El resultado fue 1-2 para el Cordeiro B |
27 Nov 2022, 15:37 |
887.95 |
1 |
0 |
+info
|
Pechamos rapidiño a xornada.
Artes. Pleno ó 9 de momento e non ten pinta que esto vaia a cambiar ata se supón o duelo co Aguiño. En Araño 0-2 en 15 minutos e xogar con colchón.
Xuño. Leva 2 partidos rozando o aprobado en forma de puntos ante 2 bos rivais como Aguiño e Cidade Ribeira B pero de momento siguen desde o día de Lousame sin sumar.
Todo o que non fose un 1 sería a gran sorpresa do que vai de liga. |
23 Nov 2022, 02:15 |
885.33 |
1 |
0 |
+info
|
Rápido e furioso.
Aguiño. Quedase no man a man co Artes pola liga. 16 goles de Fernando Millán e un equipo pletórico, proba superada con nota no campo do Cordeiro B.
Palmeira. Bo bálsamo a manita a un Puebla B que viña invicto. Pero hai que acompañar o fortín de Ventín con algúns puntiños fora da casa, e non está sendo o caso últimamente.
Un 1 porque ó Aguiño non lle tose nadie neste momento. |
23 Nov 2022, 02:12 |
885.33 |
1 |
0 |
+info
|
Rayo McQueen versión previa.
Crocha. O pozo sen fondo. Derrota por 1-2 ante o Cures. Desta vez mereceron polo menos sacar un puntiño ante un rival que viña forte. 2 balóns parados en contra e marramiau.
Carreira. Punto na casa contra o Abanqueiro pero marcaron moi pronto e logo foi todo apretar o Abanqueiro según din.
Xogarase en Cadreche en vez de na Alta.
Sabe Dios... Ningún chega ben. Máis cerca do 2 pero veremos. |
23 Nov 2022, 02:10 |
885.33 |
1 |
0 |
+info
|
Como un raio ahí vai a previa.
Cures. Venceu nun moi disputado duelo ó Crocha. Siguen á alza e Pomar do Río faise clave para quizá estar a tiro de pedra dese pelotón que irá do 4°-5° ata o 8° posto.
Puebla B. Derrota contundente e merecida cando nadie o esperaba en Palmeira pero a veces un aviso así venlle ben a calquera para non durmirse nos laureles.
Máis igualado do que parece o asunto. Outra X quizá. |
23 Nov 2022, 02:06 |
885.33 |
1 |
0 |
+info
|
Raudo e veloz no resumo.
Cidade de Ribeira B. Gañou axustado nas Furnas pero sigue sumando, proba de nivel a visita do Cordeiro B.
Cordeiro B. 2 duelos directos e 2 derrotas seguidas ante Puebla B e Aguiño no último partido e este na casa.
Pode pasar de todo. Pero empeza a urxirlle ó Cordeiro B volver á boa senda. |
23 Nov 2022, 02:03 |
885.33 |
1 |
0 |
+info
|
Cortita y al pie.
Noia B. Derrota no Son 4-3 e empezase a acumular o pelotón de candidatos á promoción.
Araño. Derrota na casa contra o líder 0-2 con ese marcador xa campeando dende o minuto 16.
Aquí aposto a empate. |
23 Nov 2022, 02:01 |
885.33 |
1 |
0 |
+info
|
Esta semana previa cortiña que ando moi liado.
Abanqueiro apañou 1 punto no desconto na Guía según as crónicas merecendo máis.
Lousame volve da xornada de descanso pero en mala dinámica último partido xogado 5-1 en Noia.
Pinta a 1, pero depende o día que teña o Abanqueiro. |
23 Nov 2022, 01:59 |
885.33 |
1 |
0 |
+info
|
Fe de erratas:
Pechei demasiado pronto a acta sin revisar. A amarilla do Puebla B non e para Carlos sinon para Jorge Teira e hai que añadir outra para Samuel. O demáis todo correcto.
Sorprendente quizá pero merecido resultado. |
19 Nov 2022, 19:25 |
877.07 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada en Valga.
Cordeiro B e Aguiño xogarán un dos mellores partidos que se pode ver nesta liga.
Os locais perderon o invicto ante o Puebla B no último minuto. Dura derrota nun duelo nas altas esferas. Veremos si este mazazo non o arrastran de cara a este encontro tamén clave.
Os de Aguiño sufriron un bo susto ante un aparente inofensivo Xuño pero que se lles puxo 2 veces na Tasca por diante estando 2-3 a uns 20 minutos de final. Fernando Millán con outros 3 tantos e xa leva 15 cerrou o partido cun 5-3 final que o deberían tomar como aviso ante citas importantes como a deste domingo.
Outro duelo moi igualado. Empate ou victoria do Aguiño diría eu, aparte recuperan a Carlos na dianteira logo da sanción por acumulación de amonestacións. |
16 Nov 2022, 00:04 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
Derbi de concellos veciños no Emilio García.
Porto do Son e Noia B enfrontanse o domingo nun duelo moi igualado.
Os locais casi rompen a invencibilidade do Artes pero caeron nos últimos minutos logo de ir 1-2 ben avanzado o segundo tempo.
O Noia B pola súa banda goleou ó Lousame claramente por 5-1 no duelo que tivo como trasfondo o antigo ACD Cruido entre xogadores que estiveron nese equipo e os xogadores que ocupan esa transformación que tivo o equipo integrándose na estructura do Noia.
Quizá o duelo máis impredecible da xornada. |
15 Nov 2022, 23:59 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
Carreira e Abanqueiro vense as caras na Guía.
Os locais descansaron a semana pasada pero foronse a ese descanso rompendo esa mala xeira de derrotas gañando ó Noia B.
O Abanqueiro gañou ó Crocha logo de estar cun home menos casi unha hora de partido. Eso sí deixaron a abanear ós da Pobra ca de paus que repartiron.
Victoria local xa que conseguiron romper ese maleficio na última xornada que xogaron. |
15 Nov 2022, 23:54 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
Partido nunhas Furnas que como sexa ali o partido ca previsión que hai veremos que pasa. Coma sempre ante estas previsions quenta a Trinidade na banda por se acaso.
Xuño e Cidade Ribeira B xogan un partido onde ambos equipos cambiaron algo as sensacións respecto de como viñan nos últimos partidos.
O Xuño colleitou unha nova derrota pero chegaron a ir 2 veces por diante e 2-3 mediado o segundo tempo na Tasca contra o Aguiño. Finalmente fincaron rodilla a terra co 5-3 final. Xa ten feito partidos parecidos como co Cordeiro B (3-4) o que indican que hai días que tamén lles entra todo.
O Cidade Ribeira B viña intratable pero voaronlle 2 puntos e 1 deles para Rianxo contra o Araño. Non o consideraría nin pinchazo porque o Araño é un rival moi competitivo.
Un 2 como pronóstico neste encontro. |
15 Nov 2022, 23:44 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo moi desigual en tendencia na Alta.
Crocha e Cures xogan un partido de parroquias que sempre ten a súa miga.
Catástrofe dos locais en Abanqueiro encaixando 3 goles nun espacio de 5 minutos e cun home mais no campo. Mentres non salan desa espiral e a desesperación e os nervios non os atallen vai ser peor que un parto o tema de sumar puntos.
O Cures todo o contrario, 2 victorias consecutivas e convencendo cun moi Bo traballo grupal e moita actitude. A última ante o Palmeira 3-1 na casa.
2 claro tal como veñen ambos ten toda a pinta. |
15 Nov 2022, 23:35 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
Outro bo partido completa o sábado na Lomba.
Araño e Artes disputan un duelo moi competido.
Os locais cortaron a racha de victorias do Cidade de Ribeira B cun empate a 1 que, tal como viñan os da Fieiteira lanzados é bo resultado. Temporada notable dos do Araño con toda a reconstrucción que tiveron que acometer.
O Artes sigue triunfal. Sufrindo un pelín nas últimas xornadas pero sacando todo finalmente adiante. Puxose o Porto do Son 1-2 pero no 87 culminaron a remontada e 3 novos puntos que recollen os de verde e blanco.
Quizá sexa 2 pero si o Araño se aplica duro pode haber sorpresa. |
15 Nov 2022, 23:29 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
Arranca a xornada 10 en Ventín.
Palmeira e Puebla B xogarán un duelo vecinal moi bo.
Os locais estanse desinflando de maneira notable. Nova derrota (é a 4° ou 5° nos últimos 6 partidos) no Monumental de Pomar do Río ante o Cures. Plantel moi corto (desta vez só 12 xogadores foron na última xornada) e expectativas de estancamento en liga.
O Puebla B no gran duelo da última xornada venceu no desconto ó Cordeiro B cun gol de Pablo Resúa. Gran victoria que os sube ó 3° posto da táboa. Gran temporada dos da Pobra.
Noutras épocas estaría mais igualado. Pero ten pinta de 2 moi claro e con moita suerte para os locais unha X como moito. |
15 Nov 2022, 23:26 |
876.92 |
1 |
0 |
+info
|
Péchase a xornada nun Anexo da Fieiteira que, como dixemos no partido do Artes, está de bote en bote para coller sitio para xogar. Case que se hai que poñer a cola e coller número logo de que o rally non só trastoque as cousas en Ribeira sinon en algún concello veciño.
Cidade de Ribeira B e Araño loitarán nun bo partido polos 3 puntos.
O Cidade de Ribeira B é o mellor equipo actualmente xunto co Artes. 4 victorias seguidas e aplastante resultado nun campo difícil como o Emilio García do Son, 2-6 e merecido.
O Araño perdeu co Aguiño por 1-3 e leva 2 derrotas seguidas pero hai que dicir que foron contra 2 dos invictos como o Puebla B e o Aguiño polo que ata certo punto entra dentro das previsións.
Por momento de forma o filial ribeirense gañouno a pulso. Un 1 na quiniela. |
08 Nov 2022, 23:10 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
Bo partido no Monumental de Pomar do Río.
Cures e Palmeira xogarán un partido interesante.
Os locais veñen de dar un golpe na mesa vencendo ó Abanqueiro por 1-4 en Vista Alegre. Resultado máis que xusto visto o encontro e onde dende o 1-3 e a expulsión de Andriiy o Abanqueiro estivo totalmente roto e a merced do que quería o Cures. Gran partido onde o Cures xogou con moita actitude e collóns.
O Palmeira caeu en Valga contra o Cordeiro B por 3-1. 13 xogadores so en convocatoria (segundo partido seguido que levan 13) e logo da victoria co Xuño volveron á cruda realidade dos 2-3 encontros anteriores onde de momento estáncanse na metade da táboa.
Tal como empezaron en liga o pronóstico sería distinto. Pero están máis por quedarse os 3 puntos no Monumental que que se vaian para Ventin. Aposto por unha X pero está mellor o Cures actualmente. |
08 Nov 2022, 23:02 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
Partido moi desigual na Tasca nestas alturas da tempada e nos estados de forma de ambos conxuntos.
Xuventude Aguiño e Xuño loitan por 3 novos puntos.
O Aguiño venceu ó Araño na Lomba nun desplazamento que se antollaba bastante complicado pero que superon sacar con relativa solvencia.
O Xuño leva varios encontros bastante malos e nos 2 últimos encontros encaixou 14 goles. 7 en Palmeira e 7 na última xornada nas Furnas contra o Puebla B. Teñen que empezar a mellorar algo máis a imaxe.
Un 1 moi claro neste encontro. |
08 Nov 2022, 22:40 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|
Horario este bastante extrano. Ainda que xa non é a primeira vez que o Artes xoga en horario raro, xa xogaron contra o Cures ás 15:45. Eso sí os do Son cando cheguen á casa xa irán para merendar casi.
Artes e Porto do Son xogarán un bo partido nunha Fieiteira que esta semana co tema do rally ten que facer verdadeiro encaixe de bolillos cos horarios para meter tantos encontros na fin de semana.
Os locais siguen líderes e sumando todo de a 3 pero casi levan un sustiño en Lousame ganando so pola mínima e no último cuarto de hora de encontro.
O Porto do Son desinflouse nas 2 últimas citas do calendario. No último encontro 2-6 encaixado no Emilio Garcia contra o Cidade de Ribeira B. Chegan as dúbidas para os sonenses.
Polo visto nos últimos encontros pinta a octava do Artes, veremos... |
08 Nov 2022, 20:30 |
868.75 |
1 |
0 |
+info
|