Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Duelo de equipos empatados a puntos. Lousame e Palmeira xogarán por 3 puntos na Silva onde, a priori, ou moito cambian as cousas e comezan a fallar moito os de arriba ou xogarán solo por ver quen dos 2 queda máis arriba na clasificación. O Lousame caeu por un contundente 3-0 na Lomba ante o Araño. 3 goles nos primeiros 39 minutos de partido borraron dun plumazo as remotas opcións de agarrarse á promoción que tiñan. As matemáticas todavía están ahí pero xa é máis difícil que desde a 7° posición para abaixo haxa opcións de entrar en promoción a menos que 2 dos 6 primeiros entren en debacle. O Palmeira venceu ó Cordeiro B cun hat-trick de Pablo Viturro. Irregular tendencia con resultados dispares e variados que non dan de momento e moi probablemente non darán para optar ó grupo de promoción. Os camiños do fútbol son impredecibles pero veremos qué pasa. O ano pasado este partido foi a primeira victoria na historia do Lousame e por un contundente 3-0. Veremos qué pasa neste curso. Tamén está presente o 1-5 na Fieiteira da primeira volta. Pronóstico: X. 12 Mar, 14:20 999.99
Duelo nas Furnas entre 2 equipos impredecibles para o bo e o malo aínda que últimamente máis para o bo. Xuño e Carreira buscan 3 puntos nun partido que pode ser interesante e vistoso. O Xuño caeu na Fieiteira ante o Artes por 2-0. 2 goles antes do descanso fixeron que non sumasen os de José Antonio. O Carreira entra en promoción en detrimento do Carcacía que caeu co Abanqueiro e que pase o que pase nesta xornada seguirá ahí porque os verdiblancos descansan. Partido para meter terra de por medio e clarificar máis os inquilinos das plazas que se xogarán o ascenso. Victoria 3-1 ante o Cures. 2 goles nos primeiros 7 minutos puxeron en franquía a victoria para os da Guía. Partido que creo pode ser un triple na quiniela perfectamente. Pronóstico: 1X2. 12 Mar, 14:09 999.99
O Monumental pasa examen ó Porto do Son. Duelo entre o Cures e os do Emilio García con moitas turbulencias. O Cures caeu en Carreira por 3-1 pero no aspecto positivo plantou unha dura batalla ó Artes a pesar da derrota no seu último partido en casa. Polo que o partido preséntase máis incógnita do que parece. O Porto do Son ven de descansar pero todavía sigue presente a primeira derrota do curso ante o Carreira na casa por 3-4. Carreira cun xogador de campo de porteiro e so 2 suplentes polo que a magnífica temporada ata o momento chega neste encontro a un punto de dúbida e incógnita xa que Sar e Abanqueiro non fallan e ahora hai que dar o todo polo todo. Partido moi moi trampa. Pero o que se xoga os chícharos é o equipo de Quintáns. Pronóstico: 2. 12 Mar, 14:04 999.99
Duelo en Vista Alegre. Abanqueiro e Araño buscan os 3 puntos con ambos en bo momento de forma. Os locais sacaron un dificilísimo e tolo partido en Mirarríos ante o Carcacía (3-4). Partido no que se adiantaron, logo víronse 2 veces por detrás no marcador e lograron o gol da victoria no desconto cun gol de Abrahan. Partido clave onde o Son descansou e a mismos partidos xa está 2 puntos por diante e á espera de que o Sar descanse na última cita. O Araño logo dunha tempada difícil levan 2 victorias consecutivas e ante rivales respetables. Gañaron ó Cordeiro B fora e na última cita venceron por un claro 3-0 ó Lousame e xa con este marcador ó descanso. Boa alegría dos de Rianxo que intentarán acabar con boa imaxe o curso. 9 puntos ca promoción que parecen xa inalcanzables. O Abanqueiro está en modo ascenso directo e todo o que non sea gañar sería unha sorpresa. Eso sí, o ano pasado foi 2-3 para o Araño este encontro. Pronóstico: 1 12 Mar, 13:59 999.99
Carreira e Cures xogan na Guía un partido importante para os locais que veñen acaparando os focos de atención logo de batir ó Porto do Son. Un partido que a pesar dos hándicaps xa que foron sin porteiro e Antonio Campaña tivo que poñerse baixo paus e con só 2 suplentes puxéronse nin máis nin menos que 0-4 no marcador mediado o segundo tempo. O Son no desconto chegouse a poñer 3-4 pero quedáronse sen tempo. Hat-trick de Dani Sieira. O Cures logo do empate co Crocha plantexaron un difícil partido ó Artes e so deron o brazo a torcer no desconto. 3-4 final que os deixan sen premio, estancados e únense a ese grupo de 4-5 equipos que xa se queren ir de vacacions canto antes. O efecto Carreira penso terá a súa continuidade desta vez e distará moito daquel surrealista 5-8 da temporada pasada. Pronóstico: 1. 04 Mar 2024, 15:31 999.99
Artes e Xuño xogarán un partido que ten pinta a bastante vistoso e atractivo. Uns pola notable liga que están facendo e outros polo punch que están tendo nas últimas citas. O Artes venceu no desconto ó Cures no Monumental 3-4. Partido moi disputado e onde o Cures puxo as cousas complicadas. 3-2 ó descanso pero un hat-trick de Alex Castro mete distancia de 3 puntos ó Carcacía ainda que o Carreira sigue á expectativa ca campanada Dada no Son. 3 puntos e golaverage igualado co Artes. 2 plazas de promoción para 3 equipos. O Xuño venceu ó Crocha 4-1. Maior presencia en ataque dos das Furnas e só o porteiro do Crocha impideu máis goles dos amarelos. Favoritismo do Artes pero o Xuño, igual que o Carreira no partido do Son vai sin nada que perder e vexo que poden dar un susto. Pronóstico: 1X. 04 Mar 2024, 15:23 999.99
Duelo moi desigual este da Alta. Crocha e Sar xogan un enfrentamento por 3 puntos que son importantes para os locais para intentar revivir o máis que tocado estado de ánimo e para o Sar para non fallar e esperar erros dos rivales para na última xornada que descansan ter cerrado o ascenso directo na penúltima. O Crocha caeu nas Furnas 4-1. Un partido disputado 15 minutos que foi deixando de ter historia co paso do encontro. O Sar tamén tivo un partido sen historia no segundo tempo pero para ben. 0-0 igualado ó descanso pero no segundo comezaron a caer os goles un tras outro. Ambos a esperar que acabe a liga. Uns para olvidar e outros para a gloria. Pronóstico: 2. 04 Mar 2024, 15:10 999.99
Encontro de 2 equipos que veñen ca moral bastante baixa logo do último partido. Palmeira e Cordeiro B buscarán darse unha alegría. O Cordeiro B xa case queda en terra de ninguén e o Palmeira ten a 7 puntos a promoción. O Palmeira aguantou ata o descanso o marcador sin goles en Extramundi pero na segunda viñeronse abaixo ata o 4-0 definitivo. A promoción está a 7 puntos pero teñen que facer un bo rush final se queren chegar ali. A día de hoxe parece unha quimera. O Cordeiro B está 3 puntos por detrás e xa parece que pouco lle queda importante polo que loitar. Derrota 0-2 na casa ante o Araño que os supera na clasificación. O xogar na casa debería favorecer ó Palmeira, veremos... Pronóstico: 1 04 Mar 2024, 13:05 999.99
Partido de 2 equipos que veñen cun sorriso da última cita ligueira. Araño e Lousame xogarán na Lomba un partido onde quen se xoga máis é o Lousame que se pon a 4 puntos da promoción. O Araño deuse unha alegría vencendo ó Cordeiro B en Valga. 2 goles no tramo final do primeiro tempo deron 3 puntos que animan un pouco ós de Rianxo. O Lousame venceu nun duelo clave ó Carcacía que marca a promoción. Diego Hermo pon a 4 puntos a promoción con 7 citas por diante. Xógase máis o Lousame. Este partido foi o de debut do equipo na tempada pasada, victoria pola mínima 1-0 para os locais, pero de alá a acá cambiaron bastantes cousas. Pronóstico: X2 04 Mar 2024, 10:03 999.99
Duelo moi disputado o que se vivirá en Mirarríos. Carcacía e Abanqueiro xóganse 3 puntos cruciais. O Carcacía xógase o seguir en promoción ou non. Derrota pola mínima no Municipal da Silva ante o Lousame. Un gol de Diego Hermo xusto antes do descanso decantou o partido e que o Carreira ca campanada no Son o iguale a puntos. E hai un Carreira-Carcacía no final de liga con victoria na primeira volta para o Carreira. Non hai marxe xa para errar máis. O Abanqueiro ven de descansar e a xornada favoreceulle en gran parte por esa primeira derrota do Porto do Son. Líder o Sar pero descansa na última xornada polo que todo está nun puño. Partido vital para ambos pode pasar de todo pero o Abanqueiro ven en mellor dinámica. Pronóstico: X2 04 Mar 2024, 09:58 999.99
Sar e Palmeira pechan a xornada en Extramundi. O Sar logrou unha victoria máis traballada do previsto vista a clasificación na Lomba ante o Araño (3-4). O partido parecía cómodo cun 1-3 á media hora de encontro pero o Araño logrou empatar a 10 minutos do final. Reacción rápida dos blanquivermellos que ó minuto do 3-3 meteron o gol da victoria. O Palmeira fixo a heroica logo de que o Xuño o superase ata o desconto, 1-4 se poñían os das Furnas. Pero un gol de Xota e un doblete de Canosa igualaron un partido que estaba perdido a un 99%. Veremos si esta fazaña lles da aire e ánimo na difícil visita a Padrón. Do campo do Sar só escaparon os puntos da derrota ante o Abanqueiro si non estou equivocado. O resto todo victorias polo que se antolla un desafío moi duro para o Palmeira. Pronóstico: 1. 27 Feb 2024, 21:33 999.99
Probablemente o partido da fin de semana. Porto do Son e Carreira xogan un partido onde un sigue defendendo liderado e invicto e o outro é o principal candidato a apear da promoción ó Artes ou Carcacía. Equipo sempre impredecible que tanto pode dar un petardazo cando menos se pensa como pode sair pola porta grande. O Porto do Son solventou con boa nota unha das saidas máis complicadas que lle quedaban de aquí a final de liga. Igualada 2-2 co Artes na Fieiteira onde foron capaces de remontar un 1-0 adverso. Finalmente reparto de puntos e tangana fuerte ó final do encontro con varios implicados de ambos conxuntos. O Carreira ven de descansar na última xornada pero sacaran un bo punto na casa ante o Artes (1-1). Rival complicado para calquera. De ahí que co Carreira todo é posible. 2-4 para o Son na primeira volta. Todo pinta a 1 pero o Carreira pode dar a sorpresa si o Son non está ó 100% centrado. Pronóstico: 1. 27 Feb 2024, 21:28 999.99
O Monumental cita a Cures e Artes este domingo. O Cures empatou ante o Crocha que non había puntuado nas últimas 10 xornadas. Puxéronse por diante pero o Crocha igualou ó pouco e o marcador non se moveu. Partido bastante irregular que deixou claro o estado de ánimo de ambos equipos neste momento. O Artes empatou 2-2 co líder Porto do Son. Foron con ventaxa ó descanso, pero o Son consigueu remontar. Nun balón parado o Artes finalmente empatou. Tangana fuerte ó final de partido. O Monumental sempre da máis opcións ó Cures pero o que se xoga algo é o Artes na promoción co Carreira a 3 puntos polo que necesitan gañar para evitar disgustos. Pronóstico: X2. 27 Feb 2024, 21:19 999.99
No Municipal de Campaña Cordeiro B e Araño vense as caras nun ano onde están moi probablemente en postos máis baixos do que esperaban. O Cordeiro B ven cun bastante mal resultado de Mirarríos. 4-0 ante o Carcacía e pinta que pouca opción tiveron de facer algo neste encontro. O Araño tamén perdeu pero bastante batalla deu a un dos fortes da liga como é o Sar. 3-4 onde lograron empatar un 1-3, pero ó minuto de igualar o Sar deu o estacazo definitivo. Horas baixas de ambos. Veremos quen ten máis capacidade de refacerse ás malas sensacións dunha tempada que non quedará para o recordo de ningún dos 2. Pronóstico: X 27 Feb 2024, 21:09 999.99
Duelo entre os 2 últimos clasificados nas Furnas. Xuño e Crocha veñen de empatar os seus últimos encontros de maneiras moi distintas. O Xuño empatou 4-4 na Fieiteira ante o Palmeira. Partido cun final tráxico para os das Furnas con 3 goles encaixados no desconto segundo a acta. Unha pena logo de aparentemente dar unha exhibición co 1-4 ata antes dese desconto. Particularmente eu quedome co feito os 89 minutos que a desgracia do desconto aínda que a efectos de puntuación o feito só vala un punto. O Crocha por fin, á 11° vez volveu puntuar. Empate co Cures a 1 tanto. Partido onde ambos equipos demostraron que non están para moitas festas. Partido de moito corazón e sentimento pero de pouca cabeza e intelixencia. O Crocha consigue repoñerse do 0-1 empatando ós 3 minutos de encaixado o gol. A partir de ahí sin dominador e correcalles sin control para finalmente repartirse os puntos. O Crocha consigueu por pouco que sea unha mínima alegría (das poucas que viron) pero o Xuño chega moito mellor. Ten pinta de que o Xuño parte como favorito. Pronóstico: 1X. 27 Feb 2024, 21:01 999.99
Lousame e Carcacía abren, a falta dalgún cambio de ultimisimo momento, a xornada o domingo á mañán. Os da Silva caeron derrotados en Vista Alegre por 2-0. Os 2 goles recibidos no primeiro tempo. Un resultado que quizá entrase na lóxica sobre o papel e onde os de Boiro deixaron escapar contados puntos. Expulsado ós 10 minutos o seu entrenador. O Carcacía venceu e convenceu en Mirarríos 4-0 contra ó Cordeiro. Pletórico Nico Carou cun hat-trick. Os verdiblancos manteñen o pulso por quedarse no tren da promoción. A pesar do distinto signo de ambos contendentes na última xornada o partido pinta moi aberto. O Lousame está a 7 puntos e tamén quererá apurar as opcións de ir a promoción. Pronóstico: 1X2. 27 Feb 2024, 20:41 999.99
O partidazo da xornada e onde estarán tódolos ollos postos. Artes e Porto do Son xogarán quizá un dos partidos máis importantes do que quedan de liga. O Artes empatou a 1 na Guia ante o Carreira. Conseguíronse poñer por diante cun gol de Jorge pero Brais Bello igualou mediado o segundo tempo. Partido que deixa as cousas como estaban: o Artes conta cun pequeno colchón de 2 puntos sobre o 6° posto que non é suficiente para promoción, polo que non se poden despistar moito. Aínda que evitaron que o Carreira lles pase na táboa. O Porto do Son chega pletórico. Goleada moi moi cómoda ante o Crocha 8-1 onde o partido durou como moito 20-25 minutos co 2-1 a partir de ahí foi unha apisonadora. Hat-tricks de Jamal e Adrián Santos e completaron goleada David e José Vila. Pronóstico incerto pero o que pase pode ser decisivo na liga. Pronóstico: 1X2. 21 Feb 2024, 00:58 999.99
Crocha e Cures xogan na Alta un partido dos clásicos de parroquias onde ambos non están tendo o seu mellor ano nin moito menos pero o Crocha está no peor momento da súa historia. Derrota e goleada ante o líder Porto do Son 8-1. Partido que durou como moito 25-30 minutos. 2-1 no marcador pero un penalti, o 3-1 e dimitir de todo provocou unha debacle das duras de dixerir. 5-1 ó descanso e outros 3 tantos máis no segundo tempo (máis algún máis que pudo caer) fan que o Crocha esté a merced de calquera. Un pesadelo para os que dedicamos tanto tempo a esto para sufrir así. Cada partido é unha nova oportunidade de resurxir, pero parece que da máis medo e sufrimento xogar que disfrutar. Intentar facer de tripas corazón e non deixar de competir en ningún momento por moi duras que veñan. O Cures non está vivindo a tempada de ensoño do curso pasado pero polo menos está competindo os partidos con maior ou menor sorte. Empate ante o Palmeira que tampouco sirve para aspirar a cotas máis altas pero moi probablemente o Crocha se cambiara polos de Pomar do Río. Doe decilo e oxalá haxa unha reacción dos locales pero ten que pasar algo moi bo e coller moita confianza para poder sacar algo positivo. Oxalá encontren algunha motivación por mínima que sexa. Pronóstico: 2. 21 Feb 2024, 00:47 999.99
Araño e Sar disputan un novo encontro na Lomba. O Araño empeza a quedarse sen obxectivos de ningunha clase. Ano complicado onde colleitaron unha derrota nas Furnas ante o Xuño 3-1. Ano complicado dos de Rianxo. O Sar pola súa banda está xogándose todo. A 1 punto do Abanqueiro e a 4 do Porto do Son que ten unha complicada saída ante o Artes. Boa victoria remontando 3-1 ante o Carcacía polo que están nos momentos cruciais do curso. Malas sensacións do Araño e o todo polo todo do Sar. Pinta a claro 2. Pronóstico: 2. 21 Feb 2024, 00:37 999.99
Duelo de relativa proximidade o de Mirarríos. Carcacía e Cordeiro B xogan por 3 puntos importantes especialmente para o Carcacía que está marcando a zona de promoción igualado co Carreira que os alcanzou. Os locais no derby co Sar caeron 3-1 en Extramundi. Puxéronse por diante co gol de Edgar pero empatáronlle antes do descanso e un doblete do sempre efectivo Dani Ramos deixaron os puntos para os blanquivermellos. O Cordeiro B caeu na casa ante o Abanqueiro. Partido ante un rival difícil que mantiveron a cousa con emoción ata o último cuarto de hora onde Óscar sentenciou. Puntos máis que necesarios para os de verde e blanco. Polo que están máis que obligados a sumar de a 3. Pronóstico: 1. 21 Feb 2024, 00:32 999.99