Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Volve o Galicia Bealo da xornada de descanso e con ganas de enmendar a inesperada derrota en Carreira. O Xuño intentará buscar a chave que atopou nas Furnas gañando a un dos tapados que é o Cordeiro B. Xogar na terra da Lomba non lles collerá de sorpresa. E intentarán resarcirse da derrota ante o mismo verdugo do seu rival neste domingo: O Carreira. 10 Nov 2021, 14:34 569.44
Día festivo o que se vivirá no Municipal de Campaña este sábado que ven. Novo duelo de filiais onde os locais terán a festa de presentación de tódalas categorías do equipo. Comida, presentacions, desfile da banda de música e merenda post-partido. O Cordeiro B saeu victorioso do peligroso campo que é Pomar de Río pola mínima. O Unión B levan un balance de 0 goles a favor e 8 encaixados nos últimos 2 partidos. Siguen todavía adolecendo de apenas tirar a portería, algo que deberían mellorar. Veremos si ós locais non lles despistan todas estas celebracións e si os visitantes sacan tallada da festa local e asaltan o Municipal de Campaña. 10 Nov 2021, 14:26 569.44
Volve o fútbol ó Municipal da Silva. Noia Cruido e Crocha vense as caras. Os primeiros líderes e os segundos penúltimos na táboa. Os locais veñen de gañar con claridade en Rianxo mantendo unha temporada casi perfecta (exceptuando o lunar da visita a Ventin). Os segundos caeron na casa co Dodro nun partido tolo pero nunha moi preocupante primeira parte. Logo sacaron carácter para apretar ó final ó Dodro. 1 punto na clasificación pero a sorte nos partidos en momentos decisivos non lle está acompañando. Ademais a Silva non trae moi bos recordos ós da Pobra. 3 derrotas nos 3 últimos anos e 16 goles encaixados. Non pinta ben. E veremos si vemos a desastrosa cara do primeiro tempo de Dodro ou o carácter e gran actitude do segundo período. Deben tomar esto como un desafío e creelo, xogar con velocidade e ser mais sólidos defensivamente. Os locais intentarán non conceder nada. Bo duelo na Silva este próximo sábado pola tarde. 10 Nov 2021, 14:20 569.44
Volve o Monumental a entrar a escena. Logo dun primeiro partido con exilio forzoso a Valiño os de Cures volven á súa casa. Todavía sin puntuar ainda que ben é certo os rivais cos que se encontraron foron dos duros. Intentarán facer de Pomar do Río un fortín inexpugnable. Ollo ó Cordeiro B que veñen reforzadisimos logo de meterlle 5 ó Palmeira e ahora que veñen ca moral polas nubes buscarán non baixar o pistón. Pero coidado porque o Xuño viña de caer por goleada en Noia e gañáronlle ós de Valga. Panorama moi similar ó que se enfrontarán este domingo. Equipo ferido, 0 puntos, 10 goles encaixados nos 2 últimos partidos. Coidado ca trampa que pode supoñer o Monumental non so para o Cordeiro B sinon para calqueira rival. Partido con bastante interés. 03 Nov 2021, 16:26 563.19
O Crocha tócalle cambiar de campo habitual dos partidos en liga. Pola coincidencia nesta xornada co Puebla FC de Preferente e como parte dun acordo para alternar o uso da Alta desta vez o Crocha xogará en Cadreche habitual campo de adestramento. As menores dimensións de Cadreche poden significar a pérdida dunha posible ventaxa dos de vermello para explotar ambas bandas asemellando as dimensións ó Campo de Chenlo. O Crocha logo de empatar con 10 xogadores cando mais dificil parecía terán a baixa segura de Vieitez polo doble cartón recibido no Emilio García. Veremos cales son as sensacións dos de Santi en Cadreche logo de perder no desconto no primeiro partido de liga e de empatar casi ó final en inferioridade no último partido co Porto do Son O Dodro pola sua banda despois de perder na xornada inaugural co Palmeira veñen embalados: 6 goles contra o Cures e 3 contra o Unión B. 5 deses 9 goles obra do seu pichichi Manuel Vigo que está moi atinado de cara a porta. Equipo cunha gran capacidade goleadora que, ainda que parece que o partido esta igualado, da nada lle poden clavar un gol a calquera rival. Así pasou o último partido. Partido igualado ata o minuto 60 (con penalti fallado incluido) pero a sorte dun gol en propia do rival allanoulles o camiño ós de Jesús Álvarez. Como se lles poña o marcador a favor de obra é moi moi difícil sacar algo positivo. Partido interesante para ver este de Cadreche. 03 Nov 2021, 16:14 563.19
Volve o Oleiros da súa xornada de descanso e volve sendo xa despois de 3 xornadas o único equipo invicto. Os outros 12 conxuntos polo menos perderon 1 partido. Increíble e impredecible este Grupo 1 de Santiago en Terceira Autonómica. Recordemos que na última xornada que xogaron gañaron ó Crocha na Alta na última xogada do partido prácticamente. No camiño do Porto do Son tamén se cruzou o Crocha. Empate (o primeiro de tódolos partidos que se levan disputados) a 2 tantos onde comezou perdendo, remontou e cando mais a priori propicio o tiñan para amarrar os 3 puntos o Crocha levoulles 2 puntos con un home menos. E casi lles leva os 3 aínda en inferioridade no empuxe final dos da Pobra. A última temporada disputada mesmo encontro e mesmo escenario o resultado foi de 4-4. O espectador neutral firmaría un espectáculo similar. 03 Nov 2021, 15:46 563.19
Partido que ainda que a priori non o pareza pode ter moita miga. O Xuño volve xogar no seu feudo das Furnas, onde gañou ó Cordeiro B, vendo que o Cordeiro B gañou a semana seguinte a un dos fortes da categoría como é o Palmeira, podemos ver a magnitude e a arma que teñen entre mans os locais co seu factor campo. Nadie se pode fiar de nadie nesta liga. Xogar como locais dalles un plus ós de amarelo e azul. Precisamente ese factor inesperado da última xornada é o que fai que o Carreira sexa peligroso. Vencer a outro dos fortes na Guía como é o Galicia Bealo pode facer deste un moi interesante partido. Factor campo clave vs alta moral do último encontro. Choque de 2 equipos que poden dar espectáculo. 03 Nov 2021, 15:26 563.19
Duelo de filiais de 2 grandes equipos da zona. O Unión B quere repetir o resultado do seu último encontro na casa logo de remontar un resultado adverso. Aparte intentarán compensar a derrota na última xornada en Dodro donde ainda que o partido estivo igualado ata o minuto 60 onde se desnivelou o marcador (con moi mala fortuna por un tanto en propia porta) a favor dos do campo de Chenlo os visitantes apenas tiraron a porta, cousa un pouco preocupante. O Noia B recuperou a senda da victoria ganando ó Cures por 4-2 de maneira menos contundente da esperada, pero volven a recuperar o pulso para asentarse nos postos altos da táboa. 03 Nov 2021, 15:19 563.19
Partidazo con maiúsculas en Ventin. Palmeira e Puebla B vense as caras e garantizan un partidazo no verde de Palmeira. O Palmeira quere recuperarse da derrota en Valga contra o Cordeiro B. Cousa que fixo na última xornada o Puebla B logo de darse outro festín en Cadreche a costa do Xuño (7-1). Adrián Domínguez e Óscar Iglesias: 2 rapaces insultantemente xóvenes que demostran co seu sentimento e con todos os coñecementos de fútbol que atesoran que a escasa trintena de idade pega forte na dirección do equipo nos banquillos. Partidazo. Ambientazo dos siareiros de ambos conxuntos e derby de localidades veciñas. O partido 5 estrelas da xornada. 03 Nov 2021, 15:14 563.19
Para pechar a xornada en luns queda o moi bo partido do Emilio García. Partido onde ambos equipos querrán enmendar os accidentes do último partido. O Porto do Son quererá demostrar que o 1-3 favorable que lles foi remontado en Rianxo foi un accidente. E intentarán facer valer o factor campo. O Crocha despois de descansar na xornada inicial, caeron quizáis da maneira mais cruel contra un dos bos equipos da categoría como é o Oleiros: na última xogada do partido cando o empate parecía que sería o resultado final e, quizáis, o mais xusto. Equipos con ganas de gañar, que se coñecen moi ben e que os seus 2 últimos enfrentamentos en liga neste escenario non deixaron indiferente a ninguén. 7-1 para os locais na 18-19 e 3-4 para os visitantes na 19-20. Partido con moitos alicientes para achegarse ó Emilio García. 28 Oct 2021, 12:12 555.57
Volve o Carreira despois da súa xornada de descanso con moitos deberes por facer. Un 4-0 en contra na xornada inicial non é a mellor forma de comezar e quererán dar a cara e plantar batalla no seu feudo de A Guía. Para iso contarán con xogadores que non puideron ser inscritos na xornada inicial e que estaban na grada como John ou Serafín. Enfrente un Bealo que ven lanzado logo de gañar os seus 2 primeiros partidos. Especialmente o segundo remontando un 0-2 na segunda parte. Equipo en forma e que quererá seguir con esta senda triunfante. Recordamos que estos equipos xogaron no mesmo escenario en pretemporada. Victoria para o Galicia Bealo 2-5 ou 2-4 (o primeiro resultado segundo a Páxina do Bealo e o segundo poñiao o Carreira na súa páxina) 28 Oct 2021, 12:04 555.57
En primeiro lugar desexarlle unha pronta recuperación ó xogador do Puebla B Balo e que so fose un susto o esvaecemento que sufreu na última xornada en Bealo. Como en alguns dos outros partidos que se xogarán na xornada sensacións contrapostas en ambos equipos do último partido disputado. O Puebla B perdeu unha renta de 0-2 con 1 xogador mais na parte final para perder 3-2 na Lomba co Bealo. Logo dunha primeira xornada perfecta na casa, a ultima xornada aparte de que o mais importante sexa que o de Balotelli solo sexa un susto fixolles ver ó Puebla B que a garda e a concentración non se pode perder ata o pitido final. O Xuño logo da goleada en Noia e co que supuxo comezar dunha maneira tan dura consigueu no seu feudo das Furnas facer valer o particular que ofrece o seu campo e levar a victoria nos últimos minutos. Veremos que pode facer o Xuño e si esta victoria lles da un empuxón. 28 Oct 2021, 11:57 555.57
Partido de 2 equipos que veñen de recompoñerse na última xornada do arranque inicial. Un Dodro que perdera co Palmeira na casa, deuse un homenaxe na segunda parte en Valiño cun Manuel Vigo que prácticamente enchufou todo o que lle veu. Victoria balsámica e convincente para espantar posibles fantasmas. O Unión "B" a pesar da derrota na xornada inicial non deixara mala sensación contra un dos favoritos como o Oleiros e a victoria contra o Porto do Son na última xornada disputada e pola forma na que a consigueu confirmou que son un equipo con moito que dicir. Remontar un 1-3 en 20 minutos non é algo que se faga tódolos días e os de Rianxo conseguírono. Partido con 2 equipos que enfrontan as súas boas sensacións. O que gañe catapultarase aínda máis en moral e na táboa. 28 Oct 2021, 11:01 555.57
Partido non de necesidades pero sí de reivindicarse para ambos equipos. O Noia "B" logo do festín da xornada inaugural contra o Xuño levou un serio revés na visita a Ventin. Os noieses ainda que moi bo equipo non son invulnerables. Este partido intentará facer pagar os platos rotos ó Cures. O Cures levou tamén un moi mal resultado na súa segunda casa de Valiño cunha segunda parte demoledora do Dodro e non parece o Julio Mato a mellor forma de endereitar o rumbo. Pero o Cures, a súa forma de xogar sen complexos e o non ter nada que perder quizáis lle fagan resurxir no momento en que menos se pensa. 28 Oct 2021, 10:36 555.57
Bo encontro o do Municipal de Campaña. A última xornada fixo dar un revés ós primeiros logo de plantar cara a un bo Bealo e de sair derrotados do campo do Xuño, onde se demostra que nesta liga calquera pode ganar a calquera. O Palmeira sin embargo reafirmase e confirmase como un dos fortes da categoría estreando liderato logo de gañar en Ventin a un dos favoritos como é o Noia "B". Os primeiros querrán demostrar que o de Xuño foi un accidente e os segundos quererán coller velocidade de cruceiro para sumar os maiores puntos posibles para tomar plaza na fase de ascenso o mais pronto posible. 28 Oct 2021, 10:32 555.57
Mítico campo e especial enclave paixasístico (e duro no climatolóxico) é volver a un campo como As Furnas. O Xuño volve a xogar como local en Terceira Autonómica. Veñen feridos por 2 cousas: a dura goleada encaixada no Anexo do Julio Mato pero a mais importante a lesión do seu porteiro Acevedo que, polo que falan as informacións que vin fracturou a clavícula. Os bos e malos resultados veñen e van, a salud dos chavales é mais importante que levar 10 goles. Equipo que irá mellorando día a día, adaptarse a unha categoría costa e o Xuño será capaz de ir mellorando. Pola súa banda o Cordeiro B plantoulle batalla ó Galicia Bealo. Unha plantilla amplia e competitiva que pode optar a moitas cousas. E a ser incluso dolor de muelas para os favoritos. 2 equipos novos na categoría, un campo dos de solera que volve. Pouco mais se necesita para vivir unha boa tarde de fútbol (Clásico mediante). 21 Oct 2021, 11:15 548.03
Un Cures sin Pomar do Río é como un verán sin festas. Farase realmente raro ver ó Cures xogar en Valiño. Ben é certo que parece ser se están acometendo arranxos no Monumental e que quizáis en poucas fechas pódase volver alá. O Cures ven dentro do que cabe reforzado despois de haber posto en certos aprietos ó Porto do Son e quererá facer sangre na derrota do Dodro na casa. O Dodro co duro revés ante non obstante un bo rival como é o Palmeira ten quizáis si cabe, mais motivos para reivindicarse. A duda é: A ferida de Laíño ¿fará ver unha versión espectacular do equipazo que é o Dodro para reivindicarse como candidato a ter a súa cota de protagonismo e levar a voz cantante ou será o comezo de algo preocupante se encadean 2 resultados negativos? 21 Oct 2021, 11:08 548.03
Outro dos partidazos da xornada. Un Bealo que ven de sair victorioso de Valga ainda que o partido estivo moi igualado frente a un Puebla B que arrasou de cabo a rabo ó Carreira en Cadreche. Veteranía do Bealo con bos xogadores como Gordon, Pitiso ou Kevin fronte á descarada xuventude dos Balotelli, Isaías ou os irmáns Teira. Partido dos de choque de xeracións e dónde veremos si quen tuvo, retuvo ou os chavales van pedindo sitio na categoría a gritos. 21 Oct 2021, 10:59 548.03
Partido no que, si antes da xornada inaugural ambos equipos non sabíamos donde colocalos ou en qué forma estaban (uns porque se estrenaban na Terceira e outro polas bastantes caras novas da última temporada de competición a esta) logo da disputa dos partidos seguimos tendo certas dudas. O Unión B plantou cara a un bo rival como é o Oleiros ata a mitade da segunda parte na Trinidade. Pola súa banda o Porto do Son no Emilio García gañou axustado no resultado ó Cures, ainda que Ben é certo que foron 3-1 ata case o final e os 2 goles do Cures chegaron de penalti. Incerto pronóstico, sinceramente. 21 Oct 2021, 10:54 548.03
Quizáis sexa o partido da xornada. O Palmeira logo de salir victorioso e con certa solvencia de Laíño contra un bo rival ten quizáis a maior pedra de toque ca que se pode encontrar en liga actualmente. Un Noia B que chegou á decena de goles contra o Xuño B. 3-0 no minuto 9 ou 5-1 ó descanso falan da súa capacidade goleadora cunha plantilla amplia e das mais completas da liga. 21 Oct 2021, 10:49 548.03