Comentarios de adolftaker

Comentario Fecha Karma
O partido adiantado da xornada. Abanqueiro e Xuño loitarán en Vista Alegre pola victoria. O Abanqueiro arrancou con bo pe a competición vencendo pola mínima nun campo do que presumiblemente sairán poucos puntos de alí: o Monumental de Cures. Un gol no 87 de Ezequiel fai que o equipo de Boiro inicie de boa maneira o curso. O Xuño por desgracia tivo o comezo totalmente contrario: derrota abultada na casa ante o Lousame que, vendo que tódolos resultados restantes foron victorias por 1 gol de diferencia ou empates, caen de momento de maneira anecdótica ó último posto da táboa. Partido marcado en boa medida pola expulsión de Rubén Brión á media hora polo que o equipo das Furnas estivo máis de 1 hora en inferioridade numérica. Veremos si o Abanqueiro mantén o pleno de puntos ou si o do Xuño foi un accidente e esa expulsión influeu definitivamente no partido das Furnas. 03 Oct 2023, 12:13 999.99
Para mín o partido con máis chicha da xornada 1. Artes e Palmeira enfróntanse no Anexo da Fieiteira nunha temporada ilusionante para ambos. Os locais na tempada do seu 50 aniversario fixeron unha revolución no equipo e aínda que seguen no club xogadores como Damián Sampedro, Guerguich ou Alberto Gude apostan por xente xoven como Alex Castro, Sergio Rey ou Miguel González "Lesmes" e xogadores contrastados como Beto ou Javi London. No banquillo hai cambio tamén e chega David Cameán "Peri". O Palmeira logo de pender a continuidade na competición nun fío na primeira metade do verán tamén cambia de adestrador e volve de novo David "O Pedreiro" que xa dirixeu en tempos anteriores ó conxunto palmeirán no sitio de Adrián Vázquez. O bloque a gran maioría repite: Falamos de 13 dos 19 inscritos que se completan cas chegadas de Xabier Barreiro, Pulgui ou Manuel Parada por exemplo. Ó igual que no Cures - Abanqueiro xa se viron as caras tamén en pretempada no Torneo 50 aniversario do CD Artes onde saleu victorioso o Palmeira. Equipo que sempre pon en problemas ós verdiblancos: o ano pasado foi o primeiro equipo co que perdeu en liga logo de 12 partidos invictos. Duelo bonito e moi interesante. 26 Sep 2023, 01:56 999.99
Partidazo no Monumental e Derby para comezar o curso. Cures e Abanqueiro comezan no fortín de Pomar do Río a competición. O Cures logo dunha tempada inolvidable onde soñaron ata case o final ca promoción onde quedaron nun histórico 6° posto e onde fixeron unha tempada sobresaliente repiten o que lles levou a conseguir ese éxito: renovan corpo técnico e 19 dos 22 xogadores inscritos. Poucas pezas ou ningunha tocan da maquinaria e con razón. Baixa sensible a de Mario Castro que se perderá de partida toda a temporada ou gran parte dela por unha complicada lesión. O Abanqueiro quere facer borrón e conta nova nun curso pasado onde viñan de Segunda Autonómica e casi de seguro non acabaron dónde quixeran e esperaban estar. Para iso moven pezas e aínda que sigue boa parte do bloque chegan xogadores importantes como Óscar Medina, Eloy Silva ou Abrahan Laíño. Sigue Jorge Fajardo no banquillo naranxa. Baixa sensible do que foi o seu xogador Samuel Laiño que retornou ó Cabo de Cruz para xogar en Primeira Autonómica. Houbo xa un amistoso entre eles en pretempada no mismo escenario onde saiu victorioso o Cures e os 2 partidos en liga na 22-23 tamén os gañaron os do Monumental. ¿Poderá parar esta xeira o Abanqueiro con este novo conxunto formado ou soñará o Cures con outra tempada para enmarcar? 26 Sep 2023, 01:43 999.99
Partido interesante o que se vivirá na Guía para inaugurar temporada. Carreira e Araño comezarán a mostrar as cartas sobre o tapete verde da parroquia ribeirense. O Carreira é un dos equipos que menos cambios ten respecto ó ano pasado. Sigue o seu adestrador e repiten do curso pasado 14 dos 19 xogadores que teñen inscritos. Si a fórmula da bos resultados como o ano pasado que xogaron promoción ¿para qué tocalo? O Araño película moi similar á do seu rival. Repite máis de media plantilla con respecto á pasada campaña e incorporan no banco a David Novo que a súa última experiencia en Terceira Autonómica Senior foi fai 2 cursos co Unión B e contará como segundo con Abel Vicente que foi o cabeza visible no banco o ano pasado. Veremos qué pasa nun partido onde moitos repiten respecto a última vez que se viron as caras: última xornada de liga da 22-23 pero na Lomba (1-2). 26 Sep 2023, 01:31 999.99
Encontro de proximidade entre un equipo que cambia de grupo novamente para volver á zona de Barbanza e un filial que o ano pasado tivo altos e baixos. O CD Sar regresa a este grupo dende a tempada interruptus pola pandemia. Seguen nomes de aquela época no clube: Iván Pesado, Tomás Bello, Raúl Barreiro, Dani Ramos... Ós cales se unen novos xogadores como Brais Carballal ou Iván Castro. Dirixe o equipo neste curso José Luis Vázquez Amado. Veremos qué papel pode facer o equipo de Extramundi nunha tempada pasada onde rematou sexto a moita distancia dos 5 primeiros (17 puntos entre o 5° e o 6° clasificado). O Cordeiro B chega a unha tempada pinta que de bastantes cambios. Marchou o que foi o seu adestrador Rubén Castromán ó Carcacía e hai varias baixas do curso pasado como Abel Lorenzo que se vai ata a SD Araño e chegan novos nomes como Moisés Barreiro, Óscar Creo ou Rubén Bodaño. E ó frente do equipo estará Isaac Castiñeiras como adestrador. Partido nun campazo como Extramundi e onde ambos equipos querrán comezar con bo pe o curso. 26 Sep 2023, 01:22 999.99
Comeza a liga no Emilio García para Porto do Son e Carcacía. Partido atractivo dun equipo dos que suelen facelo ben en Terceira Autonómica nos últimos anos e outro conxunto que despois de bastantes tempadas en Segunda regresa á Terceira Autonómica. O Porto do Son viveu varias baixas de xogadores importantes e que destacaron na tempada pasada: Robert ou Abdoul que suben unha categoría para xogar no Queiruga, Ángel Agraso que retorna ó Noia Cruido ou o porteiro Rafa Alvite que tamén recala no Anexo do Julio Mato. Recalan no equipo facendo o camiño inverso Borja Carreño e Ángel Bifano, volve Hugo Agraso como porteiro do equipo dende o Vista Alegre e todavía quedan cousas que anunciar porque so presentan 7 fichas a día de hoxe luns. O Carcacía como principal baixa a menos que haxa cambios nestos días e a do que era o seu home gol Sergio Manteiga que consigueu 28 tantos sendo o pichichi da Segunda Autonómica no curso pasado. Continua un bo número de xogadores do ano pasado e aparte de varias fichaxes que se estrean neste ano chega ó banquillo Rubén Castromán ex entrenador do Cordeiro B. Hai varios partidazos pero este pode resultar bastante atractivo para o espectador que poida ir ata o Preguntoiro. 26 Sep 2023, 01:07 999.99
Arranca a liga 2023-2024 en Terceira Autonómica e á espera de horarios definitivos noutros encontros este pode ser o partido inaugural do campeonato. Xuño e Lousame xogarán polos 3 primeiros puntos do campeonato nas Furnas. O Xuño estrea cara Nova no banco ca chegada de José Antonio como inquilino procedente do Atlético Oleiros onde estivo nos últimos anos. En canto ó plantel hai mestura de continuidade e novas caras. Seguen xogadores como Campai, Quique Varela, Rubén Brión ou José Olveira. E chegan novas caras xuntadas a Xuveniles que pasan a formar parte do primeiro equipo. O Lousame ó igual que o ano pasado garda as súas cartas para o último momento. Subiron só 4 fichas no momento en que se sube esta previa pero son xogadores que siguen do ano pasado como Berto ou Boris. Dunha temporada a outra hai moitos cambios e tanto neste como no resto de encontros o pronóstico é unha incógnita total e absoluta. Sorte a ambos na tempada. 26 Sep 2023, 00:53 999.99
Para seguir a fase de ascenso creouse nova competición en siguetuliga: https://www.siguetuliga.com/liga/galicia-tercera-galicia-fase-de-ascenso-a-segunda-autonomica-tercera-galicia---grupo-1 15 May 2023, 14:21 999.99
Para seguir a fase de ascenso a Segunda Autonómica creouse nova competición en siguetuliga: https://www.siguetuliga.com/liga/galicia-tercera-galicia-fase-de-ascenso-a-segunda-autonomica-tercera-galicia---grupo-1 15 May 2023, 14:20 999.99
Para seguir a fase de ascenso creouse nova liga: https://www.siguetuliga.com/liga/galicia-tercera-galicia-fase-de-ascenso-a-segunda-autonomica-tercera-galicia---grupo-1 15 May 2023, 14:19 999.99
Péchase a temporada no Monumental. Cures e Cidade de Ribeira B loitan por 3 puntos sin nada en xogo. Bravísima a temporada do Cures que a pesar de non chegar con opcións de promoción á última xornada que se esvaeceron na última cita en Lousame é unha temporada histórica para o Cures. 6° posto xa garantizado xa que ninguén por detrás os pode igualar. Un plantel e unha afición que merecen un gran fin de festa ó rematar o encontro. E con ánimo e esperanzas de, por qué non, reintentalo o ano que ven facendo aínda máis forte e amarrando tódolos puntos da casa e facéndose aínda máis fortes fora. Revelación é dos mellores equipos do ano sen dúbida. Na última xornada 2-2 en Lousame a pesar de moitas baixas por lesión e sanción. O Cidade Ribeira B pecha un ano complicado facendo moitos números para a veces facer convocatoria. Aínda así competiron bastante ben neste último tramo de ano cuns Isaías e Abdelhak como principales protagonistas no ataque. Opcións de ambos equipos na última xornada SD CURES - Pase o que pase quedarán nun sobresaliente 6° posto en liga. A miña máis sincera noraboa ó amigo Abeijón e ós seus xogadores. CIDADE RIBEIRA B - Si gana: Quedará 11° faga o que faga o Abanqueiro. - Si empata: Será 11° sempre e cando non gañe o Abanqueiro en Valga. Si se da esto igualarán a puntos e o Golaverage particular e favorable ós de Vista Alegre (3-1 e 3-3). - Si perde: Serán 11° se non gaña o Abanqueiro que o superaría por 1 punto na clasificación. Pois que mellor guinda que cunha victoria do Cures ante a súa afición. Un 1. 08 May 2023, 15:17 999.99
Pois a batalla definitiva líbrase aquí. Todos ou unha gran maioría sabíamos que a cousa se decidiría aquí como así vai ser. Para desgraza do Artes non terá protagonismo como aspirante ó título, será un secundario neste desenlace como contendente pero actor principal como xuiz. O Aguiño no primer match ball venceu o Cidade Ribeira B por 2-8. A pesar da baixa do Pichichi Fernando solventaron ben a papeleta. O Artes na faceta de xuiz caeu derrotado 0-4 na casa ante o Puebla B. Partido igualado no marcador ata o 75 indo a cousa 0-1 pero os últimos minutos foi un golpe de autoridade do Puebla B. O título decídese aquí Opcións de cada equipo na última xornada: XUVENTUDE AGUIÑO - Si gaña: CAMPEÓN e ascenso directo. - Si empata: CAMPEÓN e ascenso directo sempre e cando o Puebla B non gañe. En caso de que gañe o Puebla B empatarían a puntos (62) e co golaverage particular igualado (3-3 e 2-2) iríamos ó xeral que tamén está igualado (+39 ambos). Cómo para que haxa empate a puntos ten que darse o empate dos da Tasca e a victoria dos de Cadreche o golaverage xeral racharíase de todas todas. Xa que o Aguiño quedaría cun empate con +39 e aínda que sea gañando pola mínima o Puebla terá minimo un gol máis no xeral (+40). Polo que o título e o ascenso directo iría para Cadreche. - Si perde: CAMPEÓN e ascenso directo sempre e cando o Puebla B non gañe. Si gañan os de Cadreche superarán ó Aguiño por un punto e serán eles os campeóns. CD ARTES - Si gaña: Será 4° faga o que faga o Carreira - Si empata: será 4° sempre e cando non gañe o Carreira. De gañar os da Guía superarán ó Artes por 1 punto. - Si perde: Será 4° sempre e cando non gañe o Carreira. Si gana o Carreira superarán ó Artes por 2 puntos, si empata igualarán a puntos pero o Golaverage particular é favorable ó Artes (3-1 na Fieiteira e 2-1 na Guía) e o Artes manterá o 4° posto, a derrota do Carreira dalle o 4° posto en tódolos casos. Que gane o mellor. As emocións estarán a flor de pel en varios campos. 08 May 2023, 15:06 999.99
Un dos focos da última xornada estará en Cadreche. Puebla B e Noia B xogan o partido que máis en xogo ten. Porque os 2 se xogan algo, máis o Puebla B pero ambos poden conseguir cousas importantes. O Puebla B goleou 0-4 ó Artes nunha proba dificilísima. Golpe de autoridade dos de Óscar Iglesias que estarán pendentes de Aguiño. O Noia B goleou 9-1 a un Palmeira con só 12 xogadores e que, polo minuto no que foi o cambio, tiveron que facer sustitución obligada. Opcións de cada equipo na última xornada PUEBLA B - Si gaña o Puebla B e empata ou perde o Aguiño será CAMPEÓN o Puebla B. Si perde o Aguiño o Puebla B ascenderá directamente por 1 punto. Si empata o Aguiño a empate a puntos e a empate no Golaverage particular o campeón será o Puebla B porque antes desta última cita o Golaverage xeral está igualado (+39 para ambos equipos, máis igualado imposible). No caso dunha victoria do Puebla B e un empate do Aguiño esta igualdade no golaverage romperase xa que o Aguiño quedariase co +39 e aínda que so gañe por 1-0 o Puebla B este equipo terá minimo un +40 polo que o título iría para Cadreche. - Si empata ou perde o Puebla B será campeón o Aguiño. E aquí ven o caramelo envenenado para o Puebla B: sendo enfrentamento directo unha derrota ante o Noia B farialle caer á 3° posición por golaverage particular perdido (2-1 en Noia na primeira volta). NOIA B - Si gañan serán 2° pase o que pase por golaverage particular gañado ó Puebla B. - Si empatan ou perden quedarán no 3° posto. O Puebla B irá con todo. Penso que leven a liga e ascendan directamente ou non esgotarán as opcións ata o último segundo. 08 May 2023, 13:32 999.99
Cordeiro B e Abanqueiro finalizan liga no Municipal de Campaña. O Cordeiro B descansou na xornada pasada pero veñen dunha derrota na casa ante o Noia B por 0-2. O Abanqueiro enganchou 2 victorias seguidas logo de golear 9-3 ó Xuño. Opcións de cada un na última xornada CORDEIRO B - Si gañan e perden Porto do Son e Araño serán 7° xa que gañan no Golaverage particular ós 2. - Si puntúan Araño e/ou Porto do Son non alcanzarán ó que puntúe. Polo que serían 8° ou quedarse 9° - Si non gañan quedarán 9°. O Palmeira que está un punto por detrás rematou xa a competición e descansan na última xornada. ABANQUEIRO - Si gañan e empata ou perde o Cidade Ribeira B serán 11° ben sea por puntuación ou por Golaverage particular ganado. - Si empatan serán 12° fagan o que fagan os rivales. - Si perden serán 12° a menos que o Lousame gañe no Son xa que os superarían por golaverage particular dos da Silva gañado (2-1 en Vista Alegre e 4-2 na Silva). Nada en xogo salvo subir 1-2 postos ou non perdelos. Pode pasar calquera cousa. 08 May 2023, 13:21 999.99
O partido máis claro de todos xa que pase o que pase ambos quedarán na clasificación donde están. Partido triste para Xuño e Crocha que rematarán como os 2 últimos clasificados. O Xuño caeu por 9-3 en Vista Alegre ante un Abanqueiro ó que lle había gañado nas Furnas 4-2 na primeira volta. A historia foi ben distinta. O Crocha caeu 0-2 ante o Araño na Alta. Malas últimas xornadas onde a pesar de non ter resultados moi cantosos como outros equipos que encaixaron goleadas estrepitosas o non xogarse nada está facendo moi longo este final de tempada para os da Pobra. Opcións de cada equipo na última xornada: SD XUÑO - Pase o que pase neste partido serán 15° e pecharán a clasificación. CROCHA BALOMPÉ - Ó igual que o seu rival nesta xornada fagan o que fagan serán 14° e penúltimo. Ainda gañando e perdendo o Lousame empatarían a puntos pero o Golaverage particular está perdido. Me da a min que si se pode firmar no papel un empate e non ir xogar a maioría aplaudirían cas orellas. 08 May 2023, 13:09 999.99
Neste partido si hai algo en xogo. Araño e Carreira xogan polos derradeiros puntos do curso. O Araño venceu na Alta ó Crocha nun partido que se desequilibrou no segundo tempo e donde o Araño puxo máis gañas. O Carreira venceu por 6-0 a un Porto do Son moi mermado en efectivos. Co empate do Cures en Lousame certifican a plaza de promoción. Pero teñen moito en xogo. Opcións de cada equipo SD ARAÑO O Araño quedará en media taboa pero pode estar algo máis arriba na clasificación. - Si gañan e o Porto do Son non o fai serán 7°. - Si empatan e o Porto do Son perden serán 7° - Si perden e o Cordeiro B gaña baixarían ata o 9° posto porque o golaverage particular o teñen gañado os de Valga (0-0 en Campaña e 0-1 na Lomba). En caso de derrota e que o Cordeiro B non gañen quedarán no 8° posto no que están. CARREIRA CF O Carreira ten plaza de promoción pero cos resultados dados poden ser 5° ou 4°. - Si o Carreira gaña e o Artes non o fai, serán 4° - Si o Carreira empata ou perde serán 5°. Ben por golaverage particular co Artes perdido (en caso de empate a puntos) ou por maior puntuación. O Carreira seguirá indo con todo. O Araño loitará pero sin obxectivos. Pinta a 2. 08 May 2023, 13:03 999.99
Peche de liga no Emilio García. Porto do Son e Lousame loitarán polos 3 últimos puntos do curso. O Porto do Son encaixou un set na súa visita a Carreira. 13 xogadores só en convocatoria. O Lousame empatou a 2 co Cures e con este empate o Cures xa non pode ser equipo de promoción. Polo que a lista dos 5 equipos que loitarán por subir queda pechada. Opcións na última xornada para cada equipo: PORTO DO SON Sin opcións de promoción dende fai varias semanas. - Si ganan quedarán 7° fagan o que fagan Araño e Cordeiro B. - Si empatan e non gaña o Araño serán 7° igualmente, o Cordeiro B ainda gañando quedaría por detrás por 1 punto. - Si perde e o Araño puntúa baixarían 1 posto. Si ademáis gaña o Cordeiro B con golaverage particular igualado o xeral téñeno moito mellor os de Valga e poderían perder posto co Cordeiro B (+1 do Cordeiro B por -7 do Porto do Son) LOUSAME Salvo unha única combinación quedarán no posto que están que é o 13° - Si gaña e o Abanqueiro perde empatarían a puntos e os da Silva teñen o Golaverage particular ganado. Si non ganan ou o Abanqueiro puntúa quedarán 13°, o Crocha xa non os pode alcanzar por golaverage particular perdido. Moitas ganas de vacacións e todo é posible. Ganará o que teña a mente menos lonxe do Emilio García. 08 May 2023, 12:53 999.99
O NOIA B TAMÉN PODERÍA SER CAMPEÓN SI... - Aguiño perde 1 e empata o outro (no mellor dos casos), Puebla B perde co Noia B e gana ó Artes (no mellor dos casos) e Noia B gana todo. 1° Noia B 59* 2° Aguiño 59 3° Puebla B 59 *A resultados en enfrentamentos directos o Noia B sumaría 10 puntos nos enfrontamentos con Aguiño e Puebla B, o Aguiño sumaria 3 puntos e o Puebla B 2 puntos (sempre e cando se de a combinación que se especifica arriba). Todo o que sea que se combine o gañar o Noia B os 2 partidos (Palmeira e Puebla B) que Aguiño empate + perda ou perda os 2 partidos e que Puebla B perda co Noia B na última xornada, si se da todo eso o campeonato sería para o Noia B. Opcións moi reducidas porque o Noia B non depende de sí mesmo pero todavía posibles. No momento en que o Noia B non gane os 2 partidos ou o Aguiño gañe un quedará sin opcións. Todavía habría máis combinacións que se reducirán ó final desta xornada. 03 May 2023, 13:58 999.99
OPCIONS DO PUEBLA B - Gañan Aguiño e Puebla B o que quedan --> Campeón Aguiño 1° Aguiño 64 2° Puebla B 62 - Aguiño: Gaña e empata, Puebla B gaña todo. 1° Puebla B 62 (+35)* 2° Aguiño 62 (+33)* *A día de hoxe. As diferencias de goles cambiarán seguro. O Golaverage particular está igualado (3-3 e 2-2). - Aguiño: Gaña 1 partido e non gaña o outro, Puebla gaña 1 partido e non gaña o outro. Campeón Aguiño 1° Aguiño 61 (no peor dos casos: o partido que non gaña é derrota). 2° Puebla B 60 (no mellor dos casos: o partido que non gaña é empate). - Aguiño pincha nos 2 partidos e Puebla B gaña todo: Campeón Puebla B 1° Puebla B 62 2° Aguiño 60 (si pincha nos 2 partidos no mellor dos casos que serían 2 empates). NESTA XORNADA - Aguiño gaña este domingo e Puebla B empata ou perde. Campeón matemático Aguiño. 1° Aguiño 61 2° Puebla B 57 (si é empate) ou 56 (si é derrota). - Aguiño perde e Puebla B gaña. Cambio de líder e todo para a última xornada. 1° Puebla B 59 2° Aguiño 58 - Aguiño empata e Puebla B gaña. Espadas en alto para a última xornada con ambos empatados a puntos. 1° Puebla B 59 (+35)* 2° Aguiño 59 (+33) *Contando o Golaverage xeral actual. - Ambos fan o mesmo resultado. Diferencias se manteñen en 2 puntos e todo para a última xornada. 1° Aguiño 61 ou 59 ou 58* 2° Puebla B 59 ou 57 ou 56 Puntuacións dependendo de si ambos fan victoria, empate ou derrota pero facendo ambos o mismo. 03 May 2023, 13:50 999.99
OPCIÓNS DO ARTES - Artes gaña os 2 partidos, Puebla B perde os 2 e Noia B perde co Palmeira --> acabará 2° o Artes. 2° Artes 56* 3° Noia B 56 4° Puebla B 56 *(a triple empate iríamos ós resultados directos entre os 3. O Artes sumaria 7 puntos, o Noia B 7 puntos e o Puebla B 3, polo que no Golaverage particular entre Artes e Noia B sale gañador o Artes). - Artes gaña os 2 partidos (ó Puebla B por 2 goles de diferencia) e Puebla B perde os 2 partidos e Noia B gaña os 2 partidos --> acabará 3° o Artes. 2° Noia B 59* 3° Artes 56 4° Puebla B 56 *(sería 1° si Aguiño pincha nos 2 partidos, perdendo un deles. E si o Artes non gaña por 2 ou máis goles ó Puebla B o Artes sería 4° xa que na primeira volta venceu o Puebla B 3-2 ó Artes en Cadreche). - Artes gaña os 2 partidos, Puebla B gaña a Noia B e Noia B gaña a Palmeira --> o Artes será 3° por golaverage particular gañado ó Noia B 2° Puebla B 59* 3° Artes 56 4° Noia B 56 *(ou 1° si Aguiño pincha nos 2 partidos sendo un deles derrota). - Artes empata os 2 partidos (no peor dos casos) --> será 4° faga o que faga o Carreira (golaverage particular gañado ós da Guía) 4° Artes 52 5° Carreira 52 (no mellor dos casos 3-1 para o Artes na Fieiteira e 2-1 para o Carreira na Guía). - Artes perde os 2 partidos e Carreira gaña os 2 partidos --> Artes será 5°. 4° Carreira 52 5° Artes 50 Hai tamén outras opcións máis rocambolescas pero estas son as que saen a bote pronto. 03 May 2023, 13:24 999.99