O Aguiño vén de perder o anterior partido sen escusas. O Compostela gaña no último encontro, pero coidado, case queda a velas vir nos últimos instantes. Pode que os tres puntos queden na costa.
|
31 Mar 2016, 16:02 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Un Dubra que vén de perder o anterior partido dunha maneira, digamos que polo menos estraña, pero facendo un bo partido. O Cacheiras que segue unha liña ascendente moi clara, o anterior partido o gaña, aínda que algún que outro descoido puido pasarlle factura. Neste partido o Dubra tentará manter o seu posto na clasificación, tres puntos que debesen quedar en casa.
|
31 Mar 2016, 16:01 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Partido curioso, dous equipos que veñen de menos a mais, xa veremos pero pode darse un empate. |
31 Mar 2016, 15:59 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Partido que ver, ten certos puntos que o fan prometedor, por un lado un Fátima cunha mellora indiscutible e polo outro un Santiago que está a presentar moitas incógnitas nos últimos encontros. Pode que os tres puntos queden en casa.
|
31 Mar 2016, 15:58 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Partido interesante, por un lado o Conxo que non pasou do empate no anterior encontro e pode que non sexa capaz de conter a mellora que presenta o Peleteiro. Tres puntos que marchan fóra.
|
31 Mar 2016, 15:58 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Noia presentou un xogo feble no anterior partido, e iso que o rival non estaba ao cen por cen, perde o partido sen que se poida cuestionar. O Lalín non pasou do empate, e grazas, diante dun rival que tampouco estivo ao cen por cen. Neste encontro pódese dar que os tres puntos marchen fóra.
|
31 Mar 2016, 15:57 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Vén de perder o anterior encontro o Callobre, como visitante, nun partido bronco por demais, para mostra as tarxetas que levaron os anfitrións de dito partido. Parece que pódese comentar o que se queira dese partido e todo vai ser correcto, incluído o do penalti e arbitraxe. O Cordeiro tampouco tivo fortuna, perde o seu partido, só que este de maneira que ninguén critica, e que como vén sendo habitual, na segunda parte. De esta pode ser que os locais queden cos tres puntos.
|
31 Mar 2016, 15:57 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Alí vamos, o Bertamiráns perde o anterior partido xa dende os primeiros instantes do encontro, a partires de aí non foi capaz de crear verdadeiro perigo, para rematar tiveron moi mal perder, tres expulsados, que van a notalos moi seguramente neste partido. Os “todopoderosos” xa non teñen a mesma superioridade do inicio de temporada, e ollo non porque baixaran, senón porque o resto de equipos a mellorado considerablemente. Xa non se pode falar de “un mal día”. O Noia segue a ter unha irregularidade manifesta, tendo un equipo bastante axeitado non termina de funcionar del todo no aspecto “equipo”, sobre todo en defensa, iso si, é un equipo que cando ten o día funciona e faille pasar apuros a calquera. Desta, e cos expulsados que vai ter o Bertamiráns, os tres puntos pode que marchen para a costa.
|
18 Mar 2016, 17:08 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Lalín está a ser un equipo moi irregular, dependen moito de certos xogadores, e xa non falemos de cando vai en mínimos, o último partido foi de eses, e aínda así fíxolle fronte ao rival pero non chegou. Para meu gusto ten un problema engadido, é un equipo que leva moitas tarxetas polo seu xogo que a veces vai moi xusto coa infracción. O Conxo está tendo unha mellora moi notable nestes últimos encontros, está a mostrar o equipo que parecía tiña todos os visos de estar nos postos de ascenso, de feito está a piques de entrar neles, dous puntos son os que o separan. No anterior encontro fanlle fronte a un dos “todopoderosos”. Desta pode que os tres puntos marchen fóra do Deza.
|
18 Mar 2016, 17:07 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Cordeiro tendo un equipo que xoga bastante ben ten o problema que se perde nas segundas partes, sobre todo na media hora final, os tres últimos partidos son mostra diso. O Val do Ulla equipo competitivo e que traballa ben, non está non postos altos da clasificación polo azar. Desta, e coa traxectoria do equipo local, os tres puntos pode que marchen para a Ulla.
|
18 Mar 2016, 17:06 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Abanqueiro segue nunha liña de xogo moi feble, sobre todo cara ao final dos partidos, o anterior o perde na media hora final, e iso que o rival estivo durante ese tempo con dez xogadores. O Callobre ten un equipo equilibrado, o que si parece é que o do “campo-talismán” xa non o é tanto, o certo é que o equipo é capaz de facerlle fronte e plantarlle cara a calquera rival, o anterior partido o perde en dez minutos de despiste, pero ollo que despois foron con todo e houbesen podido como menos empatar o partido. Desta tres puntos que marchan fóra.
|
18 Mar 2016, 17:05 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Puebla gaña o anterior partido con moito esforzo e na última media hora, e puido perdelo se o rival estivese un pouco mais atinado e con maior fortuna, non tendo mal equipo leva unhas xornadas nas que non é capaz de trenzar un xogo cen por cen efectivo, ten demasiadas fracturas na defensa. O Compostela gaña o seu anterior partido mais polo rival que por seu propio xogo, a piques estivo de non levarse os tres puntos. Neste partido os tres puntos poderían quedar en casa sempre que as fracturas defensivas mencionadas do equipo local sexan evitadas.
|
18 Mar 2016, 17:04 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Peleteiro vén de perder o anterior partido facendo un pobre xogo, empeza o tema cun penalti que, depende de que lado che digan, non o foi, empatan, e nos últimos momentos perden o partido, e non é escusa o de que ían sen xogadores porque tiñan, certo que faltaba algún que outro que pon un plus no equipo. O Fátima, gaña o seu anterior partido diante dun rival que non contaba cos xogadores importantes e que estaba en mínimos, aínda así custoulle o seu levarse os tres puntos. Como este partido é xusto ao comezo de semana santa e iso pode condicionar a asistencia dos xogadores dalgún dos equipos pode ser que os tres puntos marchen fóra do colexio.
|
18 Mar 2016, 17:03 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Cacheiras segue a manter un forte ascenso no seu xogo, o anterior partido non foi quen de levarse os tres puntos por mala sorte na definición final e porque na primeira parte a defensa tivo demasiados fallos, na segunda parte, cunha reestruturación do equipo estiveron a pique non so de empatar o partido senón inclusive de gañalo. O Aguiño vén de perder o seu anterior partido dunha maneira, para eles, decepcionante, sinálanlle un penalti que non foi, sempre dende o seu punto de vista, encaixan un gol en propia, e cando empezan a tomar as rendas do partido van e cometen dous descoidos que mandan ao garete o partido, dicir que o partido foi moi tenso, mais de dez tarxetas di como foi. Desta o Cacheiras non llo poñerá fácil ao rival pero pode ser que o físico se impoña, tres puntos que marchan para a costa.
|
18 Mar 2016, 17:02 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Bastavales no seu anterior partido sacou tres puntos ante un rival complicado, iso si, o partido foi “bronco” demais, parece que entre uns e outros houbo mais de dez tarxetas, como sempre, penalti que non foi, digo o de sempre por aquilo de que cada un ve a cousa como lle afecte, ata os minutos finais o Bastavales tiña só un punto e o rival chuchaba e estaba preto de levarse o partido, pero nos 5 minutos finais en senllos descoidos, dous goliños, e tres puntos. O Dubra vén de ganarlle o partido a un rival dos fortes aproveitando moi ben seu campo e demostrando que está nos postos de ascenso por xogar ben, e que cando manteñen a concentración, sobre todo en defensa, son un equipo moi difícil, o partido foi intenso, terminou a primeira parte coa sensación de que a segunda parte sería traballada, tal como foi, e na que o Dubra definiu ao pouco de comezar. Tentouno o rival pero a defensa estivo ben. Nesta o Dubra fará o posible por manterse nos postos de ascenso, así que tres puntos que marchan fóra.
|
18 Mar 2016, 16:58 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Vén de perder o Santiago seu anterior partido nun bo encontro contra un rival que aproveita moi ben seu campo. O Negreira vén de ganar o encontro anterior contra un rival do grupo dos “todopoderosos”, fan un bo partido, aínda que parece que o gol de penalti, pois non foi tanto penalti, pero xa sabemos, uns ven as cousas dunha maneira e outros de outra, depende de como afecte. Neste partido o Santiago tratará de resarcirse do mal trago da semana pasada, como dicía nun comentario anterior “salvo sorpresa maiúscula”, que ao final foi sorpresa, e das maiúsculas, tres puntos que deberían quedar na casa.
|
18 Mar 2016, 16:56 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Por un lado o equipo visitante que coa melloría que está a presentar pode facer un partido bo e crearlle moitos problemas ao local, o anterior partido o gaña de maneira clara. Polo outro un Compostela que pode pasarlle factura o de, como manteño, ter xogadores e non “equipo”, o anterior partido tivo a sorte de cara, lévase o partido non por merecelo senón por que o rival non estivo acertado en moitas das xogadas. Tres puntos que pode que marchen para fóra.
|
10 Mar 2016, 16:49 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
Veñen de gañar os dous os seus anteriores encontros pero de xeito dispar, un claramente e o outro con un pouco mais de apuro, de feito viu a luz case terminando o partido. O Conxo penso que o vai intentar xa que está a nada de entrar nos postos de ascenso. Aventúrome a dicir que os tres puntos pode que queden na casa.
|
10 Mar 2016, 16:48 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Aguiño vén de gañar o anterior encontro, iso si, cun bo xogo dos dous equipos involucrados, demostrando que é outro equipo a ter en conta, ou como gústame dicir, referencia. A verdade que agradoume o partido e sorprendeume como o plantexou o Aguiño, pensei que o rival tería un ou dous puntos por enriba e non foi así. O Bastavales, por certo con poucos efectivos, perde o anterior partido pola mínima, e ollo, cun rival de nome aínda que non de xogo, tal como xogou se chega a ser outro rival ao mellor e lévase os tres puntos. Paréceme que desta os tres puntos quedan na costa.
|
10 Mar 2016, 16:47 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
O Fátima, xunto co Cacheiras, os equipos que mais melloraron dende fai unhas xornadas, no último encontro, aínda que o perde, fixo suar ao rival, e ollo que era un dos de arriba. O Lalín no anterior partido non as tivo todas consigo, se o rival apertase un pouco mais e tivese un pouquiño mais de sorte outro galo houbese cantado. Desta anímome a pensar que os tres puntos pode que queden en casa.
|
10 Mar 2016, 16:46 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|