O cuasi-derby que comenta o amigo sambinha ten lugar en Ventin.
Palmeira e Crocha xogan un partido que vistos os últimos encontros poden chegar bastante igualados.
Os locais caeron por un contundente 3-0 en Vista Alegre ante o Abanqueiro. Bastante mala primeira parte que se fixo xa imposible de arreglar no segundo tempo onde tiveron opcions para meter un par de tantos.
Os visitantes están no momento máis dulce da temporada. Si en 13 partidos so sumaron 3 puntos, nos 2 seguintes sacaron 4. Non sabemos si esta mellora terá continuidade, pero que é o mellor momento do curso sen dúbida. Último partido empate 2-2 ante un dos fortes da categoría como o Cordeiro B.
Factor Ventin pode ser clave. Por sensacións inmediatas o Crocha algo mellor, por campo o Palmeira. Como ben dixo Sambinha 0-0 na Alta na primeira volta. Veremos... |
25 Ene 2023, 22:05 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
2 partidazos para sábado.
O primeiro en Cadreche enfrente a Puebla B e Abanqueiro.
Os locais veñen de descansar pero tendo un partido menos o Noia B alcanzounos e derrotounos no último encontro que disputaron. Parece que os de Noia amarraron o tren bo (e casi que dos últimos) para optar polos premios gordos.
O Abanqueiro leva 2 bos resultados. Empate cun dos da zona alta como o Cordeiro B e convincente victoria ante o Palmeira 3-0 en Vista Alegre. Día este do sábado para borrar de todo derrotas coma a de Xuño antes do Nadal.
Ten pinta dun 1 a pesar da melloría dos de laranxa. 3-3 bastante enganoso na primeira volta onde o Puebla B a pesar de ir 3-1 abaixo puido gañar Ben. |
25 Ene 2023, 20:32 |
937.86 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada sen dúbida algunha.
Noia B e Xuventude Aguiño cítanse no Anexo do Julio Mato.
O Xuventude Aguiño chega como flamante Campeón de Inverno logo de destrozar a domicilio ó seu rival directo Artes 1-4. Nivel de xogo e confianza polas nubes. ¿Quen os poderá parar?
Pois quizá sexa o Noia B que nun duelo vital gañou ó Puebla B 2-1 e colocase a 3 puntos deles. De gañar este domingo poñeríanse relativamente cerca do neste momento líder, a 5 puntos.
Na primeira volta vibrante 3-3 que salvou de maneira espectacular o Aguiño logo dun 1-3 que estivo campeando todo o partido pero que o Noia B non supo pechar. O Aguiño ten colchón de 4 puntos sobre o segundo clasificado. O Noia B ten que ir con todo. ¿Estacazo vital á liga ou metemos a máis xente na festa? Veremos... |
18 Ene 2023, 20:00 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo entre os 2 equipos que comparten casa.
Artes e Cidade de Ribeira B miden forzas en situación de necesidade imperiosa de puntos para ambos.
O Artes perdeu o título honorífico de Campeón de Inverno no duelo directo co Aguiño e de forma contundente. 1-4 na casa e co favor do Noia B gañando ó Puebla B manteñen polos pelos a segunda posición. 1 punto de 12 posibles. Bache importante que teñen que frear xa.
Enfrente un Cidade de Ribeira B que se presentou moi mermado ó seu último encontro co Cures. So 12 xogadores e para máis desgracia expulsión por doble amarilla do porteiro (9 partidos lle caeron pola liada posterior co árbitro). Derrota pola mínima que para o que pintaba o tema non e que haxa que dar gracias pero si evitouse unha debacle por como viña e cómo se foi desenrolando o partido.
Si non hai un 1 neste encontro a situación será grave para o Artes. Un 1 aposto pola gran necesidade que teñen os de verde e branco. |
18 Ene 2023, 19:54 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
Moi bo partido no Emilio García. Para mín so o supera o Noia B-Aguiño.
Porto do Son e Cures enfréntanse no Emilio García nun duelo clave para ambos conxuntos.
O Porto do Son gañou con máis apuros dos previstos ó Lousame. A cousa prometiase moi feliz cun 0-3 no 75 pero 2 goles dos da Silva nos minutos finais fixeron que os de blanco tivéranse que curar en salud do posible susto final.
O Cures sigue de dulce e gañou pola mínima na Fieiteira ante un Cidade Ribeira B que so se presentou con 12 xogadores. A expulsión por doble amonestación do porteiro no minuto 70 e un penalti transformado por Mario no 83 fan sacar 3 puntos que son dos que valen moito a final de curso.
O pronóstico máis incerto dos partidos desta xornada. Depende de cómo teñan o día ambos equipos pódese producir calquera resultado. |
18 Ene 2023, 19:49 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
Lousame e Araño vense as caras na Silva.
O Lousame a pouco estivo de dar a campanada e da maneira máis épica. Cun 0-3 en contra chegaronse a poñer 2-3 contra o Porto do Son e dando algún susto final que non chegou a culminar ese posible como mínimo empate. Caen a última posición empatados a puntos co Crocha.
O Araño comezou ben en Carreira chegando 0-1 ó descanso pero unha exhibición dos de vermello enchufando 5 tantos en 20 minutos supuxo un duro golpe para os de Rianxo. Fai moito parecía un mundo pero o Carreira ponse a 4 puntos do Araño.
Un 2 en principio para este encontro. Pero na xornada inaugural de liga a cousa só quedou 1-0 na Lomba. Veremos... |
18 Ene 2023, 19:40 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
Carreira e Xuño vense as caras na Guía.
Ollo ó Carreira que ahora sí que se encontrou e a pesar dun primeiro tempo por detrás no marcador, bastoulles 20 minutos no segundo periodo para meter 5 tantos e gañar a un difícil Araño. Parece que agora sí van na boa dirección.
Enfrente un Xuño que nun duelo directo podían deixar a un rival a 7 puntos se lles puxo a 1. Derrota 3-1 na Alta ante un Crocha que logrou a súa primeira victoria do ano. Partido a pesar de ser de 2 equipos de zona baixa moi entretido de ver e que puido ser para calquera ainda que o Xuño deixou ir un 0-1 favorable.
Ten pinta de que si xa están enfocados é un 1 claro para os da Guía. |
18 Ene 2023, 16:40 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
Crocha e Cordeiro B xogan nunha Alta que anda entre algodóns e que o andará máis logo de que Puebla e Flavia en Primeira Autonómica xoguen o sábado.
Chegou por fin a primeira do Crocha. Parecía que nunca sería o día pero romperon o maleficio ante un gran Xuño. 3-1 onde tiveron que remontar e 3 puntos que veremos si os fan despegarse desa parálisis e desos medos.
Enfrente un Cordeiro B que leva 3 partidos sin gañar eso sí con tantas circunstancias polo medio e ante rivais dos de zona alta. Último partido empate en Vista Alegre 1-1 (quizáis desta racha sen gañar o menos previsible). Última victoria finais de novembro 1-2 na Fieiteira ante o Cidade Ribeira B.
Na ida en Valga foi un 1-1 que visto o camiño que tomaron uns e outros nadie apostaría por el. Veremos que Crocha encontramos este domingo logo desa victoria. Ó Cordeiro B empezan a facerlle falta os puntos. A lóxica nos di que 2 pero este partido ó mellor da máis voltas das que pensamos. |
18 Ene 2023, 12:54 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
O partido adiantado da xornada xogarase en Vista Alegre. Entre 2 equipos abonados, sempre que poden, a xogar en sábado.
O Abanqueiro está en plan irregular. Logo da derrota en Xuño colleitaron un nada malo empate na casa contra un dos de arriba: o Cordeiro B. Aparte, xa comezando a segunda volta, buscarán vengar o 6-1 da ida en Ventin.
O Palmeira descansou na última xornada e o seu último partido xa lles queda ben atrás. Pero foi unha estocada en toda regla. Derrota no casi inexpugnable Ventin por 1-5 ante o Noia B.
Pronóstico complicado. 2 equipos irregulares neste momento. Tanto poden facer unha machada cando non o espera nadie como dar un sonoro petardazo. Empate quizáis. |
18 Ene 2023, 12:44 |
929.30 |
1 |
0 |
+info
|
Cidade de Ribeira B e Cures pechan unha primeira volta onde ambos equipos foron de menos a moitisimo máis.
Os locais perderon na última xornada contra o Aguiño pero costoulle ós da Tasca levar os puntos. A promoción está relativamente lexos (8 puntos) pero si enganchan outra boa racha coma a qué tiveron da xornada 4 en diante todo é posible.
O Cures chega lanzadisimo. Gañou 4-1 ó Lousame e por dereito propio teñen licencia para soñar cun feito histórico para o clube. 3 puntos os separan dos equipos que ocupan a promoción. Partido clave para seguir soñando.
O Cures ten capacidade de facelo pero creo que os 3 puntos quedarán na Fieiteira. |
09 Ene 2023, 00:45 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
O encontro da liga e o que decide o Campeón de Inverno.
Artes e Aguiño xogarán na Fieiteira o partido que todos os aficionados de Terceira estamos esperando.
O Artes chega nun bache de resultados. 1 punto dos últimos 9 quizáis no momento menos indicado para telo vendo que chega o rival que (con permiso do Puebla B) lle disputará a plaza de ascenso directo. Derrota na última xornada en Cadreche ante o terceiro en discordia neste culebrón: o Puebla B (3-2).
O Aguiño a pesar do tropezón de Cures parece que chega en mellor forma que o seu rival pero si o Artes sumou so 1 dos últimos 9 puntos o Aguiño sumou 4. Tamén moito ten que ver que o Puebla B este metido na pomada xa que os de Óscar Iglesias rascáronlle un punto.
Pois difícil pronóstico e aínda que os números fan que o Aguiño chegue mellor penso que o Artes sairá vencedor e será Campeón de Inverno. |
09 Ene 2023, 00:40 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de filiais en Noia.
Noia B e Puebla B disputarán un encontro de altas esferas.
O Noia B xogou este fin de semana pasada o encontro aplazado contra o Cordeiro B vencendo por 4-3 e empatando a puntos co seu rival. A tesitura para esta xornada é moi similar ou máis necesaria se cabe. De gañar poñerianse a 3 do Puebla B, un mal resultado lle poñeria as cousas moi difíciles para alcanzar ese "podium" da liga.
O Puebla B si ben ten unha posibilidade casi imposible de ser campeón de inverno que pasa porque Aguiño e Artes empaten no encontro entre eles e o Puebla gañe por 9 goles en San Lázaro si que estarán atentos ó que pase na Fieiteira por ver si dan caza ó Artes, ó Aguiño ou lle recorta a ambos e adianta ó Artes e empata a puntos co Aguiño. Pero todo pasa por unha victoria en Noia.
O Puebla B penso que lle pode dar picante á liga. Victoria visitante. |
09 Ene 2023, 00:34 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
Abanqueiro e Cordeiro B xogarán un duelo electrizante en Vista Alegre.
Os de laranxa queren comezar o ano borrando a imaxe da derrota nas Furnas facendo un bo papel ante os de Valga. Veremos qué cara mostra neste encontro.
O Cordeiro B volveu á actividade este primeiro fin de semana do ano xogando o partido aplazado ante o Noia B. Derrota por 4-3 nun partido moi disputado. Levaban máis dun mes sin xogar competición logo do feito que marcará este curso nesta categoría a todos. Ismael será unha motivación mais para os de Valga para lograr conseguir a gloria a final de curso.
Aposto por victoria do Cordeiro B. |
09 Ene 2023, 00:23 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
Partido na zona baixa que pode ser unha moeda ó aire.
Crocha e Xuño xogarán na Alta un duelo no que pode pasar de todo.
Veremos si eso de "ano novo, vida nova" resulta no equipo da Pobra. 3 empates cómo único saldo positivo no que vai de liga. Un equipo con partidos para olvidar e outros onde o colmo da mala sorte tamén ten a súa presencia. Derrotas como as de Lousame ou a de Cures na Alta ou sobre todo a que comezou o pesadelo: ese 0-2 en Cadreche no derby co Puebla B que con 1 xogador máis se lles escapou co 3-2 final. Veremos de qué son capaces os de vermello con algunha fichaxe que debutou recentemente.
Enfrente un Xuño que cerrou o ano pasado da mellor maneira posible. Vencendo a un bo rival como o Abanqueiro por 4-2 nas Furnas. Un Xuño que a pesar de ter 7 puntos encadeou actuacións meritorias cos mellores equipos da liga. Tivo nun brete a 4 dos primeiros 5 clasificados e ó Noia B empatoulle nas Furnas. Veremos que cara mostra o Xuño neste encontro que pode alonxar a 7 puntos ó seu rival de domingo.
Pronóstico incerto. |
09 Ene 2023, 00:17 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
Interesante partido na Guía entre Carreira e Araño.
Un Carreira que nos últimos encontros parece que lle quitou a carbonilla ó coche e, quizáis sufrindo e a trancas e barrancas, empezan a sumar puntos. 2 victorias seguidas a última nun campo difícil como o Emilio Garcia do Son. Eso sí veremos si neste encontro fan borrar máis si cabe partidos como a última derrota na casa contra o Cures (5-8) e dan síntomas de ser o equipo que se esperaba a principio de ano.
Enfrente un Araño que, si ben non está na promoción, está moi preto dela e están xogando sin ningún tipo de complexos e sendo un dos equipos con maior unión de grupo e remando todos a unha. Na última xornada victoria 5-2 ante o Crocha nun exercicio de efectividade de cara a porta pero tamén xogando bastante ben.
Vamos poñer aquí un empate no pronóstico. |
09 Ene 2023, 00:03 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
Novo ano onde finaliza a primeira volta para Lousame e Porto do Son.
Os locais chegan con 2 victorias no casilleiro ante Palmeira e Crocha e sendo irregulares no resto de partidos que contan por derrotas. Tanto poden competir ata o final coma no seu último partido contra o Carreira eso sí logo de ir 3-0 ó descanso como facer augas cómo os días de Xuño ou da Fieiteira contra o Cidade Ribeira B. Buscarán neste encontro a terceira victoria da temporada.
O Porto do Son está nun interesante pelotón de equipos que a día de hoxe loitan por buscar as últimas prazas de promoción. Combinaron boas victorias e partidos competidos ainda que sin premio (Artes por exemplo) con actuacions menos afortunadas cómo a derrota abultada na casa contra o Cidade de Ribeira B ou a derrota no último partido 3-4 ante o Carreira no Emilio Garcia tamén logo de ir 1-0 e 2-1. Cada partido vai ser clave para ben ou para mal.
Victoria visitante no pronóstico, necesítana. Porque un mal resultado deixaria moi tocado ó Son nas súas aspiracións. |
08 Ene 2023, 23:54 |
919.13 |
1 |
0 |
+info
|
Cerrase o ano 2022 en Terceira Autonómica na Tasca.
Partido entre equipos do Concello de Ribeira.
Xuventude Aguiño e Cidade de Ribeira B loitarán por 3 puntos importantes para ambos.
O Xuventude Aguiño meteu o primeiro tropezón importante do ano en Cures. 3-2 que dentro de que o Artes perdeu "amortigua" algo este pinchazo pero veñen Puebla B e Cordeiro B con ganas de que o pastel esté para 4 candidatos en vez de 2 e á volta do Nadal un Artes-Aguiño. Ojito.
O Cidade de Ribeira B a pesar de estar 10° so está a 4 puntos de entrar en promoción polo que a victoria para que non se lle marche o tren é vital.
Fernando Millán e Carlos Fernández creo que farán das súas. Un 1. |
13 Dic 2022, 23:54 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo como regalo anticipado de Nadal.
Puebla B e Artes xoganse mais que 3 puntos. Xogan a opción de meter a mais equipos na pomada do campeonato ou escaparse.
O Puebla B logo da bofetada en Ventín fai unhas xornadas volveron a poñerse serios. Eso sí: a primeira parte na Fieiteira co Cidade de Ribeira B pintaba mal co 2-0 pero Unha segunda parte redonda deixou a cousa en 2-5.
O Artes chega no "peor" (por decir algo) momento da temporada. Primeira derrota e 1 punto dos últimos 6 e chega este encontro contra un rival que se lle pode poñer a 1 punto.
Xa houbo enfrentamento en pretemporada e a cousa quedou 2-4. ¿Cambiaría moito o conto desde aquela? Pronóstico incerto. Quizais unha X |
13 Dic 2022, 23:44 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
Cures e Lousame contraprograman a final do Mundial sin medo a nada.
Os locais deron a outra das campanadas da xornada pasada vencendo ó outro dos últimos invictos da liga como é o Xuventude Aguiño. 3-2 final facendo do Monumental un fortín. Ollo a este Cures. Si teñen regularidade con todos os rivales e o que sacan cos de arriba non os perden cos da zona medio-baixa non sei si play off pero bordear non che digo eu que non...
O Lousame co dianteiro de porteiro iniciando o partido e logo xa volvendo ó seu sitio e marcando un gol na segunda parte. Deixaron Unha primeira parte para olvidar pero Unha segunda parte que paradóxicamente viviron o do Crocha contra eles na Silva: apretaron pero demasiado tarde. 3-2 insuficiente.
O Cures está a full. Un 1. |
13 Dic 2022, 23:39 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|
O Porto do Son, un abonado a xogar os domingos finca xeonllo ó chan e ante os acontecimentos destas datas ríndese a xogar en sábado.
Porto do Son e Carreira enfrentaranse antes de irse 2 semanas de vacacións.
O Porto do Son viviu unha montaña rusa na Alta. Coser e cantar nun cuarto de hora para poñerse 0-4 e 1-5 para logo sufrir chegando a estar 4-5 e 5-6. Finalmente con 2 balóns parados respiraron para o 5-7 final. Eso sí, así como a arbitraxe foi unha calamidade para o Crocha como puxemos no comentario do Araño-Crocha foi tres cuartos do mismo co Son. Algúns árbitros teñen que estar mais preparados para pitar. Porque si vale calquera (polo nivel que estou vendo) vou eu e para cobrar 90 pavos e facelo así tamén apúntome eu a arbitrar.
O Carreira gañou pero sufrindo máis do esperado. Todo parecía moi bonito co 3-0 ó descanso pero o Lousame apretou para poñerllo complicado ata o 3-2 final.
Un 1. O Emilio García non é campo fácil. |
13 Dic 2022, 23:27 |
910.53 |
1 |
0 |
+info
|