O partidazo da fin de semana e unha chave inesperada polo ascenso directo para 2 equipos e de maneira remota un terceiro.
Artes e Abanqueiro xogan na Fieiteira un partido que pode facer cantar o alirón a semana que ven ó CD Sar. Si vencen os verdiblancos e gana o Sar en Cures haberá punto de partido e de ascenso directo para os de Extramundi.
O Artes goleu con comodidade 0-4 a un Lousame que se xogaba as opcións de promoción. 0-2 en 7 minutos e 0-3 ó descanso. Certificaron matemáticamente un ano máis a súa presenza na promoción de ascenso. A dia de hoxe xogarán contra o Porto do Son.
O Abanqueiro costoulle un pouquiño abrir a lata ante o Crocha, tanto como 40 minutos pero 2 goles nos 5 ultimos minutos do primeiro tempo romperon a resistencia dos visitantes. A segunda parte de máis comodidad ata o definitivo 5-1.
O Artes xuiz do ascenso directo. O Abanqueiro necesita gañar para depender de si mismo na última cita.
Pronóstico: 1X2. |
09 Abr, 14:54 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Carcacía xogarán un partido na Alta tamén de baixo estado de ánimo.
O Crocha ven de encaixar un 5-1 contra o Abanqueiro. Aguantaron 40 minutos de encontro pero 2 tantos antes do descanso xa os desarmaron.
O Carcacía necesita un milagro casi imposible. 8 puntos de distancia do 5° posto con 9 por xogarse. Si puntúa o Carreira ante o Lousame serán equipo de 3° Autonómica un ano máis. Empate 2-2 ante o Palmeira que puido ser peor porque igualaron un 0-2 nos últimos minutos nun bo rush final.
O Crocha da sinais leves de que compite algo máis que fai unhas xornadas pero non lles da para puntuar. O Carcacía quererá acabar o mellor posible a tempada.
Pronóstico: X2. |
09 Abr, 14:43 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido onde o único interés será quen queda por riba da clasificación dos 2 ó final desta xornada.
Palmeira e Araño xogan un partido que pode ser bastante atractivo, máis aínda si non se xogan nada porque irán sin miramentos.
O Palmeira perdeu 2 puntos nos últimos minutos en Mirarríos. Tiñan unha cómoda renta de 0-2 pero no espacio que vai do minuto 87 ó 88 viron como lles empataron o partido.
O Araño ven de descansar pero prometen seguir dando guerra para acabar a temporada con moi bo sabor de boca. Boa mostra disto é o 4-0 endosado ó Carcacía na Lomba no seu último encontro.
Pode pasar de todo e o Palmeira ven dun 7-5 non fai moito.
Pronóstico: 1X2. |
09 Abr, 14:38 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Carreira e Lousame xogan un partido con menos alicientes dos que había antes de comenzar a xornada pasada.
O Carreira con escasos efectivos sigue encadeando triunfos. Victoria por 1-2 onde Piñeiro e Cadórniga remontaron o gol inicial de Hugo Varela. Con 1 empate certifican a súa presenza na fase de ascenso xa que manterían os 7 puntos de distancia quedando 6 en xogo.
O Lousame necesitaba sacar un bo resultado do seu partido ante o Artes na Silva pero caeron por un contundente 0-4. Con 0-3 ó descanso a cousa xa estaba vista para sentencia. Necesitan un milagro de gañar todo o que queda e que o Carreira teña unha debacle no que queda.
6-2 na primeira volta para o Lousame pero creo que o 0-4 ante o Artes deixou tocado ó Lousame. Victoria local.
Pronóstico: 1. |
09 Abr, 14:31 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Porto do Son e Cordeiro B xogan no Emilio García un partido con estado de baixón para ambos.
Os locais no duelo clave da liga caeron 4-0 ante o CD Sar. 0-0 cas espadas en alto ó descanso pero a segunda parte foi blanquivermella deixando casi fora da pelexa polo ascenso directo ós de Quintáns. Unha victoria en Cures dos de Padrón os relega á promoción que a día de hoxe xogarían contra o Artes.
O Cordeiro B leva tempo xa de costa abaixo na liga. Derrota por un apretado 1-2 ante o Carreira. Puxéronse 1-0 cun gol de Hugo Varela pero remontaron a 10 minutos do final os da Guía.
O Porto do Son quererá apurar tódalas opcións posibles, o Cordeiro B non se xoga nada quitando que ten ó Cures 2 puntos por detrás.
Pronóstico: 1 |
09 Abr, 14:14 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Cures e Sar xogan no Monumental con miras moi distintas.
O Cures caeu na súa visita ás Furnas por 4-2 ante o Xuño. 2-0 en contra antes do descanso e pese a achegarse 2-1 e 3-2 Campai sentenciou no último minuto.
O Sar na primeira das chaves do ascenso directo goleou 4-0 ó Porto do Son. Con este resultado e gañando en Pomar do Río deixan sen opción de ascenso directo ós do Emilio García. 0-0 estivo a cousa igualada ó descanso pero na segunda impuxéronse os de Padrón. 2 goles de Nicolás Vázquez Xuvenil que está rompendo os rexistros goleadores en Segunda Xuvenil que anda na frioleira dos 40 goles en liga e cos 2 da ultima xornada leva 3 en Senior.
O Cures aínda sendo o Monumental non o vexo para inquedar a un Sar que se xogará a semana que ven na casa o ascenso directo, e que si o Artes lles fai un favor contra o Abanqueiro nesta xornada, a semana que ven poderían ser equipo de Segunda ante o Xuño en Extramundi.
Pronóstico: 2. |
09 Abr, 14:07 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Abanqueiro e Crocha xogan en Vista Alegre un duelo bastante desequilibrado.
O Abanqueiro sacou os 3 puntos dun campo onde poucos venceron e onde os compañeiros de vagón na clasificación a excepción do Sar só sacaron 1 punto como moito. Victoria 0-1 e nesta xornada estarán moi pendentes do que pase en Extramundi entre o CD Sar e o Porto do Son.
O Crocha polo menos en marcador está un pouco mellor que fai un tempo e enganchou 2 empates nas últimas citas pero a cousa non da para moito máis. Casi consiguen outro empate ante o Lousame chegando a estar 1-1 mediado o segundo tempo pero a victoria foi xusta para os da Silva. Temporada negra e catastrófica para os da Pobra con só 5 puntos en liga.
Na primeira volta 0-8 para o Abanqueiro. Non sabemos si o potencial dos de Vista Alegre da para chegar a ese resultado de novo. Veremos si o Crocha mellorou algo defensivamente nas últimas citas que parece algo máis melloraron. O Abanqueiro ten 2 baixas por acumulación de 2 titulares como son Lois e Óscar. Pero con todo esto non ver unha victoria local sería a campanada do ano.
Pronóstico: 1 |
02 Abr, 15:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Carcacía e Palmeira xogarán en Mirarríos nun duelo de bastantes frustracións.
O Carcacía levou un doloroso 4-0 da Lomba ante o Araño que casi lle pon as cousas en chino ós verdiblancos para entrar na promoción. Son 6 puntos de distancia e a pesar de que se enfrenta co que marca o último posto de promocion que e o Carreira xogan fora da casa e na ida xa perderon 3-5. Toca un milagro nestas 4 últimas xornadas ou o soño de volver de novo a segunda terá que esperar polo menos 1 ano.
O Palmeira polo menos no resultado fixo sufrir a un dos candidatos ó ascenso como é o Abanqueiro. Derrota pola mínima 0-1 e o Abanqueiro foi o único equipo xunto co Sar que levou os 3 puntos da Fieiteira dos equipos de arriba. De todas formas quédanse en terra de ninguén e sen obxectivos.
Duelo que por nombre sona ben pero onde ambos rendiron probablemente por debaixo do que se esperaba a principio de liga
Pronóstico: 1X. |
02 Abr, 14:45 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Pois xunto co Porto do Son - Abanqueiro da última xornada as 2 chaves que abren a porta da Segunda Autonómica directamente a 1 dos 3 candidatos.
CD Sar e Porto do Son xóganse media liga neste encontro e casi que solo lles vale gañar porque o empate faría depender de si mesmo ó Abanqueiro a expensas de como cheguen á última xornada habendo un pinchazo con algún outro rival que antóllase bastante difícil.
O CD Sar xa safou dunha boa no seu desplazamento ata a Guia en Carreira. Victoria por 2-3 onde tiveron que remontar un 2-1 e onde Sergio Manteiga con 2 tantos se pon ademáis pichichi da competición con 19 goles. Moi probablemente salvaron o encontro máis difícil do que lle quedaba de curso. Recordemos que na última xornada descansan e teñen que ir cos deberes feitos ou casi feitos.
O Porto do Son no derby ante o Xuño que tanto recelo tiñan de como había mellorado o seu veciño desfixéronse con moitos menos atrancos dos previstos. 6-0 onde con 4-0 ó descanso xa deixaron todo máis que finiquitado.
Pois a metade da liga xógase acá. 1-1 no Emilio García e o que sala de aquí orientará bastantes das cábalas a ese Porto do Son - Abanqueiro que pon o punto e final á liga e dará o ascenso a un destes 2 equipos ou ó Abanqueiro que estará moi pendente do que pase.
Sorte ós 2 equipos.
Pronóstico: 1X2. |
02 Abr, 14:37 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Cordeiro B e Carreira xogan no Municipal de Campaña con pouco que xogarse os locais e onde os visitantes teñen que empezar a non relaxarse máis se cabe de cara a semana que ven.
O Cordeiro B caeu por 5-1 na Fieiteira ante o Artes. Partido onde os blanquiverdes foronse impoñendo co paso dos minutos.
O Carreira no que se presumía un dos partidos máis difíciles para o líder CD Sar caeu por 2-3 nun partido que non se decideu ata case o final. 2-1 púxose o Carreira iniciado o segundo tempo pero no treito final un doblete do actual máximo goleador da liga Sergio Manteiga fixo que o Carreira quédese a 4 puntos do primeiro que estaría fora da zona de promoción que é o Lousame co cal se enfrenta a semana que ven.
Por este motivo o Carreira non debe relaxarse para, no peor dos casos, ter ese colchón de 4 puntos para a próxima cita ligueira.
Pronóstico: 2. |
02 Abr, 14:23 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo nas Furnas de 2 clásicos da Terceira Autonómica.
Xuño e Cures vivirán un duelo dos xenuinos de terra e loita.
O Xuño nas últimas xornadas parece que se desinflou desde a victoria ante o Crocha. Derrota contundente por 6-0 no derby ante o Porto do Son.
O Cures descansou na última xornada pero tamén levou un 0-3 ante o mesmo Porto do Son no Monumental se ben os 3 goles caeron nos últimos 10 minutos de encontro.
Entre o desinfle de uns e o irregular de outros onde un día desaparecen e outro dia a pesar do 0-3 manteñen batalla ata case o final todo é posible neste encontro.
Pronóstico: 1X2. |
02 Abr, 14:18 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Silva onde os locais siguen apurando as opcións de promoción e os visitantes buscan a mellor posición posible nela.
O Lousame venceu na Alta ó Crocha por 1-2. Partido con máis dominio do Lousame pero que o Crocha logrou igualar a 1 pero un doblete de Diego Hermo que se pon nas plazas altas de goleadores da liga mantén as opcións de promoción.
O Artes goleou 5-1 ó Cordeiro B, partido no cal foron impoñendo o seu dominio e os goles foron chegando igualmente co paso dos minutos.
Xógase máis o Lousame: 4 puntos da promoción e hai un Carreira - Lousame na próxima xornada. O Artes xógase algo menos que o seu rival pero sempre é un rival perigoso. O ano pasado neste escenario victoria pola mínima 0-1 si non recordo mal.
Pronóstico: 1X2. |
02 Abr, 14:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Palmeira e Abanqueiro xogan na Fieiteira un partido onde os de Boiro siguen sen marxe para o fallo.
O Palmeira na borrachera de goles da tempada caeu 7-5 en Lousame. Comezo e primeira parte horrible dos de Ribeira cun 4-0 en 14 minutos e 6-1 ó descanso. Logo Pablo Viturro cun hat-trick e Xota puxeron a cousa cerca dunha remontada histórica ó nivel do empate a 4 ante o Xuño de fai poucas datas onde meteron 3 goles no desconto. Pero a remontada non se logrou desta vez. Palmeira con altos e baixos bastante importantes.
O Abanqueiro sigue na caza desa plaza de ascenso directo que neste momento depende deles mismos. Si gañan todo tendo o Sar que descansar e xogando un Porto do Son - Abanqueiro na última cita de liga podremos ver un final emocionantísimo. Traballado triunfo ante un Araño que deu moita guerra e que se puxo por diante en Vista Alegre pero un doblete de Óscar mantén as cousas en todo o alto.
Na Fieiteira suelen haber sorpresas. Pincharon Son, Artes, Carreira ou Carcacía. O Abanqueiro non pode despistarse.
Pronóstico: X2. |
19 Mar, 21:56 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Artes e Cordeiro B xogan un duelo onde ambos non veñen todo o conformes que lles gustaría da última cita.
Os locais fóiselles un 0-2 a favor na casa do líder Sar e a pesar de estar en superioridade numérica. 2 penaltis en 3 minutos nos últimos 10 minutos de partido fixeron remontar o partido ós de Extramundi. Hai que ver en qué circunstancias foron esas penas máximas e a acta non se pechou ata o día seguinte non sei si algo tuvo que ver o partido ou simplemente se lle foi a olla ó árbitro.
O Cordeiro B cortou a súa racha de 5 derrotas consecutivas pero non puido volver á victoria. Empate 1-1 ante o colista Crocha. Partido onde se adiantaron cun saque rápido de falta pero os de vermello empataron mediada a segunda parte. Opcións claras para ambos nun bastante bo partido pero reparto de puntos.
Cordeiro B en terra de ninguén e Artes cun colchón de 6 puntos sobre a zona de fora de promoción. Partido de relativa tranquilidade en canto as cousas que se xogan neste partido.
Pronóstico: 1 |
19 Mar, 21:44 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Derby e partido moi peligroso para o que se xoga as opcións de ascenso directo.
Porto do Son e Xuño xogan un partido de cuchillos largos.
O Porto do Son ven de gañar no Monumental por 0-3 pero non cimentou o triunfo ata os 10 minutos finais onde o Cures aguantou ata ahí o 0-0 no marcador.
O Xuño caeu ante o Carreira pero plantando cara ata caer 3-5. Xuño que sigue pelexando ben ante calquera rival.
De ahí que o 0-1 da ida nas Furnas cando o Xuño estaba case que no seu peor momento do ano faga presaxiar un partido moi perigoso para os intereses dos do Emilio García.
Pronóstico: 1. |
19 Mar, 21:29 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Araño e Carcacía xogan na Lomba con tendencias opostas ó que indica a súa clasificación.
Os locais logo dun ano turbulento están acabando bastante ben o curso e a pesar da derrota en Vista Alegre 2-1 ante o Abanqueiro disputaron o partido ata o final e incluso puxéronse por diante no marcador.
O Carcacía ven da xornada de descanso pero ven en situación complicada para o seu obxetivo mínimo que é a promoción e co Carreira e o Artes a 6 puntos de ambos que dan dereito a soñar ca 2da autonómica. No último partido antes de descansar derrota no desconto 3-4 ante o Abanqueiro.
Partido casi que tamén de triple. Xógase máis e cada vez con menos opcións os de Mirarríos pero o Araño parece que encontrou o rumbo e está facendo un bo tramo final.
Pronóstico: 1X2. |
19 Mar, 20:01 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Lousame xogarán por 3 novos puntos con algún pequeno obxetivo por parte dos visitantes remoto pero que mentres as matemáticas o permitan seguirán intentandoo.
O Crocha deuse unha pequena alegría dentro da tempada realizada empatando 1-1 en Valga ante o Cordeiro B. Probablemente o partido máis serio do curso onde os Séniors dispoñibles xunto 3 xuveniles convocados casi levan os 3 puntos de Campaña. Resultado quizá xusto visto o visto, ben traballado o punto conseguido.
O Lousame foi un dos protagonistas do partido mais surrealista do ano. Victoria por 7-5 ante o Palmeira. Juego, set y partido. 4-0 se puxeron os verdiblancos en 14 minutos e 6-1 ó descanso pero o Palmeira achegouse ata o 6-5 a 15 minutos da conclusión pero Diego Hermo nos últimos minutos completou o seu póker particular e deixou os puntos na Silva.
O Crocha sube a flecha un pouco para arriba e o do Lousame foi unha locura que un non sabe si quedarse cos 7 goles anotados ou ver cómo se complicaron a vida con 6-1 ata poñerse o rival 6-5. Veremos qué dicta A Alta.
Pronóstico: X2. |
19 Mar, 19:27 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partido da xornada e todo pinta a que o desplazamento máis difícil e o lugar onde pode deixarse puntos o Sar.
Carreira e Sar co Campo da Guia de testemuña tentarán resolver ou polo menos salvar un match-ball polo ascenso directo duns e deixar moi en franquía a plaza en promoción para os outros.
O Carreira cun estelar Antonio Campaña de porteiro novamente levou os 3 puntos das Furnas 3-5 nun partido que parece foi bastante entretido.
O CD Sar tentará salvar un match ball este domingo pero ven de salir doutra dura vencendo e remontando 3-2 ó Artes. Quedaron con 10 homes pero 2 penaltis a favor nos últimos 10 minutos de partido déronlle 3 puntos vitais. "Decisións incomprensibles" según as RRSS do Artes e unha acta pechada ó día seguinte fan ver que algo raro puido haber.
Un triple. O Carreira vai cunha convocatoria super limitada e con xogadores de campo de porteiro pero vai safando en plazas duras. ¿Por qué non pode pasar de novo?
Pronóstico: 1X2. |
19 Mar, 19:16 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de 2 equipos en depresión.
Cordeiro B e Crocha xogan para darse unha pequena alegría nunha tempada para ambos para esquecer.
O Cordeiro B leva 5 derrotas seguidas e non gaña desde fai 2 meses, onde o 14 de xaneiro gañou 2-0 ó Xuño. Dende aquela un meritorio empate co Sar e o resto derrotas. Necesidade de victoria urxente para salir da crisis.
O Crocha a pesar de que sacou 1 punto fai 3 xornadas co Cures está na situación que está. Non vencen desde a 6° xornada a súa única victoria en liga e a situación é descorazonadora. Veremos qué pasa nesta visita a Valga.
Parece que o Cordeiro B parte como favorito como local e veremos o Crocha se sale do seu letargo ou non. Na primeira volta 3-6 para os de Valga.
Pronóstico: 1X. |
12 Mar, 14:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada.
Líder contra 4° clasificado con Abanqueiro e Porto do Son botando un ollo a Extramundi.
CD Sar e Artes buscan 3 puntos máis importantes nesta xornada para o Sar xa que o Artes ten 6 puntos de marxe sobre o Carcacía que está fora de promoción e ten que descansar e xa moi lexos a plaza de ascenso directo a 14 puntos que podería quedarse en 11 no mellor dos casos.
O Sar venceu 0-4 ó colista Crocha nun partido onde con 2 goles nos 15 primeros minutos encarrilaron ben a situación cun Manteiga depredador que marcou os 4 tantos do seu equipo. Partido sin moitos atrancos.
O Artes venceu por 2-0 ó Xuño. Dous goles de Rocar no primeiro tempo tamén fixeron o encontro bastante cómodo de sacar adiante.
Pode pasar de todo pero o Sar xógase máis e ten o factor de ser local ó seu favor, aparte de gañar na primeira volta na Fieiteira 1-2.
Pronóstico: 1X. |
12 Mar, 14:27 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|