Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
Crocha e Noia B miden forzas na Alta. Os locais volveron recuperar a súa mellor versión e deron a sorpresa no Anexo da Fieiteira ante un Artes mermado por bastantes baixas, ainda que ambos equipos presentaron os mesmos xogadores ó partido: 14. Tendo que xogar o porteiro suplente Pepe de porteiro e casi enchufando unha. Boa imaxe dos da Pobra que suben unha plaza en detrimento do Lousame que casi obra outra milagre na Tasca. Xornada importante esta: o Abanqueiro descansa e o Cidade Ribeira B xoga en Lousame. Os de Vista Alegre están a 2 e os da Fieiteira a 3 do Crocha. Parece que ese grupo do final xa contactou con ese segundo grupo. Partido vital para mellorar na tabla. Pero non será nada fácil. Enfrente o Noia B, veñen de golear ó Abanqueiro. Xogando domingo é probable que perdan algún efectivo si o equipo A bota man dalgún. Pero o Noia B ten efectivos suficientes para rendir igual que co plantel ó completo. De partida cóntase con victoria do Noia B, sobre todo porque están na loita de mínimo a 2° posición. Eso sí, deberían non despistarse cun Crocha que só perdeu 1 (e ante o Aguiño casi no último minuto) dos últimos 7 encontros. 08 Mar 2023, 21:43 978.99
Veremos como está a cousa climatoloxicamente para domingo para xogar nas Furnas. Cambio a A Trinidade? Todo é posible. Xuño e Palmeira xogarán uns por recuperar sensacións que nas últimas semanas foron perdendo fuelle e os outros por intentar engancharse á promoción que non é imposible todavía. Os locais caeron 6-1 en Valga ante o Cordeiro. Novo bache que comezan a atravesar e empezan a non seguirlle o pulso ós compañeiros de aventura Crocha e Lousame que siguen sumando. O Palmeira cunha genialidade de Pablo Viturro en forma de libre directo gañaron pola mínima ó Araño. Empatalles a puntos, golaverage particular igualado e por un só gol no general adiantan momentáneamente ó seu rival da semana pasada. A promoción a 5 puntos, non lexos pero teñen que pasar ainda a xornada de descanso da segunda volta. Si queren engancharse a un dos últimos trens, o do domingo ten que ser victoria visitante. 08 Mar 2023, 21:37 978.99
Partidazo no Son. Porto do Son e Aguiño xoganse bastante neste encontro de domingo. Os locais caeron 6-3 en Cadreche ante o Puebla B. A pesar da derrota o máis importante é que Sergio Lado esté ben despois de semejante golpe (fortuito evidentemente). Eso sí unha pena o resultado logo de conseguir empatar un 1-3 adverso. O Aguiño veu moi de preto o perder a imbatibilidade na casa. So un gol de Costids no 97 consigueu facer o milagro de empatar a 3 un partido que iba 1-3 ó descanso. Sorprendente e meritorio Lousame o que pasou pola Tasca. Pode ser un campo difícil e o Aguiño ten colchón de 4 puntos pero penso que tomaron boa nota do domingo pasado. Victoria visitante. 08 Mar 2023, 20:41 978.99
Partido a mediodía en Taragoña. Araño e Puebla B vivirán un duelo onde ambos se están xogando moitas cousas. Os de Abel Vicente caeron pola mínima en Ventín nun disputado e a pesar de so ter un gol bastante bo partido. Unha xenialidade de lanzamento de falta de Pablo Viturro deixou sin sumar ó Araño. O Puebla B venceu nun vistoso partido ó Porto do Son por 6-3. Logo do 3-1 ó descanso o Porto do Son conseguir empatar para, nos últimos 25 minutos deixar 3 puntos na casa e ascender á segunda posición na táboa gracias á axudiña dos seus veciños do Crocha ante o Artes. Afortunadamente a imaxe que deixou co corazón nun puño ó público de Cadreche que foi o choque do porteiro do Puebla B con Sergio Lado salindo mal parado este último quedou nun susto co chaval xa o mismo domingo descansando na casa logo de pasar polo hospital. Mais igualado do que pode parecer pero penso que o Puebla B xa ten que ir hacia diante sin mirar atrás nin a nadie. Un 2. 08 Mar 2023, 20:04 978.99
O partido do sábado será en Lousame no Municipal da Silva. Lousame e Cidade de Ribeira B xogarán un partido con máis alicientes dos que creemos. Os locais casi dan a campanada da liga en Aguiño. 1-3 ó descanso e solo un gol no 97' impediu saltar a banca por parte dos de verde e blanco conseguindo "só" un súper meritorio empate. A pesar da proeza perden posición co Crocha que venceu non moi lexos de Aguiño na Fieiteira ó segundo clasificado Artes. O Cidade de Ribeira B na segunda función do domingo pasado de Terceira Autonómica no Anexo da Fieiteira caeu por 2-4 ante o Carreira. A cousa foise con 1-1 ó descanso pero 2 zarpazos dos da Guía nos minutos 80 e 82 inclinou a balanza do lado vermello. Pois un non sabe que decir cas actuacions que nos está acostumbrando o Lousame nesta segunda volta. A Silva segue sendo unha trampa para calquera. Inclínome polo 1 neste partido. 08 Mar 2023, 19:57 978.99
Péchase a xornada ca segunda e última función de fútbol no Anexo da Fieiteira. Logo do Artes-Crocha, Cidade de Ribeira B e Carreira enfrentaranse. Os locais veñen de empatar 3-3 na Alta. Partido que incluso no treito final puideron levar logo de que o Crocha perdonase varias clarísimas. Pero que nos últimos 10 minutos puido ter calquera dos 3 signos posibles. O Carreira nun partidazo mantén a racha sen perder logo de empatar polo mesmo resultado de 3-3 ante o Xuventude Aguiño. Un 2 para o Carreira porque non hai quen frene en seco ós da Guía. 01 Mar 2023, 18:02 971.21
Duelo en Campaña entre Cordeiro B e Xuño. O Cordeiro B logo de 8 xornadas volveron gañar. 0-1 nun campo difícil como A Lomba ante o Araño. Ainda con tanto tempo sen gañar a promoción a siguen tendo relativamente cerca: a 4 puntos que poden ser 1 ou 2 puntos en caso de victoria (descansa o Cures e xoga o Son en Cadreche) polo que a xornada esta é a propicia para volver a engancharse neste tramo final. O Xuño pola súa parte perdeu nas Furnas 2-3 co Cures logo de poñerse 2-0 nos 10 primeiros minutos. Revés importante polo discorrer do encontro e Lousame e Crocha escápanse 1 punto máis, lentamente pero van sumando. Confío en que volver a gañar volvan as boas sensacións ós de Valga: un 1. 01 Mar 2023, 17:56 971.21
Xuventude Aguiño e Lousame vense as caras na Tasca. Os locais no duelo veciñal contra o Carreira colleitaron un punto. Segundo os presentes partidazo de ambos equipos e resultado xusto. Xa dixemos que de perder puntos esta podía ser a xornada e así foi. O Lousame tamén empatou e ante un dos de arriba como o Puebla B. Bo punto que pode dar confianza ós do Municipal da Silva sobre todo cos rivais da súa zona da táboa: so xogou xa ante o Xuño e ten que xogar contra os outros 4. Debería ser un 1 a pesar deses chispazos do Lousame. 01 Mar 2023, 17:47 971.21
Bo partido na doble sesión continua de Terceira Autonómica que se vivirá na Fieiteira domingo á tarde. Na primeira das 2 funcións xogarán Artes e Crocha. Os locais veñen con 3 puntos importantes pero cun roto importante de Vista Alegre. 3 expulsados máis outra sanción por acumulación de amonestacións segundo contan (veremos as sancións que suben o mércores). Heroico 1-2 con 9 xogadores dende o final da primeira parte. Unha escabechina e unha arbitraxe calamitosa en xeral fixo que os 3 puntos poidan salir moi caros dependendo dos partidos que poidan caer. O Crocha empatou na Alta contra o Cidade de Ribeira B. Empate a 3 que sabe a pouco porque non sentenciaron cando o puideron facer e o baixón logo da boa actuación de Aguiño a pesar da derrota ten a súa importancia porque non conseguiron o principal: recortar puntos ó Cidade Ribeira B. Quedan a 6 puntos. O Artes ven non sei se en cuadro pero sí mermado. Ó Crocha volven as dúbidas por esa irregularidade dun día para outro. Por obxectivos debería ser un 1, veremos qué cara mostran os de vermello domingo. 01 Mar 2023, 17:41 971.21
Partidazo á mediodía en Cadreche nun horario que xa se empeza a facer habitual para os de blanquiazul. Puebla B e Porto do Son xogan por 3 puntos moi importantes para ambos conxuntos. O Puebla B pinchou en Lousame contra o equipo local. Xa avisaba do apretado 3-2 da ida pero entre iso e a mellora do Lousame e un Municipal da Silva donde están caendo bos equipos fixeron perder 2 puntos vitais ós de Óscar Iglesias. O Porto do Son perdeu a plaza de promoción en favor do Cures. Derrota 1-2 ante o Palmeira onde este partido se fai importantisimo. De gañar recuperan a plaza ante a xornada de descanso do Cures. Na primeira volta 2-2 e ambos non están de todo ben nos últimos partidos. Sin pronóstico. Veremos qué pasa... 01 Mar 2023, 17:29 971.21
O segundo dos partidos do sábado será no Anexo do Julio Mato. Noia B e Abanqueiro xogarán por obxectivos ben distintos. Os locais volven da xornada de descanso todavía co roto importante sufrido no Monumental de Cures (3-0) e dentro do malo a xornada non lles foi mala xa que o Puebla B pinchou en Lousame (1-1). O Abanqueiro perdeu un partido caótico e case que unha batalla campal contra un Artes con 9 (1-2). O árbitro (unha vez máis ese árbitro en concreto) partido que pita partido que se forma o escándalo. No Artes expulsou a 3 por vermella directa e no Abanqueiro expulsou ó míster que non se poderá sentar no banco esta xornada. Lío na grada, presencia dos municipales... De todo. Un 1. O Noia B ten bastante polo que loitar. O Abanqueiro co corte de 7 puntos que hai entre os últimos 5 postos e os demáis o único obxectivo (se non cambian as cousas) e ser o 11°. 01 Mar 2023, 17:16 971.21
O primeiro dos 2 partidos adiantados a sábado xógase en Ventín. Palmeira e Araño xogan por 3 puntos e quizáis incluso por posición dependendo de golaverage. O Palmeira asaltou o Emilio García (1-2) apartando ó Son da promoción en favor do Cures. Na parte negativa perden a Xota por doble cartón e Adrián non se poderá sentar no banco por ser expulsado por vermella directa á finalización do encontro. Final de partido quente xa que caeronlle unha chuvia de amarelas ós de Ribeira no minuto 90. Pola súa banda o Araño caeu derrotado na casa pola mínima ante o Cordeiro B. Un equipo o de Valga que volve gañar logo de 9 xornadas. O Araño ve frenada a progresión logo de 3 xornadas sen perder. A promoción quédalles agora a 5 puntos. Partido de difícil pronóstico. 5-4 na primeira volta para os da Lomba. De ahí que cunha victoria do Palmeira poida incluso sobrepasar ó seu rival. Impredecible o que pode pasar o sábado. 01 Mar 2023, 17:03 971.21
Duelo atractivo á vez que quente entre 2 equipos que o azar quixo que se vexan tamén na Copa do Sar o Xoves Santo pero en Ventin. O Porto do Son mantén o posto de promoción polos pelos gracias á victoria en Valga, hai moitos apretando e parece unha das loitas máis bonitas do que queda de liga. O Palmeira cando peor as tiña levou unha victoria no momento menos esperado. 2-1 sendo 11 xustos e poñendose o Lousame 0-1 por diante. Esperemos que este descanso lles faga recuperar efectivos tanto por sanción como por lesión. Duelo quente nas últimas ocasións. 5-6 e partido parado media hora por lío na grada na primeira volta... Sabe Dios... Todo é posible. 21 Feb 2023, 20:22 962.83
Araño e Cordeiro B xogarán un igualado duelo no campo e na clasificación. Os locais logo de varios tropezóns importantes recuperaron a súa mellor versión ganando 0-3 nun campo difícil como é As Furnas. Victoria que pode darlles un pulo nunha promoción que non se foi de todo pero onde non poden perder máis puntos. O Cordeiro B segue costa abaixo e sin frenos. 8 xornadas sen coñecer a victoria e non ten boa pinta. Última xornada derrota 1-2 ante o Porto do Son na casa, lóxica ata certo punto comparada con caer na Silva por exemplo ante o Lousame. O último resultado do Araño podelle dar motivación, o Cordeiro B despertará algún día. Na ida 0-0. Con todo esto: 2+2 levo 5 máis 7 de resto... Ten pinta de un 1. 21 Feb 2023, 20:17 962.83
Duelo na Silva entre Lousame e Puebla B. Os locais non aproveitaron o poñerse 0-1 en Ventin e caeron 2-1 presentando o Palmeira 11 xustos. Tropezo importante porque visto como foi a xornada huberan dado un paso importante no grupo dos 3 últimos. O Puebla B foi capaz de cortar a racha do Carreira no minuto 88 para empatar a 2 tantos. Resultado que polo discurrir do encontro é bo pero a efectos globais de táboa fai que o Aguiño se escape xa que o Crocha por un pelo non puido axudar na visita á Tasca. Na ida en Cadreche foi un apurado 3-2 logo de aquel sorprendente 3-0 endosado do Lousame ó Palmeira. A Silva veu resultados de todo tipo varios favorables ós locais. Ten pinta de un 2 salvo cousa rara. 21 Feb 2023, 20:08 962.83
Bo duelo entre Xuño e Cures nas Furnas. O Xuño volve repetir partido como local pero terao que facer bastante mellor xa que caeu por un contundente 0-3 ante o Araño. Frenazo importante nun comezo de ano que non era para nada malo. Enfrente un Cures que fixo do Monumental a silla eléctrica para todos. Caeu Aguiño, caeu Artes e caeu desta vez o Noia B e cun contundente 3-0. Siguen flirteando cos postos de promoción pero sen acabar de rematar a xornada neses lugares. Duelo clave para moitos equipos e non é menos para o Cures. Un 2 se quere optar a eses postos que están moi competidos. 21 Feb 2023, 20:01 962.83
Duelo entre Crocha e Cidade de Ribeira B na Alta. Os locais caeron con honor na Tasca ante o líder Aguiño 2-1. Foron incluso capaces de poñerse por diante pero 2 goles nos minutos 44 e 88 remataron ca racha de 4 partidos sen perder. Partido moi serio dos da Pobra. Partido este importante porque si queren subir na taboa teñen que vencer ó Cidade Ribeira B que está a 6 puntos (bastantes ainda). De perder moito máis na táboa xa será difícil de subir. O Cidade Ribeira B no duelo directo deixou as cousas cómo estaban co Abanqueiro. 3-3 onde estuveron 1-0 ata o 75. Casi tiran todo pola borda co 1-3 visitante pero conseguiron empatar nos últimos minutos. Importante a victoria para eles para apartar ós de atrás e intentar coller ó Palmeira que está a 5 puntos. Por forma ven mellor o Crocha a pesar da derrota. Veremos que pasa. Penso que si o equipo non afecta o golpe da derrota no último partido o poden facer pero haberá que apretar duro. 4-1 para o filial ribeirense na primeira volta que supuxo a caída pouco a pouco ó pozo do Crocha. Un 1 pero haberá que curralo e moito. 21 Feb 2023, 19:10 962.83
Duelo precioso á vez que con morbo o do domingo á hora do vermú na Guía. Carreira e Aguiño buscan 3 puntos vitales para os obxectivos de ambos. O Carreira empatou en Cadreche 2-2 cedendo o empate no 88 logo de ir ganando gran parte do encontro co Puebla B. Punto non malo sendo rival de zona alta e sumando fora da casa. O Aguiño gañou con máis apuros dos esperados ó Crocha que lle puxo as cousas complicadas. 0-1 se puxo o Crocha pero 2 tantos un ó final de cada tempo certificaron 3 puntos vitais xa que abren oco de 6 puntos cos inmediatos perseguidores. Na primeira volta 4-1 para os da Tasca, habrá ganas por parte dos de vermello. Pronóstico incerto pero será dos poucos partidos que o Aguiño poda ceder puntos e incluso perder. Un "triple" na quiniela 21 Feb 2023, 19:00 962.83
O partido adiantado da xornada vivirase en Vista Alegre. Abanqueiro e Artes loitarán por 3 puntos en alturas da táboa ben distintas. Os locais no duelo directo por posición empataron 3-3 co Cidade de Ribeira B. E máis ben perderon 2 puntos xa que tiña ben amarrada a victoria no 80 co 1-3 cun Hat-trick casi de record de Samuel Laíño (3 tantos en 6 minutos) logo de ir 1-0 durante 75 minutos. Finalmente outros 2 goles do rival deixan o empate que non sirve de moito pero os 3 de atrás perderon e non se achegan. O Artes ven de descansar unha semana máis que o resto pero o Aguiño xa se escapa a 6. Difícil diferencia para remontar. Debería ser un 2 si o Artes quere seguir mantendo certas posibilidades do ascenso directo. Veremos... 21 Feb 2023, 18:55 962.83
A veces os árbitros super exigentes para unhas cousas e para outras pasotismo total. Increíble que hoxe Palmeira e Lousame xogasen ca misma equipación solo diferenciando as 3 raias verdes da camiseta do Lousame respecto a franxa azul do Palmeira. Ambos fondo de camiseta blanco e pantalón e medias azules. E logo se poñen exquisitos por unha térmica que nin se confunde ca equipación rival. Este ano o arbitraje anda bastante de capa caída. 11 Feb 2023, 20:30 954.76