Graciñas pola explicación :) |
19 Abr 2022, 21:14 |
714.66 |
1 |
0 |
+info
|
Boas.
¿Que pasou co cambio este de última hora?
¿Por qué entrou o Campo da Angustia e non o Brión?
Curiosidad simplemente que eu solo manejo o grupo da zona de Barbanza. Saludos. |
19 Abr 2022, 19:48 |
714.66 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo clave para o Noia B ante o flamante campeón de liga na casa.
Noia B e Galicia Bealo pechan liga con moito por xogarse pola parte local.
O Noia B gañou un partido vital por todos os deberes que deixaron por facer na Guía ante o Carreira. 1-4 no marcador pero o electrónico sinalaba empate sin goles ó descanso.
O Galicia Bealo proclamouse campeón con honores e da mellor maneira: goleando ó 2° clasificado Dodro por 4-1.
Posibilidades de ambos equipos:
- Noia B: Van depender de varios resultados alleos. Gañando pasan seguro por un punto ó Puebla B que descansa e dependendo de resultados poderian pasar ó Dodro si pincha na casa co Xuño (dificil pero é unha posibilidade) e poderian pasar ó Oleiros si perde co Cures (difícil tamén pero é outra posibilidade) por Golaverage particular gañado (1-4 na Trinidade e 2-2 en Noia). Como empaten se lles complica a pelicula e moito. Nin alcanzarían a Oleiros, nin a Puebla B e poderían empatar co Dodro a puntos pero teñen o Golaverage particular perdido (2-1 en Chenlo e 2-2 en Noia) e como o Porto do Son gañe o seu partido tamén poderian perder o 5° posto. Perdendo é casi o mesmo que empatar: dependeria de que o Porto do Son ganase o encontro que queda, si non o logran quedarán 5°.
- Galicia Bealo: Campeóns, cabeza de serie en fase de ascenso pase o que pase e terán como rival de liguilla ó Cordeiro B que quedan pase o que pase 8° en liga.
Veremos o nivel de nervios do Noia B e as gañas de competir do Bealo. 6-1 na primeira volta na Lomba. Por necesidade debería gañar o Noia B pero veremos... |
11 Abr 2022, 19:44 |
703.54 |
1 |
0 |
+info
|
CD Dodro e Xuño cerran liga en Chenlo.
Os locais caeron goleados na Lomba e perden a falta da última xornada a segunda plaza caendo ó 4° posto, e perden o ser cabeza de serie na fase de ascenso que pasa a ocupar o Atlético Oleiros. Mal momento para perder ese posto de privilexio. En teoría teñen un encontro fácil para amarrar o 3° posto xa que o Puebla B ten que descansar e quizáis esperar un milagro da Trinidade e un favor do Cures para recuperar o 2° posto ainda que non será nada facil.
O Xuño intentará domingo sumar para evitar a última posición da táboa que, non obstante, non empaña a melloría e a subida en competitividade dos das Furnas ainda que este xoves santo o 1-10 na casa contra o Son é dos duros.
Posibilidades de ambos equipos:
- CD Dodro: Si gañan serán mínimo 3° xa que adiantarán ó Puebla B que descansa e optarían ó 2° posto si o Oleiros pincha co Cures na casa. Con un empate pasan ó Puebla B igualmente por un so gol de diferencia no Golaverage xeral (+29 respecto a +28) co Puebla B (o particular está empatado 3-2 en Chenlo e 2-1 en Cadreche) pero non aseguran o 3° porque sería plaza para o Noia B se gaña ó Bealo. Unha derrota no peor dos casos baixaos ata o 6° posto.
- Xuño: Poderian salir da última plaza si gañan e non o fai o Unión B.
Todo o que non sexa victoria do Dodro será un drama dos gordos para os de Chenlo. |
11 Abr 2022, 19:21 |
703.54 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo no Emilio García entre 2 bos equipos en promoción para cerrar a liga regular.
Porto do Son e Palmeira loitarán polos 3 puntos.
Os locais están 6° clasificados pero tanto se poden quedar ahí como ascender ata a 3° plaza aínda que dependerían de outros resultados para chegar a ese tope e esa posición.
O Palmeira xa ten definida a súa posición e faga o que faga será 7° clasificado polo que neste momento iría no grupo de fase de ascenso co Atlético Oleiros que lle meteu un soberbio repaso na última xornada (0-7), toque de atención importante e a non repetir na fase de ascenso con eles ou con calquera rival.
Posibilidades de ambos equipos:
- Porto do Son: Poden dende quedar 6° onde están ata ser 3°. Gañando o partido adiantan mínimo un posto xa que igualarían co Puebla B e lle teñen o Golaverage particular gañado. De non sumar os 3 puntos xa se quedarían 6° xa que quedarían detrás do Puebla B, non alcanzarían ó CD Dodro de ningunha forma e so igualarian co Noia B no mellor dos casos e teñen o Golaverage particular perdido.
- Palmeira: Xa serán 7° pase o que pase, polo que irán no grupo de ascenso co 2° do seu grupo de liga. A falta da ultima xornada neste momento sería o Atlético Oleiros.
Partido dos máis igualados de final de liga. |
11 Abr 2022, 19:05 |
703.54 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Unión B despídense da liga e probablemente dos partidos oficiais este curso si non hai liguillas raras de non clasificados para playoff ou Copa do Sar.
O Crocha caeu na súa visita a Cures. O golpe da semana anterior co Palmeira afectou e entre eso, un campo sempre complicado e a incapacidade para finalizar, as remotas opcións de playoff esfumáronse de todo. Intentarán acabar a liga cunha victoria ante a súa afición.
O Unión B volve da xornada de descanso cas boas vibracións da victoria da última xornada ante precisamente o Cures. Gañar sería un bo final para eles.
Posibilidades de ambos equipos:
- Crocha: Nada en xogo. De perder e o Cures ganar en Oleiros caerían ó 10° posto, sinón serán 9°.
- Unión B: Nada en xogo. Si gañan poden optar ó 11° posto en caso de perder o Carreira en Valga. De perder poderían caer ó último posto si o Xuño saca os 3 puntos en Dodro.
Veremos quen está menos de baixón. Favorito inicialmente o Crocha. |
11 Abr 2022, 18:34 |
703.54 |
1 |
0 |
+info
|
Oleiros e Cures pechan a liga na Trinidade.
Os locais déronlle un serio repaso ó Palmeira (0-7) co que teñen na man ser segundos e cabeza de serie na liguilla da fase de ascenso. Ganando sí ou sí certifican dita plaza.
O Cures xa sin nada en xogo intentará pechar a participación en partidos oficiais cunha victoria (a menos que haxa liguillas entre non clasificados para fase de ascenso ou Copas do Sar mediante).
Posibilidades de ambos conxuntos:
- Atlético Oleiros: Gañando serán 2° e cabeza de serie e irán no grupillo de fase de ascenso co Palmeira que vai ser 7° fijo. Empatando e sobre todo perdendo dependerán de outros resultados podendo ser alcanzados por CD Dodro e Noia B.
- Cures: Non se xogan nada exceptuando que podrían adiantar ó Crocha e ser 9° si gañan e o Crocha perde na Alta co Unión "B".
Xogando o que se xoga o Oleiros, favoritos os locais. |
11 Abr 2022, 18:19 |
703.54 |
1 |
0 |
+info
|
Cordeiro B e Carreira xogan a última xornada desta vez no Municipal de Baño, casa habitual do Cordeiro de Primeira Autonómica.
Partido con todo decidido. O Cordeiro B entrou na promoción trala derrota do Crocha en Pomar do Río a pesar de perder co Puebla B pola mínima.
O Carreira aguantou un tempo pero caeron por 1-4 ante un Noia B necesitado de puntos.
Posibilidades na última xornada de ambos conxuntos:
- Cordeiro B: Non se xoga nada. Gañe, perda ou empate será 8° co que irá co Galicia Bealo na liguilla de promoción de ascenso.
- Carreira: Apenas se xoga nada. So podería caer á penúltima posición si o Unión B gaña na Alta ó Crocha e eles perden en Valga.
Favorito para min o Cordeiro B ainda que é posible que ambos equipos se deixen levar un pouco. |
11 Abr 2022, 18:05 |
703.54 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo no Monumental sin casi nada en xogo.
Cures e Crocha xogarán en Pomar do Río.
Os locais caeron sorprendentemente en Vilas contra un Unión B que levaba 15 xornadas sin gañar. As baixas de Mario e Rubén son importantes pero non imaxinaba que ata ese punto.
Os visitantes no día clave caeron co Palmeira por 1-3. O partido estuvo de poder a poder pero non houbo acerto de cara a porta entre postes, remates fora e boas paradas de Santi Laíño. Aparte dun árbitro que lle veu un partido desas características moi grande. O Crocha non está fora matemáticamente pero si virtualmente do playoff. Teñen que gañar este domingo en Cures e logo a semana que ven ó Unión B pero ademáis o Cordeiro B ten que perder este domingo e non gañar na última xornada ó Carreira. E, ou hai un milagro intercedendo a Virxe da Guía ou ten pinta de que todo está decidido.
Sorte a ambos. Un non se xoga nada e outro casi non se xoga nada pero debe gañar por si acaso. Campo difícil. Veremos qué pasa. Sin pronóstico. |
05 Abr 2022, 19:07 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Guía entre 2 equipos que veñen moi tocados un de fai tempo e outro do último encontro.
O Carreira caeu en Dodro so podendo levar 10 xogadores e sin porteiro onde Serafín tivo que poñerse baixo paus. Ainda así chegaron a ponerse 1-1 no primeiro treito do segundo tempo pero logo as cousas caeron polo seu peso ata o 5-1 final.
Si o do Carreira foi duro o do Noia foino máis. Duelo directo co Puebla B na herba natural de San Lázaro e derrota contundente por 1-4. Golpe duro para os de Noia que se lle pon casi imposible o ser cabeza de serie co 2° posto a 4 puntos con 6 por xogarse. O partido deste domingo en teoría é fácil pero a semana que ven reciben ó Bealo. Pode ser un descalabro de final de temporada un equipo que optaba a todo.
Todo o que non sexa un 2 na quiniela será sorpresa maiuscula |
05 Abr 2022, 18:55 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de filiais en Cadreche.
O Puebla B logo de haber perdido varios partidos seguidos fai poucas semanas está en disposición de poder ser cabeza de serie perfectamente. O Dodro xoga na casa do líder e o Oleiros ten que ir a un nada doado Ventin. Ollo que xusto no momento adecuado é cando poden chegar á mellor posición na táboa.
Enfrente un Cordeiro B que ven da xornada de descanso pero respira de alivio logo da derrota do Crocha na Alta contra o Palmeira. Están a 4 puntos con 6 en xogo, o partido deste domingo non é doado pero rematarán na casa e contra un equipo da zona baixa e moi mermado como o Carreira.
Sorte a ambos e pode pasar de todo neste encontro. |
05 Abr 2022, 18:44 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
Derby nas Furnas.
O Xuño caeu na súa visita á Trinidade pero como veño decindo nas últimas semanas o Xuño mostra mais competitividade contra calquera rival. O Oleiros estuvo 1-0 aproximadamente 60 minutos.
O Porto do Son logo dunha segunda volta aplastante foi derrotado con claridade polo líder Bealo. 0-3 sin moita resposta e frenazo na escalada que levaban. Todavía ten opcións de acabar en boa posición na táboa de cara á fase de ascenso.
Sorte a ambos e polo que se xogan os visitantes vexo un 2 na quiniela. |
05 Abr 2022, 18:39 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
Primeiro contra segundo na Lomba.
O Galicia Bealo con 1 punto certifica campeonato da primeira fase, ser xa vai ser cabeza de serie porque o 3° clasificado está a 7 puntos con 6 por xogarse. Ven de gañar con autoridade no Emilio García ante un Porto do Son que se mostraba intratable.
O Dodro está moi apurado, gañou ó Carreira con claridade pero ten a 1 e 2 puntos a Oleiros e Puebla B. Mal momento para enfrentarse ó líder.
Veremos qué pode dar de sí o partido pero as sensacións inmellorables son do Bealo. |
05 Abr 2022, 18:33 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
Moi bo partido en Ventin entre 2 equipos xa clasificados para a promoción.
Palmeira e Oleiros vense as caras en Ventin.
Os locais gañaron na Alta certificando a súa presenza na fase de ascenso. Partido moi serio dos de Ventin.
Os da Trinidade gañaron 4-0 ó Xuño cerrando no segundo tempo un partido bastante plácido.
Ambos poden escalar postos na clasificación e reposicionarse de cara ó Playoff, especialmente o Oleiros para ser cabeza de serie. Sorte a ambos e oxalá sea un partido moi vistoso. |
05 Abr 2022, 18:25 |
697.86 |
1 |
0 |
+info
|
Pois equivoqueime no pronóstico pero non obstante alégrome que hoxe o Unión B contara con efectivos suficientes para competir e son 3 bos puntos.
Noraboa ó Unión B e ánimo ó Cures. |
03 Abr 2022, 00:07 |
691.97 |
1 |
0 |
+info
|
Pois un dos partidos máis intensos e vibrantes do que queda de fase regular polo que hai en xogo.
Crocha e Palmeira vense as caras na Alta. Duelo de veciños.
Os locales gañaron con apuros a pesar do tolo 4-7 nas Furnas xa que foron 3 veces por detrás pero na parte final empregaronse a fondo e sumaron outros 3 puntos. 13 dos últimos 15. En 5 xornadas lograron a mitad dos puntos da temporada. Chegan con opcións (bastante difíciles pero opcións) logo de empregarse a fondo nos últimos partidos e so ceder un empate co Bealo.
O Palmeira está 8 puntos por diante pero sin pechar ainda a plaza de playoff. Plaza que poden certificar si gañan ou empatan domingo ante o seu rival. Na última xornada xogaron un adestramento co Unión B tendo enfrente a so 9 xogadores.
Partido de altura e de nervios a flor de piel. Sorte e que gañe o mellor e o que o merezca. |
30 Mar 2022, 00:14 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo no campo de herba natural do Julio Mato. So outra vez se xogara no campo "grande" de Noia que foi contra o Porto do Son.
Filiais de Noia e Puebla xoganse moitísimo neste encontro. Separados por 1 so punto.
Os locais gañaron un difícil partido en Valga para seguir optando a ser cabeza de serie. E, como o seu rival de domingo, así como Oleiros e Porto do Son están pendientes dun tropezón do Dodro para arrebatar ese 2° posto de cabeza de serie na fase de ascenso.
O Puebla B recuperouse da crisis de resultados da mellor forma posible: ganando ó Dodro nun partido en que Balo guiou ós seus facendo un partido sobresaliente. Aprétase todo e o Puebla ten moitas opcións de rematar ó grande.
Sin favorito no encontro. Sorte a ambos. |
30 Mar 2022, 00:04 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo no Emilio García.
Porto do Son e Galicia Bealo xogarán un partido moi interesante.
Os locais siguen cunha segunda volta casi inmellorable. So 1 derrota e 1 empate en toda a segunda volta e o resto victorias. Proba definitiva para incluso encaramarse ó 2° posto.
O Bealo dependendo de resultados está en disposición de proclamarse campeón da fase regular se gaña e o Dodro perde na casa co Carreira. O tirón de final de temporada dos da Lomba respecto ós perseguidores fanos con total merecimento ser cabeza de serie queden 1° ou 2°. O calendario que lles queda é difícil pero sería un auténtico descalabro estando no momento de forma que están.
Partido apaixoante e sin favorito polo estado de forma de ambos contendientes. |
29 Mar 2022, 23:57 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo en Chenlo entre Dodro e Carreira.
O Dodro estase complicando de moi mala maneira e foi mal momento colleitar 3 derrotas consecutivas co pelotón dos xa clasificados para o playoff apretando. Os de Jesús Álvarez están nun serio apuro. En teoría o partido é para gañar, pero necesitan reaccionar xa.
O Carreira caeu 2-4 co Son nun partido que se lograron poñer 1-0 cun penalti pero Robert o do Son tivo un día inspirado ata que o expulsaron e con 3 goles finiquitou o partido. Intentarán rascar algún punto no que lles queda.
Pronóstico: victoria local. |
29 Mar 2022, 23:46 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|
Oleiros e Xuño xogarán na Trinidade. Pódese dicir que os visitantes xogarán en certo modo na casa xa que xogaron 3 partidos como locais alí.
Os de vermello caeron no duelo directísimo co Bealo na Lomba. Xente presente no encontro fala de que houbo algo de lío. O delegado do Bealo foise expulsado polo tanto: cando se ve fume... e que houbo un incendio. Despidense casi seguro de acabar primeiros, pero o Dodro está a 1 punto e o 2° posto da opción de ser cabeza de serie. Así que ollo.
O Xuño caeu con honores ante o Crocha poñendose 3 veces por diante pero un treito final onde o Crocha gañou o pulso fainos non sumar. Pero ollo a este equipo que, como viña dicindo, a mellora é mais que notable.
O Oleiros xogase moito, o Xuño pouco ou nada, un 1 na quiniela. |
29 Mar 2022, 23:42 |
691.91 |
1 |
0 |
+info
|