O Negreira, salvo algún partido illado, segue mantendo o baixo nivel mostrado durante a temporada, no seu último partido non saíu ben parado. O Abanqueiro outro equipo que entrou nunha baixada importante de resultados, de todas maneiras no último partido en casa logrou os tres puntos diante dun equipo dos que están a tentar entrar en ascenso. Neste encontro os tres puntos pode que marchen para fóra.
|
11 Feb 2016, 19:07 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Outro partido interesante, o Fátima conxunta un equipo bastante bo nestes últimos partidos, parece que ten algunha incorporación nova que achega un punto mais de xogo. O Callobre equipo que traballa e xoga bastante ben, non está nos postos que está por casualidade. Estes equipos teñen os mellores resultado xogando en casa, así que vendo o tema de xogar en casa penso que desta os tres puntos "quedan en casa".
|
11 Feb 2016, 19:06 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Noia é un equipo cun cadro de xogadores que pon esforzo e gañas en todos os partidos conseguindo resultados positivos, dicir que cos equipos dos postos superiores non lle é tan doado obter os tres puntos; cos equipos, digamos, do seu nivel, logra sacar réditos, a veces cústalle demais pero o logra. O Puebla vén mellorando bastante, no último encontro, levando cadetes, foi quen de facerlle fronte a un forte rival. O Puebla está a traballar para saír dos postos problemáticos e penso que o vai lograr. Desta os tres puntos pode que marchen cos visitantes.
|
11 Feb 2016, 19:05 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Comentarios con chispa aínda que algúns pouco elegantes aínda que non deben caer mal de todo xa que teñen votos positivos.
O Cacheiras vén tendo unha mellora importante e visible, o problema é que non lle acompañan os resultados e seguen tendo algún que outro problema atrás, de todas maneiras no anterior partido foi quen de poñer en apuros ao equipo da capital do Deza. Pola outra banda o Peleteiro nestes últimos partidos vén tendo unha baixada de nivel, parece que inflúe algo o físico e que algún xogador importante non está a ter presencia, ben por lesión ou outros problemas. Neste encontro, tal como vén traballando o equipo local e con que melloren un pouco atrás e se o equipo visitante mantén o baixo nivel que está arrastrando dende fai algunhas xornadas os tres puntos pode que queden en casa.
|
11 Feb 2016, 19:04 |
34.78 |
2 |
0 |
+info
|
Partido interesante, dous equipos que traballan e xogan pero que comparten o mesmo problema, desconcéntranse en momentos inoportunos na defensa. O Dubra levou un correctivo na súa última saída. O Cordeiro sen embargo foi quen de levarse os tres puntos na súa última saída, non sen moito sufrimento, consegue gañar nos derradeiros minutos do partido. Neste partido hai que ter en conta que o Dubra ten maior efectividade cando xoga en casa, pero o Cordeiro está a manterlle o tipo a calquera equipo, difícil prognostico, pode ser un 1X2.
|
11 Feb 2016, 19:03 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Noia está a ter uns partidos nos que non consigue réditos positivos, traballa moito, e por esforzo que non quede, pero sempre os perde, como veño dicindo, o non terminar de ser “equipo”, así como as fracturas defensivas que lle vén dando mais de un desgusto. O Conxo en hora baixas, ao principio de temporada parecía que ía ser un equipo referencia pero nada de nada, nestes momentos está a facer partidos mediocres, e iso que algúns xogadores están a xogar tamén no equipo de galega, no último partido algunha baixa tivo, suplida con cadetes, o porteiro un deles, aínda así ten xogadores que como o rival se equivoque poden crearlle problemas. O Noia case sempre ten algún contratempo defensivo que os rivais aproveitan, ou non, desta haberá que esperar ata o vindeiro sábado, pero tendo en mente o anterior pode que os tres puntos marchen para fóra.
|
28 Ene 2016, 17:04 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Lalín equipo bastante bo, os partidos mais destacados son os locais, nos que non perde dende un pouco despois de comezar a temporada, destaca unha defensa que o fai ben e que a maiores non lle vai mal facer goles e un xogador adiante e outro no medio que non teñen unha porcentaxe de fallos moi grandes, entre estes xogadores levan mais da metade dos goles do Lalín. O Cacheiras segue mostrando que leva unha mellora que agranda cada partido, pode ser que o cambio de adestrador lle vaia ben, no último partido perde por unha mala arbitraxe, e tamén hai que dicilo, non definir no último momento todas as ocasións que ten. Isto último pode que se note neste partido, e o Lalín grazas a súa mellor efectividade faga que os tres puntos queden no Deza.
Por certo, porqué ten baixas o Cacheiras? Porque polo que din non hai xogadores lesionados,
|
28 Ene 2016, 17:02 |
125.74 |
2 |
0 |
+info
|
Quizás o partido desta xornada. O Bertamiráns deu mostras de que a veces non ter os efectivos completos créalle problemas, notándose en demasía a ausencia de certos xogadores, no ultimo partido foi moi inferior ao rival, tivo a sorte de que este equipo non foi quen de materializar moitas das chegadas que tivo, gaña o partido grazas un arbitraxe moi favorecedor, parece que o gol da vitoria é un erro clamoroso de árbitro de xeito reiterativo e acumulativo. O Compostela, volvemos co xa dito, bos xogadores que non forman un conxunto, o último partido é unha moi clara mostra de iso, perderon dúas ocasións por non facer o pase. Se o Bertamiráns dispón da totalidade dos efectivos os tres puntos quedan no Val da Mahia.
Esperemos poder velo.
|
28 Ene 2016, 16:58 |
125.74 |
2 |
0 |
+info
|
O Callobre ten un equipo digamos dos que non dan facilidades e que poñen un esforzo máximo en tódolos partidos, isto lle permite estar nos postos tranquilos da clasificación, ten un bo factor do seu lado, na casa teñen bos resultados. O Negreira nalgún partido parece que vai mellorando, pero tamén noutros que dá un paso atrás, os dous últimos son mostra de iso. De esta, e sen falar de talismán, pode que os tres puntos queden de xeito local.
|
28 Ene 2016, 16:57 |
125.74 |
2 |
0 |
+info
|
O Val do Ulla é un equipo que intenta xogar fútbol dunha maneira organizada e que chégalle para poder plantarlle cara e sacar proveito cos equipos, digamos, do mesmo nivel, pero que non asemella que chegue cos equipos, poñamos, fortes. O Fátima vén de gañar o último partido cunha media hora inicial intensa e cun equipo que baixou a partires do cuarto gol do Fátima, parece que o Fátima volveu a presentar unha mellor faceta no seu xogo. De esta, e xogando en casa, pode ser un empate ou que os tres puntos queden de maneira local.
|
28 Ene 2016, 16:57 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Abanqueiro segue nunha liña descendente demasiado pronunciada, e moi perigosa, tal e como van as cousas pode que sexa un candidato moi claro ao descenso. O Dubra equipo que está a demostrar porque está nos postos de ascenso. Partido no que penso que aínda que o Dubra teña una fallo na concentración defensiva, o seu punto baixo, os tres puntos marchan fóra da Charca.
|
28 Ene 2016, 16:56 |
-32.21 |
1 |
1 |
+info
|
O Puebla parece que conseguiu formar un equipo bastante axeitado, o principio de temporada custáballe levar un equipo en condicións, e como dixen nun anterior comentario parece que aparte de mellorar no xogo ten algún xogador que achega dous ou tres puntos mais. O Santiago nada que dicir que non se saiba, un dos mellores. Neste partido aínda que o Puebla non o vai poñer doado para nada, os tres puntos marchan fóra.
|
28 Ene 2016, 16:55 |
125.68 |
2 |
0 |
+info
|
O Peleteiro tivo unha baixada nuns partidos anteriores pero parece que recompúxose, non aos niveis de principio de temporada pero si subiu, parece que está a ter un problema cara os finais dos partidos, no último, bo partido por certo, fan unha primeira parte interesante, pero na segunda a medida que chegaba o final baixaban tamén as forzas, froito de iso o resultado final. O Bastavales, mantén os problemas aínda que non o pareza xa que gañou o anterior partido, aínda que todo hai que dicilo, con un equipo de circunstancia que xogou con 10 durante 20 minutos. Salvo que o Peleteiro leve tamén un equipo de circunstancia os tres puntos deberían quedar no colexio.
|
28 Ene 2016, 16:54 |
125.56 |
2 |
0 |
+info
|
O Cordeiro é un equipo cunha liña de mellora ascendente, é innegable, soamente teñen un punto feble, o apartado defensivo, dálles mais dun dor de cabeza e algún que outro desgusto. O Aguiño equipo moi compacto e forte, tanto en defensa como en ataque, está onde está de xeito merecido. Neste partido aínda que estou convencido que o Cordeiro vai a poñerlle as cousas costa enriba ao Aguiño vai ser este quen puidese levar os tres puntos.
|
28 Ene 2016, 16:53 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Paréceme que nunca dixen “lo mas flojo”, sempre utilicei o adxectivo “pequeno”, porque que é o que é, un pequeno problema que para min ten o Bertamiráns, vinlle encaixar algún gol por non estar a defensa compacta. O que quero dicir é que de cando en vez dispérsanse, non sei porque pero ocorre, e iso cústalle encaixar algún gol dos que dinse “tontos”. Polo demais sempre o dixen e o manterei, é un gran equipo, un dos mellores con diferenza neste grupo.
|
22 Ene 2016, 20:03 |
248.72 |
4 |
0 |
+info
|
Esquecinme dos exames da universidade e os de bacharelato, o da selectividade é porque vostedes comezan a preparala dende primeiro de bacharelato e en segundo e case unha materia mais durante todo a ano.
|
21 Ene 2016, 22:58 |
210.19 |
3 |
0 |
+info
|
Como sempre, o Compostela equipo con bos xogadores pero aínda non totalmente conxuntados nas labores ofensivas e defensivas, cando estean compaxinados vai ser un equipo moi forte, dependen moito do xogo individual e iso certos equipos o dan parado. O Cordeiro ha mellorado moito pero segue tendo algúns problemas no apartado defensivo, aínda así é un equipo que lle planta cara a calquera equipo. Desta pode pasarlle factura ao Cordeiro os problemas en defensa, tres puntos que debesen quedar na casa.
|
21 Ene 2016, 21:00 |
94.10 |
2 |
0 |
+info
|
Co permiso do resto de encontros este vai ser o partido desta xornada, o Santiago é outro dos equipos referencia neste grupo, perde o último partido dunha maneira axustada e desas que cando non saen as cousas non saen, é un equipo cun nivel de xogo bastante alto. O Peleteiro leva os catro últimos partidos un pouco perdido, dous deles os perde de moi mala maneira, non sei se será que están a piques de entrar en selectividade. Tal como está o Peleteiro e como vai o Santiago os tres puntos quedan en Santa Isabel. Intentaremos ir velo.
|
21 Ene 2016, 20:59 |
210.19 |
3 |
0 |
+info
|
O Conxo a tido unha baixada importante no seu xogo pero no ultimo partido foi quen de obter os tres puntos, iso si con un equipo en horas baixas. O Puebla é un equipo moi sufrido e parece que nos últimos partidos ha podido conxuntar un equipo con cambios e algún xogador que achega algún detalle, pero tamén hai que dicilo, tendo que levar cadetes. O Puebla non o vai poñer doado pero os tres puntos deberían quedar en casa.
|
21 Ene 2016, 20:58 |
210.19 |
3 |
0 |
+info
|
O Aguiño vén de fallar na ultima saída que tivo, perdendo no ultimo suspiro, non estivo moi fino nin en defensa nin en ataque, parece que lle faltaron dous ou tres xogadores importantes, é un equipo que xoga e defende forte e no seu campo nótase moito mais. O Abanqueiro nada, segue baixando o seu nivel de xogo de maneira perigosa e a grandes pasos. Desta o Aguiño vaise levar os tres puntos.
|
21 Ene 2016, 20:57 |
94.10 |
2 |
0 |
+info
|