Na escalada que o Oleiros está tendo para buscar ese ansiado ascenso directo nesta xornada topase co Sar que ven de aplicar un severo correctivo ó Palmeira.
Os da Trinidade lograron o mais difícil que foi quitarlle o invicto en liga ó Son e ademais na casa deles co que pasou do pelotón da zona noble ó pelotón de luxo polo ascenso directo. A 2 puntos do Son e do Araño e con moito que decir. O Sar viña de 2 derrotas en Cures e Cruido pero venceron e convenceron 6-2 ante un rival complicado como é o Palmeira. Están en silencio pero puxeronse a 3 puntos da promoción e calquera mínimo despiste dos rivais si o Sar mantén unha mínima regularidade que todavía ten que atopar podelle roubar a carteira a todos. A victoria nesta última xornada foi clave.
De todos modos a Trinidade será penso un escenario duro para que se escape algún punto de ali, mais aínda co estado de forma do Oleiros. Veremos... |
04 Feb 2020, 09:41 |
495.52 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo importante o da Silva. En especial para o Cruido que está nesa loita pola promoción e que ven reforzado tras sacar un punto na casa do líder e igualar un 2-0 que campaba no marcador no minuto 84. Dos 4 equipos igualados a 22 puntos parece que é o que está en mellor forma e veremos si son capaces de manter estas sensacions e por canto tempo. Mentres o Furia ven reforzado con 2 victorias consecutivas ante Carreira e Cures e ambos triunfos claros por 0-3 e 6-1. Quererán manter esa racha pero ó contrario dos 2 últimos rivais o Cruido nin está na parte baixa da taboa nin ven con moitas lesions ou sancions. Veremos que da de si este encontro. |
04 Feb 2020, 09:34 |
495.52 |
1 |
0 |
+info
|
Partido impredecible este de Pomar do Río. O Cures ven de caer estrepitosamente en Valga ante un rival directo como é o Furia 6-1. Si ben é certo que como comentaron outros usuarios de siguetuliga arrastraba varios sancionados e varios lesionados que lastraron moito ó equipo. Enfrente o Dodro que ocupa neste momento a última plaza de promoción e que tanto eles como os compañeiros de loita por ese último posto non deben perder puntos. E Pomar do Río é un dos campos mais complicados da Liga para asaltalo. Penso que é o partido desta xornada onde menos hai que fiarse tanto do visto a última xornada como da situación en clasificación de ambos. |
04 Feb 2020, 09:28 |
495.52 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo aparentemente desigual na Guía. Enfrentase o pechacancelas Carreira e o terceiro clasificado Araño que está cos mesmos puntos que a zona de ascenso directo.
O Carreira está nun estado de depresión total logo de que domingo pasado perdesen co único equipo que puntuaron: o Dodro, co que xa levan unha volta enteira sen puntuar. Eso si perderon 2-0 moi ó final estando co 1-0 gran parte do encontro. O Araño logo desas 2 xornadas sen gañar volveron á senda do triunfo sufrindo por 1-0 ante o penúltimo Bealo. Chegamos á época da temporada onde hai que procurar non perder puntos e o Araño ben o sabe. |
04 Feb 2020, 09:23 |
495.52 |
1 |
0 |
+info
|
Na Lomba veranse as caras Galicia Bealo e Baroña. Ambos veñen de caer na última xornada e ambos pola mínima. O Bealo por 1-0 ante o terceiro clasificado Araño e o Baroña perdeu no desconto e de penalti 2-1 ante o Crocha, penalti xusto de todas formas.
O Bealo a pesar de non gañar nestas últimas 2 xornadas esta mellorando as súas sensacions con respecto a outro treito da temporada. O Baroña descolgase un pouco dese tren de equipos que optan a ese último posto de promoción. Veremos si se volven meter nesa loita empezando por este encontro |
04 Feb 2020, 09:17 |
495.52 |
1 |
0 |
+info
|
Aparte da previa que aquí xa se está comenzando e ben fuerte, para mín é o partido da xornada nesta categoría.
Duelo en Ventin entre o indiscutible líder Xuventude Aguiño e o Palmeira que neste momento está séptimo aínda que empatado ca quinta plaza nese emocionante cuádruple empate que nos deixou a semana anterior na táboa.
Non obstante ambos veñen de pinchar nos seus últimos partidos. O Aguiño perdeu 2 puntos nos últimos 5 minutos despois de ir gañando 2-0 ante un Cruido que xa aventurabamos daría guerra e o Palmeira ven de caer por un abultado 6-2 en Padrón contra o Sar. Partido no que estuven presente e donde o exercicio de eficacia ante porta do Sar foi notable metendo mais da mitad do que tiraron, o Palmeira tirou 2 veces ós postes cando o partido non estaba tan inclinado no marcador. De todos modos a victoria do Sar foi xusta tamén por xogo.
Veremos que pasa domingo e que non chegue a sangre ó río entre aficions. Na primeira volta victoria clara do Aguiño na Tasca 4-0.
Sorte a ambos. |
04 Feb 2020, 09:10 |
495.52 |
1 |
0 |
+info
|
O partido do horario en "prime time".
Extraño horario ese das 8 da tarde. Desconozo o motivo pero algo ten que haber para que se desplace un partido a tan tardío horario.
Enfréntanse en Extramundi Sar e Palmeira. O Sar ven de 2 derrotas seguidas e ten que intentar cortar esa racha para non perder esa remota pero aínda posible opción de ir a promoción, máis aínda si xogan contra o inquilino desa quinta plaza que dependendo da puntuación dos outros 2 grupos da zona de Santiago da dereito a xogar fase de ascenso. Un empate pon a cousa moi difícil ós de Padrón e unha derrota xa é casi jaque mate porque serían 9 puntos de distancia.
O Palmeira tampouco pode estar tranquilo dependendo o que pase neste partido. O Cruido ca victoria do domingo pasado está so 1 punto por detrás e Dodro e Crocha siguen a 3 puntos polo que esa plaza tan codiciada que teñen cun tropezo pódelle voar. Ademáis contan con 2 sancionados seguros que son o porteiro David por doble cartón amarelo e Aarón pola expulsión por cartón vermello directo ó finalizar o encontro contra o Porto do Son pola tangana ou conflicto que houbo co pitido final.
Partido de necesidade de victoria para ambos. |
28 Ene 2020, 11:22 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
Moi bo partido o de este domingo na Tasca aínda que por moi pouco lle gaña o Porto do Son - Oleiros como o gran partido da xornada.
O Xuventude Aguiño pode permitirse o lujo de fallar nunha xornada xa que ten 4 puntos de ventaxa sobre o segundo clasificado e nada máis e nada menos que 7 puntos sobre a promoción. Ou moito cambia a cousa ou polo menos o "Xuventude" xa o poden ir inscribindo nunha das plazas de ascenso. Sen embargo non poden fiarse xa que chega o Cruido que despois de tropezar co Son fai 2 xornadas, na anterior volveron á senda da victoria contra o Sar por 4-3 e con Bitel de novo nas súas filas que sumou un tanto máis e xa leva 14 en liga.
Partido peligroso para o líder e proba importante para o Cruido de optar a esa promoción que teñen a tiro de pedra cun tropezo do Palmeira. |
28 Ene 2020, 11:15 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
O partido da xornada sen lugar a dúbidas aínda que tampouco non é malo o Xuventude Aguiño - Cruido. Pero aquí hai máis alicientes xa que unha derrota do Porto do Son metería ó Oleiros na pelea polo ascenso directo.
Ambos veñen en inmellorable progresión. Os locais veñen de gañar nun campo moi difícil como o de Ventín parece ser que nun partido moi bronco, duro e que tivo un final desagradable con, non sei si tanganas, pero algunha expulsión finalizado o encontro que indica que algún lío houbo ó final do encontro. E o Oleiros ven lanzado despois de golear 6-1 ó Crocha na Trinidade donde no segundo tempo exhibiron un repertorio de pegada e de instinto asesino ante a portería rival notable.
Baixa importante a de Jorge Quintáns nos locais pola súa expulsión por doble cartón amarelo en Ventín. En principio no Oleiros á espera de ver as sancións o mércores sin sancionados a menos que a Yoel, único amonestado no partido deste pasado domingo, tuvese a mala suerte de cumplir ciclo de amonestacións.
Partidazo no Emilio García máis aínda si na primeira volta na Trinidade viveuse un espectacular 4-4 entre estes 2 conxuntos. |
28 Ene 2020, 11:08 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
Outro dos enfrontamentos directos por posición nesta xornada. Vense as caras Furia e Cures separados por 1 punto e pegados na táboa. O Furia deixa de mirar cara abaixo gañando ó Carreira na Guía e superando ó Bealo na táboa e agora mira cara arriba enfrentándose ó seu inmediato rival que ten por diante na clasificación. O Cures ven de caer na casa ante o líder pero pola mínima 0-1 a pesar das baixas todas que tivo por sanción na escabechina do día do Sar. Quizá eso lles de un punto de moral para afrontar os próximos partidos comezando por este partido no que o teñen que dar todo para non verse superados polos de Valga. |
28 Ene 2020, 11:01 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
No Campo de Chenlo xogarán 2 equipos que veñen de baixóns importantes en cadanseu último encontro. O CD Dodro sacou un punto da Lomba pero logo de ir con 0-4 favorable en 25 minutos ata finalmente perder 2 puntos no desconto cun tolo 5-5 que quedará (será moi difícil de superar) como o partido máis surrealista deste grupo 5 de Terceira Autonómica nesta temporada. O Carreira ven en profunda depresión xa que a súa gran esperanza que era achegarse ó seu máis inmediato perseguidor que era o Furia esvaeuse cun parece contundente 0-3 na casa polo menos en resultado, non sei en xogo. Sin embargo non dudo que o Carreira intentará buscar esa luz ó final do túnel para non quedarse con só 3 puntos na táboa. Eso sí, a visita ó campo de Chenlo non parece o sitio máis propicio para atopar esa luz. |
28 Ene 2020, 10:57 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
Enfrontamento directísimo por posición entre o Crocha e o Baroña. Camiños ben distintos de donde proveñen cada un. Os locais sufriron un frenazo (outro máis) cunha sonora á vez que excesiva goleada endosada polo Oleiros por 6-1 despois de haber gañado en Araño, co que evidencian esa irregularidade galopante de todo o ano. Mentres o Baroña empatou na casa contra o Araño 2-2 e manteñen esa boa progresión das 2 últimas xornadas, progresión que queren seguir mantendo no esixente Estadio da Alta. |
28 Ene 2020, 10:51 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
Partido adiantado a sábado pola coincidencia como locais de Araño e Taragoña esta xornada tendo preferencia no Municipal da Lomba os segundos.
Ambos veñen de empates, o Araño arrancou un punto do Emilio García contra o Baroña e o Galicia Bealo viveu un partido tolo, eu diría que o máis tolo da temporada contra o CD Dodro levantando un 0-4 e logrando empatar 5-5.
Úrgelle ó Araño volver á senda da victoria xa que o Porto do Son non falla e ahora está 3 puntos por diante cun 2-2 no enfrentamento directo na primeira volta cos do míster Quintáns e ese partido da segunda volta na Lomba antóllase definitivo a día de hoxe. O Bealo volve ó penúltimo posto pero ven en boa senda despois de gañar ó Furia e a pesar deste empate a maneira de conseguilo foi heroica con gol de Miguel Lamas no desconto, moral alta ou deberían tela os de Boiro.
Partido antóllase moi movido. |
28 Ene 2020, 10:47 |
487.25 |
1 |
0 |
+info
|
Pois si alguen do Cures ou Sar me corrige ese gol erróneo agradeceriallo |
22 Ene 2020, 23:36 |
475.91 |
1 |
0 |
+info
|
Extrañabame eso de que nuns sitios 6-2 e noutros 5-3. Joder pois si que tivo o dia... |
22 Ene 2020, 22:49 |
475.91 |
1 |
0 |
+info
|
Martin Abeijon: 2 partidos
Ore: 1 partido
Bruno: 4 partidos
Resolución das sancions. |
22 Ene 2020, 22:47 |
475.91 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo importante o da Trinidade. Os locais a 5 puntos do ascenso directo non deben pinchar si non queren perder esa opción de evitarse promocions. Os visitantes duelo tan ou mais importante incluso. Sempre á porta de postos nobles pero que non acaban de rematar a faena e desfan o camiño andado con esa irregularidade. Irregularidade para o bo e malo xa que pinchan donde non se espera e gañan tamén donde nadie o espera, que llo digan ó Araño ós cales a xornada pasada lles fixo a pascua baixandoos do ascenso directo en favor do Porto do Son. Na primeira volta 1-3 nun moi chuvioso día en Cadreche con Pitiso como estrela cun golazo de falta directa de bandeira. |
20 Ene 2020, 14:43 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
Quizá o partido da xornada. O Palmeira, inquilino desa codiciada quinta plaza que pode dar dereito á promoción e que ten moitos candidatos recibe ó Porto do Son que estrena plaza de ascenso directo e que intentará manter por tódolos medios ca SD Araño ó acecho. A baixa do pichichi sonense Montero aínda sendo importante non a están notando xa que o bloque do Emilio García sigue rendendo a moi bo nivel e están tocados pola variña. A súa última fichaxe Robert Lazarczuk so necesitou 2 minutos para estrearse como goleador. O Palmeira mentres non ten moito marxe para o fallo xa que calquera mínimo despiste os apea da quinta plaza aínda que teñen colchón de 3 puntos sobre o seguinte que é o Crocha. Qué importante lles foi esa victoria na Alta fai 2 xornadas. Duelo que ten pinta de ser bonito de vivir. Si é como o 3-3 da primeira volta merecerá a pena ir ver o partido quen poda. |
20 Ene 2020, 14:37 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
Partido entre 2 inquilinos do vagón da zona media-alta da táboa. E ambos veñen de derrotas. Os de Lousame no seu feudo ante o Porto do Son que lles permiten a estes últimos asaltar os postos de ascenso directo e os de Padrón cunha derrota estrepitosa en Pomar do Río por un claro 6-2. Na primeira volta 0-0 pero as cousas son moi distintas. Ambos empezaron moi floxos a competición no primeiro treito pero dun tempo a esta parte quitando por exemplo a última xornada de ambos están dando o callo. Bitel será arma clave no Cruido xa que o recuperan despois da sanción este domingo por acumulación de amonestacións. |
20 Ene 2020, 14:29 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo por todo o baixo entre 2 equipos que polo visto no campo cando coincidimos non merecen tampouco unha situación tan catastrófica como reflexa a táboa. O Carreira con so 1 victoria en toda a primeira volta e o Furia con so 1 mais acompañado de 2 empates. Partido tenso o da primeira volta con victoria dos de Valga no desconto onde ó porteiro do Carreira fixo algo moi gordo para meterlle 5 partidos de sanción. Veremos como andan os ánimos este domingo na Guía. |
20 Ene 2020, 14:25 |
475.76 |
1 |
0 |
+info
|