Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Segundo e terceiro pola cola enfréntanse logo de saborear o triunfo na última xornada. Os primeiros gañando o duelo directo ó colista e apartandoos a 5 puntos e os segundos gañando ó Baroña despois de 4 derrotas seguidas. Victoria balsámica para ambos conxuntos. E agora toca este enfrentamento donde os separa un punto a ambos e donde o Furia tamén está a tiro de pedra. Calquera cousa pode pasar neste encontro. 03 Mar 2020, 10:57 528.96
"Deja vu" para o Crocha que se volve a enfrentar na casa a un dos equipos que está na parte baixa da clasificación, neste caso ó colista. Creo que non fai falta añadir nada máis si fai 2 semanas xogando contra o Bealo a victoria foi 2-1 sufrindo bastante. Creo que a lección está bastante aprendida e por moito que o Carreira esté abaixo de todo si teñen un bo día poden complicar a calquera. Que llo digan a Araño (ascenso directo) ou Dodro (promoción). Aparte o Crocha non poderá contar casi seguro co primeiro entrenador no banquillo pola expulsión por doble amarilla en Extramundi. Aparte a derrota inmerecida en Extramundi fai que os da Pobra non teñan margen para fallar xa que a semana seguinte visitarán ó líder. O Carreira pois na situación na que están xogarán sin ningún tipo de complexos. A Alta será un campo esixente para ambos equipos e supoño que máis para o Carreira que non estará acostumbrado a xogar nunha superficie así. A medida que quedan menos partidos menos confianza ante a chegada de calquer equipo. Nunca se sabe por onde pode vir a sorpresa. 03 Mar 2020, 10:55 528.96
Por pouco nome que teñan ou menos mencións con respecto a outros clásicos que levan máis focos como o Aguiño, o Oleiros ou o Palmeira que están na misma división. Os equipos de Sar e Crocha ofrécenos o mellor partido da xornada por moitos motivos e factores que rodean o encontro. Enfréntanse en Extramundi Sar e Crocha. Vemos a un sexto e a outro noveno. Quizais por posición na clasificación non chamen moito a atención. Pero son 2 dos equipos en mellor estado de forma actualmente polo menos a nivel de resultados. O Sar leva 5 victorias consecutivas na casa e quere lograr a sexta. O Crocha leva 3 victorias seguidas e 4 nos últimos 5 encontros. Choque de estados de forma e de dinámicas moi positivas. O Sar ven de facer un partidazo e un incontestable 5-0 contra o Porto do Son deixando o partido sentenciado case que no comezo do segundo tempo cun 3-0 que pouca esperanza deixou ó Porto do Son. O Crocha cumpleu 2-1 contra o Bealo pero o partido foi bastante feo e sufriron bastante contra un bo Galicia Bealo. As condicións climatolóxicas na Alta non foron as mellores e o terreo de xogo foino acusando co paso dos minutos pero a sensación que deixaron os da Pobra dentro de que van lanzados é de certas dúbidas de cara a partidos como o que toca nesta xornada. Dani Ramos do Sar 7 goles nos últimos 3 partidos será un dos xogadores a ter en contra dentro do bo bloque que forman os de Padrón. Na primeira volta o triunfo levouno o Crocha na Alta por 3-1. As cousas van estar moi emocionantes por como chegan ambos. Se o Sar gaña acabarase de meter de todo na pelea pola promoción. Se o que gaña é o Crocha poden optar a cotas máis altas aparte de poder distanciar aínda máis a varios rivais directos. Partidazo. 21 Feb 2020, 14:43 518.19
Outro dos partidos da xornada. Un Porto do Son que fai nada parecía infranqueable ven de colleitar tres derrotas seguidas. Eso sí: con rivais da zona medio alta. Primeiro foi o Oleiros pola mínima no Emilio García, logo foi o Crocha tamén no Son cun 3-4 que deixa dúas versións no mesmo partido: un 0-4 do Crocha en 60 minutos pero un empuxe brutal dos de Quintáns que marcaron o 3-4 na última xogada e que veríamos que houbese pasado si dura un pouco máis o encontro. E logo un sorprendente (ou non tanto por como está xogando o Sar en Extramundi) 5-0 dos de Padrón que en 6 minutos xa habían posto terra de por medio con 2 tantos. E por si fose pouco chega o líder imbatido que, nun dos seus máis serios exames contra o segundo clasificado sacouno con nota cun 2-0 que vai facendo que haxa menos dudas sobre quen ocupará unha das plazas cara a Segunda Autonómica. O partido do Porto do Son para reivindicarse é este. Gañar ó líder e facerlle perder a imbatibilidade daría un espaldarazo ás aspiracións dos do Emilio García. Unha derrota faríalles poder ver como se lles escapa a outra plaza de ascenso directo e, dependendo de resultados, que os que pechan a promoción e aspirantes se poñan a tiro de pedra. Partido espectacular. 21 Feb 2020, 14:32 518.19
Despois da derrota na casa do líder o Oleiros buscará volver ó camiño da victoria ante un Furia que lle plantou cara a equipos da zona alta nos últimos tempos. Sendos empates a 1 tanto contra Cruido como contra Palmeira. O Furia está seguindo nas últimas xornadas un camiño parecido ó Bealo. Equipo en zona baixa que nas últimas xornadas o está facendo bastante ben e plantando cara a moitos rivais. Parece que xogando na Trinidade o favoritismo será para os locais, pero como digo en todo nesta temporada na terceira primeiro que se xoguen os partidos e que os resultados vaian por diante das cábalas. 21 Feb 2020, 14:26 518.19
Temos varios partidos da xornada. En concreto para min 3. E este é un deles. Parece que chega mais forte o Dodro a este encontro pero o factor do desde fai 2 semanas mundialmente conocido Ventin é moito Ventín (si se xoga ali). O Dodro gañou unha das finais ó Cruido apartandoo a 5 puntos da plaza de promoción. De gañar ó Palmeira deixariaos nunha situación critica poñendo 7 puntos (mais golaverage xa que empataron 2-2 en Laiño). O Palmeira últimamente entre sancions e baixas inesperadas estanse vendo lastrados de cara as aspiracions que teñen. Polo que este partido dentro de que moitos están xogando as súas finales é unha gran final e das mais determinantes para un equipo. Partidazo o que nos agarda. 21 Feb 2020, 11:27 518.19
Partido onde 2 grupos de equipos botarán un ollo. O grupo dos Oleiros e Son que amenazan a plaza de ascenso directo que novamente recuperaron os rianxeiros despois de varias xornadas e o grupo dos Dodro, Crocha, Palmeira e Sar pola promoción (de feito estos 4 equipos enfrentanse entre si esta xornada). O Cruido ven tocado pola derrota no enfrontamento directo co Dodro pero viran aínda con mais ganas de reivindicarse. O Araño gañaron con mais atrancos dos que reflexa o marcador ó Cures xa que estiveron toda a segunda parte con 10 homes e a baixa de Nacho será importante. Partido de moito suspense para eles e para mais rivais de liga. 21 Feb 2020, 11:19 518.19
Choque de malas rachas entre ambos contendentes. 4 xornadas sen gañar de ambos e no caso do Cures as 4 xornadas contanse por derrotas. No caso do Cures a plaga de lesions e a resaca das sancions están condenando ó equipo de Pomar do Río. Estiven presente no último partido deles e os 3 suplentes que tiveron os 3 entraron por lesión e vin a algún xogador mais renqueante rematando ó partido. Un dos que entrou dende o banquillo de feito marchou lesionado. Mala sorte para o Cures que se lle xuntou todo o malo. O Baroña nos últimos 10 minutos se lles foi o encontro contra o pechacancelas Carreira. Co que so sumaron 2 puntos dos últimos 12. Pomar do Río sempre é mal campo para cambiar a dinámica mais aínda si o equipo local ven ca mesma necesidade ou mais. 21 Feb 2020, 11:13 518.19
Partido entre os 2 últimos clasificados que neste momento por estado de forma non merecen ambas plazas. O Carreira logo de encadear derrota tras derrota ven pletórico xa que sorprenderon a propios e extraños gañando ó Araño ben gañado e venceron no desconto a un nada fácil Baroña na súa casa. 2 victorias consecutivas ante bos rivais. Pola sua banda o Bealo leva varias xornadas sen gañar pero algunha victoria e punto mais pudo merecer. Na última xornada fixo sudar tinta ó Crocha. Derrota por 2-1 e pedindo a hora. 4-1 para o Bealo na primeira volta sendo naquel momento a primeira victoria e os primeiros puntos para os da Lomba. Veremos que pasa neste partido que é mais interesante do que di a taboa. 21 Feb 2020, 11:02 518.19
Partido trampa este da Alta. Todo indicaría que por rachas, resultados, rivais con quenes se enfrentaron e por xogar na casa o Crocha ven lanzado e é favorito pero que llo digan ó Araño a semana pasada. A clasificación nunha Liga coma a de este ano non é indicativo nin seguro de nada. E o Crocha é capaz do mellor (ós últimos encontros me remito) se está enchufado pero tamén do peor. O Crocha está empatado ca plaza de promoción pero fora dela porque o golaverage general teno estragado. Pero ven de gañar 3 dos últimos 4 encontros e non ante rivais fáciles: gañou na casa ó Baroña e foi gañar a Araño e ó Son, dous inquilinos da zona Alta. Eso sí levouse unha goleada da Trinidade. O Bealo sigue dando boas sensacións. Dende que caeron 6-0 contra o Aguiño fai 4-5 xornadas so perderon en Araño e pola mínima e o demais empates ante bos equipos (Dodro a 5 nun partido épico e a 3 contra o Baroña) e victoria ante o Furia. Que non se fie o Crocha se quere meterse na pomada por cousas importantes. Xa o ano pasado sendo o Bealo moi colista levouse un 1-4 da Alta. Partido peligroso con un ollo posto en Dodro no directisimo Dodro-Cruido e outro en Valga no Furia-Palmeira. 13 Feb 2020, 09:40 506.79
Todavía quedan 10 partidos pero, con respeto hacia ambos rivais é o partido con menos alicientes a dia de hoxe desta xornada polo menos. Baroña décimo clasificado leva 3 xornadas sen gañar pero a última victoria a conseguiron contra o inquilino da última plaza de promoción momentánea: o Dodro. O Carreira segue último pero ven de dar a campanada contra o Araño que loita polo ascenso. Duelo de equipos que contra calquera poden meter un bo susto. Non parece que vaian loitar por cotas maiores. Pero veremos... Co igualada que está a liga e enganchando unha rachiña todo é posible sobre todo para o Baroña que é o que esta mais alto na clasificación dos 2 13 Feb 2020, 09:28 506.79
Outra final tanto para Sar como para Porto do Son. O Sar ca derrota en Oleiros escápasalle a promoción de momento a 6 puntos e volve a estar na mesma situación que o día do Palmeira solo que desta vez sin enfrentarse a un rival directo. A xornada seguinte se sae con vida verase as caras con un deses equipos: o Crocha. Na casa os de Padrón están obtendo moi bos resultados so cedendo unha derrota ata o de agora e contando por victorias os seus últimos 4 encontros en Extramundi. O Porto do Son ven de 2 derrotas seguidas (Oleiros e Crocha ambas na casa) e urxe reacción inmediata. Non se marchou ninguén na táboa dos seus compañeiros de vagón pero non deben fallar moito mais se non queren perder a opción de ascenso directo e o primer handicap xa é o golaverage perdido cos da Trinidade que os adiantaron a semana pasada. Partido de alta tensión e quizais dos mais definitorios para as aspiracions dos contendentes esta xornada. 13 Feb 2020, 09:19 506.79
De non disputarse o duelo entre os 2 primeiros este sería o partido da xornada. Batalla pola promoción (con permiso de Crocha, Palmeira e nun segundo plano Sar) entre inquilino de plaza de promoción e o séptimo clasificado a 2 puntos. Un partido donde o Dodro chega mellor xa que leva 2 victorias consecutivas e o Cruido ven de 2 empates (ben certo que un foi no feudo do líder). Quizais o factor de que o Dodro xogue na casa sea un plus. Pero o Cruido é capaz de calquer cousa. Pronóstico incerto. 13 Feb 2020, 01:41 506.62
O partido da xornada sen lugar a dúbidas. Primeiro e segundo clasificado. Os visitantes estrean plaza de ascenso e o fan na casa do favorito ó ascenso e á liga. Non é o mellor lugar para defender esta posición pero estanse mostrando como un dos equipos mais fortes deste comezo de ano. A tripleta Pitiso, Aitor e Chupi intentarán engrosar as súas cifras goleadoras para, este ano si, buscar ese ascenso de categoría. O Aguiño buscará seguir mantendo a imbatibilidade e ca chegada de Adam teñen outra arma mais moi perigosa para os rivais. Un dos partidos que pode decidir moito por arriba e donde moitos equipos mirarán de reollo. 13 Feb 2020, 01:34 506.62
Partido de 2 equipos en 2 partes distintas da tabla pero onde o que está mais abaixo ven nunha mellor dinámica nos últimos partidos. O Furia leva 3 partidos sen perder e empeza a sair da parte mais baixa da clasificacion. Mentres que o Palmeira leva 4 sen coñecer a victoria. O Palmeira nesa loita pola promoción debe ceder o menor número de puntos posible xa que os rivais apretan e encadear unha mala racha de resultados ou polo menos levar tanto tempo sen sumar de 3 en 3 non é bo. Ben é certo que os de Ventín levan arrastrando sancións (ca de domingo de Bairon outra mais) e lesions. Partido impredecible este entre Furia e Palmeira. 13 Feb 2020, 01:29 506.62
Partido adiantado a domingo pola mañán pola coincidencia como locais de Araño e Taragoña. Ambos veñen necesitados de un triunfo. Os primeiros veñen de caer nunha das sorpresas da liga contra o Carreira que levaba 13 derrotas consecutivas por 3-1. O Cures perdeu na casa contra o CD Dodro. Partido especialmente de necesidade para os de Rianxo xa que o Oleiros rouboulle a carteira a eles e mais ó Porto do Son e ocupan a plaza de ascenso directo. O Cures buscará sumar os 3 puntos logo de varias semanas sen gañar. Veremos a quen lle senta mellor a hora do vermú. 13 Feb 2020, 01:20 506.62
https://youtu.be/0crA-9jMfJE video do partido 09 Feb 2020, 22:17 499.18
Cargador. Con esa persona de foto de perfil todos mis respetos. 09 Feb 2020, 09:42 499.18
Cascado23. Absolutamente nadie se pode despistar. O Aguiño non se pode botar a dormir, ten 2 equipos a 5 puntos e tense que enfrentar con eles na súa casa e si perde plaza de ascenso directo a promoción é moi jodida que levan os equipos de aquí 2 anos polo menos sin subir vía promoción. Despois o Oleiros tamén fai que de cerca os 2 perseguidores do Aguiño tampouco podan ceder puntos. Pola banda do Palmeira están eles, Dodro, Cruido e Crocha por conseguir a última plaza de promoción e o Sar non moi lexos destos. É a Liga mais igualada polo menos das 3 últimas temporadas. O Aguiño ten moita confianza (avalano os resultados e a imbatibilidad) pero tampouco se pode dormir. Os duelos directos decidirán todo. 05 Feb 2020, 15:21 495.67
Partido moi importante para ambos equipos. O Porto do Son ven de perder a sua imbatibilidade en Liga ante un rival directo como o Oleiros que ahora está so 2 puntos por detrás. O Crocha gañou ó Baroña pero sigue nesa senda de unha de cal e unha de area. Por cada partido que gaña, perde o seguinte e así sucesivamente. 7 victorias e 7 derrotas dino todo. Basándonos nesta irregularidade parece que tocaria perder pero o Crocha e capaz do peor pero tamén do mellor, do mais previsible pero tamén do mais imprevisible. Volta importante a de Jorge Quintans despois do seu partido de sanción e para o Porto do Son mentalización de que non poden cometer erros para non perder a plaza de ascenso directo e acostumbrados a non fallar están xa que so perderon 1 encontro nos 15 que van de liga. Partido interesante de ver. 04 Feb 2020, 09:56 495.52