Duelo na Silva dun equipo que se empeza a quedar e outro que con atrancos pero vai dando pasos cara arriba.
Lousame e Araño vivirán un partido onde os puntos fanse importantes para ambos.
Os locais caeron de novo e por un contundente 5-1 en Mirarríos ante o Carcacía. Desde a primeira xornada en Xuño non volveron puntuar.
O Araño está ás portas da promoción e sacou unha boa victoria nun duelo directo ante o Cordeiro B. Duelo disputadísimo que levaron os de David Novo.
Pinta a favorito o Araño pero o ano pasado en situación parecida ainda que máis avanzada a liga do que vai agora o Lousame meteulle 6-2 ó Araño. Cada partido é un mundo. |
07 Nov 2023, 00:25 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Quizáis sexa o partido da xornada.
Duelo de equipos actualmente en postos de promoción.
Abanqueiro. Xornada de descanso recén cumplida pero todavía co recordo da victoria 1-3 en Lousame. O Porto do Son que descansa non baixa o pistón e si queren seguir a rebufo deben gañar para quedar a 2 e veremos qué pasa no enfrentamento directo cando chegue.
O Carcacía segue cumplindo en Mirarríos. Nova victoria desta vez 5-1 ó Lousame e si quere achegarse ó teito da clasificación ten boa oportunidade de mellorar resultados fora da casa e recortarlle 3 puntos a un rival directo para empatar a puntos na táboa.
Duelo vibrante pero quizáis polo visto nestas xornadas de liga favorito o Abanqueiro. |
07 Nov 2023, 00:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
El resultado fue 2-4 |
05 Nov 2023, 22:55 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido que pecha a xornada.
Artes. Partido tolo que viviron no Son, non se renderon con 3-0 abaixo e igualaron en 5 minutos a 3. Pero afogaron na orilla no desconto.
Cures. Victoria ante o Crocha no Monumental. Partido onde dominaron o primer tempo, pero tiveron que traballalo algo máis no segundo para sentenciar a 10 do final. A arbitraxe, como se esperaba, nefasta para ambos contendentes.
O Artes parece favorito pero non fai moito os de Pomar do Río sairon cun aplastante 1-4 ante o Palmeira do escenario do domingo. Veremos... |
31 Oct 2023, 22:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido interesante.
Araño. Duro revés en Padrón contra o Sar. Buscarán sumar os 3 puntos na casa xa que as sensacións que dan non se corresponden cos puntos que teñen na táboa.
Cordeiro B. Nova victoria ante un gran rival como o Carcacía e aséntanse en zona de candidatos a desbancar a algún dos da promoción.
Non vexo favorito e calqueira resultado se pode dar. |
31 Oct 2023, 22:08 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo.
Carreira. Volve da xornada de descanso co 5-0 todavía quente no corpo que lle aplicou o Artes polo que buscarán dar un golpe de efecto ante o líder invicto.
Porto do Son. Flamante líder e partido tolo ante un rival directo como o Artes. 3-0 que tiñan no minuto 75 que se lles esfumou en 4 minutos e Sergio Lado despois de marcar en propia porta o 3-3 meteu o gol da victoria. Ollo a Adrián Santos, novo triplete e leva 7 en liga.
Ou se reivindica o Carreira ou si gana o Son ojito que pode ser este o seu ano. |
31 Oct 2023, 22:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo por todo o baixo dos únicos 2 conxuntos que non lograron gañar.
Crocha. Derrota en Cures no partido onde mais cerca estiveron de sumar cunha primeira parte bastante mala e unha segunda algo mellor pero que non da para sumar todavía.
Xuño. Derrota clara nas Furnas ante o Palmeira. 0-3 en 13 minutos e conseguiron maquillar algo o resultado. Non quere decir que o xogador de campo que sustitueu ó porteiro que estará un tempo de Baixa o pudese facer mal pero nestos casos un porteiro nato pode ser clave.
Nada claro o que pode sair de aquí. Veremos si o Crocha resurxe ou Montaos e os seus teñen a capacidade goleadora que mostran e o acompañan pechando o candado atrás. |
31 Oct 2023, 22:04 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Resumen flash:
Carcacía. Volve ser local onde saca mellores resultados que fora da casa. De novo outra derrota lexos da terra de Mirarríos.
Lousame. Segue a trompicóns. Bos primeiros 75 minutos co 1-0 pero o cuarto de hora final contra o Abanqueiro fixolles claudicar ante os de Vista Alegre.
Non levan unha regularidade boa ambos pero parece que pinta mellor a cousa para o Carcacía sobre todo por ser local onde saca mellores resultados. |
31 Oct 2023, 21:59 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
As previas desta xornada cortitas y al pie que o tempo non da para nada.
Palmeira. Boa victoria para cortar a sangría das 2 últimas citas, o Sar será boa pedra de toque nun horario si se confirma como parece moi extrano.
Sar. Boa victoria contra un rival de igual nivel como o Araño cos seus 2 puntas sacando músculo goleador. O horario non lle resultará descoñecido: fai pouco xogou en Lousame ás 12.
Parece que chega mellor un pouco o Sar, pero é o partido perfecto para reivindicarse para o Palmeira. |
31 Oct 2023, 21:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo entre 2 equipos que obtiveron bos resultados na última xornada pero con tendencias un pouco distintas.
Cordeiro B e Carcacía xogarán un duelo bastante interesante.
Os locais van de menos a máis. Logo da derrota e ademáis facendo sudar ó Sar, venceron ó Lousame e sacaron un puntazo de Vista Alegre ante o Abanqueiro que gañara todo ata ese día.
O Carcacía logrou unha gran victoria no duelo local ante o Sar pero ten de asignatura pendente mellorar fora da casa polo que este partido é unha gran proba. Derrota no Son e empate en Xuño sudando tinta. Na casa pola minima ambas pero pleno de victorias.
Mais ou menos a historia do CD Sar - Araño. Quen gañe gran dosis de moral quen perda oportunidade estragada e quizáis entren as dúbidas. |
24 Oct 2023, 21:58 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Bo duelo entre 2 equipos que quizá non teñan tanto os focos enriba como outros conxuntos por historia ou palmarés ó longo do tempo pero que por bloque e plantel merecen a pena ver a ambos.
CD Sar e Araño buscan 3 puntos que os confirmen entre o grupo de cabeza.
Os de Padrón perderon pola mínima no Derby ante o Carcacía, unido á derrota ante o Abanqueiro buscarán recuperar o gran inicio cas 2 primeiras victorias na liga e non entrar nunha tendencia perigosa.
O Araño venceu 4-2 ó Xuño acompañando de sumar de a 3 as boas sensacións que deron en Carreira ou Cures e dónde ahí so puideron rascar un empate.
Partido de doble filo: quen gañe volverá a ter un chute de moral, quen perda entraranlle moito as dudas. |
24 Oct 2023, 21:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido adiantado a sábado que desafía ó Clásico. Onde a gran maioría move horarios para non contraprogramar o (por enésima vez) partido do século.
Lousame e Abanqueiro vense as caras na Silva onde un vai de máis a menos e o outro tivo un pinchazo inesperado na casa.
Os da Silva descansaron pero levan 2 derrotas seguidas: ante o Sar no escenario do sábado por 0-3 e ante o Cordeiro B por 2-1 no Municipal de Campaña.
O Abanqueiro logo dun inicio espectacular igualaron sin goles en Vista Alegre ante o Cordeiro B, con este resultado deixan líder en solitario ó Porto do Son.
Partido de moitas incógnitas. O Lousame a reivindicarse logo de iniciar con boas sensacións e logo colleitar 2 malos resultados. O Abanqueiro a demostrar que o da última xornada foi un pequeno accidente. |
24 Oct 2023, 21:42 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada. Líder contra un dos mellores equipos da liga.
Porto do Son e Artes chegan embalados a este choque de trens.
Os nesta xornada locais venceron 0-3 ó Crocha na Alta merecidamente nun partido que se lles puxo máis fácil tendo superioridade numérica pola expulsión do porteiro Pepe no minuto 8 da primeira parte.
O Artes meteulle todo un 5-0 ó Carreira, un partido coral de todo o conxunto fan dar un golpe na mesa e avisar ó resto dos rivales.
Partidazo que quen poda máis que recomendable poder ir disfrutalo acudindo ó Emilio García. |
24 Oct 2023, 21:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido de rivalidade pero á vez tamén de 2 grandes aficións e onde os 2 corpos técnicos se levan dpm.
Cures e Crocha enfréntanse no Monumental de Pomar do Río en situacións totalmente opostas.
Os locais logo de arrancar con 2 derrotas remontaron vuelo cun empate na casa ante o Araño e sobre todo cunha victoria fora da casa ante o Palmeira cunha segunda mitade de ensoño. Están no momento top e se non perderon as sensacions do ano pasado van ir cara arriba sen dúbida.
Do Crocha pois o colmo e un mal momento a tódolos niveles fan estar nun momento moi baixo. No último partido derrota 0-3 ante o Porto do Son marcada pola vermella directa a Pepe no minuto 8 por ser último home derribando ó dianteiro do Son. A partir de ahí a trancas e barrancas defendendo como se pudo, con nervios e con pouco caudal atacante. En resumo: de cu e costa arriba.
Favoritos os locais pero o ano pasado o Crocha foi un dos equipos que lles puxo as cousas máis complicadas ali (4-3). |
24 Oct 2023, 21:29 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Xuño e Palmeira xogarán nas Furnas a ver con qué climatoloxía porque pinta mal a cousa.
O Xuño caeu na súa visita á Lomba por 4-2 ante o Araño. Campai cos seus 2 goles ponse na cima da tabla de goleadores neste momento pero de momento os seus goles e as últimas incorporacións non son suficientes para sumar de a 3.
O Palmeira logo de un comezo bastante bo contra Artes e Carreira leva 2 tropezos serios no Son e na casa contra o Cures. Unha segunda parte para olvidar polo menos no tanteador fan que teñan que recuperar as sensacions dos 2 primeiros partidos.
Partido de necesidades para ambos para sumar vistos os últimos resultados.
|
24 Oct 2023, 21:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
A Alta acollerá o partido entre o pechacancelas e o colíder da competición.
Crocha e Porto do Son xogan un partido que nos últimos anos suele dar bastante espectáculo.
O Crocha caeu por 3-1 na Guía nun partido que tuveron que traballar arreo defensivamente e non xeraron moitas ocasións pero ata o minuto 80 o partido non se decideu co 3-1 final. Mellor imaxen que a do día de Artes onde hubera un descosido importante pero con bastante marxe de mellora por diante.
O Porto do Son venceu e convenceu 4-1 contra un Palmeira mermado na convocatoria e con baixas importantes como a de Carlos Queiruga. Adrián Santos cun hat-trick e Jamal de penalti manteñen o pleno de victorias para os do Emilio García.
O ano pasado este mismo encontro foi un espectáculo: 0-4 para o Son en 14 minutos, 1-5 no minuto 40, 4-5 ó cuarto de hora da segunda parte e 5-7 final. Veremos que nos encontramos ó abrir o melón nesta tempada. |
16 Oct 2023, 18:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido do actual líder da competición igualado co Porto do Son.
Abanqueiro e Cordeiro B xogan en Vista Alegre un partido onde os laranxas buscarán manter o pleno de victorias e o Cordeiro B lograr a segunda victoria consecutiva.
O Abanqueiro logrou un triunfo importante dun difícil campo como é Extramundi de donde pinta que poucos puntos voen de ahí. Victoria adicada a Samu Vilas que se lesionou de gravidade durante a semana.
O Cordeiro B logo da derrota precisamente en Extramundi e de pasar a xornada de descanso venceron ó Lousame no Municipal de Campaña. 2 goles no primeiro cuarto de hora puxeron as cousas de cara pero no cuarto de hora final o Lousame recortou distancias e mantivo a cousa con suspense ata o final quedando ademáis o Cordeiro B con 10 por expulsión por doble cartón de Moisés Barreiro.
Todo pode pasar pero vexo que o Abanqueiro colleu a boa ola e será moi difícil paralos. |
16 Oct 2023, 18:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo da xornada xunto co derby de Padrón.
Artes e Carreira, 2 grandes equipazos, miden forzas no Anexo da Fieiteira.
Os locales descansaron pero todavía teñen na retina a victoria contundente na Alta polo que aproveitarán esta moral para facer fronte a un duro rival.
O Carreira tamén tivo como último rival ó Crocha ó que venceron 3-1 na Guía nun partido que dominaron pero que non acabaron de concretar no marcador ata o minuto 80. O Crocha tivo que facer un exercicio defensivo esixente pero non foi suficiente. Un gol no primeiro minuto de Marcelo puxo as cousas de cara, un penalti que marcou Carlos e un lanzamento de Cadórniga desde o medio do campo que se comeu o porteiro deixaron a primeira victoria para o Carreira.
Varios amigables entre eles en pretempada polo que se conocen máis que de sobra. E esperemos que sexa un partido emocionante para o espectador que vaia á Fieiteira. |
16 Oct 2023, 18:05 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Derby padronés en Mirarríos de 2 conxuntos que este ano chegaron ó grupo de Barbanza.
Carcacía e Sar buscan 3 puntos que lles fagan situarse e acomodarse na zona alta.
O Carcacía sacou un punto das Furnas nun día desapacible e seguramente complicado en Xuño. Un Xuño reforzado cas últimas fichaxes e un 3-1 en contra que foron capaces de igualar os verdiblancos. Penso que aínda que o Xuño non había sumado puntos este empate, visto como se desenrolou o encontro, poden dalo por bo.
O CD Sar no duelo directo na zona alta da táboa caeu 2-4 ante o Abanqueiro. A pesar do gol de Sergio Manteiga (probable protagonista do encontro xa que volve á que foi a súa casa estas últimas tempadas) o Abanqueiro remontou deixando o 1-3 no descanso e puxeron a puntilla a 10 do final. Recortaron distancias nos últimos minutos pero con todo decidido.
Bonito duelo local que será moi atractivo. |
16 Oct 2023, 17:57 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Fieiteira entre 2 conxuntos con bloques fortes e grandes aficións.
Palmeira e Cures tamén buscan sumar de a 3 aínda que o Palmeira ven en peor situación atendendo ó último encontro xogado.
Os nesta xornada locais cun equipo de circunstancias, baixas importantes e pouco fondo de armario no banquillo caeron 4-1 no Emilio García. Quédanse con 2 puntos na táboa e frenazo ás boas sensacións dos 2 primeiros encontros.
O Cures sumou o seu primeiro punto da tempada ante o Araño no Monumental. Un penalti transformado por Bruno fan que ese empate probablemente lles de máis ánimos respecto ás 2 derrotas iniciais.
Os últimos 2 Palmeira-Cures acabaron en empate si non recordo mal. Veremos que pasa este fin de semana. |
16 Oct 2023, 17:49 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|