Interesante partido, mais polo nome dos equipos que por outra cousa. O Compostela vén como ata o de agora, bos xogadores, mal “equipo”, no anterior partido unha primeira parte interesante e unha segunda parte na que en dez minutos perde o partido e que non foi capaz de reconducir. O Santiago un dos equipos da categoría, aínda que lle está a pasar o do Bertamiráns, “ empézase a notar que outros equipos están a alcanzar, e porque non, superar aos equipos que parecían intocables”, no anterior encontro custoulle sacalo adiante, e ollo que case queda, no mellor dos casos, cun empate. Neste partido os tres puntos van estar moi cotizados.
|
25 Feb 2016, 17:33 |
129.76 |
2 |
0 |
+info
|
O Dubra vén de firmar o anterior partido cun bo xogo, sobre todo defensivo, que hai que dicir é o seu punto feble cando, digamos, desconcéntranse, que nese partido non foi o caso. No apartado ofensivo dá bastante dolores de cabeza. O Lalin equipo que xoga e traballa ben, cun xogo bastante colectivo e moi dependente de dous ou tres xogadores, cando non están nótase moito que o empuxe deste equipo non é o mesmo. Neste partido o Dubra pode distanciar moito os rivais que lle veñen por detrás, entre outros o Lalín, os tres puntos pode que marchen co Dubra.
|
25 Feb 2016, 17:32 |
88.94 |
2 |
1 |
+info
|
O Fátima vai mellorando partido a partido, quizais non gañe pero demostra mellor xogo. O Cordeiro equipo que xoga ben, quizais teña descoidos que pásanlle factura, pero xoga ben. Desta os tres puntos pode que marchen fóra.
|
25 Feb 2016, 17:31 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Conxo gaña o partido anterior na primeira parte do partido, na segunda case perde, segue a ter un equipo que non se corresponde ao que comezou a temporada, a baixada nótase bastante. O Abanqueiro nada, segue a baixada mostrada nos últimos partidos, agás un partido os demais nada. Desta os tres puntos deberían quedar en casa.
|
25 Feb 2016, 17:30 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Noia segue cos problemas que lle acompañan durante esta temporada, moi pouco “equipo” e algún que outro problema nas labores defensivas, iso si, o esforzo sempre e moi alto o que pasa é que non lle acompañan os resultados polo indicado inicialmente. O Callobre bo equipo co “San Benito” de xogar fóra ou en casa. Desta pode que a cousa termine en táboas.
|
25 Feb 2016, 17:29 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Puebla vén de obter bos resultados nos últimos partidos, o anterior quizais con un pouco mais de traballo. O Val do Ulla non está a ter os resultados acorde o xogo que presenta, é un equipo que traballa ben, e o mais importante, en equipo. Entre a melloría notable do Puebla e o non terminar de rematar a faena do Val do Ulla pode que os tres puntos marchen para a costa.
|
25 Feb 2016, 17:29 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Home, non son Dios para estar en todos os partidos ao mesmo tempo pero non fai falta para pescudar un pouco como foron os partidos, a veces chega co árbitro. |
19 Feb 2016, 22:51 |
-5.78 |
2 |
1 |
+info
|
Comentarios con humor pero moi pouco elegantes ou acertados nalgunhas apreciacións, en próximos comentarios habería que manter fóra certos cualificativos e adxectivos.
Outro partido interesante, mais que nada para ver se o Bastavales ten a melloría que predican algúns. O Puebla vén presentando unha melloría moi notable, no anterior encontro foi quen de sobrepoñerse a un gol temperán, dinme que non habían pasado nin dous minutos, levándose os tres puntos diante dun rival complicado. O Bastavales vén de gañar seu último encontro diante dun rival dos fortes, haberá que ver se foi por méritos propios ou por deixamento do rival, polo visto mais isto ultimo. Tres puntos que pode que queden na costa.
|
18 Feb 2016, 18:53 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Dous equipos que levan unha boa temporada, o Lalín non tivo a sorte de cara no seu anterior partido, puido levarse o partido, ou polo menos empatar. O Aguiño vén demostrando a forza e carácter que ten no seu xogo, o seu último encontro foi un partido de toma e dá, e que logra obter os tres puntos diante dun moi bo equipo. Desta os tres puntos deberían marchar para a costa.
|
18 Feb 2016, 18:52 |
30.73 |
2 |
0 |
+info
|
Con todos meus respectos para o resto de encontros, o partido da xornada, nada que non se dixese xa, quizais dicir que posiblemente xogan habilidade contra físico. E volvemos, se ao Bertamiráns lle faltan xogadores non ten a mesma forza. Neste encontro vai depender dos xogadores que leve o Bertamiráns, no caso de ir sen os referencia tres puntos para fóra, caso contrario quedan en casa.
|
18 Feb 2016, 18:51 |
-10.07 |
2 |
1 |
+info
|
Dous equipos que vén de perder os seus últimos encontros facendo bo xogo, un por un penalti, que para moitos non foi, e outro en cinco minutos nos que empata e perde. No caso do Noia un partido bronco, con expulsión e tarxetas en demasía. Neste partido, e tendo en conta que mais ou menos os dous equipos teñen un parecido no xogo o resultado podería ser empate.
|
18 Feb 2016, 18:51 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Abanqueiro, aínda que tivo un partido estrela, segue a estar en mínimos, no anterior partido, cun rival non moi complicado, consegue saír cun empate no derradeiro minuto. O Fátima continua presentando un xogo con certas mellorías, aínda así non é un equipo que se poida dicir que presenta un cambio radical, no seu anterior encontro consegue rabuñar un empate nas postremeiras do partido. Neste partido pode influír que o visitante ten unha melloría notable e está afeito a xogar en campos como o do Abanqueiro, os tres puntos pode que marchen fóra da Charca.
|
18 Feb 2016, 18:50 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Partido interesante, un Peleteiro que segue sen estar ao nivel do comezo de temporada, o seu último encontro o saca adiante mais polos enormes fallos do rival na defensa que por un xogo excelso. O Compostela segue a ser o que sempre digo, bos xogadores sen equipo, o seu anterior partido case o perden na primeira parte, grazas a que o rival non tivo mais coraxe lévase os tres puntos. Resultado incerto neste partido, pode ser calquera, aínda que voume inclinar por que os tres puntos quedan no colexio.
|
18 Feb 2016, 18:49 |
30.73 |
2 |
0 |
+info
|
O Cordeiro segue a manter un bo nivel de xogo, a veces fáltalle un punto mais, ben ao principio ou no final. No anterior partido fai unha primeira parte de ter que aguantar a ondada do rival, certo que o rival saíu con todo, sen embargo na segunda foi quen de case darlle a volta o partido. O Negreira segue no seu nivel, moi baixo, a tido algunha iluminación pero foi mais polo xogo dos rivais que propio. Tres puntos que quedan en Valga.
|
18 Feb 2016, 18:48 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Un Conxo que segue mantendo unha baixada de xogo importante, o seu último encontro o gaña “in extremis”, e iso que ía gañando dous cero. O Callobre sen embargo segue a manter un bo nivel de xogo, non espectacular pero si o suficiente para manterse cómodo nesta categoría, no seu último encontro deixa escapar a vitoria, hai que recoñecer que a sorte non lle acompañou moito. Neste encontro, tendo en conta o factor campo-talismán e que o Callobre nestes momentos presenta un equipo un pouco mais conxuntado que o adversario, tres puntos que quedan na casa.
|
18 Feb 2016, 18:47 |
57.04 |
3 |
0 |
+info
|
Nada que dicir, un Santiago que ten un equipo moi competitivo, pero que de cando en vez ten algún tropezo, o seu último partido é boa mostra diso, comeza gañando e termina perdendo por mais do normal, e por méritos propios. O Cacheiras segue a mostrar melloría, pero atrás aínda ten que mellorar ao mesmo nivel das outras liñas, non é capaz de axeitar unha defensa sólida, con certos equipos a melloría da defensa chega pero con outros non, boa mostra diso foi o partido anterior, perden na defensa, e este partido penso que vai ir polo mismo camiño. Imaxino que o Santiago tomará boa nota do acaecido a xornada anterior polo que os tres puntos deberían quedar en casa.
|
18 Feb 2016, 18:46 |
30.73 |
2 |
0 |
+info
|
O Conxo está tendo problemas para manter o nivel de xogo co que empezou, como referencia e sen contar o último partido, foi suspendido, de 18 puntos só conseguiu 3, a esta altura da competición está demasiado cerca dos postos de descenso, só tres puntos se temos en conta que pode baixar algún equipo de galega, o Val do Ulla depende de con quen xogue, cos, digamos, fortes, moitos problemas e cos do seu nivel, mellor, aínda que algún cústalle sacalo. Desta pode ser que os tres puntos marchen para o Ulla.
|
11 Feb 2016, 19:10 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Compostela, o manteño, equipo con bos xogadores pero non en equipo, en determinados partidos a calidade dos xogadores imponse pero en outros non chega, e penso que este vai ser un deses. O Lalín é un equipo que traballa bastante ben, nótase moito cando ten convocados certos xogadores, danlle unha diferenza de xogo importante e parece que para este partido vai poder contar con algún deles, de todas maneiras é un equipo que aínda tendo un nivel de xogo alto cando se enfronta a un rival que defende ben cústalle sacar o partido, seu último partido é unha boa mostra de iso. Tres puntos que marchan para a comarca do Deza.
|
11 Feb 2016, 19:10 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Con todos meus respectos para o resto de partidos, este é o encontro da xornada, coincido con "Ojeador22"..
O Aguiño, como xa veño dicindo, é un equipo moi loitador, cunha defensa forte e cun xogo en longo que lle da bos resultados, de todas maneiras hai partidos que se atrancan e non saen, o seu último partido foi un deses, non foi capaz de materializar con mais efectividade as xogadas que creaba e perde o partido nos 5 últimos minutos. O Bertamiráns, pese a quen lle pese, demostra que cando non ten os efectivos de referencia chega a ter problemas, sen embargo cando está o equipo cos xogadores referencia, ou polo menos case todos, é un equipo moi bo, no último partido dálle un bo toque a un dos equipos con presencia neste grupo. Neste partido o Aguiño presenta unha pequena vantaxe ao xogar en casa. O prognostico é un pouco complicado, deixémolo en que poden quedar os tres puntos en casa ou ben marchar.
|
11 Feb 2016, 19:09 |
127.26 |
2 |
0 |
+info
|
O Bastavales mantén unha baixada de efectividade moi importante, non quita que de cando en vez poida facer un bo encontro como o que fixo cun Lalín con baixas, pero que no último partido dáse de fronte contra unha parede. O Santiago aínda que no último partido só puido saír cun empate, e grazas, segue a ser un dos equipos de referencia, e paréceme que vai ser outra parede para o Bastavales. O dito, tres puntos para os visitantes.
|
11 Feb 2016, 19:08 |
86.48 |
2 |
1 |
+info
|