Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
O Noia vén de perder o anterior partido de maneira clara e contundente, non presentaron perigo excesivo, algún gol pode que merecesen pero mais nada. Como veño dicindo, pouco “equipo” e non moi acertados nas labores defensivas. O Cordeiro está a ter unha baixada no seu xogo, sobre todo nas segundas partes e cara á última metade, no último encontro encaixa tres goles nese tempo. Desta os tres puntos pode que queden en casa. 10 Mar 2016, 16:45 8.47
Dous equipos moi similares no seu xogo, ambos veñen de perder os seus anteriores encontros de maneira clara na segunda parte dos mesmos, fan unha primeira parte boa e baixan e descoidan na segunda, sobre todo cara ao final. Engadir que o factor “talismán-campo” parece que xa non é tal. Resultado incerto, pode darse calquera, outro 1X2. 10 Mar 2016, 16:45 8.47
Os dous veñen de perder seus últimos encontros despregando un nivel de xogo espectacular, o resultado dáse non polo baixo xogo senón por non estar tan acertados como os contrincantes e un pouco de factor sorte. Con todos meus respectos para o resto de encontros este é o partido da xornada. O Dubra con toda seguridade tratará de aproveitar o factor campo. Desta pode darse calquera resultado, 1X2. 10 Mar 2016, 16:44 -32.47
Pouco que dicir, o Negreira non dá levantado cabeza e o Peleteiro volve pouco a pouco á senda do bo xogo. Salvo sorpresa maiúscula tres puntos que marchan fóra. 10 Mar 2016, 16:44 8.47
Dous equipos en diferentes posicións, non só na clasificación senón tamén no seu xogo, os dous veñen de gañar os seus anteriores encontros, os dous dunha maneira clara. No caso do Abanqueiro recoñecer que me sorprendeu o resultado, o que non quita para dicir que fixeron un bo encontro. Neste encontro penso que o Val do Ulla ten un pouco mais de oficio e o vai facer patente. Tres puntos que quedan en casa. 10 Mar 2016, 16:43 8.47
Saber non sabrá como entrou o balón pero o que si é que o Bertamiráns só pudo saír co partido gañado pola mínima. 04 Mar 2016, 22:51 130.78
O Lalín equipo que traballa e xoga ben, ten o pequeno problema de que depende de algún que outro xogador, o Negreira vén de darlle guerra a un equipo dos “fortes”, perde o partido poñéndollo costa arriba ao rival. Desta quizais os tres puntos queden en casa. 03 Mar 2016, 19:09 8.47
Como acostumo dicir nestes casos, con todos os meus respectos para o resto de encontros, o partido da xornada. O Santiago gaña o anterior encontro cun marcador moi amplo que non debe levar a enganos, non as tivo todas, na primeira parte puido caer, foi na segunda, cunha baixada do rival, que consegue o avultado resultado, iso non quita para dicir que sen lugar a dubidas é un dos equipos referencia deste grupo. O Aguiño consegue levarse o anterior partido diante dun bo equipo, é un equipo a ter en conta e que seguro estará nos postos de ascenso. Neste partido, e polo campo, os tres puntos poden quedar en casa. 03 Mar 2016, 19:08 130.78
O Bertamiráns gaña o seu último partido dunha forma digamos “extremis”, dicir que empezaron perdendo e custoulles sacar o partido, dicir que mais de un di que o penalti pois podía aforralo o árbitro, e ollo que na segunda parte do partido nada. O Fátima un equipo que xunto co Cacheiras están a ter unha melloría moi notable, no caso do Fátima cun algunha fichaxe, gañan o último partido dunha maneira clara tendo diante un rival dos complicados. Prognostico complicado, pero aventuramos que os tres puntos poden marchar fóra. Aproveito, “empézase a notar que outros equipos están a alcanzar, e porque non, a superar aos equipos que parecían intocables”. 03 Mar 2016, 19:06 8.47
O Puebla, bo equipo, a tido partidos moi bos pero tamén descoidos estrepitosos, vén de perder o anterior partido pola mínima cun rival do seu nivel que estivo mais acertado cara ao gol. Na segunda parte intentouno pero non puido ser. O Cacheiras segue a manter unha clara e manifesta melloría, o anterior partido o saca adiante con traballo pero notándose que van a dar pelexa no que queda de temporada. Tres puntos que pode que marchen para fóra. 03 Mar 2016, 19:05 47.25
Un dos partidos da xornada, o Peleteiro vén de perder o seu último partido dunha maneira clara, o rival non deu concesións, aínda que algún poida pensar o contrario. Nas ultimas xornadas xogando cos equipos de arriba non sae moi ben parado. O Dubra está presentando uns rexistros de xogo interesantes, segue a ter o problema de desconcentración que algunha que outra vez dálle algún desgusto pero polo demais segue a ser un equipo que xoga ben e cando mantén a concentración é un rival complicado e difícil. Desta, tendo en conta que o campo é moi parecido ao do rival pode que os tres puntos marchen fóra do colexio. 03 Mar 2016, 19:04 130.92
O Cordeiro vén de perder o último partido dunha maneira clara, o rival non lle deu opcións e tampouco foron de crear xogadas claras. O Conxo vén de gañar o seu partido, iso si, o rival non presentou maiores problemas. Desta os tres puntos poden caer de calquera lado, ou porque non, quedar en táboas. 03 Mar 2016, 19:03 8.47
Nada que dicir, o Abanqueiro segue sen presentar mellora e o Noia presentou un bo xogo no seu último partido, certo que o rival non tiña os xogadores completos, pero sacou o partido. Desta tres puntos que marchan fóra da casa. 03 Mar 2016, 19:03 8.47
O Callobre vén de perder o partido anterior, certo que tiña poucos xogadores, aínda así presentou un bo xogo, non deu froitos o esforzo pero a piques estiveron de sacar algo. O Val do Ulla polo seu lado vén de gañar o último partido, custoulles o seu por que o rival non o puxo fácil. Seguramente volveremos co tema do campo-talismán, xa veremos, apúntome a que os tres puntos quedan en casa. 03 Mar 2016, 19:02 8.47
O Bastavales fixo un partido digamos que bo no seu último encontro, non o sacou adiante porque a sorte non lle acompañou, dicir que tivo un pouco de axuda do equipo contrario. O Compostela mantén a súa liña habitual, xogadores si, “equipo” non, no último partido fixo unha boa primeira parte na que puido marchar ao vestiario gañando pero na segunda parte acabouse, perden o partido dunha maneira clara. Neste partido penso que o Compostela vaise levar os tres puntos. 03 Mar 2016, 19:01 8.47
O Compostela fai unha boa primeira parte na que mereceu polo menos dous goles, cando menos un, e unha segunda parte igual ata os goles do Santiago. O Santiago tampouco quedouse corto, tamén xogou ben, e na primeira parte tamén puido acadar algún gol mais. Houbo un momento na primeira parte que o Compostela chegou a ser superior. Para min a diferenza non foi o segundo gol, foi o terceiro, a partir de aí, tal como di “thecrack”, o Compostela derrubouse, non foi capaz de recompoñerse, detalle aproveitado polo Santiago, os goles seguintes son mais ben anecdóticos, non por nada senón por que o Compostela non facía, ou non podía, evitalo, algún detalle aillado pero mais nada. 29 Feb 2016, 17:37 8.47
Unha de dúas, ou me expresei mal, seguramente foi iso, ou non se entendeu a idea. O que quixen dicir con “empézase a notar que outros equipos están a alcanzar, e porque non, a superar aos equipos que parecían intocables” non era que estivesen a alcanzar aos "intocables" en puntos senón en xogo. De feito o de ser moi superiores xa non o é tanto, para mostra algún dos resultados destas últimas xornadas, e non me serve o de “altibajos” xa que algúns de estes equipos con todos os seus efectivos tiveron que traballar a reo para sacar adiante seus partidos e algún aínda así perder o encontro. Por suposto, son equipos que están un nivel por enriba, teñen bos xogadores e combinándoo con un bo xogo de equipo pois están onde están 29 Feb 2016, 17:36 8.47
Por diante, con todos meus respectos para o resto de partidos, encontro da xornada. O Aguiño equipo forte, sobre todo na defensa, e cun xogo vertical que ten moi controlado no seu campo. O Peleteiro equipo moi equilibrado que está a pasar por unha etapa aciaga no seu xogo. Tres puntos que pode que queden na costa. 25 Feb 2016, 17:35 129.33
O Negreira mantén o nivel de xogo baixo, partido tras partido dá boa mostra diso. O Bertamiráns bo equipo, penso que superior ao rival, de todas maneiras empézase a notar que outros equipos están a alcanzar, e porque non, a superar aos equipos que parecían intocables, no último partido perde os tres puntos diante dun rival que lle xogou moi ben, sobre todo en defensa, e iso que con un xogador menos toda a segunda parte, por certo, para min inxusta a expulsión, pero, en fin, o dos árbitros xa se sabe. Neste partido tres puntos que marchan para fóra. 25 Feb 2016, 17:35 8.47
O Cacheiras está a presentar unha melloría impresionante, fáltalle quizais un pequeno axuste na defensa, no anterior partido faille fronte a un “poderoso”, e case é quen de levarse o partido, pena dos fallos que aconteceron. O Bastavales presenta unha melloría no seu xogo, pero moi baixa. Desta a gran melloría do Cacheiras debería impoñerse, tres puntos que quedan na casa. 25 Feb 2016, 17:34 47.10