Boa previa a que fixo o compañeiro inspector. Partido dos 5 estrelas da fin de semana para min xunto o Palmeira - Noia B e quizáis co Bealo - Puebla B.
A Alta de momento está ben ou aceptable porque hai zonas que a pesar do relativo pouco uso do céspede xa están queimadas (e non chegou o crudo do inverno aínda) pero pódese xogar, veremos durante canto.
O Crocha ten un plantel bastante bo. Evidentemente notaranse as baixas neste curso de Manu González ou Marcos entre outros pero hai chegadas de xogadores que poden suplir as ausencias destos bos xogadores.
Do Oleiros pouco sei salvo o visto na acta do domingo pero ata o minuto 60 que Aitor desfixo o empate non tuvo pinta de pasalo ben. Fiome do que di inspector veremos como se desenvolven na Alta. Incorporación de última hora con respecto a xornada pasada: José Millares, home gol que si está entonado lialla a calquera.
Partido dos que serán emocionantes e intensos xa que boa parte dos planteles levanse enfrentando desde categorías base e coñecense ben.
|
21 Oct 2021, 10:34 |
548.03 |
1 |
0 |
+info
|
Estrea do flamante filial do Puebla que, demostrou en pretemporada, que pode facer frente a calquera gañando a rivais de superior categoría e aparece como dos equipos favoritos a grandes cousas. Equipo xoven que o último ano de Xuveniles fixo moi bo papel. Contarán ca experiencia de López dirixindo o equipo en medio campo e xogadores importantes como Balo, Alex Pego ou os irmáns Carlos e Jorge Teira. No banquillo terán a un estudioso do fútbol e apaixoado deste deporte que é Óscar Iglesias ca axuda de Darío cómo segundo.
O Carreira chega a esta nova temporada ca fichaxe de Serafín dende o Baroña que se une a xogadores talentosos como Piñeiro, Adrián Carnota ou Matías e que poden amargarlle a tarde a calquera equipo. Xa o demostraron na última temporada a pesar de quedar na parte baixa da táboa que gañaron na Guía a un Araño que ahora está en Segunda ou ó Dodro, aparte de gañar na Alta ó Crocha.
Partido interesante de ver. |
15 Oct 2021, 01:52 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
Valga non terá este ano a un nome dos históricos como é o Furia Athletic Club. Pero o Cordeiro aporta un filial para manter neste grupo á vila da provincia de Pontevedra. Pouco sei deste novo filial. Contan cun plantel de 23 xogadores e estamos seguros que, ó igual que os outros filiales que se formaron este ano darán máis emoción e nivel á liga.
O Bealo revolucionou o seu plantel con cambio de mister e renovación de gran parte do equipo. As chegadas de Gordon, Breo ou o pequeno dos Pitiso aportarán un gran nivel ó conxunto da Lomba xunto con xogadores importantes como Siso ou Daniel Triñanes. |
15 Oct 2021, 01:42 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
Estreanse 2 clubes que se formaron de maneiras distintas.
Despois dunha temporada de espera veremos no verde a chegada do Noia B, heredeiro do ACD Cruido que logo do convenio co Noia CF pasa a ser filial do conxunto do Julio Mato e que, parece ser, pasaría de xogar en A Silva ó Campo Anexo de San Lázaro. Equipo que se mostrou fortísimo en pretemporada con xente xoven para demostrar cualidades no filial e, de despuntar, poden ser pezas para axudar ó equipo de Terceira RFEF. Moita cara nova xoven sumado a xogadores de mais experiencia que deron moitas boas tardes de fútbol en A Silva. Bitel o pichichi dos últimos anos sigue ó igual que Uxío ou Ángel Requejo.
Causame especial alegría que nomes dos clásicos volvan a competir. E é o caso do Xuño que logo de varios anos volverá a competir na Terceira. 22 xogadores presentan onde o Nome que mais sona é o de Campai, anteriormente nas filas do Queiruga. |
15 Oct 2021, 01:35 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
Na Trinidade teremos o estreno dun dos conxuntos que, xunto outros 3, aparecen no Grupo de Barbanza.
Volve o Unión a ter filial en Terceira despois de, si non estou equivocado, mais de unha década. Pouco coñezo do equipo so vendo que ten 22 fichas e o nome que mais me sona e a incorporación de Fabián Gey que xogou como último equipo no Bealo.
O Atlético Oleiros eríxese como un dos grandes favoritos con varios cambios tanto nas incorporacións como nas saídas. A chegada de Tato como gran Nome únese a clásicos como Aitor Vinagre, Juan Martínez ou Ángel Figueiras. Nomes que se unen a xogadores que estrenan ou casi estrenan etapa Senior. Hai varios cambios de xogadores. O nivel estou convencido que será polo menos o mismo dos últimos anos. |
15 Oct 2021, 01:27 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo no campo de Chenlo en Laíño entre 2 conxuntos que na última temporada batíanse o cobre por ocupar postos de promoción.
O Dodro que inicia a temporada con 23 xogadores en plantel terá ós mandos a Jesús Álvarez que salta do terreo de xogo á dirección dende o banquillo. Manuel Romero, Seco ou Rañó seguirán sendo as caras mais clásicas do conxunto blanquivermello que contan novos nomes como Jorge Cardama ou Angel Quintáns.
No conxunto de Ribeira e despois de non poder disputarse a campaña 20-21, Adrián Domínguez por fin collerá a batuta do equipo cun bloque casi clavado ó da campaña 19-20 comandados un ano mais polo incombustible Bairon. As únicas fichaxes aparte da subida a Senior de Pablo Viturro, Daniel Dieste e Javi Salvado as chegadas de Diego Cespón do Lampón e a chegada de Ángel Costa irmán de Lucas Costa.
Partido vibrante para este domingo en Laíño. |
15 Oct 2021, 01:20 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
Bo partido no Emilio García entre un Porto do Son que optará a postos altos da táboa e un Cures sin complexos que intentará poñerllo difícil a calquera.
Recién subidas hoxe as primeiras fichas destaca a incorporación de Jamal procedente do Baroña que non competirá este ano e a chegada de Bruno que será o terceiro da saga dos Lado Piñeiro despois de Sergio e Fabio, outro nombre novo nos do Son será Nelson Pombo. Logo seguirán xente importante como Jorge Quintáns, Cachelo ou Manuel Vila.
No Cures manteñen o bloque dos últimos anos. Destaca a chegada de Carolo dende o Bealo entre algún nome novo mais que se unirán ós clásicos Ore, Bruno ou Carlos entre outros. |
15 Oct 2021, 01:02 |
541.70 |
1 |
0 |
+info
|
O bo que ten a Terceira Autonómica e que hai máis margen que outras ligas a terminala. Aínda que logo hai as promocions e demais. Veremos porque xa en siguetuliga que a administro eu a Terceira Grupo 5 pasei a xornada seguinte para o 5 de abril pero me da que me quedarei corto.
Tormentas ó administrar a Liga podo ver o teu comentario borrado e tampouco dixeches nada malo. Non sei o calibre dos cargadores de Padrón e de Aguiño pero os da Boomerang eran de categoría jajaja. O Crocha iba con ganas a pesar do petardazo na casa contra o Carreira. Xa a ten liado en Araño ou no Son pero bueno o Aguiño é moito Aguiño e cando toque si se fixera a machada sería das históricas pero o Aguiño ten equipazo.
Por cierto señor cargador moita sorte neste partido eu xa lle manifesto os meus respetos co ilustre padronés Don Pepe Domingo Castaño como foto de perfil. |
15 Mar 2020, 21:47 |
540.75 |
1 |
0 |
+info
|
O partido do líder contra un Crocha que ven ca moral baixa despois de perder co Carreira na Alta 0-2. Eso sumado á victoria do Dodro en Oleiros fai que aparte de ter que facer unha machada moi moi difícil na Tasca esperar que empaten Porto do Son e Dodro ou que gañe o Porto do Son e se escape para que o Dodro non se alonxe moito máis. A derrota da semana pasada condena en gran medida ós da Pobra.
O Aguiño a seguir co seu. Vexo xa comentarios de usuarios habituais desta páxina cas cábalas e a de ascenso directo máis inmediato e a seguinte: habendo un triunfo do Aguiño e outro do Araño en Oleiros serían 14 puntos de ventaxa ca promoción quedando 18 polo que habería primeira bola de ascenso en Valga a semana que ven dependendo de resultados, sinon quizais o ascenso celébrese na Tasca o día 19 de abril contra o Dodro (as suspensións cambian as fechas). Veremos... Sinceramente sería algo insólito ver perder o ascenso directo ó Aguiño e incluso o título.
De feito hai outra cousa máis inmediata: unha victoria do Aguiño ó Crocha méteos matemáticamente en promoción perdan de aquí a final de liga. Vamos... que o teñen feito. |
10 Mar 2020, 13:18 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada.
Partido que decidirá en gran medida o futuro desta competición. Un empate e sobre todo unha victoria do Araño darán moitas posibilidades ós de Rianxo de amarrar case que medio ascenso directo. 8 puntos de distancia quedando 18 en xogo antóllanse case que insalvables. O Oleiros ca inoportuna derrota en Dodro teñen un match ball para evitarse a promoción que nos últimos anos sempre lles foi negativa. Case que so lles vale a victoria porque un empate son 5 puntos pero empezan a quedar escasas xornadas.
Partidazo decisivo e un dos máis importantes na temporada a nivel global que decidirá moitas cousas. |
10 Mar 2020, 13:08 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
Casi das últimas oportunidades da temporada para o Cruido para optar a promoción. 7 puntos máis golaverage perdido con respecto ó Dodro fan que os de Lousame estén en situación casi que límite. Empezan a quedar poucos partidos e os tropezos páganse caros. O Bealo pola súa parte ven de perder na casa co Cures e igual que, baixo o meu criterio, do 10º posto para abaixo as aspiracións son as de xogar sen complexos, as de sumar de 3 en 3 e as de quedar o máis arriba na táboa posible. |
10 Mar 2020, 13:04 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
Derby de veciños en Extramundi. Sar e Furia con moitos vínculos entre sí disputarán un partido con obxectivos distintos. O Furia intentando sair da zona baixa para facer un ano o máis bo posible pero sin aspiracións xa de promoción. E o Sar que empeza a ter as últimas balas na recámara para remotamente optar á promoción. 2-2 con polémica do Furia no Municipal de Campaña contra o Son e dolorosa e contundente derrota do Sar na casa do líder Aguiño 8-0 evidenciando que "sin Extramundi non hai paraíso". |
10 Mar 2020, 13:01 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
Un dos duelos da xornada. Porto do Son 4º e Dodro 5º separados por 2 puntos disputarán un importante partido no Emilio García. O Porto do Son sacou 1 punto de Valga contra o Furia con polémica no final do partido, xa que un penalti que bateu no pau e rematou outro xogador distinto ó lanzador non subeu ó marcador cando si non estou mal entendido nas normas si é posible isto. Eses 2 puntos de máis quizais faríanlle ir con menos agobios a esta cita xa que terían un colchón de 4 puntos. O que colleu colchón foi o Dodro que gañou un importante partido ó Oleiros pola mínima e o Crocha perdeu na Alta co Carreira, co que ten 3 puntos de vantaxe indo os da Pobra a visitar ó líder este domingo.
Partido importantísimo para ambos conxuntos xa que o quinto posto si da promoción este ano (que nos últimos anos o da) evita xogar unha previa como lle pasou o ano pasado ó Palmeira co Dubra "B". E sempre é mellor evitar previas. |
10 Mar 2020, 12:58 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
En Ventín Palmeira e Baroña enfréntanse con clara necesidade de victoria para os locais. A 4 puntos da última plaza de promoción ca victoria do Dodro a semana pasada e o atasco formado donde quen se mantén de pe sin caer leva premio a victoria faise vital para os de Ventín. O Baroña case que en terra de ninguén xogará para sumar todo o posible de aquí a final de temporada. |
10 Mar 2020, 12:51 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
En Pomar do Río enfréntase 2 equipos da zona baixa que veñen de sair victoriosos nos seus partidos e fora da casa. O Cures gañando o derby ó Bealo na Lomba e o Carreira dando unha das sorpresas da xornada gañando ó Crocha na Alta. Moral reforzada en ambos equipos para, sin aspiracións en xogo máis que as sumar de 3 en 3 e quedar o máis arriba posible todo o que podan de aquí a final de temporada, xogar sen complexos. |
10 Mar 2020, 12:49 |
540.49 |
1 |
0 |
+info
|
No Emilio García enfrontaranse 2 equipos que non veñen nas últimas semanas en boa dinámica. O Cruido leva 2 derrotas seguidas e 4 xornadas sen gañar. O Baroña no choque da xornada pasada de malas rachas contra o Cures prolonga a súa mala xeira a 5 encontros donde só sacaron 2 puntos dos últimos 15. O Baroña a 10 puntos do último posto de promoción empeza a ter complicado o de intentar recuperar a categoría perdida a temporada pasada. O Cruido perdeu tamén moito terreno con esta zona pero a 5 puntos aínda que xa habéndose enfrentado ós 2 primeiros.
Veremos que pasa neste encontro donde quen gañe ó outro meteralle unha estocada definitiva ou case definitiva. |
03 Mar 2020, 11:43 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
O partido do imbatible líder que goberna con man dura de ferro esta liga e que, libre de mal, alzará o título a final de ano.
Chega o Sar á Tasca habendo salvado un match-ball con moita fortuna contra o Crocha donde nos últimos minutos sufriron o indecible pero donde lograron o seu obxectivo para conseguir a sexta victoria consecutiva en Extramundi. Pero chega o turno de desplazarse que é a gran asignatura pendiente dos de Pablo Abaña. Donde dos 25 puntos que conseguiron en liga só 5 foron colleitados lonxe de Extramundi (1 victoria e 2 empates en 9 saídas). E na Tasca poucos equipos lograron sacar 1 punto só Porto do Son, Cruido e Cures se non recordo mal.
Papeleta difícil para o Sar á vez que desafío motivador. O Aguiño a intentar manter a dinámica e a pechar o ascenso e o título canto antes. Na ida en Extramundi empate a 2 tantos donde parece ser o encontro estivo moi quente con varias expulsións por ambos bandos. Esperemos que o partido sexa máis tranquilo desta vez. |
03 Mar 2020, 11:35 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
Furia e Porto do Son vense as caras cun panorama incerto.
O Porto do Son logo dunha primeira volta impecable encadea 4 derrotas seguidas e parece que en caída libre. Pero sabemos que os de Quintáns poden despertar en calquer momento e a visita a Valga ten que ser o momento para facelo. Pero a racha é preocupante e aparte das derrotas a forma de recibilas foi grave donde 3 das 4 foron con mínimo 4 goles encaixados.
O Furia non pode despistarse porque ten a 2 rivales por detrás a 1 e 2 puntos e unha victoria poderían facer rebasar ó Baroña e intentar ser líderes desa zona baixa de 5 equipos.
Quizais dos partidos que se xoguen o de pronóstico máis dudoso a priori. |
03 Mar 2020, 11:25 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
O partido da xornada xunto co Araño - Palmeira pero este partido ten connotacións máis importantes para os contendentes e para outros equipos que estarán pendentes do mesmo.
Dodro e Oleiros vense as caras en Laíño. O Dodro ven de perder en Ventín despois de unha racha boa de resultados e o Oleiros despois do tropezo co líder que casi descartou as posibilidades de intimidar ó Aguiño no liderato mantén a xeira triunfal exceptuando esa cita na tasca.
O Dodro mantén a plaza da promoción a pesar da derrota porque o Crocha que está empatado a puntos tamén perdeu en Extramundi. O Oleiros estará á expectativa de que o Palmeira lle faga un favor co Araño e tendo un colchón de 4 puntos co Porto do Son. Na ida aparente sorpresa ca victoria do Dodro no casi fortín inexpugnable da Trinidade por 1-2.
Partidazo que decidirá moitas cousas de aquí ó final... ou non. Porque cando tropezan uns primeiro logo tropezan os outros na seguinte xornada. De aquí ata o final estará todo nun puño. |
03 Mar 2020, 11:20 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|
Xunto co Dodro - Oleiros os 2 partidos desta xornada.
Araño e Palmeira vense as caras na Lomba e ambos con moitas necesidades de gañar e donde un paso en falso poñería as aspiracións de cada un comprometidas.
O Araño ven de gañar un difícil partido en Cruido e sigue mantendo 2 puntos de ventaxa sobre o Oleiros á espera do vital Oleiros - Araño da seguinte xornada que se antolla definitivo para ocupar a segunda plaza de ascenso directo. Pola súa banda o Palmeira gañou un decisivo partido ó Dodro que fai que non queden descolgados da loita pola promoción e que os fai achegarse a 1 punto da mesma. Logo lles ven un calendario aparentemente cómodo donde aparecen Baroña, Bealo, Carreira e Cures. 4 dos 5 últimos clasificados.
0-3 na primeira volta en Ventín, veremos canto cambiou o conto da primeira volta a esta. |
03 Mar 2020, 11:12 |
528.96 |
1 |
0 |
+info
|