Artes e Crocha xogarán no Anexo da Fieiteira.
Os locais volverán xogar no mesmo escenario da semana pasada pero sendo locais. Caeron 4-3 contra o Palmeira. Aparte da derrota perden a Bruno por expulsión e o máis importante e os mellores desexos de recuperación para Lesmes por importante lesión que o terá un tempo fora dos terreos de xogo. Moito ánimo.
O Crocha volve da xornada de descanso pero veremos si consiguen dar un mínimo de batalla logo de aguantar o partido sin goles ata o Palmeira ata o tramo final. Non me poderei sentar no banquillo nin este domingo nin a semana que ven porque a algún iluminado ocurreuselle expulsarme por decirlle como non vira unha man clarísima que era penalti en Juveniles.
Baixas sensibles no Artes veremos como as suplen, e veremos o Crocha si pode volver a dar sinais de competitividade como no último partido.
Pronóstico: 1. |
24 Ene 2024, 15:45 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Carreira e Palmeira enfréntanse na Guía nun partido onde ambos comezaron o 2024 de maneira inmellorable.
Os locais gañaron 1-2 na Lomba ante o Araño. A pesar das marchas en mitade da liga os vermellos siguen dando o DO de peito. O entrenador Anxo foi expulsado e non se poderá sentar no banco.
O Palmeira suma 3 victorias seguidas si contamos o partido aplazado co Carcacía. Victoria 4-3 ante un dos mellores equipos da categoría: o Artes. Fandi e Pablo Viturro en 2 ocasións cada un certificaron os 3 puntos.
Partido quizá de máis competitividade e igualdade da xornada por como veñen ambos.
Pronóstico: 1X2. |
24 Ene 2024, 15:39 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Cures e Carcacía xogarán no Monumental un partido onde uns veñen cun roto importante e os outros veñen de 2 derrotas na casa e o pelotón de perseguidores da promoción achégase.
O Cures caeu 2-1 en Vista Alegre ante o Abanqueiro. Escándalo monumental parece ser o vivido neste partido. 3 expulsados e unha caldeirada de partidos que se veñen ós implicados logo dun parece arbitraxe máis que nefasto do colexiado. Veremos canto lle costa arrastrar a derrota onde aínda con 8 xogadores casi logran sacar algún punto.
O Carcacía colleitou a terceira derrota consecutiva (si contamos o partido aplazado co Palmeira) e a segunda na casa onde todavía non perderan. Derrota 2-3 nun partido movido ante o líder Porto do Son.
O partido xirará casi seguro en torno ó equipo que poida xuntar o Cures cas baixas por sanción. O Monumental suele ser garantía de puntos pero o pronóstico está máis dividido e incluso con máis probabilidade de variante na quiniela.
Pronóstico: X2 |
24 Ene 2024, 15:34 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Toda a xornada para o domingo salvo cambios de última hora.
Xuño e Abanqueiro veranse as caras nas Furnas.
Os neste encontro locais veñen de caer en Lousame 3-1. Segundo partido consecutivo que teñen que facer números para levar xogadores polos pelos. Só 1 suplente sendo porteiro e ausencias moi importantes.
O Abanqueiro venceu na escabechina de Vista Alegre 2-1 ó Cures. A pesar de acabar o seu rival con 8 xogadores tiveron que sudalo para lograr os 3 puntos. Partido novamente moi moi polémico en Vista Alegre logo do escándalo da semana contra o Porto do Son.
Visto como veñen uns e outros, todo o que non sexa victoria do Abanqueiro sería sorpresón.
Pronóstico: 2 |
24 Ene 2024, 15:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Vin a acta e si a mín meteronme 3 partidos por protestar sin insultar unha man nun penalti (eso sí o árbitro que pitou mentiu tamén na acta), ós do Cures caeralle a do pulpo.
Por desgracia mentres as actas (sexan verdad ou non) vaian a misa para a Federación e non haxa xente evaluando e recollendo informes (menos negocio e desembolsar moito carto para os que mandan) estas categorías están en peligro de morte.
Haberá escasez de árbitros pero peor que eso e que a xente e os equipos acabaranse cansando e logo botarémonos as mans á cabeza.
E de premio para o árbitro un Flavia-Calo esta tarde. Casi nada. |
21 Ene 2024, 15:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo na Fieiteira para pechar a xornada.
Palmeira e Artes xogarán no seu feudo habitual sendo os franxiazuis locais.
Os anfitrións venceron 3-0 ó Crocha na última xornada. Partido máis igualado do que reflicte o marcador aínda que co paso dos minutos os de Ventín foron gañando presencia no partido. Ata o 70 non se rachou o 1-0 co gol de Iván Canosa. Logo 2 goles no desconto certificaron a victoria.
O Artes venceu 3-5 ó Araño na Lomba. Un hat-trick de Lesmes convirteo nun dos protagonistas do partido. Aproveitan a derrota do Carcacía ante o Carreira para subir ó 4° posto da clasificación.
Máis igualado do que pode parecer. Na ida foi un empate, veremos...
Pronóstico: X2. |
17 Ene 2024, 22:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido de proximidade entre Cordeiro B e Sar.
Os locais finalizaron o seu bache vencendo 2-0 ó Xuño. Partido con moitas dificultades para o Xuño cunha convocatoria xusta de moitas baixas e con so 1 suplente que tivo que entrar ós 10 minutos de partido. O Cordeiro B con 2 goles un ó cuarto de hora e outro a pouco de finalizar volven á senda do triunfo.
O Sar volve á competición un mes despois xa que descansou na primeira xornada do ano. O último encontro alá a mediados de decembro victoria por 1-5 nas Furnas ante o Xuño.
Na primeira volta apretado 3-2 para o Sar. Un partido entre veciños sempre se pode dar calquera resultado pero polo visto na primeira volta favorito o Sar.
Pronóstico: 2. |
17 Ene 2024, 22:34 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Araño e Carreira xogan na Lomba un partido onde ambos conxuntos moi posiblemente non esperaban estar onde están nestos momentos na táboa.
O Araño caeu 3-5 ante o Artes. Os visitantes sempre estuveron por diante e aínda que empataron ó principio e logo recortaron distancias non parece que en ningún momento puideran inquedar ó Artes.
O Carreira sacou unha victoria quizá nun dos campos onde menos se pensaba que podían voar os puntos: Mirarríos. 3-5 con alternativas no marcador pero mellores os de Ribeira.
Parece que chega mellor o Carreira. Veremos...
Pronóstico: X2. |
17 Ene 2024, 22:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo rocoso para o líder en Mirarríos.
Carcacía e Porto do Son xogarán un duelo que na primeira volta gañou o actual lider pola mínima.
O Carcacía caeu creo que por primeira vez na casa ante o Carreira por 3-5 derrota bastante inesperada para o fortes que se mostraban na casa e as dudas que arrastraban os da Guía.
O Porto do Son saleu invicto e Campeón de Inverno de Vista Alegre cun empate. E casi salen mellor aínda porque o Abanqueiro empatou a 4 minutos do final cun penalti. Logo tangana final e liada das boas.
O Carcacía quitando este borrón do domingo pasado é forte na casa. Pero si o Carreira xa lle puido gañar esta última xornada. ¿Por qué non o líder?
Pronóstico: 1X2. |
17 Ene 2024, 21:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Derby boirense en Vista Alegre.
Abanqueiro e Cures vivirán un partido moi atractivo.
O Abanqueiro conseguiu empatar 1-1 contra o líder e Campeon de Inverno Porto do Son. Un penalti transformado por Andrés Ríos a 4 do final evitou a derrota. Logo lío monumental e tangana ó finalizar o partido.
O Cures arrancou un empate da Silva. Un tanto de Pablo igualou un encontro nun campo sempre complicado. Perden por expulsión a Alex Castro.
O ano pasado recital do Cures neste mismo escenario: 1-4. Este ano as cousas pintan distintas.
Pronóstico: 1. |
17 Ene 2024, 21:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo no Municipal da Silva
Lousame e Xuño inician a segunda volta.
O Lousame igualou a 1 na última xornada co Cures na casa. Debut e gol de Jimi no seu primeiro partido co seu novo equipo pero o Cures logrou igualar polo que seguen cos mesmos puntos.
O Xuño cun equipo de circunstancias con 12 xogadores e tendo que facer o cambio ós 12 minutos de xogo caeu 2-0 ante o Cordeiro B. Partido con moitos hándicaps.
Últimamente o Lousame está mellor que o Xuño. O ano pasado 0-4 do Xuño na Silva.
Pronóstico: 1 |
17 Ene 2024, 21:37 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Pecha a xornada o partido do Municipal de Campaña.
Cordeiro B e Xuño xogarán por 3 puntos importantes para ambos.
Os locais caeron no Monumental ante o Cures por 2-0. Sigue a racha de malos resultados dos de Valga que esperan poder cambiar neste novo ano.
O Xuño caeu por 1-5 ante o Sar antes do Nadal. Interesante fichaxe de Eloy Chouza que volve ás Furnas para formar unha dianteira das máis temibles da categoría xunto con Millares e Diego Montaos.
Un equipo que está atascado contra un que últimamente está subindo enteiros e dun momento a outro pode tirar a porta abaixo.
Pronóstico: 1X2. |
09 Ene 2024, 22:31 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
A Fieiteira finaliza a primeira volta de Palmeira e Crocha.
Os locais descansaron antes do Nadal pero este domingo pasado recuperaron o partido que se aplazara a principio de decembro polo temporal ante o Carcacía. Boa victoria por 2-0 con goles de Carlos Queiruga e Javi Salvado.
O Crocha encoméndase a que o 2024 sexa distinto a como acabou o 2023. Derrota por 1-6 ante o Araño en Cadreche onde a gasolina da para 45 minutos e as segundas partes suelen ser un verdadeiro suplicio.
O Palmeira costoulle pero parece empezar a despegar, o Crocha a empregarse a fondo para cambiar o muro mental e físico que teñen diante.
Pronóstico: 1. |
09 Ene 2024, 22:26 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Carcacía e Carreira xogan un partido de incógnita vistas as últimas actuacións de ambos contendientes.
O Carcacía antes de Nadal venceu ó Artes na Fieiteira por 1-2. Partido que se decidiu no treito final do mesmo. Pero xusto esta fin de semana pasada recuperaron o partido aplazado polo temporal no mesmo escenario da Fieiteira pero ante o Palmeira. Derrota por 2-0 que lle corta en seco a progresión que levaban e quedan a 8 puntos do Sar que está 3° e a 11 do líder.
O Carreira sigue dando unha de cal e unha de area. Comezaron adiantándose ante o Abanqueiro pero a pesar de anotar 2 goles a un equipo que so levaba 4 tantos encaixados en liga caeron por 2-4.
Mirarríos é un feudo do que escapan poucos puntos. Parece difícil que non sume o Carcacía pero o Carreira si ten o día pode ser capaz de todo.
Pronóstico: 1X |
09 Ene 2024, 22:21 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Lousame e Cures pechan cadansúa primeira volta empatados na clasificación a 13 puntos.
Os nesta xornada locais plantáronlle bastante batalla ó líder na súa casa onde o Son tivo que empregarse a fondo para poder vencer. 2-2 ó descanso chegando a poñerse 0-1 pero non foi suficiente para dar a campanada.
O Cures meteu na saca outros 3 puntos no seu feudo do Monumental vencendo ó Cordeiro B. Estrea inmellorable de Adai no Cures con gol e Xurxo certificaron a victoria.
Sendo na Silva equilíbrase máis a cousa. Quizá un empate que creo tamén se deu o ano pasado 2-2 si non me falla a memoria.
Pronóstico: X |
09 Ene 2024, 22:14 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo do que vai de liga e o título honorífico de campeón de inverno en xogo.
Abanqueiro e Porto do Son librarán unha gran batalla na matinal do domingo.
O Abanqueiro na última cita do 2023 venceu por 2-4 na Guia ó Carreira. Encaixaron 2 goles nese encontro, a metade de todos os que levaban encaixados no campeonato. Doblete de Ángel Ramos que tivo que entrar desde o banco no minuto 9 por lesión e que foi un dos protagonistas do encontro.
O Porto do Son pechou o 2023 de casi inmellorable forma (quitando o empate ante o Sar) cunha victoria ante o Lousame por 4-2. Partido un pouco correudo ó principio con empate a 2 ó descanso pero o capi Jorge Quintáns e Carlos Neo na prolongación deixaron 3 puntos máis no Emilio García.
Partidazo que para mín oxalá non fose logo deste parón. Quizá poida influir de algunha maneira esto dependendo do traballo de entrenamientos de ambos conxuntos no Nadal, pero que será un foco importante de atención nesta xornada este partido sin dúbida.
Pronóstico: 1X2. |
09 Ene 2024, 22:08 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
A falta do horario do Lousame - Cures no momento deste comentario arranca o 2024 con doble partido na matinal do domingo.
Un deles será este bo partido na Lomba.
Araño e Artes buscarán finalizar a primeira volta da mellor maneira posible.
O Araño logo de varios partidos dubitativos goleou en Cadreche ó Crocha por 1-6. O partido estivo competido ata o descanso co 1-2 no marcador pero no segundo tempo o Araño impuxose con autoridade.
O Artes pola súa banda caeu na casa ante o Carcacía por 1-2. Partido onde o árbitro parece ser que a liou bastante en parte pola forma de pitar pero máis aínda pola actitude hacia os xogadores. Esta derrota deixalle o liderato a 12 puntos.
Veremos cómo arrancan este ano ambos equipos. O que vai por riba na clasificación acabou o 2023 peor que o que vai debaixo. Veremos...
Pronóstico: X2 |
09 Ene 2024, 21:59 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O problema é ese. Que os árbitros fagan mal ou ben os clubs teñen que afloxar a carteira igual. Por outro lado non hai árbitros para cubrir cada un un partido por xornada. De feito a nós veunos pitar Ferrol (iba a vir un dos Buján e foi pitar a Queiruga) e xa pitara onte en Xuño. E entre base e Senior algún pita ata 3 e non sei si máis.
Hai un problema grave de árbitros e vendo tamén o que hai (porque quenes están varios non o fan ben e algúns como o que sufreu hoxe o Artes ou Otero Moares que o Dodro hoxe tuvo que xogar a porta pechada) nadie novo se quere meter a sachar. |
17 Dic 2023, 21:44 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Un dos peores árbitros sin duda de largo, e o nivel xa de por sí é bastante baixo. |
17 Dic 2023, 21:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Adiantase o partido unha hora (ás 18:30) sobre o horario inicialmente previsto porque o Cidade o adianta 45 minutos (ás 16:15) por problemas de iluminación (de noite non se ve un carallo). Así que este partido van ir xogar con fachos. |
17 Dic 2023, 09:48 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|