Antes de que alguen se me bote a chepa: O arbitro deulle na acta o cuarto tanto a Julián, non a Pablo Viturro antes de calcular os puntos de ligafan que xa vin que no insta do Palmeira cambiaron o goleador e xa non puden modificalo. Noraboa ó Palmeira pola victoria. |
05 Mar 2022, 19:44 |
665.94 |
1 |
0 |
+info
|
Tamén che digo que sempre que non xoga o Crocha intento escaparme a un partido adiantando a sábado. Ou si xogamos sábado ir a algún do domingo. Iría tranquilamente este ano a uns 8 partidos. Gustame ir ver partidos e disfruto vendoos. Teño moi bo trato con misters de alguns equipos rivales e eso é o mellor do fútbol para min. |
01 Mar 2022, 23:57 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
A ver, si mo dixo xente do propio Palmeira que a primeira parte pasaronas canutas e logo a segunda estivo mais igualada sobre todo cá entrada de Amador. Dentro do que cabe intento ser objetivo a raíz do que vexo en actas que é a única forma que teño de cubrilas. Ojalá pudera ir a cada partido e velos in situ pero o que non se pode ver hai que basarse no que se vexa das actas.
En canto o Crocha a primeira volta foi mala ata que se ganou ó Carreira e casi desperdiciando un 4-0, polo que hai bos e malos partidos.
Cando lle Hai que atizar haino que facer. O último partido totalmente catastrófico foi o de Oleiros e con razón. A partir de ahí o equipo logrou 2 victorias e compiteu ben co Noia e co Dodro. E o único partido casi perfecto foi o 0-6 de Vilas. A partir de ahí cada partido ten as súas cousas boas e malas. Evidentemente o Crocha é meu equipo pero unha cousa é que sea o meu equipo e outra defender cousas indefendibles que pasaron en momentos da temporada. Pero gustame dialogar cá xente e si Hai que correxir algo facelo, faltaría mais :) |
01 Mar 2022, 23:45 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de rivalidade entre Porto do Son e Noia B.
Os locais claramente cotizan á alza logo de gañar a domicilio ó líder e cunha progresión que, salvo algún pequeno lunar, é positiva. Aparte na primeira volta no Julio Mato fixéronllas pasar canutas ó seu rival desta xornada.
O Noia B parece que empeza a perder gas. Dende o día do Unión B non están demostrando a contundencia no xogo e incluso perderon puntos inesperados como en Cures ou a forma de perdelos en Bealo. ¿Recuperarán a forma de principio de temporada?
Partido moi vibrante e emocionante o do Emilio García. |
01 Mar 2022, 11:49 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Trinidade entre Oleiros e Cordeiro B.
Os locais rascaron un punto no sempre difícil campo do Noia e incluso puderon levar os 3 xa que foron 2 veces por diante no marcador.
Os visitantes complicáronse un pouco tras perder no duelo directo co Crocha que, de haber ganado, finiquitaría moi probablemente a fase de ascenso. Teñen 8 puntos ainda de ventaxa pero teñen que descansar todavía e comezalles o Tourmalet enfrontandose nas próximas xornadas entre outros a 4 dos 5 primeiros clasificados.
Duelo en principio de favoritismo local. Veremos.
|
01 Mar 2022, 11:45 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo por posición na táboa en Vilas.
Unión B e Carreira enfróntanse con non boas sensacions de ambos conxuntos.
Os locais caeron en Cadreche co Puebla B nun resultado en principio que entraba dentro das posibilidades. O día para reaccionar dos locais é neste partido.
O Carreira polo menos na última xornada veu algún brote verde logo de ir por diante todo o partido. A pena foi que se lles escaparon 3 puntos no desconto cun penalti que transformou o Cures. Pero polo menos é algo de luz nos da Guía ¿Haberá un cambio de tendencia?
Sin favorito claro para este encontro. |
01 Mar 2022, 11:41 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
A xornada ábrese en Ventin.
Vense as caras Palmeira e Xuño.
Os locais lograron un empate con moito sufrimento na Lomba logo de resistir unha primeira parte de asedio. E no peor momento logo do gol de Gordon ós 2 minutos lograron o empate por medio de Xota. Empate que sabe a victoria.
O Xuño volve da xornada de descanso intentando facer algunha boa actuación impulsados pola victoria na Guía de fai unhas xornadas. Ventin non parece o mellor sitio para sacar un bo resultado pero o Carreira aguantoulles ben 45 minutos.
Favoritismo local no partido. |
01 Mar 2022, 11:36 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
Volve o Monumental a escena ca intención de ser xaula e trampa para calqueira favorito.
En Pomar do Río enfróntanse Cures e Galicia Bealo algo contrariados da última xornada.
Os locais pincharon na Guía e incluso puido ser peor porque salvaron un punto no desconto cun gol de Mario de penalti.
O Bealo despois dunha primeira parte onde avasallou ó Palmeira non materializaron e cederon un empate a 1. Mala noticia a lesión de Breogán que, polo que me din, rompeu un brazo no transcurso do encontro. Moito ánimo para el.
O 2-2 na Lomba da primeira volta quizais non entraba nas cábalas tampouco. Polo que o partido non ten claro favorito. |
01 Mar 2022, 11:27 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
Derby da Pobra na Alta.
Crocha e Puebla B chegan seguramente ambos conxuntos no mellor momento da temporada.
Os locais gañaron remontando nos últimos minutos ó Cordeiro B nun duelo que era decisivo para eles.
Os visitantes desfixeronse fácilmente do Unión B en Cadreche o sábado e ascenden ó terceiro posto da táboa sendo o principal beneficiado da xornada ante a derrota do Dodro e o empate do Bealo. Coidado que o Puebla B ten moito que dicir todavía.
Un derby e un derby, por posición na táboa favoritismo visitante, por momento de forma non hai un favorito claro. |
01 Mar 2022, 11:17 |
665.73 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de rachas negativas novamente na Guía.
O Carreira segue pasándoas canutas dende fai moitas xornadas e si a plaga de resultados e baixas segue non sabemos onde tocará fondo este equipo.
O Cures non está na situacion pero, a falta do partido deste mércores contra o Noia B, están calcando o negativo comezo de primeira volta con 5 derrotas seguidas. A racha eso sí finalizarona neste encontro en Pomar do Río.
Partido de moito sufrimento en especial para o que morda o polvo. |
22 Feb 2022, 19:22 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
E outro partidazo máis nesta xornada.
Dodro e Porto do Son xogarán en Chenlo.
Os locais mantiveron unha semana mais a racha de partidos sin perder desde a xornada inaugural ainda que desperdiciaron un 0-2 na última media hora de partido na Trinidade.
O Porto do Son regresa da xornada de descanso co regusto da victoria ante un dos equipos importantes como é o Oleiros. Ca chegada de Abdoul Thiaw temos un equipazo especialmente forte de tres cuartos de campo ata a portería rival: Abdoul Thiaw, Jamal, Robert, Jorge Quintáns... ¿Entrarán todos no 11 de saida?
Partidazo para que o público disfrute en Chenlo. |
22 Feb 2022, 19:17 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
Outro partidazo o que nos depara esta xornada.
Duelo de equipos da camiseta ca bandeira gallega.
O Bealo, nesta xornada local ven lanzado á caza do liderato. Os 11 goles en 2 partidos da semana pasada (incluída a goleada ó Noia B) dan alas e motivación ós do campo da Lomba.
O Palmeira goleou a un débil Carreira ainda que foron con empate a 1 tanto ó intermedio. Un pouco irregular a tendencia nos últimos partidos pero poden dar o do de peito en calquera campo.
Moi bo partido na Lomba. |
22 Feb 2022, 19:13 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo en Noia.
O Noia B e o Oleiros xogarán no Anexo do Julio Mato.
Os locais gañaron na Alta un partido máis complicado do que a previa vaticinaba.
Os visitantes devolveron a moneda ó Dodro da primeira volta empatando tamén a 2 e tamén no minuto 90 como na primeira volta fixera o actual líder.
Partido moi atractivo este do sábado no Anexo do Julio Mato "Matito" |
22 Feb 2022, 19:08 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
Os filiais do Puebla e Unión xogarán sábado en Cadreche.
O Puebla B nun partido vertixinoso gañou remontando un 4-2 no sempre difícil Monumental de Pomar do Río.
Os visitantes caeron na casa nun duelo directisimo contra o Cordeiro B.
Partido con claro favoritismo local. |
22 Feb 2022, 19:04 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
Partido a vida ou morte no Municipal de Campaña.
Cordeiro B e Crocha xogarán en sábado un duelo que, de gañar os locais case que sentenciarán os integrantes da fase de ascenso do grupo 1 de Santiago.
Os locais veñen de gañar a outro rival de fora da zona de ascenso como é o Unión B a domicilio e de maneira clara.
Os visitantes caeron na casa por 1-3 ante o Noia B pero facendo un moi digno partido.
Partido con pronóstico incerto. |
22 Feb 2022, 19:00 |
658.74 |
1 |
0 |
+info
|
Derrota no partido aplazado da xornada 13 do Noia B na Lomba por 6-1 ante o Galicia Bealo este mércores. Partido marcado pola expulsión do xogador do Noia B Samuel no minuto 9 por agresión. 4-1 ó descanso e 6-1 final. Con este resultado o Noia B queda en cuarta posición con 1 punto mais que o Puebla B e 1 menos que o Oleiros tendo todavía 1 partido aplazado pendente (vs Cures en Pomar do Río) |
16 Feb 2022, 23:44 |
650.75 |
1 |
0 |
+info
|
Victoria do Galicia Bealo ante o Noia B por 6-1 no partido aplazado xogado mércores. Partido marcado pola expulsión por vermella directa do xogador visitante Samuel no minuto 9 por agresión, 4-1 xa ó descanso. Con este resultado o Bealo recupera o segundo posto e ponse a 4 puntos do liderato. |
16 Feb 2022, 23:39 |
650.75 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo entre Cures e Puebla B en Pomar do Río.
Calco da primeira volta nos locais. Desde que comezou a segunda volta contan os seus partidos por derrotas. Se seguen a tendencia finalizarán a mala racha no seguinte encontro. Pero o monumental é un campo onde calquera pode deixar puntos e quen sabe si o Puebla B pode ter un mal día tamén. Xa en Cadreche plantaran cara.
O Puebla B no duelo directo co Palmeira sairon victoriosos con un Balo en forma cun doblete nun partido menos vistoso do esperado pero de claro merecimento da victoria por parte dos ese día locais.
Partido vibrante en Pomar do Río. |
15 Feb 2022, 20:34 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
Partido entre Unión B e Cordeiro B en Vilas en domingo en vez de sábado como habitualmente.
Os locais veñen todavía recuperando as feridas do 11-1 que levaron co Noia B e deben olvidar o partido pronto e non desenfocarse de partidos como o de hoxe onde poden sacar algo positivo si xogan como o día do Dodro.
O filial do Cordeiro colleu mais aire e mete 8 puntos de momento ó primeiro equipo dos que está fora da zona de fase de ascenso. Teñen que intentar si é posible pechar esto canto antes para non levar sorpresas.
Partido con favoritismo de partida visitante pero non tan claro como parece. |
15 Feb 2022, 20:20 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|
Na Alta duelo entre Crocha e Noia B.
Os locais volveron de vacío de Dodro pero facendo sudar tinta ó líder. A falta de acerto nas ocasións que dispuxeron e unha acción desafortunada do porteiro evitaron sacar algo en limpio de Chenlo.
Os de Noia arrasaron 11-1 e están ca trituradora preparada. Antes desto partido complicado na Lomba cun rival directo como é o Galicia Bealo que pode cambiar significativamente as cousas na clasificación.
9-1 na primeira volta. Favoritismo claro visitante e veremos canto pode conter o vendaval os de vermello si todo vai segundo o que se presume. |
15 Feb 2022, 20:16 |
650.62 |
1 |
0 |
+info
|