O partido que ten a chave de todo o que queda na liga.
Artes e Puebla B xogarán co Aguiño mirando o partido logo de xogar co Cidade Ribeira B e saber que opcións terá vendo o que pase neste encontro.
O Artes na última xornada quedou totalmente descabalgado do ascenso directo logo de caer 3-2 en Ventin ante o Palmeira que non se xogaba nada. Toca agora buscar a mellor posición na promoción. Poden tanto caer ó 5° posto cómo ser 2° ante tanto enfrentamento directo que haberá nestas 2 xornadas. Noutro post subimos as opcións de Artes e Puebla B de aquí ó final de liga.
O Puebla B tiña un pouco apagadas as esperanzas logo do empate a 2 da Tasca pero gracias ó 0-0 do Cures siguen tendo vida e o Aguiño xa non terá rede con so 2 puntos de vantaxe. Calqueira pinchazo será fatal para calquera dos rivais. Incluso a cousa se pode decidir por maior diferencia de goles ou goles marcados. Nun hipotético empate o Puebla B leva 2 goles de vantaxe na diferencia de goles (+35 o Puebla B por +33 do Aguiño). Estará todo nun puño.
O partido da alegría ou do drama para varios equipos. Que gañe o mellor. |
03 May 2023, 13:15 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Noia B e Palmeira xogan cos locais en modo caña preparada para ver se pescan en río revolto.
O Noia B xogando en venres gañou 0-2 ó Cordeiro B en Valga. Fixeron os deberes e a esperar acontecementos que desde Aguiño lles foron positivos polo menos.
O Palmeira axitou a cocteleira e fixolles a pascua ó Artes gañándolles 3-2 e deixando xa sin opcións de ascenso directo ó Artes. A promoción espera e casi seguro sin factor campo favorable.
Co 0-0 entre Aguiño e Cures, o Noia B ten opcións (non fáciles pero ten) de ascenso directo. Teñen que ganar os 2 partidos e que o Aguiño pinche nos 2 e un deles cunha derrota. Para a semana hai un Puebla B - Noia. Na ida en Noia 2-1 para os do Julio Mato. Polo que unha victoria en Cadreche fan que adianten ó Puebla B (si e que salen vivos e airosos do Artes - Puebla B desta xornada). Adiantaranos de todas todas sempre e cando venzan ó Palmeira e gañen en Cadreche.
Ollo a este Noia B que si collen o toro polos cornos e o Aguiño non gaña ó Cidade Ribeira B véñense curvas e das importantes. |
03 May 2023, 12:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
A primeira das 2 finais polo ascenso directo.
Cidade de Ribeira B e Aguiño xogan un encontro onde os visitantes se xogan o ascenso directo.
A efectos clasificatorios a verdadeira final e a complicada é a da xornada final ante o Artes, pero aquí non poden equivocarse porque nin un empate lles podría valer. O Puebla B estará vendo o partido e saberá o que pasou xa que xogarán ó rematar este encontro contra o Artes.
E a todo esto chegouse porque o Aguiño só sumou un punto tras empatar sen goles ante o Cures. Intentárono de todas formas pero foilles imposible. Cá victoria do Puebla B precisamente ante o seu rival desta xornada so hai 2 puntos. Polo que de partida teñen que gañar os 2 partidos para non vivir un posible drama.
O Cidade de Ribeira B cómo dixemos perdeu en Cadreche 3-1 un partido que estivo moi decantado co 3-0 ó descanso.
Pois poderia haber campeonato pero só se Aguiño gaña e Puebla empata ou perde. En caso de empate de Aguiño e derrota do Puebla haberia que ir a Golaverage xeral xa que o particular está empatado (3-3 en Cadreche e 2-2 na Tasca) e no xeral ten 2 goles máis o Puebla B que o Aguiño (+35 dos de Óscar Iglesias por +33 dos de Pedro Yugueros). Toda combinación que non sexa a primeiramente mencionada deixa todo para a xornada final.
Pronóstico: debería ser un 2 pero veremos cómo están os nervios dos de Aguiño.
|
03 May 2023, 12:32 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Outro partido de tranquilidade e casi que de recheo nestas xornadas finais.
Crocha e Araño xogan na Alta sin nada en xogo. So intentar subir un pelín na táboa pero sin cotas importantes.
O Crocha perdeu no Son 3-2 nun partido igualado pero un penalti que cometeron clarísimo e outro que se equivocou o árbitro viron remontado o 0-1 inicial e írselle un partido no que quizáis vooulles un punto.
Mesmo resultado de derrota polo mesmo tanteador pero sendo o Araño local ante o Abanqueiro (2-3). Chegou a poñerse o Abanqueiro 1-3 pero sin a tensión competitiva as cousas vense distintas.
Pode pasar calquera cousa. Non me extrañaría un empate e tan amigos ambos. Aínda que supoño que a calquera dos 2 gustarialles estar algo máis arriba na tabla, especialmente ós locais. |
03 May 2023, 12:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido sin absolutamente nada en xogo en Vista Alegre.
Abanqueiro e Xuño vense as caras intentando sumar 3 puntos de honra.
O Abanqueiro logo de casi 4 meses volveu gañar e nun campo que non suele ser sinxelo cómo é A Lomba ante o Araño 2-3.
O Xuño ven de descansar pero sigue en racha de malos resultados logo de caer no último encontro xogado 6-0 en Noia.
O Xuño matemáticamente xa será o equipo que peche a táboa. O Abanqueiro intentara sumar os 3 puntos para quedar por riba de Lousame e Crocha. O Cidade de Ribeira B está a 5 puntos con 6 en xogo. Penso que engancharán a segunda seguida os de Jorge Fajardo máis ainda vengando o 4-2 das Furnas da primeira volta. |
03 May 2023, 12:15 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Outro partido donde se xogan cousas importantes e total igualdade xogando Carreira e Cures á mesma hora.
Carreira e Porto do Son xogan un partido importante onde os locais poderían certificar a súa presenza na Promoción. Para iso deben sacar mellor resultado que o Cures na Silva: Victoria e que o Cures non gañe ou empate e que o Cures perda. Co mesmo resultado non serían equipo de promoción aínda porque o Cures ten gañado o Golaverage particular.
Os locais sufriron polo menos a efectos de marcador gañando a domicilio 2-3 ó Lousame. Chegaron a estar 1-3 pero durante media hora mantívose o 2-3 aparte de tamén estar 1-1.
O Porto do Son logo de quedar sin opcións ganaron no Emilio García 3-2 ó Crocha. Partido bastante equilibrado que se decideu desde o penalti. 2 penaltis para o Son (un no que o árbitro se equivocou) e outro para o Crocha fixeron sumar 3 puntos ós de Quintáns para intentar acabar da mellor forma posible.
Dende Cures os que non vaian ó Municipal da Silva e os que vaian a apoiar o equipo rezarán para que o Porto do Son bote unha man.
O Carreira e máis na casa irá con todo e dudo que falle. Un 1 para o Carreira. |
03 May 2023, 12:10 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Penúltima xornada de liga con varias cousas en xogo.
3 partidos adiantanse a xogar en sábado.
E neste primeiro síguense xogando cousas.
Lousame e Cures xogarán no Municipal da Silva outra final para os do Monumental.
O Lousame na última xornada precisamente ante o rival polo posto de promoción que é o Carreira caeu 2-3. Partido que tivo pinta de non ser moi cómodo xa que a pesar de poñerse 1-3 os da Guía o 2-3 anotouse a media hora para o final e a cousa non estivo tranquila (polo menos a efectos de marcador) ata o final.
O Cures na finalísima de Aguiño consigueu un empate sen goles pero a pesar da heroicidade de rascar un punto na Tasca perden 2 puntos con respecto ó Carreira. Eso sí, o Puebla B aplaude cas orellas de que gracias a este 0-0 xa non hai rede e so conta o Aguiño con 2 puntos de vantaxe. O Artes total e absoluto xuiz do ascenso xa que se enfrentan a Aguiño e Puebla B.
Lousame no se xoga nada e Cures a por todas. Debería ser un 2 pero o Lousame non lle porá as cousas fáciles e aparte hai varias baixas no Cures. Dura proba. |
03 May 2023, 11:54 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Pois o partido da xornada onde se xogan as 2 cousas máis importantes do que queda por decidir: Ascenso directo e última praza de promoción.
Xuventude Aguiño e Cures xogan uns o partido do ano e outros o partido da súa vida.
Os locais logo de salvarse de problemas mantendo distancias co Puebla B (4 puntos) o seguinte partido do ano é este onde se poderían proclamar campeóns e ascender directamente. Teñen que gañar e que o Puebla B perda en Cadreche co Cidade Ribeira B. Un pinchazo complica as cousas xa que hai un Aguiño-Artes na xornada final e os nervios poden xogar unha mala pasada.
O Cures si que é o partido dos seus 27 anos de historia. Poucas ou ningunha vez se viron ca opción de xogar unha promoción para ascender. Venceron 2-1 e non fallaron no partido clave ante o Carreira e o soño está a 1 só punto. Xogarán sabendo o que fixo o Carreira en Lousame o día anterior. Irán con todo e xogarán ca alma. Nadie foi capaz de sacar os 3 puntos da Tasca. ¿Será capaz de sacalos o Cures? Na ida ganaron 3-2 ó Aguiño provocando a primeira derrota do implacable líder. O último precedente na Tasca entre eles 3-3 na primeira xornada da inconclusa temporada 19-20 pola pandemia.
O partido das emocións para estes 2 equipos. Que gañe o mellor. |
26 Abr 2023, 15:56 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partido tranquilo da xornada.
Dous ex-segundas o ano pasado como Araño e Abanqueiro xoganse 3 puntos so para subir na taboa pero non para obxectivos importantes.
O Araño ven de descansar logo de amolar un pouco ó Noia B na Lomba (3-3). Comparten puntuación co Porto do Son e co Cordeiro B pero a promoción queda a 7 puntos con 9 por disputarse (virtualmente están fora da loita pola promoción).
O Abanqueiro rascou un puntiño co Porto do Son pero levan tempo sin gañar. Última victoria na primeira xornada da segunda volta (12 xornadas sin sumar de a 3) ante o Palmeira en Vista Alegre 3-0.
A divertirse, que sea bo partido, que non se lesione ninguén e si é partido con goles, mellor. |
26 Abr 2023, 15:47 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Outro duelo de filiais onde o Noia B sigue xogandose cousas e o Cordeiro B xa fincou pe a terra admitindo nas Redes Sociais que quedan sin opcións (hainas pero remotas).
Os locais caeron por 5-0 na Fieiteira ante o Artes. Mala segunda volta dos de Valga onde se non contei mal so sumaron 10 puntos con respecto ós 26 da primeira.
O Noia B goleou fácilmente 6-0 a un Xuño afundido. Co empate entre Aguiño e Puebla B están a 3 puntos do Puebla B e enfréntase na última xornada en Cadreche. 2-1 en Noia na primeira volta para os do Julio Mato. Todavía teñen opcións para ser 2°. O ascenso directo está prácticamente imposible.
Outro dos que está obligado a non fallar, o Cordeiro non se xoga nada. Un 2 para o Noia.
Actualización: duelo adiantado a venres ás 9 da noite. |
26 Abr 2023, 15:41 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido sin nada en xogo prácticamente xa que virtualmente o Porto do Son quédase fora da promoción.
Porto do Son e Crocha xogan no Emilio García.
Os locais empataron en Vista Alegre 3-3 e para as aspiracións que tiñan un empate é case o mesmo que perder. A 7 puntos do Carreira con 9 por xogarse. Unha victoria do Carreira en Lousame sepulta totalmente as remotas opcións dos de Quintáns que o expulsaron na última xornada.
O Crocha sin nada que xogarse está dando goles por todos lados. Si perderon 6-4 en Carreira no último partido empataron 4-4 co Lousame. O Crocha sigue competindo e dando goles pero moi costa abaixo.
Sin prácticamente nada en xogo e cun 5-7 na Alta na primeira volta entre estos 2 equipos sabe Dios o que pode pasar ahí. |
26 Abr 2023, 15:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo de filiais na mañán de domingo.
Puebla B e Cidade Ribeira B xogarán cos locais xogandose algo. O Cidade ó igual que o Palmeira é o equipo con menos por xogarse nin sequera a efectos clasificatorios.
Os locais no partidazo da liga só empataron 2-2. Chegaron a ir 2-0 abaixo e quedou o Aguiño con 10 e empataron e ainda que non estuven no encontro supoño pola evolución do mesmo apretaron ata o final pero non foi suficiente e finalmente manteñense as distancias. Poderían decir adeus ó ascenso directo e haber alirón en Aguiño cunha derrota en Cadreche e a victoria dos locais na Tasca ante o Cures.
O Cidade Ribeira B gañou 4-3 ó Palmeira e quedan en terra de ninguén. A 5 puntos teñen ó Palmeira e salen vencedores desa liguiña de cola xa que o Lousame xa se queda a 6 puntos por detrás, o Abanqueiro e o Crocha a 8 e o Xuño hundido a 16 de distancia.
Un 1, non lles queda de outra ós de Óscar Iglesias. |
26 Abr 2023, 15:27 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido onde se xoga unha das cousas máis importantes que queda por decidir: a última plaza de promoción.
Lousame e Carreira xogan cos da Guía tendo que sumar todo a menos que o Cures falle.
Os locais empataron nun tolo partido en Cadreche 4-4 contra o Crocha. Os nesta xornada locais non contarán con Iván Amboage e o mister por expulsión. O partido foi espectacular á vez que bastante irregular por parte dos 2 equipos.
O Carreira está sin marxen xa que perderon no Monumental 2-1 co Cures. O Cures ten unha dificilísima saida a Aguiño pero a estas alturas todo é posible e o Cures enfrentarase ó partido da súa historia. A Silva sempre da problemas a máis dun equipo.
A lóxica indícanos que será un 2 pero ollo porque todo é posible tanto en Lousame cómo en Aguiño.
|
26 Abr 2023, 15:17 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
2 partidos adiantados a sábado.
E este é partidazo entre 2 Bos equipos onde so os visitantes se xogan algo e clave ademáis.
Palmeira e Artes xogan en Ventín por 3 puntos claves para o equipo verde e blanco.
O Palmeira perdeu na súa visita ó anexo da Fieiteira contra o Cidade de Ribeira B e tal como están as cousas a 3 do final é o equipo que pode quedar con máis probabilidade de quedar onde está. A 4 puntos están por diante o trio que forman Cordeiro B, Araño e Porto do Son e 5 por detrás o propio Cidade Ribeira B.
O Artes goleou ó Cordeiro B e unido ó empate na Tasca entre Aguiño e Puebla B dependen de si mesmos para conseguir a 2° plaza. Deben gañar en Ventín (campo difícil) e para a semana hai un enfrentamento directo na Fieiteira entre Artes e Puebla B. Si gañan ó Puebla B por 2 goles gañaranlles o golaverage particular. Si ganan por 1 haberá que ir á diferencia de goles xeral que o Puebla ten 6 goles de ventaxa (+33) dos da Pobra por (+27) dos da Fieiteira. O Artes é un dos que máis se xoga nestas 3 xornadas restantes. E para acabar van a Aguiño polo que teñen que dar o todo polo todo.
Difícil encontro pero quizá o Palmeira se deixe ir. O Artes non pode despistarse porque co Palmeira colleitaron a primeira derrota do curso. Un 2 en teoría. |
26 Abr 2023, 14:44 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partido que na primeira volta ambos estaban na cresta da ola pero o paso da temporada non lles favoreceu demasiado a ningún. Si ben é certo que o Artes xogará a promoción a un 99%.
Artes e Cordeiro B xogarán un bo partido pero ante o duelo na cumbre e o duelo pola última plaza de promoción quedan relegados a un terceiro plano.
O Artes venceu 0-4 nas Furnas a un casi desahuciado Xuño. 3 puntos máis e buscando o mellor posicionamento de cara a promoción. O ascenso directo está casi que imposible. 9 puntos de distancia con 12 por xogarse.
O Cordeiro B caeu na casa contra o Cidade Ribeira B 2-3. Derrota inesperada e inoportuna porque con este resultado as portas á promoción están case pechadas. 7 puntos e aínda teñen que pasar a xornada de descanso. O teñen casi en chino para a promoción.
Na primeira volta 1-1 e primeiro pinchazo do Artes en toda á liga. A cousa cambiou e moito para ambos. Favorito polo factor local e polas sensacións recentes o Artes. |
19 Abr 2023, 16:40 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Pois estamos ante o partido da LIGA con maiúsculas.
Aguiño e Puebla B xóganse o todo polo todo.
O Aguiño chega de milagro cun colchón que estiveron a punto de non ter. Dura batalla en Ventín onde a pesar de quedar con un xogador menos 55 minutos foron capaces gracias á aciaga tarde do porteiro do Palmeira de levar os 3 puntos in extremis. Volveu a aparecer Fer no momento máis necesario e cos seus 2 tantos aparte de deixar sentenciada casi a táboa de goleadores con 31 dianas permiteu manter o colchón de 4 puntos sobre o Puebla B (de rematar en empate a cousa estaría nun puño de só 2 puntos).
O Puebla B sigueu co que tiña que facer que é sumar de a 3 e esperar un pinchazo do Aguiño que non sucedeu polo canto dun duro. Toca gañar a domicilio e esperar outro fallo posterior.
Si gana o Aguiño pódese proclamar campeón a semana que ven novamente na Tasca ante o Cures. Cun empate e sobre todo victoria do Puebla B haberá aínda moita tela que cortar.
Que sexa un bo partido para os aficionados e que gañe o que o mereza. |
19 Abr 2023, 16:33 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo opacado polo duelo entre os 2 primeiros.
A promoción pode abrirse ou acabar de sentenciarse neste encontro.
Cures e Carreira xogarán probablemente o encontro máis importante do ano para ambas escadras.
Os locais mantuveron a resistencia en Cadreche ante o Puebla B 75 minutos pero logo de que entrou o primeiro caeu a resistencia de maneira estrepitosa. 3-0 final nun Cures que está tendo baixas importantes no peor momento para telas.
O Carreira gañou 6-4 ó Crocha na mediodía do domingo na Guía. Partido que se lles puxo moi de cara con 2 goles en 10 minutos e chegaron a ter un 6-1 con 1 xogador de máis durante pouco máis de media hora. Logo baixaron o pistón e as pulsacións e en superioridade recibiron 3 goles en 25 minutos. Non foi o ideal pero tiveron marxe suficiente para asumir ese regular final de partido.
Todo é posible no Monumental de Pomar do Río. Racha como local do Cures VS Racha xeral do Carreira. Partido moi interesante de ir presenciar. |
19 Abr 2023, 16:26 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Duelo interesante este do Anexo da Fieiteira.
Cidade Ribeira B e Palmeira xogan un partido onde ambos, ainda con resultados distintos, deixaron sensacións positivas.
Os locais asaltaron o Municipal de Campaña en Valga (2-3) nun dos resultados sorpresas da fin de semana. Destácanse sobre o pelotón de cola.
O Palmeira xogou un serio partido en Ventin ante o líder Aguiño pero caeron 1-2 con 1 xogador máis e cun porteiro que non tuvo o mellor partido da súa vida. Os 2 goles por desgraza para el tivo protagonismo. No primeiro por salir con medo e no segundo dando unha patada ó aire que si fas eso contra un xogador que con estes 2 tantos leva 31 pois é sentenza de morte.
Pronóstico nada claro este. |
19 Abr 2023, 16:19 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
Noia B e Xuño xogarán un enfrentamento desigual no Anexo do Julio Mato.
Tropezón importante dos locais volvendo empatar (coma na primeira volta) 3-3 ante o Araño. 4 puntos que voaron ante este equipo vitais.
O Xuño sigue en estado depresivo. Derrota por 0-4 na casa ante o Artes que na primeira volta lle plantara máis cara (a pesar de obter o mesmo resultado de derrota).
Un dos pronósticos máis claros da fin de semana salvo sorpresón: un 1. |
19 Abr 2023, 16:15 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|
O partido do vermú e do horario súper raro (pero ten explicación).
Crocha e Lousame xogan un duelo na parte baixa onde hai disputa de posición ó estar separados ambos equipos por 2 puntos.
O horario queda establecido nese horario logo de xogar antes 2 das categorías base dos locais.
O Crocha caeu en Carreira nun partido moi irregular de ambos equipos, especialmente do Crocha, o Carreira deixouse ir na última media hora pero cos deberes feitos. Moitas baixas nos da Pobra e unha convocatoria collida con pinzas. Viviron o peor (estar 6-1 e cun Home menos por expulsión) e o mellor sacando orgullo (baixada de pistón do Carreira pero meter 3 goles en 20 minutos para maquillar o resultado). O seu dianteiro Piñeiro ponse nos postos altos do pichichi con 16 goles.
O Lousame logrou unha boa victoria noutro enfrentamento directo co Abanqueiro (4-2). Temporada máis que meritoria o do equipo debutante na categoría este ano.
Ambos equipos seguiron unha progresión similar ó longo do ano. Cunha primeira volta moi discreta e unha segunda bastante mellor. Na primeira volta 2-1 para o Lousame. Veremos qué sale de aquí. Sin pronóstico claro. |
19 Abr 2023, 15:28 |
999.99 |
1 |
0 |
+info
|