Partidazo na Trinidade eclipsado polo duelo en Chenlo.
Oleiros e Puebla B chegan en boisima forma logo de gañar por 3 goles de diferencia ós seus últimos rivais, especialmente a do Puebla gañando ós seus veciños no derby local.
A Trinidade pode ser un factor decisivo para os locais pero será un partido no que se pode dar calquera resultado.
Duelo sin duda atractivo para o que asista a A Trinidade. |
02 Dic 2021, 22:54 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
Partido con necesidades vitales para os locais. Siguen sin ganar despois de 6 partidos e veñen de levar unha goleada en Cadreche no derby local cun principio de segunda parte moi negativo. Si perden xa se poden ir despedindo con moita seguridade de entrar nos 8 primeiros clasificados a golpe de decembro e de mitad de primeira volta.
O Carreira ven nunha nube logo de remontar un 0-3 cun Javi Regueiro estelar cun poker baixo o brazo. De gañar eliminarán a un rival do medio metendolles 11 puntos.
Partido para ver si desperta do coma o enfermo que xogará como local ou si o Carreira é o que se mete de pleno dereito a soñar con esa fase de ascenso. |
02 Dic 2021, 22:52 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
Partido que si nos fiamos do último partido vai estar mais igualado que o que indica a clasificación.
Ambos perderon pero o Porto do Son fixollas pasar canutas ó Noia B que o 2-0 aparte de curto con respecto a outros partidos do líder o segundo tempo foi un escándalo con varias ocasións dos do Emilio García.
O Cordeiro B ven de cortar unha racha de 4 triunfos consecutivos de maneira moi abrupta con un 0-3 en Campaña do Oleiros que parece poucas ou ningunha opción deu ós de Valga.
Partido de pronóstico incerto. |
02 Dic 2021, 22:44 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
Un Cures que de que lle colleu o tranquillo ó asunto vai lanzado facendo sudar tinta no último partido ó Bealo na Lomba recibirá a un Xuño que leva desde a segunda xornada sen puntuar.
Xogar en terra non será ventaxa ningunha para ningún dos 2 equipos, xa que saben ben loitar nesta superficie.
Parecen claros favoritos os de Pomar do Río, pero eles mais que nada deberian saber que os pronósticos están para romperse xa que eles mismos os romperon na Lomba o domingo pasado. |
02 Dic 2021, 22:33 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo impredecible o de Vilas.
2 equipos que pincharon inesperadamente. Un por como iba o partido deixandose remontar un 0-3 e outro porque viña lanzado e empatou na casa contra un equipo dos da zona baixa.
O último sábado que ambos xogaron os locais empataron contra un dos fuertes como o Puebla "B" e o Bealo gañou en Ventin.
Polos precedentes en sabado pode ser un partidazo. Veremos... |
02 Dic 2021, 22:27 |
588.89 |
1 |
0 |
+info
|
Semana de partidos de rivalidade local ou de proximidade que culmina con este Derby da Pobra.
Puebla B e Crocha chegan en situacións ben distintas. Os primeiros están quintos pero perderon 2 puntos inesperados en Vilas contra o Unión B e a Carlos Teira por doble cartón amarelo. De todas formas o equipo pode cubrir ben esta baixa importante.
O Crocha sigue na espiral negativa e colleitaron outra derrota, bastante inxusta na Alta. E caen ó último posto da táboa. Chegan sin sancionados e veremos cantos xogadores poden recuperar de cara a este emocionante partido.
Un partido vibrante, dos derbys ou partidos de rivalidade o mais interesante. Que deixen xogar ós chavales e que non haxa malos rollos en todo ó que rodee este encontro. Que hai moitos amigos e cuadrillas de amigos que xogarán nos 2 equipos e ten que haber bo rollo dentro de que é un partido moi emocionante de ver e xogar. |
25 Nov 2021, 12:48 |
581.38 |
1 |
0 |
+info
|
A Guía vivirá un partido onde chegan 2 equipos que invertiron tendencias.
Os locais logo de 2 victorias seguidas terminaron a súa xeira triunfante perdendo en Pomar do Río. De todas formas esas 2 victorias failles estar nunha situación de ter a situación pola man sempre e cando non cedan mais puntos e se fagan fortes na casa.
Os visitantes cortaron Unha racha de 3 derrotas seguidas empatando ante un moi bo Puebla B. Partido tolo na primeira parte que o resultado final xa quedou definido dende o minuto 40.
Partido incerto na Guía onde o Unión B é probable que non conte ca ventaxa de xogadores que baixen do A a axudar. Pero será un partido igualmente moi disputado. |
25 Nov 2021, 12:38 |
581.38 |
1 |
0 |
+info
|
Volve o Xuño despois da xornada de descanso e volverá o seu sempre difícil campo das Furnas. Buscarán a segunda victoria do curso facéndose fortes na casa.
Enfrente un Palmeira que ven dun serio revés en Ventin contra o Galicia Bealo, partido non exento de polémica gracias ó delegado dos visitantes e que puido desembocar en problemas mais graves cunha batalla campal. Que ós este domingo visitantes non lles cegue esta derrota porque ca igualdade que hai na liga un día estase abaixo e outro arriba.
Partido de intentar recuperar sensacións para ambos equipos. |
25 Nov 2021, 12:33 |
581.38 |
1 |
0 |
+info
|
Partido de dous rivais que veñen con boa moral da última xornada.
O Bealo levou os 3 puntos do casi inexpugnable feudo de Ventin. Aínda que parece ser que o seu delegado deu a nota caldeando os ánimos do partido. Persoa que, sendo árbitro como foi, debería dar mais exemplo. Agora contra o Cures buscarán asentarse nos postos de privilexio.
O Cures levou a primeira victoria do curso e abandona o farolillo vermello. E xogar na terra da Lomba non lle será nada novo. Buscarán enganchar 2 triunfos seguidos.
Partido bo este Derby de Boiro entre Bealo e Cures. |
25 Nov 2021, 00:32 |
581.35 |
1 |
0 |
+info
|
Partido de rivalidade entre pobos vecinos, nun horario atípico e nun campo atípico.
Noia B e Porto do Son veranse as caras no Julio Mato "Matito" de herba natural.
Os primeiros son líderes e cada vez aumentando máis a distancia co resto do mundo. Había dudas de si O Oleiros poderia plantarlle e manter a emoción por esa loita polo liderato pero o contundente 1-4 na Trinidade non deixa lugar a dúbidas.
O Porto do Son sigue cunha temporada irregular. Batallaron cun gran CD Dodro pero caeron derrotados por 3-4 e quédanse con 4 puntos na táboa.
Partido con bastantes alicientes por proximidade de poblacións e con movementos de xogadores entre ambos equipos principalmente en dirección do Emilio García cara as multisedes do Noia Cruido.
Bo partido. |
25 Nov 2021, 00:12 |
581.35 |
1 |
0 |
+info
|
Un Cordeiro B en estado de gracia con 4 victorias consecutivas medirase a un bo rival como o Atlético Oleiros que sufreu o primeiro traspés do curso caendo por 1-4 contra o todopoderoso Noia "B". Está todo tan igualado na categoría que o Cordeiro B ascendeu do 8° ó 3° posto e o Oleiros de estar nos 3 primeiros postos ata o de agora caeu ó 7°. Pero esto dará moitas voltas todavía.
Partido de moito nivel para abrir boca nesta séptima xornada. |
25 Nov 2021, 00:04 |
581.35 |
1 |
0 |
+info
|
Choque de rachas opostas no feudo da Alta.
Os locais están en horas baixas logo de caer vapuleado no Municipal da Silva. A eso sumamos a derrota na casa contra o Dodro cunha primeira parte horrible. 1 punto de 12 posibles. Urxe rápidamente unha reacción e un cambio de mentalidade. Perder 9-1 non é plato de bo gusto para nadie, pero non deixan de ser 3 puntos máis como calquera outro partido. Si vamos ás míticas frases do fútbol: Mellor perder 1 partido por 8 goles de diferencia, que 8 partidos por 1 gol. Veremos como xestionan os locais esta difícil situación cun equipo tamén bastante mermado nas últimas xornadas polas lesións, veremos qué equipo poden levar desta vez.
Enfrente un Cordeiro "B" que se deu un baño de multitudes o pasado sábado na festa de apertura da temporada contra o Unión "B". Momento máis dulce da temporada para os visitantes. Non foi o mellor comezo cas 2 derrotas seguidas das 2 primeiras xornadas, pero a recuperación e o cambio que pegaron dende o día do Palmeira é algo que todo equipo desexaría.
Partido difícil para os locais e proba trascendental para eles onde irán con todo. Os visitantes queren manter esa tendencia positiva, pero non deben despistarse con ningún rival. |
18 Nov 2021, 11:10 |
575.22 |
1 |
0 |
+info
|
Volve o Porto do Son tras a xornada de descanso, e non precisamente ante un rival cómodo.
O CD Dodro está no tren da cabeza perseguindo ó intratable Noia B. E veñen logo de xogar un partido de emocións fortes. Tendo o partido casi perdido con un 0-2 a 15 minutos do final, lograron no desconto igualar a 2. Un chute de moral enorme e a candidatura para os postos nobles da táboa intacta.
O Porto do Son tamén se veu as caras co Oleiros antes de pasar a xornada de descanso. Derrota por 4-2 aínda que bastante decidida desde o primeiro tempo con un 3-0 ó descanso.
Partido entretido o que se disputará no Emilio García.
|
18 Nov 2021, 11:03 |
575.22 |
1 |
0 |
+info
|
Pomar do Río volve a escena.
Cures e Carreira, 2 clásicos da Terceira Autonómica, vense as caras.
Os primeiros siguen sin puntuar logo de 5 partidos, pero plantaron moita batalla en Cadreche ó Puebla B ata o treito final de partido.
Os segundos perderon contra un moi bo equipo contra o Palmeira pero viñan con 2 victorias seguidas e non deberían virse abaixo por haber perdido (ademáis dando moita guerra) ós de Ventín.
Un partido con máis interés do que se podería pensar. |
18 Nov 2021, 10:53 |
575.22 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada sen dúbida.
Invicto contra líder. A Trinidade vivirá un dos mellores partidos que se poden ver neste momento da competición.
Ó Oleiros empatáronlle un 0-2 no minuto 90. Veremos ata qué punto pode afectar esto de cara a este importante encontro, intentarán seguir sendo o único equipo invicto da liga xa que a competencia nos postos altos da táboa é moi dura, empatados con Puebla B, Dodro e Palmeira.
O Noia B, logo de golear ó Crocha, estrean liderato en solitario e buscarán meter máis distancia ó resto de rivais na táboa para buscar pronto asentarse nese liderato ou neses postos altos que dan acceso a unha mellor situación na fase de ascenso de maio.
Partidazo donde todo é posible. |
18 Nov 2021, 10:48 |
575.22 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo en Ventín, aínda que esta xornada o eclipsa todo baixo o meu punto de vista o Oleiros - Noia B.
Chegan ambos equipos en bo momento de forma. Os locais, logo de gañar a un correudo Carreira na Guía volven con forza aínda que co equipo mermado por baixas importantes e de larga duración como Pablo Viturro ou Aaron Sampedro. A chegada de Amador faise clave ante estas baixas. Aínda así o equipo solventa e saca puntos con este hándicap. O partido ante o Bealo será unha proba clave.
Os de Boiro logo da xornada de descanso que xa pasaron, gañaron moi ben ó Xuño na Lomba e visitar un campo como Ventín é das probas de categoría.
Partido moi importante para ambos conxuntos. |
18 Nov 2021, 10:36 |
575.22 |
1 |
0 |
+info
|
Novo duelo de filiais de equipos importantes do Barbanza.
Tendencias moi distintas as de ambos conxuntos. O Unión B leva 3 derrotas seguidas e ten que frenar cando lle sexa posible esta sangría. O Puebla B sigue en estado pletórico de forma a pesar das baixas nos últimos 2 partidos de xente importante como Pego e Balo. Só cederon un empate (nun campo difícil como é Ventín) e a derrota de Bealo.
Duelo aparentemente desigual, pero non olvidemos que nesta categoría as sorpresas están á orde do día. |
18 Nov 2021, 10:19 |
575.22 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada.
Dodro e Oleiros vense as caras en Chenlo compartindo coliderato co Noia ainda que ambos por detrás do seu acompañante na cabeza por golaverage xeral.
O Dodro ven de ganar por 4-5 en Cadreche ante o Crocha pero a segunda parte onde casi perden 2 puntos que tiñan mais que amarrados ó descanso quizais preocupe algo.
O Oleiros (ca primeira xornada de descanso xa pasada) siguen contando partidos por victorias. Gañaron con solvencia ó Son por 4-2. E intentarán manter esta racha e non perder o invicto que, recordemos, son o único equipo que non perderon aínda nesta liga.
Último precedente en Chenlo: a xornada antes da suspensión pola pandemia victoria local por 1-0. |
10 Nov 2021, 14:48 |
569.44 |
1 |
0 |
+info
|
O Cures logo de 4 partidos e o único equipo que non puido sumar puntos. Moi preto estuveron na súa volta a Pomar do Río ante o Cordeiro B pero volvéronse a ir de baleiro.
A visita a Cadreche non parece a mellor plaza para sumar pero todo é posible. Si demostran a boa cara (aínda que tampouco sumaron) contra o Noia B quizá haxa certas opcións.
O Puebla B buscará seguir sendo o rodillo que foi nos 2 primeiros encontros de Cadreche. 11 goles a favor e só 1 en contra. En Palmeira non puideron contar con Pego e Balo e aínda así rascaron un bo empate dun campo como Ventin dónde se irán poucos puntos. Intentarán seguir sumando de 3 en 3. |
10 Nov 2021, 14:43 |
569.44 |
1 |
0 |
+info
|
Un Carreira moi á alza e enfilado enfrentarase a un dos grandes equipos da categoría. Un Palmeira que logo do tropezón en Valga sacou un bo empate ante o Puebla B en Ventin que, ainda que so foi un punto e probablemente o mais xusto, o empuxe do segundo tempo ante un bo equipo dalles boas sensacións de cara a próximas citas comezando pola visita a A Guía. |
10 Nov 2021, 14:37 |
569.44 |
1 |
0 |
+info
|