Partido suspendido polo falecemento do Presidente do Carreira CF. DEP. |
26 Nov 2023, 13:34 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Derby nas Furnas
Xuño e Porto do Son xogarán un duelo moi desigual. Pechacancelas cun só empate contra líder con pleno de victorias.
O Xuño non aproveitou o desconcerto do Carreira e as baixas e contratempos que están vivindo no plantel e encaixaron un 8-3. Siguen anotando moito pero encaixan aínda máis.
O Porto do Son acabou con máis atrancos dos previstos vencendo ó Cures. Pintaba a partido plácido co 3-0 ó descanso pero nos últimos 10 minutos a cousa apretouse ata o 3-2 final pero non houbo tempo para máis. 7 de 7.
Ten que cambiar moitísimo a cousa para que esto non cambie da victoria visitante, o Xuño ten que apelar ó eléctrico que foi o primer tempo co Artes.
Pronóstico: 2. |
20 Nov 2023, 17:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido en Extramundi entre 2 equipos que solventaron compromisos importantes uns por seguir na cabeza e outros por sair das dudas que xeraba a propia situación do plantel.
O CD Sar gañou un duelo directísimo contra o Artes. Sergio Manteiga con 2 goles inclinou a balanza para os de Padrón.
O Carreira venceu 8-3 ó Xuño despexando as dudas que había sobre o plantel logo das baixas de xogadores no equipo que marcharon. 4-1 xa iban ó descanso.
O Carreira foi contundente pero o Sar na casa o pode ser máis todavia.
Pronóstico: 1. |
20 Nov 2023, 17:01 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido de 2 equipos igualados a puntos na zona de promoción.
Cordeiro B e Artes disputarán 3 puntos moi importantes.
Os locais venceron en Cadreche ó Crocha 3-6 nun partido onde aproveitaron as concesións do rival e onde ó igual que o Crocha foron perxudicados, coméronse unha expulsión do Crocha no primeiro tempo. Un despropósito de partido onde o árbitro quixo ter tódolos focos para el.
O Artes caeu na casa contra o Sar 1-2. Partido onde Sergio Manteiga marcou diferencias no resultado final.
O ano pasado o Cordeiro B cortou o pleno de victorias dun arranque fulgurante do Artes (1-1). Veremos este ano qué pode dar de sí este partido.
Pronóstico: X2. |
20 Nov 2023, 16:57 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Lousame e Crocha xogarán por 3 puntos onde uns volven ca moral polas nubes e outros frustrados por erros propios e alleos.
O Lousame fixo unha segunda parte para enmarcar e do 1-0 pasou ó 1-5, partido dos que supón un cambio de enfoque para as vindeiras citas.
O Crocha caeu 3-6 ante o Cordeiro B. Partido que aínda regalando algún dos goles o árbitro non pode facelo peor ata o punto de encabronar non só o Crocha, sinon tamén ó Cordeiro B. O partido foi tranquilo durante 60 minutos ata que o árbitro se lle foi o partido das mans. Un desastre que non oculta que o Crocha encaixou 6 goles e así é difícil puntuar. Expulsado Alberto no corpo técnico do Crocha e tamén Vieitez o central.
Pronóstico: 1 aínda que ojalá me equivoque. |
20 Nov 2023, 16:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Abanqueiro e Palmeira xogan un partido en estados de forma e obxetivos ben distintos.
O Abanqueiro sacou unha boa victoria dun campo difícil como é o da Lomba ante o Araño siguen agarrados a ese grupo de cabeza á espera dun fallo de Sar e sobre todo de Porto do Son.
Inexplicable Palmeira que por terceiro partido consecutivo deixa ir un marcador favorable e no segundo tempo encaixa 5 tantos e vaise con un 1-5. Expulsados adestrador e delegado no encontro, plaga de expulsións nos corpos técnicos esta xornada pasada.
Pronóstico: 1. |
20 Nov 2023, 15:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido entre 2 equipos que siguen a estela do grupo de promoción.
Carcacía e Araño xogan por 3 puntos importantes buscando un mismo obxetivo.
O Carcacía volve da xornada de descanso onde no último encontro disputado arrancou un empate de Vista Alegre sin goles.
O Araño caeu na Lomba ante o Abanqueiro. Perden ó adestrador e a José Sanles por expulsións.
Pronóstico deste partido: 1. |
20 Nov 2023, 15:47 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Volve o líder da xornada de descanso e o fará ante un sempre rocoso Cures.
Os locais todavía saborean as 6 victorias de 6 onde na última xornada gañaron na Guía 2-4.
Os visitantes venceron ó Carreira en 10 minutos que foron do 50 ó 60 metendo os 3 goles co que venceron 3-1.
No Monumental a cousa estaría máis apretada pero con tódolos respetos ó meu querido amigo Abe creo que o Cures baixa un pelín o rendimento de visitante. Oxalá lles sirva de motivación. Ainda que tamén o amigo Quintáns é boa xente. Que gane o mellor e quen máis o merezca. |
14 Nov 2023, 01:09 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo movido este Carreira - Xuño.
Non parece que baixen as augas moi tranquilas nos da Guía onde á xa confirmada baixa de Millares que xa xogou co Xuño esta fin de semana e se enfrentará ós seus ex-compañeiros parece que hai algunha máis como a de Marcelo e quizá non sexa a última. Malos tempos ou polo menos dudosos para o Carreira nun comezo de liga que a decir verdade non dista moito do do ano pasado e donde logo fixeron unha segunda mitade de ano de fábula. Pero veremos si o número da cabra sale 2 veces.
O Xuño de momento sigue sin traducir en bos resultados os cambios que está experimentando o equipo pero cada vez parece máis preto de sumar puntos. Fixéronllas pasar canutas ó Artes aínda que finalmente se foron de vacío (3-4). Partido parece ser condicionado polo vento e onde en menos de media hora a cousa xa estaba 3-3. Quizá foi o partido máis espectacular desta xornada pasada.
O partido máis impredecible da xornada. A ver o que pode pasar aquí. |
14 Nov 2023, 01:03 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo.
Artes e Sar xogarán na Fieiteira un partido interesante e onde non sei canto tempo hai que se enfrentarían xa que na última vez do Sar no grupo de Barbanza o Artes estaba en Segunda.
Os locais venceron nun partido tolo 3-4 ó Xuño. A cousa iba xa 3-3 no minuto 27. Finalmente gracias a un gol de Quique Ribera os puntos foron para os de verde e branco.
O Sar gañou 3-0 ó Crocha onde si ben mereceron gañar por intensidade e maior empuxe o resultado foi un pouco abultado para o que se viu no campo e xa sin comentar moito do penalti que supuxo o 1-0 logo dun golpe de peito ó dianteiro. Eso sóname igual que a decir golpe de ollo no puño. Pero con penalti ou sin el a victoria foi xusta.
Pode pasar de todo. Os locais sacar a sua mellor versión ou o Sar demostrar por qué están tan arriba e ver canto afinaron a mira os 2 puntas dos de Extramundi. |
14 Nov 2023, 00:49 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Cordeiro B xogarán nesta ocasión en Cadreche un partido optando a distintos obxetivos.
Os locais caeron 3-0 en Sar nun partido que mereceron gañar os de Padrón a pesar do penalti do primer tempo que non foi e que hasta o reconoceron os do Sar que non sabía qué pitaran. Pero o dito: penalti mediante o CD Sar foi xusto gañador por empuxe e intensidade.
O Cordeiro B sacou unha gran victoria ante o Palmeira. Parecía que o tiñan perdido con 1-2 a 3 minutos do final pero 2 goles de Hugo Varela e Ivi lograron unha gran remontada para un equipo que se asenta en metade da táboa e con opcións a asaltar a promoción á mínima que se despiste algún dos de arriba.
Non é A Alta, veremos como se da Cadreche con dimensións e superficie distinta. Mellor estado de forma, mellores resultados e sensacións actualmente do Cordeiro B. |
14 Nov 2023, 00:32 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Araño e Abanqueiro xogarán por 3 puntos que situen a un con opcións de promoción e ó outro na pelea polo liderado si pincha o Son.
Os locais empataron na Silva logo de poñerse 2 veces por diante cun doblete de Mateo. O ano pasado tamén pincharon aquí cando quizás moitos non o esperaban contra o mesmo rival.
O Abanqueiro igualou sen goles ante o Carcacía colleitando o segundo partido sen goles consecutivo en Vista Alegre.
Veremos qué pode pasar. O Porto do Son gañou pola mínima na Lomba e a cousa para mín pode andar ahí: empate ou victoria apretada dos visitantes. |
14 Nov 2023, 00:24 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de 2 equipos que non despegan.
Palmeira e Lousame xogan no Anexo da Fieiteira un partido importante para ambos.
Os locais deixaron ir en Valga un partido que tiñan con 1-2 no minuto 87. A semana pasada deixaron ir outro partido con 1-0 no 80. Non acaban de culminar os partidos cando se poñen por diante.
O Lousame volveu puntuar dende a primeira xornada sacando un bo empate ante un sempre complicado Araño, punto que lles da algo de moral.
Igualado. Eu diría favorito Palmeira por pouco. |
14 Nov 2023, 00:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Muro. A liga administroa eu. Máis ben eres ti o que está entrando nun espacio que por sorte ou desgracia levo administrando fai uns 4-5 anos. Así que faime gracia que aínda por riba me teñas que decir que me faga outra conta.
E sí, hai xente de equipos rivales ca que teño boa relación que entran nesta páxina que tamén se cansa de certas cousas que escribes ás veces. Así que dalle unha volta antes de darlle á tecla. E insisto: levábamos unhas semanas ben por aquí ata que nesta xornada volvemos ás andadas. Non sei si es troll ou que pero digoche o de fai unhas semanas. A vida non se me vai no fútbol por un lado e por outro non vou deixar de comentar/facer crónicas polo que me poidan decir.
Nada máis. |
08 Nov 2023, 01:05 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Por certo non sei si estuveste no campo (dudoo) pero si miras as redes sociais de Crocha e Xuño ambos equipos falaron do movido que foi o partido. Pero ti ó teu, amigo.
Si non fose objetivo diría que o Sar - Crocha está igualado polo Feito en liga por ambos. Pero ti ó teu, machiño.
E algún compañeiro e xogador de outros equipos da liga empezan estar un pouco cansados de que a veces mexes tan fora do testo. |
07 Nov 2023, 22:38 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Volvemos ás andadas Muro de las Lamentaciones? Mira que íbamos ben... |
07 Nov 2023, 22:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Bo encontro no Monumental.
Cures e Carreira miden forzas na terra de Pomar do Río.
O Cures caeu nos últimos ante o Artes no Anexo da Fieiteira 2-1. Aguantaron casi 80 minutos co 0-1 dos minutos iniciais pero o muro caeu na parte final.
O Carreira perdeu 2-4 ante o Porto do Son nun partido onde os visitantes demostraron polo menos pegada con un 1-3 ó descanso. Segunda expulsión no que vai de liga do mister do Carreira.
Partido este igualado. |
07 Nov 2023, 21:15 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Encontro nas Furnas entre pechacancelas e inquilino de posto de promoción.
O Xuño cae a última posición logo de perder no duelo directo da Alta ante o Crocha. Partido onde o estado do céspede da Alta condicionou o desenrolo do mesmo. De todas formas puido darse calquera resultado e foi un partido emocionante de ver.
O Artes venceu nos últimos minutos ó Cures por 2-1. Aínda que resolveron o partido ó final o resultado foi xusto.
Favoritos os visitantes. |
07 Nov 2023, 21:11 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de 2 equipos en distintas alturas da táboa.
CD Sar e Crocha enfréntanse no Municipal de Extramundi e ambos veñen de vencer na última xornada polo mesmo resultado.
Os locais remontaron nos últimos 10 minutos no Anexo da Fieiteira ó Palmeira que se puxera 1-0 arriba cun gol de penalti.
O Crocha logrou ó fin a primeira victoria do curso ante o Xuño. Partido marcado polo estado do campo pero que de todas formas o partido foi moi entretido e estuvo para calquera pero os 3 puntos quedaron na Alta.
Moi favorito o CD Sar a priori por posición na tabla e por xogar na casa. |
07 Nov 2023, 21:05 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo en Campaña entre 2 equipos que veñen de perder na última xornada.
O Cordeiro B caeu nun igualado duelo na Lomba contra o Araño. Lograron poñerse por diante pero remontáronlle a 5 do final.
O Palmeira máis ou menos pasoulle igual. Iban ganando cun gol de Fandi de penalti no primeiro tempo pero remontáronlle con 2 goles nos últimos 10 minutos.
2 puntos os separan pero parece un pouco máis irregular o Palmeira. Veremos si o Cordeiro fai bo o xogar na casa... ou non.
|
07 Nov 2023, 21:00 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|