Tres puntos que quedan na casa. 14 Ene 2016, 17:25 201.99
Sen faltar pouco que dicir, o Bastavales deu un baixada de xogo moi forte e contra un rival como o Bertamiráns é un problema moi grande. Pensar que no partido de ida fíxolle pasar apuros. O Bertamiráns vén de facer un partido na anterior xornada co Santiago para enmarcar. Tres puntos que quedan en casa. 14 Ene 2016, 17:24 201.40
Dous equipos moi parecidos, un con un traballo ofensivo quizais un pouco mellor, o Dubra, defensivamente son moi parellos. Podería quedar en táboas, aínda que apurando un pouco poden marchar os tres puntos fóra da casa. 14 Ene 2016, 17:23 86.19
O Peleteiro a tido algún que outro contratempo nalgúns dos últimos partidos, aínda así é un equipo que de non ter problemas xoga ben, o Puebla está a xogar os seus partidos moi xusto de xogadores, iso con algún que outro equipo pode non ser problema pero con este rival pódese pagar. Tres puntos que debese levarse o colexio. 14 Ene 2016, 17:22 201.39
Neste encontro hai que resaltar os resultados que obtivo o Negreira nos últimos partidos, dan a sensación de que ten unha melloría substancial, o que pasa é que mais que melloría é baixada dos rivais. Desta penso que o Noia non vai ser tan doado como os equipos aos que lle gañou o Negreira. Tres puntos que quedan na ría. 14 Ene 2016, 17:21 86.19
O Cordeiro equipo que mellorou moito, sobre todo ofensivamente, está a nada de entrar nos postos de ascenso, de todas maneiras ten un handicap, encaixa goles demais. O Cacheiras está a manter a mellora que se lle vén observando, e cun cambio de adestrador, un ex de San Marcos; no último partido pode ser que se cumprise o de adestrador novo vitoria segura, como aconteceu, o certo é que o rival axudou, deu demasiadas facilidades. Neste encontro o Cacheiras aínda coa mellora que está tendo non vai ter o detalle que lle dean facilidades, así que neste encontro os tres puntos poden que queden en Valga. 14 Ene 2016, 17:20 86.19
O Abanqueiro está a perder forza, a pasos axigantados ata no seu campo, sobre todo cos equipos de enriba, nos últimos partidos leva collido uns correctivos importantes e estase achegando perigosamente á zona de descenso, de feito agora mesmo está descendido pola posible baixada do Estrada de galega, o Compostela é un equipo que como estou a dicir ten xogadores pero non “equipo”, aínda así ten capacidade de facer bo xogo. Tres puntos que marchan fóra da casa. 14 Ene 2016, 17:19 86.19
A ver se o campo do Callobre é un talismán, de esta penso que non, o Aguiño é un equipo que ataca con moita forza, pero xa se verá. 14 Ene 2016, 17:18 86.19
Nada que dicir, o mellor partido de esta xornada entre dous dos mellores equipos deste grupo. Calquera resultado é posible. Agradécese a hora do partido, estaremos en Santa Isabel. 07 Ene 2016, 18:16 236.69
O Aguiño equipo forte, e o Val do Ulla equipo traballador e con bastante idea pero que non está sendo moi regular. Tres puntos que quedarán na costa. 07 Ene 2016, 18:15 85.89
O Fátima no seu último partido xogou moi frouxo, pode ser polo virus aninovo. O Puebla non dá levantado xogo, certo é que vai aos partidos a veces moi xusto de xogadores. Desta vez pode ser que os tres puntos queden en casa. 07 Ene 2016, 18:14 85.89
Dous equipos que están onde están por méritos propios. O Peleteiro deberíase levar os tres puntos ao ser o mais regular dos dous, aínda que algún dos últimos partidos non lle saísen ben. Veremos que din do campo. 07 Ene 2016, 18:14 85.89
O Bastavales segue tendo problemas co seu xogo, cun nivel baixo e que non termina de dar coa tecla . O Cordeiro equipo que mellorou moito e así o vén demostrando. Aínda que tivo un correctivo no seu último partido os tres puntos debesen marchar co Cordeiro. 07 Ene 2016, 18:12 85.89
Un Cacheiras que parece que está a ir mellorando pouco a pouco, empeza a mostrar un pouco mais de regularidade durante todo o partido, aínda que segue cos descoidos, froito diso o resultado no último partido, sobre todo na segunda parte, que de non ser polo porteiro puido perder. O Abanqueiro ten problemas cos equipos fortes e xogando fóra, sen embargo co resto de equipos e na casa o seu xogo non se lle da mal. Ao Cacheiras faille moita falta comezar a puntuar, mais cando xoga cun rival directo nos postos de descenso. Tres puntos que poden quedar na Cañoteira. 07 Ene 2016, 18:12 85.89