Partido adiantado a sábado na Lomba onde ambos veñen de experiencias agridulces.
Araño e Xuño siguen buscando a primeira victoria do curso.
Os locais sacaron un punto bastante bo dun campo como o Monumental de Pomar do Río pero chegaron a ir 1-2 e un penalti anotado por Bruno a 12 minutos do final fan que se teñan que conformar con empate.
O Xuño sumou o seu primer punto da tempada ante un moi bo rival como o Carcacía pero ó igual que o Araño a 10 minutos do final perderon unha ventaxa de 3-1 tamén con outro penalti transformado por Kiko. Diego Montaos xa deixou a súa firma nada máis chegar anotando o que era o 3-1 no minuto 55.
Equipo correudo tanto na casa coma fora que leva menos puntos que sensacións está deixando contra conxunto que recibe un plus cas últimas fichaxes e que penso plantará cara a calquera.
Pronóstico nada claro.
|
16 Oct 2023, 17:43 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Por certo Quintáns, que xa falamos agora á mañán. Fe de erratas. Corrixo o da primeira xornada: non quedastes 9 contra 10 contra o Carcacía, que como me fixestes caer da burra un do que vos expulsaron estaba quentando. Que conste en acta.
Vémonos para a semana na Alta. |
11 Oct 2023, 14:26 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Borrar non se borra nada compañeiro 😊👍. As actas non engañan e neso somos estrictamente rigurosos. A menos que se equivoquen de autor de gol e estando eu no campo esté seguro de que non foi o que puxo o árbitro. Que desas houbo 2-3 o ano pasado. Nos partidos onde non puden estar non me queda máis que fiarme das actas de futgal. |
09 Oct 2023, 17:14 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
E gracias polo comentario Miline, pódese criticar de maneira educada e ademáis con razón. |
09 Oct 2023, 15:32 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Estou de acordo Miline. Un dos nosos tiña que estar expulsado e digoche máis: un penalti clamoroso para o Artes con 0-1 que non veu e que o propio xogador mo reconoce. Polo que o árbitro luceuse para os 2 lados. Os goles en fora de xogo son o 3° e o 5°, o 4° efectivamente como dis tiramos fatal o fora de xogo. E polo que me contan da expulsión por doble cartón do xogador do Crocha é o xogador do Artes o que agarra e caen os 2. Por eso digo que a pesar dos foras de xogo que eran o partido o hubese levado o Artes.
Unha cousa é ser dun equipo e outra non reconocer as cousas e ver o que foi evidente. E aínda que algún non crea que son objetivo intento ver as cousas creo que o mellor posible. Dominou o Artes pero o partido estuvo ahí ata o 0-2. Desde ahí foi todo costa abaixo. |
09 Oct 2023, 15:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Para mín o partidazo da xornada.
No Emilio García enfróntanse 2 equipos en bastante boa forma.
Porto do Son e Palmeira xogarán un partido que nos últimos anos suele ser bastante quente.
O Porto do Son leva pleno de victorias. Volveu gañar pola mínima neste caso a domicilio á SD Araño. Campo complicado e onde de momento están rentabilizando ben os goles ata o de agora.
O Palmeira aínda que só leve 2 empates está sendo tamén un dos equipos que está dando que falar. Empates ante Artes e Carreira que son favoritos ó ascenso directo. Polo que a priori logo terán un calendario máis asequible.
Calquera dos 2 pode gañar. O ano pasado nos 2 partidos entre eles ambos gañaron a domicilio si non recordo mal. |
09 Oct 2023, 10:17 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Volve o Cordeiro B da xornada de descanso onde xogará en Campaña ante o Lousame.
Os locais logo do primer partido xogaron onde caeron co Sar en Extramundi buscarán gañar e veremos en qué punto están. Porque o Sar de momento logrou 2 victorias e o Cordeiro B polo menos en resultado puxolles moitas dificultades ós de Padrón.
O Lousame logo do subidón de gañar en Xuño caeron na casa ante o Sar por un claro 0-3 e veremos qué poden facer neste terceiro partido e qué cara veremos, si a boa do primer partido ou a de máis dificultade do segundo.
Pinta que este partido pode estar igualado pero cada partido é un mundo. |
09 Oct 2023, 10:11 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Xuño e Carcacía xogarán na terra das Furnas un partido que consultando páxinas de resultados históricos que circulan pola web e a falta de mirar con máis detalle sexa o seu primer enfrentamento en competición oficial.
O Xuño de José Antonio non comezou moi ben a liga. 13 goles en 2 partidos e no último encaixaron 6 aínda que o partido gran parte del o competiron plantando certa cara ó Abanqueiro ata o minuto 75 onde iban 2-1 e onde nesos 15 minutos finais encaixaron 4 goles e baixaron os brazos.
O Carcacía venceu pola mínima ó Cures nun partido que se decidiu cun gol de Edgar. O ano pasado os equipos que viñan de Segunda non o tiveron nada fácil e só o Aguiño puido triunfar dos 5 que baixaron, polo que o Carcacía terá que sudar bastante cada encontro si quere retornar ó primeiro intento.
Si non paran a sangría de goles os das Furnas terano complicado neste encontro.
Actualización: o Xuño incorpora a Manuel Mariño e Diego Montaos do Queiruga. O Xuño pode mellorar bastante con estas 2 incorporacións |
09 Oct 2023, 10:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Cures e Araño buscarán no Monumental 3 puntos que os fagan conseguir o primeiro triunfo da presente tempada.
O Cures caeu pola mínima en Carcacía. Un gol de Edgar nunha xogada a balón parado deixou os 3 puntos no campo dos verdiblancos.
O Araño perdeu tamén pola mínima pero na casa contra o Porto do Son. Brais Pouso a 20 minutos do final fan que o equipo de David Novo quede co punto acadado nun difícil campo como é o da Guía.
O ano pasado no fortín que fora o Monumental o Araño saeu victorioso (0-3). Veremos si o factor de Pomar do Río e clave nesta xornada ou o Cures mantén esos arranques de liga onde lles costa despegar. |
09 Oct 2023, 09:54 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Entre medias vou seguir facendo as previas dos partidos porque gústame facelas e a quen non lle guste xa sabe onde ten a porta.
CD Sar e Abanqueiro xogan en Extramundi para loitar polo pleno de victorias.
O Sar venceu o domingo a mediodía ante un Lousame que viña ca moral polas nubes pero o 0-3 final reforza máis ós de Padrón nun campo que suele ser bastante difícil para os rivales.
O Abanqueiro venceu 6-1 a un Xuño que aguantou o pulso polo partido durante 70 minutos indo 2-1 pero os 20 minutos finais desfondáronse e Óscar con 4 tantos en 41 minutos saindo desde o banquillo marcou as diferencias. O mellor gol da tarde sin duda o de Campai para o Xuño desde prácticamente o centro do campo.
2 equipos que están en gran momento de forma e onde quizá Extramundi sexa clave. Na última liga na que estuveron cos equipos do Barbanza (a que se suspendeu pola pandemia) so deixaron escapar un empate co Aguiño que acabara ascendendo ese ano. |
09 Oct 2023, 09:48 |
999.99 |
2 |
0 |
+info
|
Os comentarios non hai que poñelos positivos, sinon con un mínimo de sentido. Mira por donde que un dos últimos teus non cumpleu ese requisito e o que che deixei posto está bordeando o fora de xogo pero en línea co último defensa. Anda coño, si hasta me tomo con humor as cousas, quen o diría eh? |
09 Oct 2023, 09:37 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Si. Ti sigue que os comentarios seguiranse borrando. E conocer nótase que non me conoces de nada. Pero ti sigue comentando que como sigas despotricando de máis os comentarios aínda que eu os lea (e súdama bastante porque esto é fútbol, hai cousas máis importantes na vida) e a quen lle de tempo a leer antes de borrarlos pois seguireichos borrando, fenómeno. Que tamén é fácil falar sin dar a cara, crack. Para xerar mal rollo, botar bilis e tonterías varias tes "El Chiringuito" ás 12 da noite. Esta página pasado certo punto que ti o pasaste non é para eso. E insistoche: a página non vai para a casa, si non che gusta o que non ven para aquí deberías ser ti.
Ahora volves contestar outra vez pasado de frenada si che parece. |
09 Oct 2023, 09:29 |
999.99 |
2 |
0 |
+info
|
O dito no comentario que che borrei do Sar - Abanqueiro da próxima xornada dígocho aquí: non che borro o comentario do fora de xogo porque efectivamente foi así: non nos saleu ben quitando que 2 dos goles son fora de xogo pero a victoria hoxe hubese sido igual para o Artes. Aínda que eu forme parte dun dos equipos da liga, neste caso o Crocha non me doen prendas reconocer cando se fan as cousas mal e son bastante objetivo en todo. Pero a tontería en certos comentarios chega ata certo punto. E vólvoche decir o mismo: esta competición en siguetuliga administroa eu, e si non che gusta entonces esta página non é a túa. Un saludo amigo. |
09 Oct 2023, 01:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Non nos pasemos de listos amigo murodelaslamentaciones. Cadra que volve ser así, mira por donde que é 1° contra 2° pero as coñitas e tonterías chegan a certo punto. E si non che gusta, a página esta entonces non é a túa. |
09 Oct 2023, 00:58 |
999.99 |
2 |
0 |
+info
|
Pois mira xa que me colles por aquí vamos a por ela e xa che quito o gusanillo.
Carreira e Crocha xogan na Guía un partido onde ambos de momento non gañaron en liga.
O Carreira sacou un punto do Anexo da Fieiteira ante un Palmeira que será correudo ante calquera rival en liga.
O Crocha non tuvo o mellor comezo caendo de maneira clara 0-5 onde na última media hora e a partir do 0-2 foi bastante mal partido dos locales e onde hai que correxir bastantes cousas.
Non chegan a 25 líneas pero para ser domingo a noite, chégalle. A disfrutala amigo murodelaslamentaciones. |
09 Oct 2023, 00:40 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Lomba de 2 equipos que puntuaron na primeira xornada de liga.
SD Araño e Porto do Son loitarán por unha victoria, que no caso dos visitantes sería manter o pleno de puntos.
A SD Araño consigueu puntuar nun moi difícil campo como é o da Guía. Empate a 1 cun gol de penalti de Martín Nieto no minuto 5 que igualaba o gol no primeiro minuto do Carreira. Equipo que pode dar que falar este ano si puntuando en campos difíciles o acompañan facendo da Lomba un fortín.
O Porto do Son gañou no Emilio García ó recén descendido Carcacía pola mínima. Un gol de Jamal ós 20 minutos valeu para sumar 3 puntos, a pesar de que acabaron con 9 polas expulsións de Fonso e Pablo Montes.
Partido interesante. O ano pasado no mesmo escenario reparto de puntos (1-1). |
03 Oct 2023, 12:58 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo no Anexo da Fieiteira. Botarase de menos (ou non según se vexa para quen xogaba ahí porque hai división de opinións) Ventín este ano.
Palmeira e Carreira enfréntanse nun partido onde ambos optan a ser equipos do grupo de cabeza da clasificación.
O Palmeira sacou un empate ante outro bo equipo como o Artes perdendo 2 puntos nos últimos minutos cun gol de Rocar no minuto 90 que deixou a cousa en tablas no marcador.
O Carreira empatou na casa ante a SD Araño. 1-1 onde os goles foron nos 5 primeiros minutos de partido e onde o marcador xa non se moveu máis.
Pronóstico incerto onde na tempada pasada cada equipo gañou un partido polo mesmo resultado: 3-2 |
03 Oct 2023, 12:52 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O equipo que falta por comezar a liga iniciará na casa ante un dos candidatos a estar na zona alta da táboa.
Crocha e Artes xogarán no Estadio da Alta para loitar pola primeira victoria do curso, xa que o Artes colleitou 1 punto na primeira xornada.
No Crocha revolución absoluta no plantel de Adolfo e Alberto que repiten no banco ca axuda de Vicente Fiel. Só 8 xogadores repiten do plantel do ano pasado e fichan a unha decena de xogadores novos. Veremos como empasta este plantel de cara a esta liga onde tentarán non repetir o que lles pasou nestes 2 últimos cursos: primeira volta horrible, para levantar vuelo na segunda pero xa demasiado tarde para poder optar a nada. Iván será un dos protagonistas do equipo sendo referente para o resto do plantel. En canto a fichaxes chegan Ángel Pego, Kevin Otero, rapaces do Oleiros que ascenderon en Xuveniles o ano pasado como Celso ou Adrián Rey ou xogadores que xogaron en tempadas anteriores no Crocha e retornan como Marcos ou Jose Millán. Unha incógnita o que pode pasar que se empezará a resolver este domingo.
O Artes arrancou a liga cun empate na casa ante o Palmeira. Equipo en certo modo como o Crocha bastante renovado respecto ó ano pasado que de momento comezou cun empate que non é malo de todo ante un Palmeira que tamén se postula á zona alta e animador da liga.
Pronóstico incerto. |
03 Oct 2023, 12:42 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Mirarríos volve a acoller partidos de Terceira Autonómica logo de varios anos.
Carcacía e Cures buscarán nunha superficie para nada descoñecida para os 2 como é a terra os 3 primeiros puntos do campeonato logo de caer ambos pola mínima na primeira xornada.
Os locais nun partido bastante bronco a priori polo rosario de cartóns visto na acta (8 amarelas e 2 vermellas) e rematando en superioridade 10 contra 9 non puideron polo menos igualar o partido e un solitario gol de Jamal no primeiro treito de encontro deixou os puntos no Emilio García. Os de Mirarríos perden por sanción a Rafa Rosende.
O Cures perdeu pola mínima na casa o derby ante o Abanqueiro e foiselles polo menos 1 punto a 3 do final do tempo reglamentario. De todas formas o ano pasado comezaron a liga perdendo (1-2 se non recordo mal ante o Porto do Son) e a temporada foi histórica. Polo que esto acaba de comezar e irán con tódalas ganas do mundo a polos puntos.
Difícil pronóstico. Un empate podía ser bastante probable aquí. |
03 Oct 2023, 12:29 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Arranca a segunda xornada aquí e de maneira anecdótica quizais pero líder recibe a 2º clasificado.
O Municipal da Silva presenciará un bo duelo entre 2 equipos que arrancaron ben o campeonato.
O Lousame inaugurou a liga vencendo de maneira contundente nas Furnas 2-7. Fabio Lado e Diego Hermo con 2 goles cada un encóntranse entre os xogadores destacados da primeira xornada de liga.
O CD Sar venceu con máis dificultades ó Cordeiro B en Extramundi 3-2 pero sacaron da manga unha gran fichaxe a poucos días de iniciar a liga como a de Sergio Manteiga: o máximo goleador o ano pasado co Carcacía en 2º Autonómica con 28 tantos, reforzando a dianteira dos de Padrón e uníndose a outro bo dianteiro como é Dani Ramos, dupla temible.
Choque de boas sensacións por parte de ambos conxuntos polo que se antolla un partido atractivo e entretenido. |
03 Oct 2023, 12:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|