Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
No Municipal de Campaña xogarán Cordeiro B e Porto do Son. 2 bos equipos pero que non están na súa mellor época. O Cordeiro B está en crisis e en caída libre. A súa última victoria data de finales de novembro e non encontran ese punto de equipo temible co que comezaron o campeonato. Esta crisis agudizouse máis ca derrota en Lousame contra o que era último clasificado (3-2). O Porto do Son máis do mismo na última xornada. Polo menos foi un punto pero tropezón na casa importante ante outro dos equipos da zona baixa cómo o Xuño no Derby Local (2-2). Andan irregulares e si non se mostran serios a última plaza pode caer para calqueira lado. Difícil pronóstico porque non andan ningún dos 2 ben. Máis opcións para o Son mentres o Cordeiro B non sala do pozo. Un 2. 07 Feb 2023, 19:56 954.68
Partido interesante nas Furnas. Xuño e Araño buscan 3 puntos necesarios para seguir escalando na táboa. Os locais levan 2 xornadas moi boas. Victoria ante un rival directo como o Lousame e empate no dificilísimo Emilio García no Derby ante o Son. Ó igual que o Lousame e o Crocha logo dunha primeira volta bastante mala empezan a despertar estes 3 conxuntos e amenazar rivais que están por diante. O Araño gañou un importantísimo encontro ante un rival directo como o Cures e péganse a 2 puntos volvendo a ser candidato entre un pelotón de equipos á 5° e última plaza que da dereito a xogar a promoción. Pois vexo victoria do Xuño en principio, están con chispa. O Araño si olvidan os fantasmas do 6-2 de Lousame poden rascar algo positivo pero vexo mellor ó Xuño. 07 Feb 2023, 19:52 954.68
O Noia B tócalle o turno de pasar polo potro de tortura do Monumental. Caeron os 2 primeiros e amenazan os de Boiro con facer caer ó 3° clasificado. Os locais na última xornada caeron na matinal do domingo por 2-0 ante o Araño, a promoción vólvelles ser esquiva unha semana máis. O Noia B consigueu agarrar ó Artes e logo de poñerse 0-2 abaixo foron capaces de igualar o partido a 2 cos goles de Costi e Damián Filgueira. Partido vibrante e de moito ritmo. Pois visto o que está pasando en Pomar do Rio eu vexo un 1. Aparte o Noia B perdeu xa en liga o ano pasado alí e gañou polos pelos en enfrentamento que hubo tamén en Copa do Sar. 07 Feb 2023, 19:47 954.68
Síntome observado... xD. A ver cómo poño as cousas. O indiscutible líder Xuventude Aguiño recibe ó Crocha este domingo na Tasca. O Aguiño sigue o seu camiño imperial. Venceu 1-4 en Vista Alegre casi sin despeinarse e xa descansou, cousa que menos o Puebla B os outros 2 rivais aínda están pendientes de descansar (empezando polo Artes nesta xornada). O Crocha en parte e indirectamente fíxolle un pequeno favor ó Aguiño rascando un punto no derby da Pobra onde sinceramente a virgen e os santos baixaron para que o partido acabase 1-1 logo da infinidade de ocasións que tiveron os blanquiazules. Aguantaron ata o minuto 80 co 1-0 por diante pero cederon o empate. Bo punto pero que non lle sirve para despegarse do furgón de cola xa que Xuño e Lousame tamén se están animando e sumando achegándose cada vez máis ó grupo formado por Cidade Ribeira B e Abanqueiro. Van faltar xente nos 2 equipos por acumulación de cartóns, polo menos 2 por bando. A lóxica e a dinámica indican victoria local aínda con esas baixas. O Crocha tense que encomendar á racha, tamén ás armas das que dispoñen e ó momento de confianza actual e si cadra si hai o día de sorte que tiveron o domingo pasado quen sabe. Pero non poñer favorito claro ó Aguiño neste encontro non sería falar da realidade. Pero intentaremos dar guerra a ver si somos capaces de sacar algo positivo. 07 Feb 2023, 19:37 954.68
Partidazo en Cadreche. Puebla B e Carreira van con todo a este partido. Os locais no Derby do Concello non puideron pasar do empate ante o Crocha. Tivéronas de tódolos colores pero estivo o día de non querer entrar a pelota. Os visitantes ganaron na Guía no último minuto ó Palmeira e están entrando a empuxóns e derrubando portas para coller plaza na promoción á que parece chegarán máis que de sobra. Si o día do Puebla B é de non entrar o balón coma na Alta será un 2. Pero vai a estar moi moi disputado. 07 Feb 2023, 19:26 954.68
Cidade de Ribeira B e Abanqueiro xogan un partido onde ambos empezan a ver ós lobos por detrás. O Cidade Ribeira B descansou pero leva tempo sin colleitar bos resultados. Último encontro derrota 4-5 nun rocambolesco partido ante o Noia B. O Abanqueiro está igualado a puntos co seu rival pero o arranque positivo que tivo cas novas incorporacións parece que se frenou. Neste 2023 colleitou so 1 empate en 3 partidos (vs Cordeiro B). Quizáis sexa un empate. 07 Feb 2023, 19:21 954.68
Á espera na redacción desta previa de poñer horarios a 2 partidos máis. O partido adiantado a sábado (e casi seguro o Puebla B - Carreira aposto que irá tamén) é este de Ventín. ACTUALIZACIÓN (só o Palmeira - Lousame vai para sábado). Palmeira e Lousame xogan por 3 puntos bastante importantes para os 2 conxuntos. Os locais levan unha mala racha e desta vez caeron no 89 na Guía ante o Carreira por 3-2. Plantel bastante mermado sen case relevo no banquillo volveron sacar casta e morreron de novo cas botas postas. Pero a necesidade de sumar empeza a facerse importante. O Lousame que forma o trío de cola xunto co Xuño e co Crocha empezan a ter unha tendencia xoguetona de empezar a sumar ou ben de a 1 ou ben de a 3 jodendo quiniela día sí e día tamén. A última do Lousame gañar na casa a un Cordeiro B en caída libre (3-2). Visto como o trío de atrás as está gastando un xa non sabe que pensar. Si a eso sumamos un contundente 3-0 no partido da primeira volta máis alicientes todavía. Pronóstico incerto. 07 Feb 2023, 18:59 954.68
O partidazo da Xornada. Noia B e Artes mídense nun duelo con moitísimo en xogo e onde o Aguiño sacará as palomitas para, de gañar en Vista Alegre, ver quen é o que se descolga algo máis deles, e o Puebla B mirará desde atrás para ver si pode meter o cazo e sacar petróleo. O Noia B xogou con lume na súa visita ó Anexo da Fieiteira e logo dun 3-0 en contra en media hora xogando horrible consigueu vencer non sin sufrimento 4-5 ó Cidade Ribeira B. Partido "tonto" onde as opcións de ser campión e a mellor ventaxa de cara a promoción pérdense de maneira moi fácil dando o cante en citas así. O Artes sigue nese bache difícil de salir onde a victoria da semana pasada ante o Cidade de Ribeira B foi un espexismo. Derrota no sempre difícil Pomar do Río, o Monumental que poucos equipos puderon salir indemnes de ahí e onde o Artes correu a misma sorte que o Aguiño. Duelo vital fora da casa e o Noia B con gañas de vengar o 4-1 da ida. Sin favorito. Porque a posta en escena da última xornada do Noia B non foi a mellor precisamente a pesar da victoria e o Artes estalle gripando a maquinaria e ten que espabilar xa. Veremos que sale de ahí ó abrir o melón. 31 Ene 2023, 12:41 946.12
Outro derby que nos deixa esta 18º xornada. No Emilio García miden forzas Porto do Son e Xuño. O Porto do Son sumou un puntiño en Rianxo contra o Araño e manteñen a última praza de promoción pero están Cures cos mesmos puntos, Cordeiro B a 1 e Carreira a 4 adiantando a todo Dios. Teñen que sumar de a 3 si non queren que algún lle robe a carteira. O Xuño nun duelo vital e onde se xogaban moito gañaron 3-1 ó Lousame. E polo tanto eles, como Lousame a pesar da derrota e como o Crocha néganse a ser o que colla o farolillo vermello e van tirando uns por outros para achegarse ó seguinte grupo na táboa que son o que conforman igualados a 16 puntos Cidade de Ribeira B e Abanqueiro. O Porto do Son ten que dar o do de peito no derby para non verse compostos e sen promoción. Un 1. 31 Ene 2023, 12:36 946.12
O Derby do Concello da Pobra. Partidazo penso que só superado polo Noia B-Artes polo que se xogan ambos. O Crocha pasará o que pasará no partido pero chega no mellor momento da temporada. 7 puntos dos últimos 9 e victoria importante a conseguida nun campo de onde non é fácil levar os puntos como Ventín. Complicáronse a vida de mala maneira porque estando con 2 homes máis deixaron que un 0-3 se puxera 2-3 pero a fin de contas sumaron 3 puntos co 2-4 final e parece que comeza a arrincar a maquinaria. Eso sí, os 2 compañeiros da última zona da táboa van sumando con eles e non se despegan da zona de abaixo, máis ben (aínda que a todavía certa distancia) comezan a achegarse ó Cidade Ribeira B e Abanqueiro que están a 6 puntos. O Puebla B estará á expectativa do que pase no Noia B-Artes e si o Aguiño pode tropezar en Vista Alegre para poder auparse o liderado. Un derby sempre é un derby pero é a fin de semana axeitada para eles para facer a épica total: gañar contra o rival do pobo, adiantar a algún dos que ten diante ou a todos e poñerse 1º. A primeira volta foi o comezo da maldición do Crocha deixando remontarse un 0-2 favorable con 1 máis e de ahí en picado. O Crocha ven con ganas e nun momento de forma moi bo. O Puebla B ten ante sí a opción de partir a baralla e subirse arriba de todo. Vai ser un duelo con moito e xogo e moi quente. Sin pronóstico claro. 31 Ene 2023, 12:31 946.12
Abanqueiro e Aguiño xogarán polos 3 puntos en Vista Alegre. O Abanqueiro caeu na última xornada en Cadreche por 4-1 ante o Puebla B. Chegaron a poñerse 2-1 pero ca disponibilidad de Balo xogando o Puebla A en domingo a cousa acabouse por decantar para os de branco e azul. Pola súa parte o Aguiño ven de descansar e manteñen o liderado sin haber xogado. Todo gracias á victoria do Cures ante o Artes. Mentres Puebla B e Noia B péganse a 2 puntiños. Só o Puebla B foi o único que xa descansou. Ollo ó que poda pasar porque a pesar de que a xornada "beneficiou" bastante ós da Tasca segue sen haber marxe para errar. 2 claro si a dupla atacante do Aguiño está a full. 31 Ene 2023, 12:16 946.12
Moi bo partido na Lomba. Araño e Cures xogarán un partido vital para ambos. O Araño "arañou" (nunca mellor dito) un empate na casa contra outro dos aspirantes á promoción como o Porto do Son. Empate xusto ainda que o Araño mandou unha ó longueiro no desconto. O Cures está a punto de derrumbar a porta da promoción. Caeron os 2 primeiros clasificados no Monumental. Primeiro o Aguiño fai unhas semanas e este domingo pasado o Artes por 1-0. Un tanto de Pablo Santamaría bastou para sumar 3 puntos que os empatan ca última praza que ten o Son pero a Golaverage particular o teñen perdido (1-2 no Monumental e 4-0 no Emilio García). Pero á mínima sacarán as uñas para entrar no que sería unha histórica promoción. 0-3 engañoso no Monumental na primeira volta polo que din. Vai estar moi igualado pero o Cures pode facer saltar a banca. 31 Ene 2023, 12:10 946.12
Duelo entre equipos que veñen ca moral baixa O Lousame no duelo directisimo por eludir a última praza perdeu 3-1 nas Furnas. Un partido en que ambos demostraron porque están nas posicións que están. Grave o segundo gol do Xuño ca indecisión defensa-porteiro que aproveitou Kike para poñer terra de por medio co 2-0. Logo 2 tanganas saleulles cara ós de verde e branco ca expulsión por doble amarelo dun dos emblemas do equipo como é Boris. Baixa importante. E a pesar da posición do Lousame o que peor chega é o Cordeiro B. Apeados da promoción caendo ó 7° lugar. Levan desde finales de novembro sen gañar e meteron a outro rival no seu vagón: o Carreira, co que caeron por 2-3 na casa. Desinfle importante que, de non gañar este encontro sería crisis importante para os de Valga. Momentos críticos para ambos. Por urxencia e aspiracións ten que ser un 2 pero ollo ó que poda pasar. 31 Ene 2023, 12:02 946.12
Carreira e Palmeira xogarán un bonito duelo na Guía. O Carreira, qué dicir... Aclararon as ideas dende as Navidades e foi todo sumar de a 3. Nova victoria nun duelo para acabar de engancharse á pomada co Cordeiro B por 2-3 cun Hat-trick de Fran. A promoción a 4 puntos cando non fai moito estaba a 15 puntos tranquilamente... Lanzados a por todas. O Palmeira claramente empeza a baixar enteiros. Derrota na casa contra o Crocha por 2-4 nun partido moi entretido e que van máis mermados á Guía si cabe cas expulsións de Amador e Jc. Pintan bastos para esta fin de semana. Eso sí con 9 foron capaces a poñer o 2-3 no marcador cando a cousa estaba 0-3 moi clara para os da Pobra. Non sei si gañará todos os partidos da segunda volta, pero neste encontro ten todas as de levar os 3 puntos entre o estado de forma e as sensibles baixas do Palmeira. Un 1 claro. 31 Ene 2023, 11:55 946.12
Cambio de hora sobre a prevista inicialmente. Pásase das 16:00 ás 16:30. 27 Ene 2023, 00:18 937.87
Duelo de filiais novamente desta vez na Fieiteira. Cidade de Ribeira B e Noia B enfróntanse no Anexo da Fieiteira. Os locais empezan a ter serios problemas para confeccionar unha convocatoria de xeito. Hai xogadores do propio plantel B pero teñen que ir completando con Xuveniles e a veces teñen que facer números para non superar o número de xuveniles permitidos. Antes do partido ante o Artes contra o Cures xa solo foron con 12. A sanción do porteiro de 9 partidos ten que ser cuberta por un xogador de campo... Todo moi raro, raro, raro... No último partido plantaron guerra no inicio pero caeron claramente 6-2 ante o Artes. O Noia B quizá teña unha situación similar actual á do Carreira. Non acababan de despegar de todo, combinaban algunha boa actuación cun petardazo pero parece que lle colleron as rendas ó cabalo e vai encamiñado ó seu obxectivo: ser inquilino fijo da promoción e si algún dos de arriba empeza a pinchar, intentar conseguir o máximo. O seu momento mellor do ano é agora logo de gañar a Puebla B e Aguiño consecutivamente. O Noia B non debe despistarse e debería ganar. Na primeira volta foi un 5-1 claro para os de San Lázaro. Victoria visitante. 25 Ene 2023, 23:42 937.86
Outro bo partido poderase presenciar en Valga. Cordeiro B e Carreira miden forzas con traxectorias opostas. Os locais empezan a perder fuelle. Levan 4 xornadas sin sumar de a 3 e perdendo puntos contra rivais que, en teoría, non deberían perder. Veremos onde se corta esta ferida pero xa Hai varios rivais a punto de caramelo de baixalos da poltrona da última plaza de promoción. Situación totalmente oposta a do Carreira, que se encontra ante un partido vital para acabar de engancharse a esos obxectivos que moitos augurábamos que estarían indiscutiblemente. De gañar poñeríanse a 3 puntos do seu rival. Último partido goleada ante o Xuño 6-1. Nos últimos 6 encontros 27 goles a favor e 19 en contra. Se ustedes queren ver goles non o duden: vaian a ver un partido do Carreira. Partido clave para ambos. Na primeira volta exhibición de escándalo en forma de bo xogo dos de Valga na Guía (0-2). Quizá a cousa invita a pensar que o Carreira acaba de coller a cola do tren. O Cordeiro B a reivindicar o seu bo traballo de gran parte da temporada. Pronóstico incerto. 25 Ene 2023, 23:35 937.86
Pois para mín o partido da xornada. O campo onde os puntos sacanse con sudor e sangre. O implacable Monumental de Pomar do Rio enfrenta ó Cures co Artes. Refacerse inmediatamente obxectivo dos locais logo dun contundente 4-0 no Son onde polo que comentan nin sequera puideron tirar a porta. Eso si, o Son non puido pechar o partido ata os últimos 10 minutos. O Artes pola súa banda ven de superar o bache metendolle un 6-2 ós seus compañeiros de campo do Cidade de Ribeira B. Un partido que co paso dos minutos e ca dificultade que ten o Cidade B de combinar xogadores do plantel sin pasarse de número de xuveniles no 11 inicial (ou eso penso eu) teñen que facer máis números que para a declaración da renta. Esto está mermando moito ó filial ribeirense. Oportunidade dos de Ribeira para poñerse líderes provisionalmente. 3-1 na primeira volta onde o Artes queixouse da estopa do Cures. É difícil porque sería o primeiro que colleitase o Cures pero vexo reparto de puntos aquí. 25 Ene 2023, 23:26 937.86
Duelo na zona baixa. Xuño e Lousame prometen un partido entretido nas Furnas. Os de abaixo comezan a arrancar pero o Xuño quedou estancado. Derrota no duelo directo co Crocha e derrota máis previsible co Carreira na Guía. 4 puntos do Crocha nas 2 últimas citas, 3 do Lousame e 0 do Xuño. Este partido antollase vital para eles. Igual de vital que para o Lousame. Con moral veñen logo de golear inesperadamente ó Araño 6-2. Ollo a David Taboada que cascou 3 no seu primeiro partido así que haberá que seguilo de cerca. Factor campo vs Momento de forma e novas fichaxes. Todo é posible este domingo. O 0-4 para o Xuño da primeira volta non será fácil que se repita. 25 Ene 2023, 22:17 937.86
Araño e Porto do Son xogan na matinal do domingo. Coincido con sambinha que segundo a rumoroloxía o horario non foi para gusto de todos. O Araño leva 2 labazadas serias nos últimos encontros: 5-1 en Carreira e sorprendente 6-2 en Lousame. Urxe recuperación inmediata pero o Son está chamando á porta da última praza de promoción. O Son noutro duelo directo aplastou 4-0 ó Cures. 1-0 durante 80 minutos e en 10 minutos chegou a traca final dos do Emilio García con 3 tantos máis. Favorito penso que o Son por pouco. Na quiniela eu meterialle un doble: X2. Na primeira volta 3-1 no Emilio García. 25 Ene 2023, 22:09 937.86