Nos comentarios desta foto en Instagram (https://www.instagram.com/p/CNN3fourgCo/?utm_source=ig_web_copy_link), o clube indica o seguinte: "Non se vai televisar nin se vai retransmitir, sentímolo moito".
QUE LLE DEN POLO CÚ Á TELEJAITA.
|
04 Abr 2021, 12:05 |
48.13 |
1 |
0 |
+info
|
Grazas Paco, boas novas para aqueles que non vaian ao Candocia. |
02 Abr 2021, 19:42 |
47.96 |
1 |
0 |
+info
|
Correcto, semella que na vespertina dominical da TVG2 toca o Pontevedra e o Depor. A ver si pola web botan algún da Terceira. |
02 Abr 2021, 12:26 |
47.96 |
1 |
0 |
+info
|
Eu fun ao Candocia no retorno á Terceira división despois de +20 anos, aquela primeira xornada do curso futbolístico 2017/2018. Para ben ou para mal, o contexto cambiou moito dende entonces. Aquela tarde na aldea da Ferrol Terra (untados pola Xunta, que si non a ver como lle encasquetaban toda a merda a un núcleo poblacional de escasos 1.000 habitantes) recibíramos un serio correctivo: Somozas 5-0 Arenteiro, con exhibicións de Fran Monroy e Carlos Pacheco. |
31 Mar 2021, 16:52 |
47.96 |
1 |
0 |
+info
|
Pra os máis despistados... xa estamos a facer a previa da Fase de Ascenso na nova sección do Foro: https://www.siguetuliga.com/liga/galicia-tercera-division-ascenso-segunda-division-rfef Lémonos aí. |
31 Mar 2021, 13:29 |
47.96 |
1 |
0 |
+info
|
Non son eu moi optimista co móbil de Pulpomiro. No Pujales coido que estaba na bancada e o partido só se puido seguir in situ, non sei si lle chamarían a atención dende a CRTVG ou Futgal. |
31 Mar 2021, 13:27 |
47.96 |
1 |
0 |
+info
|
80 seareiros o aforo límite no Candocia, con preferencia para socios do Somozas. Vai estar complicado acceder ás instalacións, mais tentarémolo en calquera caso. |
31 Mar 2021, 12:07 |
47.96 |
1 |
0 |
+info
|
Isto soluciónase moi fácil. O Puente a xogar a Oira. |
31 Mar 2021, 09:26 |
123.31 |
2 |
0 |
+info
|
Volver a empezar. |
29 Mar 2021, 23:34 |
47.80 |
1 |
0 |
+info
|
No fragor da batalla de onte esquecimos de destacar outra exhibición de Víctor Eimil, só o amigo JonDillinger fixo mención. Comezo a pensar que é o mellor xogador da categoría. Onte, conducción de balón durante 60 metros desde campo propio e trallazo coa perna mala á escuadra, imparable para o porteiro https://twitter.com/santijorquera23/status/1376283130953400321?s=20 |
29 Mar 2021, 23:03 |
47.80 |
1 |
0 |
+info
|
Xa temos calendario, comezamos a primeira volta con dúas visitas. Primeira xornada (en 6 días) no Candocia, segunda xornada na casa ante o Polvorín e finalmente nas Eiroas contra o Bergan. |
29 Mar 2021, 14:02 |
47.80 |
1 |
0 |
+info
|
Resucitou o foro. Gran triunfo onte, con moitísima solvencia. Coido que o ascenso pasa por gañar os 3 partidos da casa e sumar algún empatiño polo norte do país.
O sorteo realízase hoxe, e a segunda fase xa comeza o domingo. |
29 Mar 2021, 10:28 |
47.80 |
1 |
0 |
+info
|
Galgu, polo que a min respecta podes ir rañar o carallo por aí diante. Ninguén te chamou eiquí e non nos interesan as túas gilipolleces. Se non vas facer crítica constructiva, vaille dar a turra a quen te ature. |
27 Mar 2021, 23:02 |
46.81 |
1 |
0 |
+info
|
Estádesvos a poñer moi románticos neste final da primeira fase. Deixade un pouco de DRAMA para o play-off de verdade, onde nos xogamos os cuartos. Imos verdes, o domingo a sumar 3! |
26 Mar 2021, 19:51 |
46.81 |
1 |
0 |
+info
|
Acceso ao Templo de igual xeito que hai dúas semanas contra o Pontellas.
"Aquí está a información sobre como imos a actuar ante o partido:
Quenes teñan o seu carnet de socio non teñen máis que acercarse á porta principal de Espiñedo co mesmo e seralle suficiente para entrar, pois temos os datos.
A taquilla abrirá ás 15:00 h.
O que se pide dende a Directiva é acceder ao campo canto antes mellor para facilitar aos colaboradores poder acomodar á xente convintemente nas cadeiras, para elo as portas abrirán ás 15:30 h.
Os socios accederán á zona de bancada ata ter cuberto o seu aforo, e cando isto suceda poderán acceder ao resto de bancada de tribuna e fondos de portería.
Os que collan entrada inicialmente só terán acceso a tribuna e fondos de portería.
Cando esté completo o aforo de 500 persoas o club restrinxirá o acceso ao campo.
Recordámosvos o seguinte:
1) O Bar estará pechado.
2) Permítese a agrupación de unidades de convivencia, recomendable non máis de 4 persoas.
3) Non se debe de ir ao campo quenes teñan síntomas de COVID-19 ou se estivesen en contacto nos derradeiros días con contaxiados de COVID-19.
4) Obrigatorio uso de mascarilla, toma de temperatura, hixiene de mans e pisado en alfombra hixiénica e manter distancia de seguridade de 1,50 m.
5) Débese pemanecer no sitio e circular polo estadio só o imprescindible.
6) E moi Importente, empatía co persoal voluntario e respeto as súas instruccións.
Moitas Grazas pola vosa colaboración." |
26 Mar 2021, 11:16 |
46.81 |
1 |
0 |
+info
|
Que solución propós entón, Galgu? |
25 Mar 2021, 19:10 |
46.81 |
1 |
0 |
+info
|
Empate do Alondras no Couto ante o Puente. Todos os 24 equipos da Terceira, finalmente, están a igualdade de partidos. |
24 Mar 2021, 22:12 |
46.75 |
1 |
0 |
+info
|
Na Regueiriña non volvemos a xogar, o cal non quita que a narrativa da TRIPLE CORONA sexa ilusionante e os números que aportas teñan certo sentido. En todo caso, é todo futuroloxía e non podemos controlar o que vaian a facer o resto dos equipos. Por iso estamos nunha situación privilexiada ao depender de nós mesmos.
Vaiamos partido a partido e fagamos de Espiñedo un fortín. 12 puntos en xogo, non podemos deixar nin as migallas. |
23 Mar 2021, 09:31 |
46.75 |
1 |
0 |
+info
|
Exactamente, Portela. |
22 Mar 2021, 15:07 |
46.75 |
1 |
0 |
+info
|
Ao Ribadumia só lle vale o triunfo, e co adestrador que teñen iso implica que van saír polo partido. Unha situación que sobre o papel nos beneficia, coa nosa solidez defensiva e o gran xogo a balón parado. Adoitamos sufrir máis cando o rival se pecha atrás. En calquera caso, e como xa dixen no post-partido do Pontellas, a estas alturas da película xa non hai partido sinxelo. Moito en xogo nunha última xornada con horario unificado na que tiraremos de transistor para seguir a evolución dos resultados dos 11 partidos restantes.
O Alondras (xa clasificado como terceiro do subgrupo B) recupera o partido que lle falta este mércores contra o Puente, ao que tamén só lle vale gañar pra saír da liguilla do descenso. |
22 Mar 2021, 11:17 |
46.75 |
1 |
0 |
+info
|