Partidazo en Cadreche o domingo á mediodía á hora do vermú entre 2 dos 4 equipos desta Terceira Grupo 1 que aínda non coñecen a derrota.
Puebla B e Cordeiro B xogarán un partido de moitos kilates.
Os locais veñen de arrasar 0-7 nas Furnas ó Xuño. Un partido que, xa indo 0-5 ó descanso, parece foi máis un adestramento.
O Cordeiro B sigue forte e venceu 3-1 ó Palmeira. A traxectoria dos de Valga sigue impoluta e chega a hora da verdade cun partido dos que marcan quizáis o curso e as aspiracións de algo grande.
Calqueira cousa é posible neste encontro de Cadreche. |
08 Nov 2022, 20:25 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo inédito pero con certa carga "emotiva" entre o que foron varios membros do antigo ACD Cruido e o camiño que tomou ese ACD Cruido na actualidade.
Noia B e Lousame loitan polos 3 puntos no Anexo de San Lázaro.
Os locais veñen de caer en Carreira por 4-3. Partido polo seu desenrolo cun calco moi similar ó da primeira xornada co Xuventude Aguiño: partido que estaba encarrilado con 2 goles de vantaxe que non superon pechar e si daquela vez perderon 2 puntos, nesta ocasión perderon os 3. Asignatura pendente a correxir porque eses puntos nótanse a final de temporada.
O Lousame sigue en racha de derrotas pero polo menos no resultado fixeron sudar ó líder Artes que venceron pola mínima e no último cuarto de hora de encontro. Racha de derrotas pero dan unha de cal e unha de area nos encontros: tanto perden estrepitosamente en Ribeira 8-2 como perden competindo ata o final como contra o Artes.
Pinta a 1 na quiniela. |
08 Nov 2022, 20:17 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo en Vista Alegre en zona baixa inaugurando a xornada 9 á vez que o Noia B - Lousame.
Abanqueiro e Crocha miden forzas buscando 3 puntos moi necesarios para os 2 conxuntos.
Os locais caeron de maneira clara 1-4 no encontro de rivalidade local contra o Cures. Resultado máis que xusto. O Cures botoulle moitos máis arrestos e o Abanqueiro foise diluindo co paso dos minutos. De feito o gol do Abanqueiro foi de moita fortuna tras un erro grave do porteiro do Cures que se meteu o balón nun centro bastante normaliño. Acabaron o partido con 10 pola expulsión de Andriiy por doble amarela.
O Crocha volve da xornada de descanso pero en situación moi complicada sendo o único equipo que todavía non gañou. No último encontro derrota por 5-2 en Noia condicionada por unha expulsión por doble amarela por protestas ó cuarto de hora de comezar. A partir de ahí 4-0 ó descanso e medio se maquillou a cousa con 2 goles despois de quedar o Noia B con 10.
Difícil pronóstico. Os 2 veñen en horas baixas. |
08 Nov 2022, 20:03 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
Moi bo partido o que se verá en Valga.
Cordeiro B e Palmeira xogarán domingo no Municipal de Campaña.
Os locais siguen invictos logo de 8 partidos e siguen sendo das sensacións deste Grupo 1. No último encontro victoria moi traballada no infernal Monumental de Cures pola mínima 0-1.
O Palmeira conseguiu unha victoria balsámica e con goles ante o Xuño (7-3). Victoria de doble filo: Pode ser o inicio dun cambio de tendencia logo de 2-3 malos resultados consecutivos ou so un espexismo e volver ás andadas. Proba psicolóxica e importante cun rival de entidade.
Favorito o Cordeiro B nun 70%-30%. O ano pasado 5-3 para os de Valga pero o Palmeira si ten o día tamén podería dar un disgusto. |
04 Nov 2022, 15:07 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
Probablemente o partido con máis chicha de toda a fin de semana.
Porto do Son e Cidade de Ribeira B vense as caras no Emilio García.
Os do Son nun exame importante "suspenderon" 4-2 na Tasca. 3-0 en 20 minutos e costa arriba. Pase o que pase no peor dos casos no seu encontro o rival deste domingo achegarase a 1 punto pero os de Quintáns quererán agarrarse á zaga dos Artes, Cordeiro B ou Aguiño
O Cidade de Ribeira vai lanzado como un obús e sumaron a terceira seguida ante o Lousame cun aplastante 8-2. Tendencia inicial revertida e van sin medo ningún a subirse ás barbas dos sonenses.
O pronóstico máis incerto desta xornada 8 en Terceira Autonómica. |
04 Nov 2022, 15:02 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo na Guía.
Carreira e Noia B miden forzas con ambas escuadras moi potentes.
Os locais levan 6 derrotas seguidas, nalgún momento atoparán a luz ó final do túnel. Nesta xornada pode ser o día. Veremos a dinámica e a resistencia que poña o Noia B.
Os de Noia venceron ó pechacancelas Crocha nun partido moi raro con 3 expulsados: Mario o porteiro do Noia B por coller o balón ca man fora da area en ocasión manifesta de gol. Por parte do Crocha o camiño para os de Pincho allanouse ca expulsión ós 15 minutos de Neira por doble amarilla logo dun penalti, e no desconto tamén foi expulsado Ángel. Partido moi a favor, 4-0 ó descanso e logo maquillou o Crocha o resultado para o 5-2 final.
Sin pronóstico claro. |
04 Nov 2022, 14:56 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo boirense en Vista Alegre.
Abanqueiro e Cures loitan polos 3 puntos moi próximos na taboa, 1 punto os separan.
Os locais volven de xornada de descanso logo de apretar as clavijas ó Noia B no mismo escenario do domingo 2-3 que non foi suficiente para sumar e ascender na taboa.
O Cures perdeu pola mínima no Monumental ante o Cordeiro B. 0-1 que puido ser un resultado ben distinto según contan as cronicas. Calqueira resultado pudose dar.
Sin pronóstico claro, quizais un pelín mellor o Abanqueiro. |
04 Nov 2022, 14:51 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo nas Furnas en principio aínda que cando chega o inverno hai cambios de campos dependendo do duro da climatoloxía. Quenta na banda a Trinidade por se acaso.
Xuño e Puebla B loitarán por 3 novos puntos na competición.
Os locais veñen de recibir un duro correctivo en Palmeira 7-3 na que en principio a única boa noticia foi a capacidade de ver porta con facilidade.
O Puebla B nun duelo igualado venceu ó Araño por 2-1 postulandose claramente á promoción.
2 claro na quiniela. |
04 Nov 2022, 11:48 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
Partido matinal do domingo.
Un dos equipos de abaixo contra o líder.
O Lousame logo da sorpresa co Palmeira polo resultado mellorou competitividad con algún resultado axustado pero descarrilou de mala maneira na Fieiteira ante o Cidade Ribeira B. 8-2 ainda que comezaron ganando.
O Artes no duelo de Bos equipos ante o Carreira saeu vencedor por 3-1 mantendo o liderato e a imbatibilidad e poñendo terra de por medio con rivais como o Porto do Son por exemplo.
Pinta a 2 claro.
|
04 Nov 2022, 11:44 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
Boas crónicas do amigo santalla16.
O partido adiantado da xornada 8. Raro cando suele haber 2 ou 3 nesta temporada
Araño e Aguiño enfrentanse na Lomba.
Os locais veñen de caer co Puebla B nun partido parece que moi apretado. Equipos candidatos a rascar plaza de promoción.
Polo estado de forma do Aguiño ten pinta de, si manteñen este ritmo ó longo do curso, ser poseedor fijo dunha das plazas de promoción ou veremos sinon da plaza de ascenso automático nos enfrontamentos directos. A dupla en ataque Carlos Fernández e Fernando Millán aseguran goles por un tubo.
Partido difícil para o Aguiño que ten na Lomba un dos campos perigosos para perder puntos. De todas formas aposto por un 2 na quiniela non sin apuros. |
04 Nov 2022, 11:32 |
860.14 |
1 |
0 |
+info
|
Cerran a xornada Noia Cruido e Crocha no Anexo de San Lázaro.
Os locais gañaron con dificultades ó Abanqueiro en Vista Alegre. Boa racha dos noieses que siguen á caza do grupo de promoción.
O Crocha mellorou a súa imaxe a pesar da derrota ante o líder pero terán outro duro desafío nun horario que non lles suele sentar ben ós da Pobra.
Favorito por bastantes circunstancias o Cruido Noia. Un 1 na quiniela. |
26 Oct 2022, 23:24 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo na segunda sesión do Anexo da Fieiteira logo de que xoguen Cidade de Ribeira B e Lousame.
Partidazo entre 2 grandes da liga ainda que en posicions moi distintas da taboa.
O Artes ven de gañar na Alta un partido que a pesar do resultado foi algo máis complicado de levar a pesar de ser último contra primeiro na taboa. Perden a Alex Rivas por acumulación de cartóns amarelos.
O Carreira siguen no buraco negro e encadean a quinta derrota consecutiva. O Derbi ante o Cidade de Ribeira B se lles puxo moi costa arriba con un 1-3 ó descanso. Non deu tempo suficiente no segundo acto e o 2-3 prolonga a mala xeira na taboa.
Un 1 visto o visto para a quiniela. |
26 Oct 2022, 23:21 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo na Tasca entre 2 dos galos da Categoría.
Xuventude Aguiño e Porto do Son loitarán por posicions de cabeza na taboa estando ambos empatados a puntos.
Os da Tasca chegan en mellor forma xa que levan encadenadas varias victorias seguidas e parece que están imparables e máis difícil será botarlle o lazo na casa.
Os visitantes salvaron un punto no Emilio García logo de ir perdendo 0-2 nos 10 primeiros minutos ante o Puebla B. Recuperan a Robert logo do partido de sanción cumplido.
Pronóstico incerto ainda que máis cerca do 1. |
26 Oct 2022, 23:17 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
O Monumental de Pomar do Río acollerá un duro partido.
Cures e Cordeiro B xogarán na terra do campo de Boiro con aspiracións diferentes.
Os locais buscarán logo da súa xornada de descanso a segunda victoria seguida logo de vencer in extremis ó Xuño.
O Cordeiro B logo de xogar co Xuño sufreu polo menos no marcador para levar o partido 3-4.
Un 2 Pola posición de uns na taboa. Pero ollo ó Cures e ó Monumental. |
26 Oct 2022, 23:11 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
O domingo o abren Cidade de Ribeira "B" e Lousame no Anexo da Fieiteira que vivirá sesión continua de partidos de Terceira xa que ó remate deste encontro xogará o Artes.
Ollo ós locais que logo de empezar varias xornadas sin puntuar optan á terceira victoria seguida. O bo comezo da racha ante o Crocha continuou ca victoria no Campo da Guía ante o Carreira. Ollo que si siguen sumando bos resultados poden arrimarse ós postos bos da taboa.
O Lousame logo do partido loitado ante o Puebla B pero infructuoso en canto a puntos caeron claramente ante o Xuventude Aguiño.
Un 1 diría polo lanzado que vai o Cidade Ribeira "B" |
26 Oct 2022, 22:29 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
Abre a xornada o Palmeira-Xuño á vez que se xogará en Cadreche o Puebla B - Araño.
O Palmeira empeza a coller un certo declive. 9 goles a favor e 11 en contra nos 2 últimos partidos. No último encontro derrota 5-4 ante o Araño. Un partido tan irregular como a súa traxectoria: 2-0 en contra nos 6 primeiros minutos, 4-1 ó inicio da segunda parte e cando peor estaban empataron a 4 a 10-15 minutos do final. Pero outro gol do Araño a 5 do final fanlles acumular a terceira derrota seguida. Partido que deben empezar a sumar para remontar na táboa.
O Xuño volveu a plantar cara a un dos mellores conxuntos da categoría: o Cordeiro B. Apretado 3-4 co "hándicap" de non xogar na súa casa das Furnas tendo que ir para a Trinidade. Os merecimentos poden converterse en feitos logo de competir a bo nivel contra moitos equipos de nivel.
O factor Ventin é importante. Penso que será un 1 pero o Xuño está rondando día si e día tamén o conseguir premio. |
26 Oct 2022, 17:47 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
Comeza a 7° xornada de liga en Cadreche á misma hora que se xogará en Ventin o Palmeira-Xuño.
Puebla B e Araño enfrentan boas rachas de varias xornadas seguidas puntuando.
Os locais volven con un punto do sempre difícil do Emilio García. 2-2 logo de poñerse 0-2 nos 10 primeiros minutos pero resultado bastante positivo de todas formas.
O Araño venceu noutro partido tolo que volve ter como protagonista ó Palmeira. 5-4 con constantes alternativas no marcador.
Partido complicado de preveer pero a pesar do apretado que pinta o partido por moi pouco será un 1 na quiniela. |
26 Oct 2022, 17:36 |
851.35 |
1 |
0 |
+info
|
Cambio de campo. O partido disputarase na Trinidade. |
21 Oct 2022, 00:47 |
842.46 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo moi atractivo no Emilio García.
Porto do Son e Puebla B vense as caras en boa forma ambos conxuntos.
Os nesta xornada locais na locura de Ventin gañaron un partido moi quente por 5-6 logo de ir 3-4 a 1 minuto do final do tempo reglamentario. Logo formouse a que se formou na grada, partido parado media hora e victoria na bocina dos do Emilio García.
O Puebla B gañou con algo de apuros ó Lousame por 3-2. Comezaron perdendo pero puidéronse refacer e sumar 3 novos puntos que o colocan co grupo de honra dos postos de promoción.
Sin pronóstico claro. Pode parecer un 1 claro pero o Puebla B xa rindeu moi ben en Carreira, por exemplo. |
19 Oct 2022, 23:48 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|
Pechacancelas e líder enfróntanse na Alta
Os locais están en crise. Logo de 3 derrotas seguidas e encaixando 12 goles despois de so encaixar 1 nos 2 primeiros. E non é precisamente o mellor momento para levantar a situación chegando un Artes pletórico. Precisamente nestas 3 derrotas fan o máis difícil que é poñerse por diante e logo desfanse co paso dos minutos.
O Artes sigue intratable. Nova victoria desta vez ante o Abanqueiro e parece que nadie lles pode toser ata o de agora. O Crocha está bastante fraxil e parecen claros favoritos para o partido.
Ten toda a pinta dun 2 na quiniela. Veremos. |
19 Oct 2022, 23:43 |
842.39 |
1 |
0 |
+info
|