Comentarios de agmo70

Comentario Fecha Karma
Pois roblecito, estás bastante trabucado. Pregunta e verás...o que oasa é o de sempre...as présas. O tempo o dirá peroapuraron os plazos...e senón aí tes o compañero anterior 29 Sep 2022, 13:49 10.91
Roblecito, o bo disto é que todo o mundo entende de todo. Todos son adestradores, árbitros e por suposto especialistas en cespede deportivo. O que vai pasar e que dentro de dous meses, como chova estase xogando fora, porque, claro, como se ìa agardar dous partidos máis? E claro, agora a culpa é da empresa... 28 Sep 2022, 10:30 10.91
Entendo que os comentarios borrados son os dos resultados posibles polo que vexo. Talvez algo relacionado co tema apostas 13 Sep 2022, 12:39 10.91
O que non se entende é por que se o Couto está tan mal non se fan cargo ós dous clubs do se mantemento, ou polo menos saber canto aportan para que estea en bo estado. 08 Sep 2022, 00:25 10.91
Eu comprendo a vosa postura e sexa como sexa moita sorte. Entendo que a miña postura é máis obxectiva e menos sentimental.o fútbol e moito máis hoxe son cartos. Eu coido que o clube debería poñer autobuses para esa xente da que falades e cuns prezos asequibles pódese facer unha gran entrada no Couto, que tamén ten aquilo de facelo aí. Son moitos cartos, e se falamos dos bares....en fin o dito sorte, se é aquí irei a ver o partido. 04 Dic 2021, 20:46 80.22
Pesuleakov niso tes toda a razón...portada no marca ao día seguinte..e menos mal que non leva a chover moito. De todos modos o couto a dia de hoxe non é mala opción, pois é probable que u.d ourense non sigue polo Covid o próximo domingo co cal o campo dentro do malo estaría aceptable. Agardemos que a todo isto non miden as restriccións 04 Dic 2021, 12:27 34.12
Pinocho, sería unha cuestión de estudio a parte posibles problemas de televisión e radio. Eu contoche o que farei eu sendo de Ourense e supoño que coma min haberá máis casos, si se xoga en carballiño non irei e si se xoga en Ourense pois si vou. Entendo que a directiva se ve a posibilidade de facer cartos xogará en ourense e debería poñer autobuses dende Carballiño. Máis ao mellor non vai tanta xente, quizais dependa dos prezos 04 Dic 2021, 09:55 80.22
O partido ten pinta de xogarse no Couto. 03 Dic 2021, 20:52 -58.40
Pois aquí o deixamos, sen escusas, sen culpables externos. Aquí o deixamos con moita épica pero pouco máis. O resumo só ten unha palabra: fracaso, poderíalle poñer un apelido máis o de rotundo pero vamos a deixalo aí. Se alguén non entende que este institución ten que pegar un xiro de timón é que non comprende nada. Vir agora botarlle a culpa a ponte, a alineación do Arzúa di moito de como estamos e as miras que temos. Para a tempada seguinte aí estaremos pero o golpe é tremendo, innecesario....Se continuamos con este modelo arcáico vamos a telo moi, pero que moi difícil para facernos un oco entre os de arriba. En fin...ata próxima verbena. 20 Jun 2021, 20:07 69.25
hai que ir coa maleta e o rosario. O resto está enterrado e ben enterrado xa. E gañar nós, por suposto. 15 Jun 2021, 18:15 10.91
home, pero como pasaríamos nós do partido, como seguro que pasou hoxe o viveiro no Barco e como a ben seguro fará o Arzúa o domingo salvo, e espero que asi se faga, se lle arrime a brasa a sardiña. Esperar a estas alturas polos demais por boa vontade é ser moi utópicos. Queda unha bala e haina que pagar e esperar que no se atranque no canón 13 Jun 2021, 22:43 10.91
Por partes. Coincido en bastantes das túas apreciación ourensejapas aínda que coido que hai que tocar un pouco máis do cerne da madeira. A min xa non me vale o mantra e que o Ponte, e que os de Oira....A ver o Ourense f.c. funciona coma un negocio e como tal o movemento que fixeron, moral ou amoral, foi intelixente e arriscado. Se acaso ninguén resucitaba ao C.D. Ourense eles facíanse co nome da cidade, a xestíón do couto máis o de Oira e aínda que non todos si algunha xente se faría socio dese novo proxecto. Foise abaixo cando naceu a U.D. Ourense pero moi descamiñados non ían pois cando marchou Modesto case non aparece ningúen ata o final, asi que, repito, como operación non era tan mala. Segundo iso de que vamos co Ourense esté onde esté está moi ben para unha arenga de Mel Gibson pero apenas hai quen se queira facer cargo dun proxecto popular polo que ele conleva, Aparece Currás porque están ai e saben como funciona pero pouco máis, ou me trabuco?. Manter toda esa infraestructura altruistamente é moi pero que moi difícil, e moito máis se, esperemos que non, nos pegamos o tremendo castañazo de baixar. Si eu son siadeiro e afacionado pero pouco máis e iso, o casa da maioría, non chega. O clube necesita un paso máis pois se segue nesa dinámica corre o risco de desaparecer, non polos socios que coma as meigas habelos hainos, senón porque podemonos ver un día sen capitan no barco. Falando de barco, vamos viveiro aínda que, non sei moi ben porque, teño un mal pálpito co partido de hoxa a tarde. Espero equivocarme. 13 Jun 2021, 14:13 10.91
Botarlle a culpa ao Ourense f.c. é non ter que facer a día de hoxe, se alguén ten esa culpa non son precisamente eles da nosa situación. Eu xa o dixen días atrás, son xogadores de filiais, xente nova que saben de que vai isto e senón o saben xa teñen que llo diga. Non se van arriscar a unha lesión por salvarnos e iso sen contar que ao mellor dende os seus equipos de orixe teñen indicacións que unha vez cumpriron o obxectivo da salvación toca coidarse. é o normal, o que faríamos nós pero coido que botarlles a agora culpa dos nosos males non ten senso algún. Toca cruzar dedos e aínda así non será doado. 12 Jun 2021, 22:45 305.24
pois un menos. o Arzúa salvado, polo menos evita o posible biscoto do último partido. Non vin o partido pero os equipos salvados, salvo primas polo medio, non arriscan unha perna ante outro equipo necesitado da victoria. Esperemos que esto non afecte moito ao ánimo do equipo aínda que algo influirá. Estes partido tiñan que ten un horario unificado e hoxe non nos favoreceu. Quedamos o barco e nós. Malas novas para o futbol ourensán 12 Jun 2021, 21:22 305.24
Haberá que incentivar aos da ponte... 07 Jun 2021, 09:33 305.24
Pois é aquí a paradoxo da vida... Do oira mierda pasamos a case, ou sen case, ir ter que animar o sábado ao couto porque a victoria dos pontinos é crucial. Non sei como nos sae o tema do Arzúa en caso de empate o sábado. Poñamos s no caso que gana o barco e o Arzúa empata e nos ganamos. Se ao Arzúa e o barco lle chega un empate na última xornada...... Así que, sen que serva de precedente,... Vamos ourense fc. 06 Jun 2021, 22:08 10.91
A ver ourensejaps, eu coido que ao ourense lle interesa, e moito que nos salvemos, diso non teño dúbida algunha, nin creo dende logo que haxa, directrices nese senso. Pero si estou seguro que xogadores con proxección de canteira non van meter o. Pé para xogarse unha lesión contra o Arzúa. O normal neste mundo, iso non quere dicir que si se pon bem falen o partido 06 Jun 2021, 16:16 10.91
pois eu non o tería tan claro coma ti. Tamén se conta que levan algún que outro mes por cobrar. Si, son futbolistas novos pero hai moito que o tema do fútbol cambio moito e estes rapaces que veñen das canterias saben que unha lesión pode rematar coa súa traxectoria. Non van arriscar nada e iso non quere dicir que se vaian deixar perder, simplemente que a súa intensidade vai baixar moitos puntos. Nada novo a día de hoxe, a nós tocamos gañar todo e a esperar. Estamos así por desgraza por moitas cousas e pouca boas. 06 Jun 2021, 00:32 10.91
Por desgraza ourensejaos si que vai invertir bastantes cartos, os suficientes para camuflar un desastre e con iso evitar un inversión máis grande e necesaria. Unha mágoa porque con iso taparan bocas pero non encheran os estómagos 04 Jun 2021, 08:20 -4.12
Galgu, nada ten que ver que descendamos ou non coa remodelación do campo que é propiedade da xunta e vai facer o que lle pete 04 Jun 2021, 08:18 -4.12