Duelo nas Furnas que polo que pinta o tema climatolóxico pode pintar infernal.
Xuño e Cordeiro B xogarán polos 3 puntos.
Os locais caeron ante o Cures no desconto logo de ir gañando. Por méritos merecen máis puntos na taboa pero o que conta é marcar máis goles que o rival e nese aspecto non están tendo fortuna.
O Cordeiro B falando de goles empataron sin eles ante o Araño o sábado pasado. Empate parece bastante inxusto por un gol parece mal anulado e un penalti clamoroso non pitado. Eso sí manteñen o invicto.
O ano pasado houbo un sorprendente 1-0 pero este ano a cousa está moito máis aberta. Todo parece que pode ser un 2 pero ollo ó factor Furnas e á mellora dos locais. |
19 Oct 2022, 23:34 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo moi cercano entre Carreira e Cidade de Ribeira B.
Os locais siguen en caída libre. Nova derrota nesta ocasión ante o Xuventude Aguiño e o tren de cabeza xa queda lexísimos. So van 5 partidos pero o favoritismo que tiñan antes de comezar a liga dilueuse. Tempo de reacción hai pero é unha gran decepción os 5 primeiros partidos disputados dos da Guía.
O Cidade de Ribeira "B" gañou o duelo por todo o baixo ante o Crocha. 4-1 onde casi cada erro dos da Pobra era aproveitado e penalizado polos da Fieiteira. Unha vez sumados os primeiros puntos ¿seguirá o ascenso do filial ribeirense?
Polo factor de local aposto por un 1, pero un xa non sabe que pode pasar... |
19 Oct 2022, 23:28 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
Araño e Palmeira cítanse no Municipal da Lomba.
Bo punto dos esta xornada locais colleitado en Valga ante un forte Cordeiro B, empate sin goles que polo que din algúns foi algo afortunado por un claro penalti non pitado ós do Municipal de Campaña. Punto é punto e os de Abel Vicente buscarán seguir enganchados con eses postos de privilexio.
O Palmeira empeza a ter certas dudas. Si primeiro foi a contundente derrota en Lousame na última xornada foi o partido tolo da temporada. 5-6 caeron na casa ante o Porto do Son. Partido parado cerca de media hora por altercados na grada. No minuto 88 o partido estaba 3-4, locura de final de encontro.
Sin favorito claro para o partido. |
19 Oct 2022, 22:20 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo complicado o de Vista Alegre deste sábado.
Abanqueiro e Noia Cruido buscan sumar 3 puntos máis ó seu casilleiro.
Os locais logo de haber gañado ó Cidade de Ribeira "B" na casa, caeron ante o líder na Fieiteira. Un CD Artes que non tivo un encontro moi cómodo. O Abanqueiro parece que empeza a atoparse logo dun comezo de liga un pouco a contrapé.
O Noia B volve da xornada de descanso aínda co 5-0 presente da victoria ante o Cures. Buscarán manter esa dinámica e engancharse co vagón de promoción.
Partido igualado. O Noia B quizá algo mellor que o Abanqueiro. Un 2. Eso sí sin meter moito a man no lume porque o Abanqueiro pode facelo ben. |
19 Oct 2022, 22:16 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
Inaugura a xornada unha vez máis o Municipal da Silva.
Lousame e Xuventude Aguiño miden forzas con resultados distintos pero sensacións á alza de ambos.
Os locais perderon 3-2 na Pobra contra o Puebla B pero deronlle moitos agobios ós blanquiazuis ata o último minuto. Entre a victoria ante o Palmeira e este encontro as sensacións son boas e o equipo comeza a carburar.
O Xuventude Aguiño no duelo con morbo da ultima xornada golearon ó Carreira. Fernando Millán con 3 tantos máis xa está no alto da taboa de goleadores e os da Tasca asentados en postos de promoción.
Non será un partido fácil pero con quizá algún apuro pinta a 2 na quiniela. |
19 Oct 2022, 22:10 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de parroquias entre este extraño duo.
Xuventude Aguiño e Carreira xogan na Tasca un partido con moitos alicientes debido ó trasvase de xogadores entre ambos conxuntos neste verán.
Os locais veñen pletóricos logo de golear na Alta ó Crocha por 1-5. Fernando Millán con 4 tantos nese encontro encabezou a victoria dos de azul marino.
O Carreira está en caída libre para as aspiracións que todavía teñen. 3 derrotas seguidas en 4 partidos e o tren da cabeza que se empeza a ir. A última na Guía 2-3 ante o Puebla B cun gol no desconto logo de ir gañando 1-0 e 2-1 a 13 minutos do final.
Por estado de ánimo un 1 na quiniela, por reacción inmediata o Carreira ten que empezar a sumar puntos. Veremos... |
12 Oct 2022, 21:28 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo de moitos medos e de malas rachas no Anexo da Fieiteira.
Cidade de Ribeira "B" e Crocha xogarán nos momentos máis baixos de ambos conxuntos.
Os locais levan 3 derrotas, a última en Vista Alegre ante o Abanqueiro por 3-1. 11 tantos encaixados en 3 xornadas. Números que preocupan.
Igual de preocupantes os números do Crocha nos últimos 2 partidos. Derrota abultada na Alta ante o Xuventude Aguiño por 1-5. Parece que a Segunda parte de Cadreche tivo a súa continuación o pasado domingo.
A cabalo entre a reacción e a mala dinámica, ambos son capaces de calquera cousa. Sin pronóstico claro. |
12 Oct 2022, 21:12 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
Os únicos que non sucumben ó Clásico.
Cures e Xuño xogarán no Monumental de Pomar do Río en horario "normal" de tarde do domingo.
O Cures sigue sin sumar logo de 4 partidos ainda que hai que dicir que todos foron contra equipos da zona alta, nin máis nin menos que 4 dos actuales 5 primeiros da taboa. Quizá bastantes engañosos esos 0 puntos da táboa, veremos si nesta xornada é o día.
O Xuño sigue competindo moi ben. 3 puntos na taboa solamente, pero merecimentos para ter algún máis. No último encontro 4-2 competido na Lomba contra o Araño.
Duelo incerto. Pode chegar a primeira do Cures pero tamén coma o día de Lousame ver outro bo resultado do Xuño.
|
12 Oct 2022, 14:00 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
Cadreche á hora do vermut será escenario do partido entre Puebla B e Lousame.
Ambos veñen de boas sensacións do último encontro.
Os locais en momento moi dulce veñen de asaltar A Guía. 2-3 final logo de ir perdendo 1-0 e 2-1 a 12 minutos do final. Un gol de Subi no desconto fan sumar 3 novos puntos ós de blanquiazul.
O Lousame protagonizou a gran sorpresa da xornada logo de non só vencer sinon gañar contundentemente 3-0 ó Palmeira que viña invicto. Un resultado que dará confianza ós do Municipal da Silva.
Creo que a pesar das boas sensacións de ambos conxuntos de cara a esta cita o partido pinta a un 1 na quiniela. |
12 Oct 2022, 13:35 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
A mediodía Ventín acollerá un moi bo partido entre Palmeira e Porto do Son.
Partido de 2 equipazos pero que xusto veñen de 2 pinchazos bastante estrepitosos ainda que de distintas formas.
Os locais perderon sorprendentemente contra o Lousame que todavía non puntuara. Non estaba Santi Laiño na portería pero Samuel penso que puido defender a portería bastante ben. Entre a sequía goleadora do Palmeira e que o Lousame tamén o tivo que facer bastante ben para meter 3 goles o resultado foi o que foi.
O Porto do Son non caeu cun marcador contundente pero tendo un 3-0 a favor en 20 minutos na casa perderon 3-4 e fallando un penalti no desconto ante o Cordeiro B que lles arrebata o liderato. Veremos como acusan este golpe.
Os adestradores dos 2 equipos non se poderán sentar este domingo no banquillo ó ser expulsados ambos ó finalizar os seus encontros.
Pronóstico incerto logo dos reveses de ambos, veremos quen acusa menos o golpe da última xornada. |
12 Oct 2022, 13:17 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo no Anexo da Fieiteira.
Artes e Abanqueiro miden forzas para buscar 3 puntos claves nas aspiracións de ambos.
Os locais veñen de descansar pero siguen invictos e con todo gañado perden o liderato en favor do Cordeiro B pero estes teñen que descansar.
O Abanqueiro logrou a primeira victoria do curso logo dun comezo difícil na súa volta á Terceira Autonomica. 3-1 ante o Cidade de Ribeira B nun partido onde ambos equipos necesitaban os puntos imperiosamente.
Victoria do Artes ainda que o partido será máis disputado do que parece pola altura na taboa de ambos. |
12 Oct 2022, 13:08 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
Abren esta xornada marcada polo Clásico o Cordeiro B e o Araño.
Os locais estrean liderado a expensas de descansar e poñerse cos mismos partidos que o Artes, pero colleron a posición de lider da forma máis épica posible. Remontando un 3-0 en contra en 20 minutos e parando un penalti no desconto para vencer 3-4 no campo do invicto Porto do Son. O partido e as circunstancias soñadas por calqueira equipo.
Enfronte un Araño que gaña moitos enteiros e sube ó terceiro posto da táboa. Victoria por 4-2 ante un correoso Xuño pero levaron o peso do partido e o marcador parece que non peligrou en ningún momento.
Ambos veñen moi fortes pero parece que o Cordeiro B podese comer a calquera que lle chegue a competir e máis sendo local. |
12 Oct 2022, 13:04 |
833.83 |
1 |
0 |
+info
|
Noia B e Cures vivirán un duelo de necesidade importante pola victoria ainda que a diferentes alturas na taboa.
Os locais perderon 4-1 contra o Artes nun partido que, de meter as 2 claras que tiveron nos primeiros minutos, a película hubese sido moi distinta. Pero ó igual que o día do Aguiño o perdoar pagase caro.
O Cures é un dos 3 equipos que todavía non sumou puntos. Ben é certo que 2 dos partidos foron ante os líderes. Pero na última xornada caeron de maneira contundente ante o Araño por 0-3 e según lein por ahí fallando 2 penaltis. Buscarán neste encontro dar a sorpresa.
Favorito parece que claramente o Noia B. Pero o ano pasado o Cures foi un dos poucos que no arranque intratable o ano pasado dos do Julio Mato plantaron e aguantaron mellor a este equipo saindo derrotados igualmente pero por 4-2 logo de moitas goleadas abultadas a outros equipos. |
05 Oct 2022, 00:47 |
824.88 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo no Emilio García entre 2 Bos equipos.
Os locais quizá sin demasiado brillo pero con oficio levan pleno: 3 de 3. Victoria no Monumental moi apretada e polémica, victoria na casa co Araño que non quedou sentenciada ata o minuto 89 e victoria nas Furnas nun partido nada doado e que tiveron que pelear ata o último segundo co apretado 2-3 final.
O Cordeiro B está invicto. Empate na casa contra o Crocha, victoria con exhibición na Guía e victoria non excesivamente brillante polo menos no resultado contra o Lousame.
Creo que quizá sexa dos partidos máis imprevisibles en canto a resultado. Porque ambos teñen capacidade de gañarlle ó outro e con claridade dependendo do inspirado que teñan o día.
|
05 Oct 2022, 00:33 |
824.88 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo na Guía.
Carreira e Puebla B vense as caras nun partido de 2 equipos moi competitivos.
Os locais logo de 2 derrotas seguidas necesitan ganar para non perder o tren dos líderes cuns de momento intratables Artes e Porto do Son encabezando a táboa e xa quedándose a 6 puntos deles.
Non será nada fácil xa que o Puebla B ven reforzadisimo de gañar o Derby ante o Crocha con 1 xogador menos casi toda a segunda parte e remontando un 0-2. Veñen lanzados e buscarán seguir ca racha para tamén engancharse ó pelotón de cabeza.
Partidazo de 2 equipazos. Polas 2 derrotas máis necesaria a victoria para os locais pero non será nada fácil para ningún dos 2 este partido. |
05 Oct 2022, 00:26 |
824.88 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Aguiño enfrontanse na Alta na tarde do domingo.
Golpe durísimo para o Crocha xa que perdeu o derby do Concello índose 0-2 ó descanso a favor e logo quedándose o Puebla B co 10 con 1-2. Patinazo importante e derrota merecida logo de 2 primeiros bos partidos ainda que sin premio de victoria en ambos pero sumando 1 punto en cada un deles. Veremos canto efecto psicolóxico ten o acontecido na última xornada de cara os próximos partidos e ás aspiracións na liga dos de vermello.
O Xuventude Aguiño xa ca primeira xornada de descanso completada conta cun empate e unha victoria ante equipos a priori fortes como o Noia B e o Abanqueiro. E o partido ante o Crocha pode aupalos á posicións de honra.
Todo parece indicar que pode haber victoria visitante. Veremos canta capacidade de reacción teñen os locais para facerlle o partido máis ou menos difícil para os da Tasca. |
05 Oct 2022, 00:22 |
824.88 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de equipos procedentes da Segunda Autonómica en horas baixas.
Abanqueiro e Cidade de Ribeira B xogan en Vista Alegre na parte baixa da taboa.
Os locais perderon na Tasca pero dando bastante boa imaxen e cun xogador de campo de porteiro 40 minutos xa que o porteiro que estivo foi expulsado e o outro estaba cumplindo partido de sanción por ser expulsado na xornada anterior segundo a acta do encontro. De todas formas e con esas dificultades un 2-1 nun difícil campo que quizáis albergue esperanzas de cara a este encontro.
Os visitantes volven da xornada de descanso con todo por facer. 2 derrotas e 8 goles en contra non é un bo comezo para os da Fieiteira e urxe sacar un bo resultado.
O que gañe complicaralle moito a película ó outro e seralle moi difícil ó derrotado recuperar o terreo perdido. Calqueira resultado é posible. |
05 Oct 2022, 00:14 |
824.88 |
1 |
0 |
+info
|
Araño e Xuño vense as caras na Lomba nun duelo bastante interesante para ver.
Os da Lomba veñen de gañar 0-3 no difícil Monumental de Pomar do Río, Farrah con 2 tantos erixiuse como un dos protagonistas do encontro. E non teñen un partido sinxelo precisamente, pero de gañalo, empezarán a subir como a espuma.
Os visitantes plantaronlle cara ó imbatido Porto do Son indo por diante mediada a segunda parte. Pero un tramo final do Porto do Son onde apretaron os dentes deixoulles sin sumar ós das Furnas, pero sudaron tinta.
Quizá sexa un 1 polo factor local dos de Rianxo, pero o pronóstico non é nada claro. |
05 Oct 2022, 00:06 |
824.88 |
1 |
0 |
+info
|
Abrese a cuarta xornada no Municipal da Silva.
Lousame e Palmeira loitarán polos puntos en traxectorias ben distintas.
Os locais todavía non lograron puntuar pero veñen con sensacións distintas e irregulares. No primeiro partido perderon pola mínima co Araño, no segundo claramente o peor dos 3 disputados cunha contundente derrota na casa por 0-4 ante un Xuño á alza. E no último ainda sin seguir sumando perderon 2-0 aguantando un tempo a un dos equipos fortes da categoría como o Cordeiro B.
O Palmeira sigue de dulce e logo do empate na Alta fixeron un bastante bo partido ante un dos favoritos como o Carreira gañando 3-2. O 2-1 que fixo Pablo Viturro xa mereceu pasar toda a tarde en Ventín. Que recurso de crack e que golazo.
Todo pinta a victoria visitante. Veremos... |
05 Oct 2022, 00:01 |
824.88 |
1 |
0 |
+info
|
O Monumental vivirá un duelo de concellos veciños.
Cures e Araño xogarán en Pomar do Río un partido interesante.
Os locais non sumaron nas 2 primeiras xornadas pero quizáis mereceron sacar algún punto, especialmente na primeira xornada contra o Son onde os do Emilio García sufriron moito.
Os visitantes logo de gañar na primeira xornada, caeron na súa visita precisamente ante o Porto do Son. Partido que foi sentenciado co 3-1 final no último minuto do tempo reglamentario.
Partido igualado, con maior urxencia para sumar dos locais. |
29 Sep 2022, 16:27 |
815.91 |
1 |
0 |
+info
|