Cerrase o 2022 para Araño e Crocha na Lomba.
Os locais gañaron fora da casa ante un Abanqueiro que está armándose a conciencia. 2 veces por detrás no marcador para no 84 acabar gañando 2-3.
O do Crocha o domingo pasado co Porto do Son tivo de todo. 0-4 en contra en 14 minutos, poñerse logo 4-5 a punto de levantarlle o partido ós do Son e logo o árbitro que foi unha auténtica calamidad. Este ano os arbitraxes e o nivel que hai polo general está sendo malo en moitos encontros (non só do Crocha) sinon en outros que vou mirar pero o do domingo pasado na Alta foi unha auténtica vergonza. 3 empates sólo para o Crocha en toda a liga está claro que non é cuestión de árbitros pero como di sambinha "un pouco de suerte" polo menos en algún arbitraxe e en momentos puntuales non viña mal.
Posiblemente sea un 1 pero a ver si Papá Noel ven antes de tempo e hai sorpresa. |
13 Dic 2022, 23:19 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo en Ventín.
Palmeira e Noia B loitan polos últimos 3 puntos do 2022.
O Palmeira deu a campanada ganando ó Artes no desconto e fora da casa. Moi poucos poñerían os chícharos nas casas de apuestas ó da semana pasada. Traxectoria moi parecida á do Cures con heroicas ante equipos da zona alta e logo algún petardazo con equipos da zona media-baixa.
O Noia B ven desgraciadamente de descansar polo motivo tristemente coñecido.
Factor Ventín clave coma sempre. O ano pasado sendo o Noia B das choscas a todos de principio de temporada xa perdera 2-0. Un 1 para sábado. |
13 Dic 2022, 23:11 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
Iba a decir un dos partidos adiantados da xornada. Pero hai mais partidos sábado que domingo. ¡Ay! as cenas de empresa e a final do mundial...
Xuño e Abanqueiro xogan nas Furnas pero veremos as condicions climatoloxicas...
O Xuño volve da xornada de descanso pero sigue degustando o punto colleitado ante o Noia B na última xornada.
O Abanqueiro caeu nun moi disputado partido co Araño. Ollo a Samuel Laíño que leva 4 goles en 2 partidos. Suben como a espuma cas fichaxes novas a pesar de perder na última xornada.
Pronóstico incerto. Veremos si o Xuño é capaz de manter esas boas sensacións das últimas xornadas e si o Abanqueiro sigue picha arriba.
Quizá unha X. |
13 Dic 2022, 23:07 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
Ánimo e forza á familia do Cordeiro B. Oxalá aparezca o chaval. Moito ánimo. |
10 Dic 2022, 21:26 |
902.71 |
1 |
0 |
+info
|
Ojalá non sea polo que estou vendo na Voz de Galicia, por favor... |
10 Dic 2022, 21:19 |
902.71 |
1 |
0 |
+info
|
Partido aplazado segundo o que pon futgal. |
10 Dic 2022, 18:58 |
902.71 |
1 |
0 |
+info
|
Derby de filiais e veciños.
Cidade Ribeira B e Puebla B collen o testigo de Artes e Palmeira na Fieiteira xa que xogarán ó acabar éstos.
O Cidade Ribeira B perdeu unha oportunidade de ouro de sumar e enriba nun casi inexpugnable campo como é Ventín. 0-2 se puxeron por diante pero acabaron derrotados por 3-2. De haber gañado tal como foron os resultados ocuparían o último posto de promoción de ascenso ó final da xornada.
O Puebla B puxo en serios apretos ó Aguiño. 3-1 se puxeron por diante pero o Aguiño non morre ata que se pita o final e 2 goles de Fernando Millán e Carlos deixan as tablas no marcador e as diferencias na taboa cos da Tasca.
Todo é posible. Pero penso que os "irmáns pequenos" vengarán o 0-4 sufrido polos "irmáns maiores" en Primeira Autonómica. Un 2 na quiniela pero apretado resultado. |
07 Dic 2022, 20:52 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de filiais en Noia.
Noia B e Cordeiro B xogarán por 3 puntos con 2 equipos que cando están ó 100% prometen espectáculo.
O Noia B non está precisamente no seu mellor momento. 2 pinchazos, un na casa contra un Araño con 9 xogadores e outro ante o Xuño nas Furnas failles volver a pasar outro bache pero siguen estando en posto de privilexio de promoción.
O Cordeiro B foi o primeiro equipo en rascarlle algún punto ó intratable líder Artes. 1-1 onde se lograron poñer por diante ó pouco de comezar pero o Artes empatou pouco antes do descanso. A heroicidade de empatar co líder non lles deu un extra xa que Aguiño e Puebla B próximos na taboa empataron e non recortan a ningún dos 2.
Por forma o Cordeiro B deberia gañar. Pero o Noia si está inspirado pode gañarlle a calquera. Unha X o meu pronóstico. |
07 Dic 2022, 20:47 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Alta.
Crocha e Porto do Son loitarán polos 3 puntos este domingo.
O Crocha caeu na mañán do domingo na Silva contra o Lousame. 2 errores graves e 1 Lousame que defendeu a renta pois fai que os da Pobra leven 12 xornadas e 0 victorias. Pode haber mala sorte en ocasións pero cando en 12 xornadas non ganas non é só factor suerte. So lles queda quitar os nervios de enriba e velo como comezar de cero. Sinon a racha seguirá por tempo.
O Porto do Son empatou a 2 co Abanqueiro na última xornada e perdeu 2 puntos que a final de curso nótanse e máis agora que están bordeando eses postos de promoción.
Nun partido pode pasar de todo. Pero ou moito cambia a dinámica ou a cousa pinta a 2. |
07 Dic 2022, 20:29 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
Bo duelo no Monumental e dura proba para un dos candidatos ó ascenso.
Cures e Aguiño xogarán por 3 puntos que estarán moi disputados.
Os locais veñen de darse un festín de goles na Guía clavando nin máis nin menos que 8 goles ó Carreira. Mario con 4 tantos xa está afinando a escopeta para igualar rexistros ou superalos de outras temporadas. Non sei ata qué punto é verídico o que di 1004 pero tendo a Mario os registros goleadores serán de récord.
O Aguiño estuvo contra as cordas en Cadreche pero salvaron a papeleta empatando a 3 no último treito de partido. Como o Artes tamén pinchou as distancias siguen igual.
Un 2 si a dupla atacante está como leva todo o ano pero ollo á trampa que sempre é o Monumental. |
07 Dic 2022, 20:01 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
O partido da xornada.
Artes e Palmeira miden forzas no Anexo da Fieiteira no primeiro dos 2 actos que terá o campo ribeirense xa que ó rematar este encontro xogarase o derby de filiais entre Cidade Ribeira B e Puebla B.
O Artes pinchou logo de 12 xornadas. Empate a 1 no sempre difícil campo do Municipal de Campaña pero a xornada non lles perxudicou para nada porque os perseguidores xogaron entre sí e empataron 3-3 en Cadreche (Puebla B e Aguiño). E como o cuarto en discordia é o Cordeiro B mantivo as distancias con todos.
O Palmeira fixo valer o efecto Ventín e remontaron un 0-2 contra o Cidade de Ribeira B para gañar 3-2. Campo onde se irán moi poucos puntos.
Así como decimos que o Palmeira como local é garantía de 1 na quiniela como visitante non podemos decir o mesmo. Victoria do Artes o meu pronóstico. |
07 Dic 2022, 19:55 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Guía entre Carreira e Lousame.
Visto o visto un espectador neutral hai que recomendarlle ir ver partidos do Carreira. Si fai 2 semanas en Cadreche empataba 4-4 co Crocha desta vez foi derrota 5-8 contra o Cures. 9 goles a favor e 12 en contra que moitos equipos non chegan a eses rexistros nin en 5 xornadas. Equipo que por nomes optaban a altas cotas pero algo non vai ben na Guía.
O Lousame ven exultante logo de gañar no duelo directo ó Crocha por 2-1. O aproveitar os errores do rival e logo unha sólida defensa do resultado fanlles xa estar con 6 puntos no casilleiro.
Impredecible polo día que lle de por ter ó Carreira. Por potencial e o meu pronóstico é un 1, pero non descarto ver unha victoria visitante si se mostran serios como na última xornada e si o Carreira sigue así de inestable. |
07 Dic 2022, 19:50 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
O partido adiantado da xornada 13 xogase en Vista Alegre.
Abanqueiro e Araño vivirán un duelo onde 3 puntos os separan na taboa.
Ollo ó Abanqueiro que está gañando enteiros e está facendo adquisicións máis que interesantes para subir na táboa. Á de Raúl Segade fai 2 xornadas (que marcou) únese outro ex do Lampón como Jano e a de Samuel Laíño. Todas estas adquisicións xa se traducen en goles e puntos porque Raul marcou no seu debut e Samuel marcou os 2 goles do Abanqueiro no Son para levar 1 punto do sempre difícil Emilio García. Ollo a como empasten estas pezas e algún as na manga a maiores quizais.
O Araño ven de descansar con todavía a épica de sacar un punto de Noia con so 9 xogadores.
Partido igualado pero o Abanqueiro comeza a subir enteiros. Empate. |
07 Dic 2022, 19:45 |
902.54 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo en Campaña.
Cordeiro B e Artes vivirán o duelo da xornada con permiso do Puebla B - Aguiño.
Volve ter outra reválida os de Valga na casa. Poden frenar e teñen capacidade de facer pinchar ó imbatible Artes. Co Aguiño en situación moi parecida non puideron facer nada, teñen na man que a cousa se active algo si consiguen derrotar ós de Ribeira e poñerse a 4 puntos. Último resultado: victoria ante o Cidade de Ribeira B no Anexo da Fieiteira, campo no que tamén xoga o Artes.
O Artes siguen co camiño triunfal e non vai frenar contra nada nin nadie. Última victoria 3-1 contra o Xuño.
Todo pode pasar. Pero me ten pinta a un calco do día de Aguiño. Victoria do Artes. |
29 Nov 2022, 19:34 |
893.71 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo na Guía interesante.
Carreira e Cures xogarán un duelo como din os compañeiros sambinha e 1004 que ten pinta a estar quente.
Os locais viviron un partido de montaña rusa en Cadreche contra o Crocha. Tiverono moi de cara ó principio co 0-2, tiverono moi negro con 4-2 que se puxo o Crocha e ó final lograron empatar con doblete de Carlitos, o último no desconto.
O Cures logo de dar boa imaxe nas últimas xornadas pincharon en oso contra o Puebla B no Monumental. Un partido que parece polo menos no discorrer do mesmo estivo controlado polo Puebla B.
Entre sachadas, empuxóns e levantar en peso a contrarios a cousa pode quedar de calquer maneira. Quizá unha X: partido non recomendado para menores de edad, eso fijo. |
29 Nov 2022, 19:29 |
893.71 |
1 |
0 |
+info
|
O Emilio García albergará o encontro entre Porto do Son e Abanqueiro.
Os locais volven da xornada de descanso aínda cun bo regusto de gañar 4-3 ó Noia "B" no derby de pobos veciños.
O Abanqueiro gañou 3 puntos no desconto nos 2 últimos encontros disputados. 1 en Carreira para empatar a 1 e 2 en Vista Alegre para gañarlle 2-1 ó Lousame. Eses 3 puntos levan a firma de Lois Calo.
Aposto por un 1 sempre e cando o Abanqueiro e Lois Calo non estén afinados cando o tempo do partido se esté esgotando. |
29 Nov 2022, 19:22 |
893.71 |
1 |
0 |
+info
|
Lousame e Crocha xogarán "madrugando" domingo.
Ambos equipos veñen de perder puntos no desconto dos seus respectivos partidos.
Os locais perderon 1 punto en Vista Alegre co gol de Lois do Abanqueiro no 90.
Os visitantes perderon 2 puntos logo de ir 4-2 a 15 minutos do final contra o Carreira.
Algún volverá a gañar logo de moito tempo ou ambos sumarán si é empate. Ojalá sea o Crocha o que sume sendo un pelín subxectivo por unha vez... |
29 Nov 2022, 19:18 |
893.71 |
1 |
0 |
+info
|
Xuño e Noia B xogarán nas Furnas si todo vai sobre o previsto.
O Xuño sigue en racha de derrotas pero está plantando cara ou competindo en resultado ós mellores da categoría. 3-1 ante o líder Artes pero chegaron a estar 2-1 no 65 co gol de Eloy.
O Noia B perdeu 2 puntos no desconto contra un Araño que estivo casi todo o partido con 10 e que lles empatou con 9 cunha expulsión instantes antes do gol.
O ano pasado na época que o Noia B collía por banda a todos e daba malleiras a cousa solo quedara 1-3. En principio un 2 na quiniela pero veremos... |
29 Nov 2022, 19:14 |
893.71 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo en Cadreche entre 2° e 3° clasificado.
Puebla B e Aguiño vivirán un partido que pode definir si a cousa se abre a máis candidatos (con permiso do Artes por suposto) ou a cousa encárase a un man a man entre Artes e Aguiño.
O Puebla B venceu en Pomar do Río por 1-3 onde encarrilaron o partido bastante ben cun 0-2 xa ó descanso.
O Aguiño venceu pero tivo que traballalo contra o Palmeira ó que venceu 3-2 a 6 minutos do final.
Calquera resultado é posible. Polo ben da liga (sempre que o Artes pinche algún día) unha victoria do Puebla B darialle picante ó asunto. |
29 Nov 2022, 19:11 |
893.71 |
1 |
0 |
+info
|
Ábrese a xornada en Ventín.
Palmeira e Cidade de Ribeira "B" xogarán un vibrante partido.
Os locais veñen de caer loitando a brazo partido na Tasca. 3-2 final sen premio pero onde plantaron cara logo de non mostrar excesivamente unha boa imaxe nas últimas salidas.
O Cidade de Ribeira "B" caeu logo de bastantes xornadas na casa contra o Cordeiro "B". Apretado 1-2 onde se lles escapou o encontro a 2 minutos do final.
Factor Ventín suele ser bastante definitorio. Victoria do Palmeira diría eu. |
29 Nov 2022, 19:07 |
893.71 |
1 |
0 |
+info
|