Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Duelo adiantado do sábado. Unión B e Cures xogarán en Vilas. Os locais siguen penando neste último treito de temporada e volveron ir con 9 efectivos soamente a Ventin, fixeron o que humanamente puideron. Unha pena que un equipo esté rematando así a temporada. Os visitantes perden a 2 homes importantes como son Rubén e Mario que ficharon polo Abanqueiro para a fase de permanencia de Segunda. Volven da xornada de descanso a intentar sumar os 9 puntos que quedan. A pesar das baixas de eses 2 xogadores un 2 na quiniela. 29 Mar 2022, 23:34 691.91
O partidazo da xornada. Líder e terceiro clasificado xogan na Lomba. Os locais pincharon na Alta contra o Crocha tras un gol sobre a bocina dos da Pobra. Partido onde os de Boiro mereceron os 3 puntos. Co pinchazo do Dodro manteñen o liderato unha semana mais á espera do Galicia Bealo - Dodro que está próximo e do que sala deste domingo que o mellor a cousa en vez de ser de 2 é de 3 ou veremos sinon mais dependendo de como vaian estas últimas xornadas. Os visitantes logo da derrota na casa co Cordeiro B lograron 2 boas victorias ante Puebla B e Carreira para subir ó 3° lugar da táboa e o liderato non queda moi lexos. Unha victoria na Lomba dos da Trinidade pon as cousas emocionantísimas. Ambos equipos están moi fortes. Sorte ós 2. Voume mollar e vexo un 1 na quiniela. 22 Mar 2022, 23:24 684.80
Duelo entre Xuño e Crocha en principio nas Furnas. Digoo porque os últimos 2 partidos foron na Trinidade. Os locais abandonan o farolillo vermello tras conseguir unha gran victoria a domicilio en Vilas. Decíamos que o Xuño ainda que non estaba sumando na segunda volta había mellorado moito o seu nivel e podía competir mais que antes contra os rivales. Ahí os temos con 9 puntos e sin nada que perder intentarán sumar todo o que podan impulsados por resultados como o desta última xornada. O Crocha sacou un punto (3-3) contra o líder Galicia Bealo que os visitou na Alta. Un punto con bastante sorte porque o Galicia Bealo hai que recoñecer que mereceu de sobra os 3 puntos. Un golazo de Feli no 94 amarrou un empate de sorte por un lado pero de fe por outro. A mala noticia foi que non puideron recortar puntos sinon que alonxanse mais os rivales do playoff ca victoria do Cordeiro B en Dodro. Téñeno casi imposible para entrar en fase de ascenso. Teñen que sumar os 12 puntos que quedan... E rezar moito. Matemáticamente poden alcanzar ó Cordeiro B (a 7 puntos) e o Palmeira (a 8) con 12 por disputar. Pero todo o que non sea gañar no que queda (e ainda así) será despedirse desas opcións a pesar dunha bastante boa segunda volta, pero a primeira volta e os resultados da mesma pesan moito. En principio favorito o Crocha pero ollo o Xuño que non o está facendo nada mal e pode dar mais dun susto. 22 Mar 2022, 22:28 684.80
Duelo de filiais en Valga. Cordeiro B e Noia B vense as caras no Municipal de Campaña. Os locais aguantan a presión do Crocha que son os únicos que lle poden quitar a plaza de playoff e os alonxan a 7 puntos logo da gran victoria en Dodro con moitos juveniles que están rendindo de maneira espectacular e admirable. O Noia B volve da xornada de descanso con traballo por diante. Porque aparte do aparente "desinfle" das últimas xornadas piden sitio na festa invitados de última hora como o Porto do Son. Do obxetivo inicial de ser campeons de grupo si non remontan vuelo poderian verse abocados a unha sexta plaza. Visto como está o Cordeiro B de pletorico e o Noia B de "raro" non vexo favorito. Sorte a ambos equipos. 22 Mar 2022, 22:15 684.80
Duelo na Guía con pouco en xogo para os locais e moito por gañar para os visitantes. Carreira e Porto do Son medirán forzas. Os locais logo dos 2 resultados positivos de fai unhas xornadas volveron a resultados negativos. 9 goles encaixados en 2 partidos e sin apenas moito máis que facer no curso a 9 puntos do Cures e 4 por detrás o Xuño intentarán competir o mellor posible. O Porto do Son está metendo un rush de final de temporada que, como os de diante sigan pinchando ainda lle mete un susto a mais de un. Entre que os 2 primeiros non gañaron e o Noia B descansou, sendo só o Atlético Oleiros o único que sumou 3 puntos están subindo coma a espuma. Quedanlles 12 puntos por disputar e non descarto para nada o entrar no "podium" da liga. Si a todo esto OS chavales das categorías base danlles un rendimiento brutal, van ca carrerilla suficiente para levarse a quen sexa por diante. Non están matemáticamente clasificados porque o golaverage particular co Crocha o teñen perdido. Pero antóllase imposible que o Son non sume 1 punto nas 4 citas que quedan. Sorte a ambos contendientes, pero ten pinta dun 2 na quiniela claro. 22 Mar 2022, 22:00 684.80
Bo partido para acompañar a hora do vermut. Puebla B e Dodro buscarán a victoria en Cadreche. Os locais caeron nos últimos minutos no Emilio García logo de haberse posto por diante. O gol do xogador de categorías base Oliver deixou os 3 puntos en terras sonenses. 3 derrotas consecutivas que deberían cortar pronto para recuperar boas sensacións. Os visitantes colleitaron a segunda derrota consecutiva na casa tras caer pola mínima contra o Cordeiro B. Esta derrota privoulles de igualar no liderato co Galicia Bealo que empatou na Alta contra o Crocha. Equipos que necesitan gañar logo de varios resultados negativos. Sin favorito baixo o meu punto de vista. Sorte a ambos conxuntos. 22 Mar 2022, 21:50 684.80
Duelo que abre a xornada en Ventin. Palmeira e Unión B loitarán polos 3 puntos. Os locais sacaron un punto do Monumental nos últimos minutos. Siguen sin ter cerrada a clasificación a playoffs pero están como moito a 6 puntos como máximo de certificar plaza. O Unión B sigue de capa caída e caen á posición de pechacancelas tras perder na casa no duelo directo co Xuño. Antóllase mal final de campaña para os de Vilas (si e que xa non levan en caida libre varias semanas e sin rumbo). Sorte a ambos equipos pero ten pinta de victoria local claramente. 22 Mar 2022, 21:44 684.80
Quizáis sexa o partido da xornada ou un dos partidos da xornada. Crocha e Galicia Bealo enfrontaranse no Estadio da Alta. Duelo entre o equipo ca mellor racha de victorias seguidas actualmente e o líder actual da competición. Os locais levan 3 victorias consecutivas e siguen ca persecución desesperada por alcanzar a última plaza de fase de ascenso. Na última xornada recortaron 3 puntos ó Cordeiro para poñerse a 5 puntos ca victoria en Carreira por 2-5 onde os locais xogaron con 11 xustos, e a derrota dos de Valga na casa co Porto do Son 1-4. O Galicia Bealo pola sua parte pasoulle algo parecido ó Crocha: o seu rival o Unión B presentouse con solamente 9 xogadores, victoria por 3-1 onde o partido estuvo 2-1 ata o 75 e sufriron a expulsión directa de Dani Triñanes nada máis comezar o encontro. Duelo sin favorito claro. Ó igual que o Cures-Palmeira o factor do Estadio da Alta pode ser clave pero o duelo está a un 50% para cada un. 15 Mar 2022, 13:28 678.14
Duelo de alto voltaxe no Monumental de Pomar do Río. Cures e Palmeira vense as caras nun duelo clave para os locais e para acabar de sentenciar a presencia no playoff para os visitantes. Os locais gañaron na Trinidade ó Xuño. Mario cun doblete (o primer gol nada mais arrancar o partido) encabezou o triunfo e manteñen o pulso co Crocha e co Cordeiro B ó que lle recortan 3 puntos e se poñen a 7. Unha victoria esta semana é clave para seguir tendo opcións xa que a semana que ven descansarán. O Palmeira volve da xornada de descanso despois de gañar 4-0 ó Xuño pero todavía non teñen matematicamente pechada a plaza en playoff. Malo será que non a logren pero unha victoria deixaría casi pechado o pase ó Playoff e tampouco deberían perder de vista ó Porto do Son e ó Puebla B (que xogan entre eles) para posicionarse ben na liguilla final. Partido igualado sin favorito. O Monumental pode ser un factor clave. 15 Mar 2022, 12:40 678.14
Duelo na Trinidade entre Atlético Oleiros e Carreira. Os locais logo do sonoro tropezón co Cordeiro B na casa conseguiron un boisimo e contundente resultado en Cadreche ante o Puebla B. Un 1-4 en 45 minutos ante un dos mellores equipos en herba artificial failles gañar enteiros para buscar un bo posicionamento para a fase de ascenso. O Carreira logo de 2 bos resultados caeron derrotados na Guía ante o Crocha. Derrota clara sendo 11 xustos pero logo da lesión dun dos seus xogadores foi cando mellor xogaron maquillando un pouco o resultado ata o 2-5 final. Favorito bastante claro o Atlético Oleiros. 15 Mar 2022, 12:30 678.14
Bo duelo en Chenlo entre Dodro e Cordeiro B. Os locais colleitaron un empate a 2 no Anexo do Julio Mato, non é o resultado que buscaban pero tampouco é excesivamente malo. Desexarlle a mellor das recuperacións a Kevin Gómez despois da fractura de clavícula sufrida no último encontro. O Cordeiro B sufreu unha dura derrota. Logo de manter o empate sin goles no descanso un Porto do Son contundente encabezado por Jamal cun hat-trick fanlles non sumar e os rivais comezan a acercarse. Teñen marxe todavía. O Dodro contará con baixas importantes parece ser entre lesións e sancións, eso pode aproveitalo o Cordeiro B si están inspirados como o día de Oleiros. Favoritismo lixeiro pero moi axustado para os locais. 15 Mar 2022, 12:26 678.14
Partidazo no Emilio García. Porto do Son e Puebla B medirán forzas. Os locais siguen pletóricos e ainda que o Cordeiro B viña reforzado de Oleiros un segundo tempo demoledor e un Jamal en racha despexaron todas as dúbidas. 17 tantos para o xogador do Son. O Puebla B colleita a segunda derrota consecutiva. Duro revés con un 1-4 no primeiro tempo ante o Oleiros que maquillaron un pouco no segundo acto. E a visita ó Emilio García non é a ideal. Na primeira volta relativa sorpresa do Porto do Son en Cadreche 1-3. Chega en forma o Son pero o Puebla B pode despertar en calquera momento. Partido igualado. 15 Mar 2022, 12:20 678.14
Duelo por todo o baixo en Vilas. Unión B e Xuño xogan en Vilas. Duelo por posición. Unha victoria do Xuño cedería o farolillo vermello ós rianxeiros. Os locais siguen en picado e na última cita contra o líder Bealo foron solo con 9 xogadores. Caeron derrotados por 3-1 e estiveron a un gol ata os últimos 10 minutos, o Bealo quedou con 10 nada mais comezar o partido pola expulsión do seu porteiro. O Xuño sigue dando síntomas de que Vai merecendo máis. Caeron por 1-3 na Trinidade ante o Cures pero chegaron a empatar o partido na segunda parte. Seguirán loitando nas últimas citas do campeonato por sumar máis puntos. Parece que chega favorito o Xuño pero tamén dependerá en gran medida de con canta xente vaia o Unión B e cómo se tomen o encontro. Tanto poden facer a da semana pasada de ir con 9 como poñerlle as cousas difíciles ó Dodro por exemplo. 15 Mar 2022, 12:16 678.14
Cambio de campo. O partido pasa de disputarse nas Furnas como estaba previsto a xogarse na Trinidade en Oleiros. 13 Mar 2022, 11:39 672.75
Carreira e Crocha xogarán na Guía. Os locais logo dunha longa xeira de malos resultados e unha plaga de lesións gañaron nun duelo vital por posición ó Unión B metendo mais distancia a un rival directo. De gañar ó seu rival de domingo aparte de facerlles a pascua nas difíciles opcións de playoff que teñen poñeríanse a 4 puntos. O Crocha sale reforzadísimo da última xornada tras gañar o derby da Pobra rompendo bastantes pronósticos por 3-2. A mala noticia foi que o Cordeiro B non fallou nun campo onde parecía que si poderia pinchar. O marxe de erro é mínimo polo que calquer tropezón tonto é definitivo (e mais se segue sen fallar o Cordeiro). Si siguen vivindo do domingo pasado e non se concentran neste encontro non valdrá de nada a machada da última xornada, por moi detrás que estén os da Guía na táboa. En principio favoritos os visitantes pero o Carreira ven de sacar 2 bos resultados asi que está mais igualado do que pode parecer sobre o papel. 08 Mar 2022, 18:12 672.71
Na Lomba vense as caras Galicia Bealo e Unión B. Quizáis no partido mais desequilibrado de toda a xornada. O Bealo no primeiro empate a 0 de toda a liga arrancou un punto do sempre difícil Monumental de Cures. Baixas importantes e algunha quizáis xa para o que queda de competición. O Unión B nun duelo directo caeu na casa contra o Carreira en Vilas co que agudizan mais as crisis de resultados que, por ende, afecta seguramente á confianza do equipo e de paso revitalizan ó seu opoñente deste pasado sábado. Desexo sorte e o mellor a ambos equipos pero todo pinta a unha clara victoria local. 08 Mar 2022, 18:02 672.71
Bo partido entre equipos que fan do seu campo polas particulares e distintas características dos seus feudos respecto dos demáis un fortín. Xuño e Cures vense as caras na terra das Furnas. Terra para nada descoñecida para ambos á que están moi acostumados a xogar. Os locais caeron en Ventin por 4-0 pero polo menos os primeiros 45 minutos aguantaron próximos con un 1-0 que na segunda parte xa non puideron aguantar. A melloría respecto da primeira volta é boa, quizáis non en resultado pero si en forma de competir e calquera si se fía en exceso non está exento de levar un susto, especialmente nas Furnas. O Cures empatou ante o actual líder da categoría o Galicia Bealo. Dato curioso: primer partido sin goles en toda a liga e chegouse á xornada 20 de 26. O Cures intentará por tódolos medios esgotar as opcións de acceder a playoffs, a xornada en principio parece propicia pero, ó igual que calquer equipo da liga, a sorpresa agarda onde menos se espera. Favorito o Cures en principio pero sin despistarse. 08 Mar 2022, 17:56 672.71
Partidazo no Anexo do Julio Mato. Noia B e Dodro xogarán un dos partidos da temporada. Os locais logo de varios pinchazos consecutivos e a grave lesión de Damián Filgueira (fractura de peroné) a quen lle desexamos pronta e a mellor das recuperacións teñen a oportunidade de meterse de cheo en todo si vencen. Eso sí, calqueira pinchazo fará mais difícil optar ós locais a ser cabeza de serie que é obxetivo ó que estaban e están destinados. O CD Dodro volve da xornada de descanso ca mala sensación da derrota do último partido disputado na casa contra o Porto do Son. Calquera derrota complica a calquera, incluso ó líder, porque o Bealo agora está pegado a eles e outro tropezón acercaría a Noia B e Puebla B si fan os seus deberes a 1 punto. Partidazo que definirá ou posicionará en gran medida o futuro de moitos equipos. Sorte a ambos e tampouco vexo favorito aquí neste encontro. 08 Mar 2022, 17:39 672.71
Moi bo partido de 2 equipos ben posicionados que non poden fallar logo de facelo na última cita. Os locais caeron no derby de rivalidade do Concello contra o Crocha nun partido moi apretado e finalizando unha magnífica racha. Perderon a oportunidade de, tal como acabou a xornada, poñerse a 1 punto do liderato. O Oleiros pinchou de maneira importante na casa contra o Cordeiro B. Xente presente no encontro falan dunha actuación moi notable dos visitantes onde o resultado, a priori sorprendente, non o é tanto vistos os 90 minutos. Ó igual que o seu rival os deberes están por facer tras os inesperados reveses da ultima xornada. Partido que, quen perda, quedará tocado para buscar o mellor acomodo posible na táboa e un grupo mellor de playoff. Quen gañe dependendo sobre todo do que pase no Noia B - CD Dodro pode volver engancharse ás opcións de, por qué non, ser campión de grupo. Outro partido sin favorito claro. 08 Mar 2022, 17:31 672.71
Partido de 2 moi bos equipos onde un deu un golpe na mesa e outro mantén unha regularidade positiva. Aparte duelo por posición que, de gañar o Cordeiro, poñerán o Porto do Son como referencia para os equipos de fora do playoff. Os locais logo do revés do día do Crocha asaltaron a Trinidade cando mais presión había sobre eles sendo conscientes seguramente dos 2 resultados finais dos seus perseguidores ó descanso. Meritazo dos de Campaña onde ó longo da temporada subiron a moitos Xuveniles xogar co filial (ata 11) e respondendo éstos moi ben. O Porto do Son está levando a "etapa de alta montaña" moi ben. Si xa viñan de haber gañado a Dodro e Oleiros, sacaron un bo empate ante o Noia B a 2 mantendo a racha sin perder. Todos están apretando no final de liga e os do Emilio García non se quedan atrás. Partido sin favorito porque ambos chegan pletóricos a esta cita. 08 Mar 2022, 17:23 672.71