A Terceira Autonómica péchase por este 2023 no Anexo da Fieiteira cun moi bo partido.
Artes e Carcacía enfréntanse con disputa por posición logo do vivido na última xornada.
O Artes caeu nun duelo directo ante o Abanqueiro pola mínima e de forma dolorosa: Non transformando un penalti no último minuto. Derrota dolorosa porque se descolgan a 6 puntos dos 3 primeiros.
O Carcacía goleou 6-1 ó Crocha. Partido que conforme pasaron os minutos foronse impoñendo en tódalas áreas. Destacou Edgar con 4 goles.
Partido moi igualado. Un ven dun golpe duro pero xoga como local e o outro goleou pero floxea como visitante respecto ós seus partidos como anfitrión. Veremos qué pasa.
Pronóstico: 1X.
A tódolos parroquianos que comentades ou pasades botar un vistazo mándovos felices festas. A disfrutar deste mesiño de descanso futboleiro. |
14 Dic 2023, 19:13 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Araño cerran un ano que para uns xa non foi bo en todo momento e para outros está finalizando ben amargo.
Os locais volveron a desangrarse en Carcacía. 6-1 onde o primeiro clavo o levan cun gol ó pouco de comezar (minuto 5) o segundo clavo logo de chegar cun medianamente aceptable 2-1 ó descanso en Mirarríos (que non é nada fácil) lévano encaixando 2 goles nada máis iniciar o segundo tempo, e o terceiro e máis sangrante é encaixar outros 2 goles nos minuto 88 e 90 que deixan un resultado moi doloroso.
O Araño tampouco está acabando ben o ano. Caen á cuarta plaza pola cola e o que parecía un curso de loitar non quizá polo ascenso directo, pero si por ser dos do grupiño que loiten por entrar ainda que sea de 5° en promoción, nos duelos directos sempre lles sale cruz. A priori é bo partido para restañar feridas pero veremos qué pasa (non o vamos poñer nada fácil eso sí). Último encontro derrota contra o Palmeira 2-3 na casa e tamén estando éstos en zona baixa.
Veremos se hai milagre en Nadal ou toca beber para olvidar e resetear para que o 2024 sexa ben distinto.
Pronóstico: 2 |
14 Dic 2023, 18:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Moi bo partido o que nos brindará A Guía para cerrar o ano.
Carreira e Abanqueiro vivirán un duelo vibrante.
Os locais volven a andar sobre a alambre da irregularidade. Derrota sorprendente polo resultado en Lousame por 6-2. A última media hora logo de ir 1-1 foi unha debacle para os de Ribeira.
O Abanqueiro no duelo directísimo gañou ó Artes pola mínima 1-0 e fallando o Artes un penalti no desconto. Outra portería a 0 e só 4 goles encaixados en 11 xornadas que se levan disputadas, un muro naranxa en toda regla.
Sendo o Carreira local todo é posible. Pero non sería lóxico ainda que sea poñendo un triple non contemplar a victoria do Abanqueiro.
Pronóstico: 1X2. |
14 Dic 2023, 18:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O Monumental despide un 2023 inolvidable para o Cures que recibirá ó Cordeiro B.
Os locais logo de loitar moito non puideron sacar un bo resultado dun campo difícil como Extramundi. 3-3 ó descanso pero logo dunha expulsión a cousa quedou en 5-3 para o Sar.
O Cordeiro B logo dunha data moi especial en homenaxe a Isma, colleitaron unha derrota na casa ante o intratable lider Porto do Son. Bache de resultados o que están pasando nestas últimas datas.
Non está sendo a mellor época para ningún dos 2. Pero veremos que sentencia dicta o Monumental.
Pronóstico: 1X |
14 Dic 2023, 18:06 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de localidades veciñas.
Porto do Son e Lousame queren seguir ca gran sensación que deixaron na última xornada.
O líder da categoría gañou sen grandes atrancos 0-3 ó Cordeiro B. Todo victorias menos un empate e queren que esta lúa de mel futbolística prolónguese ata polo menos a volta das festas.
O Lousame logo dunhas pequenas dudas consigueu meterlle un bo correctivo nada máis e nada menos que ó Carreira. 6-2 que se certificou no segundo tempo e na última media hora de encontro.
Ambos veñen pletóricos pero só un deles leva paso firme e seguro.
Pronóstico: 1 |
14 Dic 2023, 18:00 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
2 partidos adiantados a sábado. E inician a última xornada do 2023 Xuño e Sar.
O Xuño descansou na última xornada pero non olvidan a victoria lograda no último partido en Pomar do Río ante o Cures. Qué mellor forma de acabar o ano sería sacar algo positivo ante un dos de arriba como o Sar.
Os de Extramundi siguen na zona alta da táboa e venceron na última xornada ó Cures por 5-3. Partido que vista a acta (mentres non teñamos o don de estar en varios sitios á vez) sudarono con 3-3 no marcador ata os últimos 10 minutos. E xa contra o Carreira o pasaron moi parecido.
Desafío para ambos: o Xuño a ir cara arriba logo da primeira victoria do curso e o Sar a seguir na persecución do liderato.
Pronóstico: X2. |
14 Dic 2023, 17:56 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Coño! É verdad. Fe de erratas por fiarse dos árbitros e cagada miña en consecuencia ó redactar.
A máis ferramentas disponibles que teñen os colexiados (véxase todo se fai informatizado vía tablet, móvil, etc...) peor. Non nos queda nada... |
08 Dic 2023, 16:28 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Din que son a xeneracion mellor preparada. Pero que ques que che diga visto o visto...
Por suerte (ou por desgracia según se vexa) a pesar das caldeiradas das últimas 2 semanas non temos moito que achacar. Pero antes de 8 partidos en 4-5 houbo liada arbitral. |
08 Dic 2023, 00:17 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Extramundi vivirá o partido entre o CD Sar e o Cures.
Os de Padrón lograron arrancarlle os 2 primeiros puntos da liga ó invicto Porto do Son. Bo empate a domicilio. Logo gañaron entre semana o partido aplazado ó Carreira.
O Cures unha de cal e unha de area. Caeron ante o Xuño 2-4 no Monumental indo 2-1 e con 1 xogador máis a 5 minutos do final. En Copa do Sar goleada 4-1 ó Santiso e pasan de rolda.
Fora da casa o Cures suele non obter tan bos resultados como na casa. E o Sar sigue facendoo moi ben.
Pronóstico: 1. |
06 Dic 2023, 23:48 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partido máis atractivo da xornada.
Abanqueiro e Artes buscan 3 puntos vitales para definirse na zona alta.
Abanqueiro. 0-8 sin despeinarse na Alta ante un Crocha totalmente desmoralizado. Bo partido realizado para coller moral. Na Copa do Sar caeron ante o Dodro 1-3.
Artes. Victoria e goleada 6-1 ante o Lousame para seguir buscando as posicións máis altas da liga. Victoria nos penaltis ante o Deixebre en Copa do Sar.
Pronóstico difícil. Equipo menos goleado (4 goles o Abanqueiro) contra equipo máis goleado (Artes con 33). Partido moi interesante.
Pronóstico: 1X2 |
06 Dic 2023, 23:43 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Mirarríos vivirá un partido entre equipo de promoción e pechacancelas da táboa
Carcacía. Non puideron rematar o encontro da última xornada ante o Palmeira polo vendaval caído o pasado domingo no Anexo da Fieiteira, o anterior partido gañaron pola mínima ó Araño.
Crocha. Escandaloso 0-8 ante o Abanqueiro na Alta, só 9 goles en liga e moral máis que afundida. Necesitan máis que un milagro para levantar esto.
Ojalá puidera decir outra cousa pero non habendo perdido o Carcacía na casa e estando como está o Crocha é difícil non decir outra cousa que non sexa...
Pronóstico: 1 |
06 Dic 2023, 23:38 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Lousame e Carreira xogarán na Silva un partido de 2 equipos con altibaixos.
O Lousame logo de golear ó Crocha foi goleado polo Artes. Obviamos a pesar do escandaloso do resultado a derrota ante o Sigüeiro en Copa do Sar. 0-15 e 3 categorías os separan, escandaloso quizá ata certo punto vendo en onde están ambos equipos.
O Carreira vai un paso adiante e un atrás. Venceron por 5-3 ó Cordeiro B o domingo pasado pero este mércores recuperando o partido aplazado ante o CD Sar caeron polo mesmo resultado.
Resultado incerto.
Pronóstico: X2 |
06 Dic 2023, 23:32 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Horario extrano o do partido do líder.
Cordeiro B. Bache de resultados nas 2 últimas citas. 10 goles encaixados e 2 derrotas que cortan a progresión que levaban.
Porto do Son. Primeiro "pinchazo" ante o Sar na casa. Pero gardan vantaxe de 2 puntos co seu máis inmediato perseguidor e 12 co 6° posto, de momento vento en popa.
Pódeselle atragantar o desplazamento e o horario ó líder pero penso que o sacará adiante.
Pronóstico: 2. |
06 Dic 2023, 23:27 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Flash rápido a tódolos encontros desta xornada.
Araño. Volve da xornada de descanso pero na última xornada que disputou xogou contra o Carcacía e caeu 1-0 en Mirarríos. Equipo que se está estancando en canto a resultados e leva varias xornadas sin gañar.
Palmeira. Último partido contra o Carcacía que foi suspendido pola que caeu o domingo pasado que impediu terminar o partido. Tamén sigue estancado e sin gañar dende fai tempo.
Ambos en horas baixas, veremos qué pasa
Pronóstico: 1. |
06 Dic 2023, 23:22 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O Anexo da Fieiteira abre e pecha a xornada nesta semana.
Palmeira e Carcacía xogarán un partido de 2 equipos con tendencias distintas.
Os locais caeron pola mínima ante un equipo da zona alta como o Abanqueiro. Tres derrotas consecutivas que teñen que intentar revertir esta situación.
O Carcacía sigue facendo de Mirarríos un fortín e gañou ó Araño. En tódolos partidos como local menos 1 gañou tódolos encontros polo mesmo resultado (1-0).
O Palmeira está en mala racha e ó Carcacía cóstalle sacar puntos lexos de Padrón. Pode pasar de todo.
Pronóstico: X. |
29 Nov 2023, 22:58 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O gran partido da fin de semana.
Porto do Son e CD Sar loitarán por 3 puntos importantes para o campeonato.
Os locais gañaron nas Furnas pola mínima ó Xuño. Pintaba partido fácil pero a cousa tivo moitos máis atrancos dos esperados.
O CD Sar non puido xogar a semana pasada pola suspensión do seu partido ante o Carreira polo falecemento do Presidente dos da Guía Francisco Sieira. Chegan con máis descanso competitivo pero veremos si foi bo ter ese descanso obligado ou non.
O pronóstico máis impredecible da fin de semana. Si gaña o Sar hai liga, si gaña o Son este ano pode ser para recordar para os do Preguntoiro.
Pronóstico: 1X2. |
29 Nov 2023, 22:48 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Carreira e Cordeiro B xogarán na Guía un partido de moitas dudas.
O Carreira non puido xogar o seu último encontro xa que se suspendeu o encontro ante o CD Sar polo falecemento do Presidente do Carreira CF Francisco Sieira. No anterior encontro golearan ó Xuño 8-3. Veremos en qué data se pode poñer o partido aplazado, quizá para a xornada de Copa do Sar da semana que ven xa que un non participa e o outro está exento da primeira ronda.
O Cordeiro B encaixou unha dura goleada ante o Artes 1-5, serio revés ante un rival co que estaba empatado a puntos.
Ambos equipos medirán neste partido en qué situación están. No Carreira si o 8-3 ó Xuño foi un espexismo e volven á situación anterior de dudas dentro do plantel ou van para arriba. E no Cordeiro B si ese mal resultado foi un accidente ou é o comezo dun bache.
Pronóstico: X. |
29 Nov 2023, 22:37 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Abanqueiro xogarán un partido con estados de ánimo ben distintos.
Os locais siguen en moi mala dinámica. Derrota 4-1 en Lousame con moi mala imaxe. Falta de intensidad e 2 regalos nos 2 primeiros goles fan que poder loitar un partido desta maneira se faga moi difícil.
O Abanqueiro venceu pola mínima ó Palmeira e si ben está gañando por resultados apretados están pechando o candado atrás. So 4 goles encaixados no que vai de liga. Rexistro excelente.
Ojalá me equivoque pero pinta a 2 bastante claro.
Pronóstico: 2 |
29 Nov 2023, 21:39 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O Monumental vivirá un bonito duelo entre 2 equipos moi característicos deste grupo de Barbanza.
Cures e Xuño miden forzas para ver quen se leva os puntos.
Os locais veñen da xornada de descanso. Na anterior xornada perderon ante o líder Porto do Son por un apretado ó final 3-2.
O Xuño tamén xogou contra o Porto do Son na última xornada e deixaron unha gran imaxe perdendo pola mínima e parandolle un penalti ó Son.
Factor Pomar do Río importante pero veremos si o Xuño sigue tendo esa progresión para puntuar.
Pronóstico: 1. |
29 Nov 2023, 21:17 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de equipos blanquiverdes que veñen embalados da última xornada.
Artes e Lousame adiantan partido a sábado en busca de 3 novos puntos.
Os locais golearon no Municipal de Campaña ó Cordeiro B 1-5. Golpe na mesa dos de Ribeira cunha segunda parte moi boa.
Os visitantes tamén golearon 4-1 ó Crocha. Partido onde entre a maior intensidade duns e o dar regalos de outros decantou o partido para os da Silva.
Chegan ambos en bo momento pero penso que o Artes fará valer a súa mellor posición en liga.
Pronóstico: 1 |
29 Nov 2023, 21:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|