O partido adiantado da xornada terá lugar en Vista Alegre.
Abanqueiro e Porto do Son xogarán prácticamente sin nada en xogo.
Os locais caeron por 4-2 nun duelo directo por posición en Lousame. Continua a progresión negativa do equipo boirense nesta segunda volta.
O Porto do Son descansou na última xornada pero tamén ven con malos resultados nos seus últimos encontros. Derrota no último encontro en liga ante o Noia B e en Copa do Sar derrota e eliminacion con poucos efectivos en Palmeira 5-1.
Non é o mellor momento para ningún dos 2. Pero só un dos equipos se xoga algo e de maneira case que quimérica. O Porto do Son ten 8 puntos de desventaxa con 12 en xogo sobre o Carreira ainda que hai un enfrontamento directo. Victoria para o Son pero non está ningún dos 2 fino. |
19 Abr 2023, 15:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Pecha a xornada un bo duelo en Cadreche.
Puebla B e Cures loitarán cun ollo esperando fallos de rivais directos.
Os locais venceron cómodamente ó Palmeira 4-0 na última xornada de liga. Siguen á expensas dun fallo do Aguiño que, curiosamente, poden recibilo precisamente do Palmeira en Ventín e recordemos queda un Aguiño-Puebla B. Coidadiño a esta xornada que pode ser clave.
O Cures está en forma e nos 2 últimos partidos levaron merecido premio. En liga victoria 4-3 ante o Crocha onde loitaron e aproveitaron as opcións disponibles e tamén foron constantes durante os 90 minutos. Na Copa goleada ante o Abanqueiro 4-1 e a soñar e disfrutar con Noia ou Dubra de Preferente visitando o Monumental de Pomar de Río. Xogarán sabendo o que pasou a mediodía co Carreira ante o Crocha.
Cadreche pode ser determinante. A cousa casi 50-50 pero un pelín favorito o Puebla B pola condición de local. |
11 Abr 2023, 23:25 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo interesante o da Lomba.
Araño e Noia B xogan un duelo casi que de última chamada para ambos nos obxectivos máximos que teñen.
Os locais deron a campanada na Fieiteira vencendo ó Artes no desconto. A promoción queda a 5 puntos e gañar seguirialles dando vida ainda que o teñen sumamente complicado porque teñen que descansar. Deben esperar un fallo do Carreira e depender de terceiros e na última xornada hai un Carreira-Araño. Non imposible pero difícil. Na Copa venceron nos penaltis ó Rois logo dun 2-2 ó remate da prórroga.
O Noia B todavía loitan por subir directos, ainda que hai 7 puntos que parecen insalvables. Queda un duelo co Puebla B de por medio que pode decidir o subcampeonato e o factor campo para a promoción. Na última cita en liga 4-1 victoria na casa ante o Porto do Son.
Un dos 2 dirá adeus (si non o dixo xa) as súas máximas opcións en liga. Si o Araño ten o día podelle facer a faena a calquera. Sin pronostico para este encontro. |
11 Abr 2023, 23:20 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo nas Furnas.
Xuño e Artes xogan por obxectivos ben distintos.
Os locais nun duelo directo por decilo de algunha forma xa que se están quedando aislados dos outros 4 compañeiros de vagón caeron por 4-3 ante o Cidade Ribeira B. Era boa oportunidade para buscar as señas de identidade que, desde que comezou o 2023 perderon case que por completo.
O Artes na liga volveu sufrir un revés. Desta vez na casa ante o Araño 1-2 e están mais cerca de perder a plaza de promoción (a 5 está o Cures) que do ascenso directo (a 9 vaise o Aguiño). Eso sí, déronse a alegría en Copa vencendo a un dos primeiros da Segunda Autonómica como é o Praíña por 2-1. Artes-Aguiño en seguinte ronda de copa: casi nada.
Xógase as castañas o Artes. Victoria se non queren meterse en problemas. |
11 Abr 2023, 23:11 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo en zona baixa por posición en liga.
Lousame e Abanqueiro vense as caras no Municipal da Silva.
Os locais en liga veñen de descansar pero o último encontro que disputaron foi en copa ante o Vea dos primeiros clasificados do grupo de Santiago e caeron 3-6.
O Abanqueiro sigue en tendencia negativa e con poucas alegrías que levar á boca. Caeu en liga posiblemente merecendo máis ante o Carreira 2-3 e perdeu na Copa ante o Cures goleado por 4-1. Malos tempos para o equipo do antigo Campo da Charca.
Sin pronóstico claro. Pode pasar calquera cousa. |
11 Abr 2023, 23:04 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partido do horario do vermú na Guía.
Carreira e Crocha xogarán con moitos equipos poñendo os seus ollos no Campo da Guía.
Os locais gañaron contra o Abanqueiro con moitos máis atrancos dos esperados (2-3) e según contan persoas que asistiron ó encontro o Abanqueiro perdonou o indecible. En Copa do Sar que están en competición non se presentou o seu rival o Estradense "B" polo que pasarán de rolda sen xogar.
O Crocha ven de perder en liga en Cures 4-3 nun partido en que puideron haber sacado un mellor resultado si mantuveran a actitude do arranque de encontro. Logo varios regalos e non meter as disponibles fixeron o resto. Na Copa sen embargo boa victoria ante o Atlético Orosino por 3-1 nun partido igualado que na última media hora se desequilibrou con merecimiento para os da Pobra.
Mismo caso que o partido de Valga. Os locais xoganse a promoción, os visitantes nada so ser como moito 11°. Favorito e victoria para o Carreira en principio. |
11 Abr 2023, 22:22 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O outro partido do sábado será un duelo de filiais en Valga.
Cordeiro B e Cidade de Ribeira B xogarán un duelo onde so un dos 2 ten algo que facer e a cousa non a ten nada sinxela.
Os locais caeron en Aguiño no treito final de partido e a promoción vaiselle a 4 puntos (intentarán aferrarse ó Golaverage particular co Carreira ganado, un dos poucos que o ten favorable contra os da Guía). Vital gañar este sábado.
O Cidade Ribeira B pois está en terra de ninguén so "loitando" por ser do grupillo dos 5 últimos o primeiro deles. Último encontro victoria ante o Xuño apretada por 4-3.
Victoria do Cordeiro B sinon adeus ás aspiracións de promoción. |
11 Abr 2023, 22:16 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Volve a liga. Últimas 5 citas da temporada.
2 partidos en sabado e este de Ventín partidazo.
Palmeira e Aguiño loitan por 3 puntos cruciais.
Os locais si nos vamos á liga caeron por 4-0 en Cadreche ante o Puebla B levando 11 xustos e sin cambios. Na Copa do Sar mellor cara vencendo 5-1 ó Porto do Son ainda que os visitantes con moitas baixas.
O Xuventude Aguiño na Copa do Sar venceron ó Nicrariense de Segunda por 5-3 e pasan de ronda e na liga a última cita foi ante o Cordeiro B levando o partido ó seu favor nos últimos 10 minutos de encontro.
Partido trampa este para o líder. Caeu sin ir máis lexos o Puebla B por goleada. Coma sempre Ventín pode truncar pronósticos. O Palmeira está virtualmente fora de aspiracións (8 puntos de promoción con 12 en xogo xa que descansan) e o Aguiño síguese xogando todo co Puebla B esperando un fallo. Victoria do Aguiño penso que será. |
11 Abr 2023, 22:12 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Claramente. Todos pincharon menos o Araño. E o Araño ponse aínda a 5 puntos. Eu son dos que pensa que os 5 que están agora nos postos para subir son os que van estar de aquí a final de liga. Pero non descarto de todo a Son, Cordeiro e Cures. Palmeira e Araño para mín moito teñen que facer (aparte de que teñen que descansar) para optar xa á promoción. Aparte este domingo teñen unha papeleta de carallo xogando fora ambos ante os 2 primeiros. |
28 Mar 2023, 23:57 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Pecha a xornada o duelo de proximidade de Cadreche entre Puebla B e Palmeira.
Os locais venceron pola mínima en Valga ante un sempre difícil Cordeiro B. Un tanto de Carlos Teira ó cuarto de hora de inicio foi definitivo no encontro.
O Palmeira perdeu 2 puntos no desconto ante o Cures logo de ir 2 veces con 2 goles de ventaxa. Carlos Bures no desconto anotou un tanto que foi como xarro de auga fría no equipo de Ventín.
O Palmeira apura as remotas opcións de promoción e o Puebla B de momento espera calqueira pinchazo do Aguiño. Na primeira volta sorprendente pero merecido aquel día 5-0 para o Palmeira pero neste partido o favorito é o Puebla B. |
28 Mar 2023, 23:51 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de aldeas (e a moita honra para ambos equipos) no Monumental de Pomar do Río.
Cures e Crocha xogan un duelo que sempre tuvo o seu punto de rivalidade ó longo dos anos polo número de xogadores que vestiron ambas camisolas ó longo dos anos.
Os locais conseguiron un meritorio punto en Ventín igualando a 4 no desconto un partido que foi 3-1 e 4-2 abaixo. Duelo vibrante e de goles xa que o partido iba 3-2 ó descanso.
O Crocha nun duelo sin moito brillo por parte de ningún dos 2 equipos venceu 2-1 ó Abanqueiro. A sorte tanto en ataque como defensivamente favoreceu máis ós da Pobra. 2 bos goles do dianteiro Piñeiro que suma 12 tantos no que vai de liga.
O Cures xógase algo moito máis importante respecto ó Crocha que so loita por quedar o máis arriba posible da situación na que está. O Cures mirará de reollo ó que pase o sábado nos encontros de Vista Alegre e San Lázaro. Últimos precedentes 1-2 na primeira volta para os de Boiro e en Pomar do Río 2-1 en liga o ano pasado e 2-2 en pretemporada.
Favorito o Cures por obxectivos e cousas a xogarse. |
28 Mar 2023, 23:42 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partidazo da xornada. Non son malos partidos o de Noia e o de Cadreche pero penso que este os supera.
Líder contra aspirante inmediato á promoción.
O Aguiño venceu 1-2 na casa do colista no resultado polo menos con máis atrancos dos previstos. A eso añadiron a expulsión de Carlos antes do descanso. 2 centrales David Vidal e Cores sacaron o partido adiante.
O Cordeiro B no duelo de filiais caeu pola mínima na casa ante o Puebla B un solitario gol de Carlos Teira no primer treito de encontro decideu á postre este bo encontro.
Non descarto que o Cordeiro B poda dar a sorpresa aínda que o favoritismo de partida é para o líder. |
28 Mar 2023, 23:35 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Logo da comida e na segunda sesión de Terceira Autonómica do día enfrentanse Cidade Ribeira B e Xuño.
Os locais caeron no desconto logo de ir cunha renta de 1-3 ó descanso en Taragoña ante o Araño. Isaías achégase a 4 tantos na táboa de máximos goleadores a Fernando Millán (25 tantos do ariete do filial ribeirense por 29 do punta do Aguiño). Ademáis do Abanqueiro o Crocha empata con eles a puntos pero dese grupo de 3 sae vencedor o Cidade polos golaverages.
O Xuño volveu a perder pero parece que cunha mellor imaxe. Derrota 1-2 ante o líder Aguiño. Punto positivo, adiantáronse no marcador, punto negativo o Aguiño estuvo toda a segunda parte cun xogador menos cando a cousa iba 1-1. Buscarán facer algún resultado positivo de aquí a final de ano.
Non están ambos no seu mellor momento. Pero penso que o Cidade fará valer a condición de local. Un 1. |
28 Mar 2023, 23:28 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Logo das procesions de Domingo de Ramos un vermú sempre lle caeu ben na Fieiteira.
Artes e Araño xogan un partido entre 2 equipos que veñen de vencer no desconto.
O Artes venceu no Emilio García no 95 cun gol de Miguel 1-2 ó Porto do Son. Perden a Bruno un dos habituales en defensa para este partido.
O Araño cun gol de Buko no desconto remontaron de maneira épica un 1-3 que campeaba ó descanso. A promoción quedalles a 5 puntos pero irán sin complexos nas citas que quedan.
Ambos apuran opcións pero as opcións máis realistas e para posicionarse o mellor posible no playofff no seu defecto son para o Artes. Victoria local pronostico. |
28 Mar 2023, 23:22 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de veciños no Anexo do Julio Mato no segundo dos partidos adiantados do sábado.
Noia B e Porto do Son xogan por obxectivos importantes pero a escalas distintas.
Os locais gañaron no duelo de rivalidade co Lousame 1-3 onde, polo visto na acta, o partido o tuveron en franquía a maioria do partido anotando o Lousame a 10 minutos co partido máis que decidido. Buscarán posicionarse o mellor posible de cara ó playoff ou, si o Aguiño pincha, acercarse ó liderato pero está a 7 puntos, bastante distancia.
O Porto do Son estuvo co partido abaixo ante o Artes desde o minuto 40 e cando parecía bo o punto que tiñan no 88 co gol de Oliver, no 95 perderon ese punto. A promoción sigue a 2 puntos pero na próxima xornada descansarán.
Igualado. Na primeira volta foi 4-3 para os do Emilio García, pero penso que favorito un pouco máis o Noia B. |
28 Mar 2023, 23:16 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
2 duelos para sábado á misma hora. Un deles este de Vista Alegre.
Abanqueiro e Carreira enfrentanse por 3 puntos que os visitantes o siguen necesitando para defenderse de atrás e intentar achegarse adiante, ainda que ca segunda volta que levan loitan máis polo segundo que polo primeiro.
Os locais caeron na Alta ante o Crocha nun partido en que ningún dos 2 equipos xogou nin moito menos ben e ganou o que fallou menos e o que tuvo un pelín máis de sorte de cara a gol.
O Carreira volve da xornada de descanso mentalizados de seguir invictos de aquí a final de liga.
Un 2 neste partido. |
28 Mar 2023, 22:56 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Ahora ainda non, pero si me das unha horiña de margen co colacao caen cojonudas. |
22 Mar 2023, 13:03 |
995.99 |
1 |
0 |
+info
|
Ben se nota que non me conoces, amigo 1004. Ó mellor hasta fas un favor e todo si non che apetece volver. |
22 Mar 2023, 00:12 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
E que ben xogaba o cabrón o tempo que durou. |
22 Mar 2023, 00:06 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|
Evidentemente. Entre que varios partidos xóganse á vez e que eu teño máis vida que o fútbol tes toda a razón. |
22 Mar 2023, 00:04 |
995.84 |
1 |
0 |
+info
|