O colexiado tivo onte complexo de protagonista, só pido que non lle toque volver por Espiñedo no futuro. Interesa un triunfo do Alondras contra o Somozas, e de momento van por diante no tempo de lecer. Eu casi que prefiro que gañe o Bergantiños e así garantizamos que os que veñen por detrás siguen perdendo puntos... Ao final, temos dous duelos directos contra os carballeses para xogar, se toca, pola Triple Corona. |
11 Abr 2021, 17:57 |
15.74 |
1 |
1 |
+info
|
Se as miñas contas non fallan, Eimil veu onte o seu quinto cartón marelo e cumplirá ciclo na BATALLA DAS EIROAS. Baixa notable para os intereses da parroquia verde, entendo que xogará Arce no carril do dous se continúa a súa evolución (tiña molestias na entrada ao partido contra o Lugo). |
11 Abr 2021, 12:54 |
51.06 |
1 |
0 |
+info
|
No tocante ao que comenta o compañeiro JonDillinger, eu tamén disfrutei moito do ambiente no Templo. Gustei especialmente do detalle das bengalas verdes na previa dado que dotou á atmósfera colindante dunha épica que reflectía a importancia do partido. Cantos máis seareiros sigan a dinámica do clube, mellor nos vai ir. Somos lexión neste foro e na Galicia. |
11 Abr 2021, 12:03 |
51.06 |
1 |
0 |
+info
|
O comezo da segunda fase é tan espectacular para CD Arenteiro (vencendo aos dous grandes rivais) que conseguimos unha renta de 8 puntos con respecto ao terceiro clasificado a falta de 4 partidos en xogo. Espero que esta xeira de bos resultados non nos faga baixar a garda, porque ata que se certifique matemáticamente a nosa clasificación no top 2 desta liguilla, eu persoalmente non vou descansar tranquilo. Hai que seguir traballando, hoxe a disfrutar dos partidos dominicales pero dende mañá xa a pensar na batalla das Eiroas. Estamos preto, pero nin moito menos o temos feito. FORZA ARENTEIRO |
11 Abr 2021, 11:44 |
51.06 |
1 |
0 |
+info
|
+3 |
10 Abr 2021, 18:58 |
49.46 |
1 |
0 |
+info
|
Xa non me quedan unllas que roer. |
10 Abr 2021, 18:48 |
49.43 |
1 |
0 |
+info
|
Segundo Palcouvip, baixa de Presas por acumulación de amarelas, que confirma que os ciclos prolónganse despois da primeira fase. Dúbidas por lesión Cissé e Arce. |
10 Abr 2021, 09:29 |
49.43 |
1 |
0 |
+info
|
A min sempre me gustou o Cacique (con coca cola) |
09 Abr 2021, 21:30 |
124.78 |
2 |
0 |
+info
|
Descoñecía que no epígrafe de outras "responsabilidades" dentro do clube estaba a gran preocupación pola economía do resto de clubes da provincia, focalizando no caso do Arenteiro.
Aprecio o romanticismo (en ocasións inxenuo) que rodea á idea da UD, pero ás veces falades coma se estuvérades a descubrir a pólvora cando neste mundo xa está todo inventado. Cando chove a gusto de un non nos cuestionamos de onde veñen os cartos, así que deixemos as leccións morais de lado. |
08 Abr 2021, 09:26 |
49.43 |
1 |
0 |
+info
|
Non quero personalizar no caso da UD, pero en xeral falar de viabilidade en deporte é un tema bastante difuso. As contas non saen nos equipos profesionais, xa nestas categorías máis humildes non quero nin saber o xeito co que pechan os números. |
07 Abr 2021, 16:58 |
49.40 |
1 |
0 |
+info
|
Bueno, é o de sempre... hai que desviar a atención. Eu penso que ao final vanse salvar, porque teñen plantilla para iso. No aspecto financieiro, non sei se son os máis adecuados para falar dende a súa atalaia moral, despois do que pasou co CD Ourense. Cada can que lamba o seu carallo. |
07 Abr 2021, 16:02 |
49.40 |
1 |
0 |
+info
|
Non sei se os ciclos de amarelas se resetean por completo. Polo menos nas actas da Futgal, os xogadores amonestados contra o Somozas só mostran 1 cartón no seu histórico particular.
O acceso ao Templo realizarase de igual xeito que en pasadas semanas, bulide que hai que apoiar aos verdes. Forza Arenteiro! |
07 Abr 2021, 13:59 |
49.40 |
1 |
0 |
+info
|
Segundo Lolo Carril, pode darse o caso de que este partidazo se xoge en sábado por exhortación da CRTVG: http://copecarballino.es/novas/un-partido-redondo-en-defensa-permite-ao-arenteiro-sumar-outros-3-puntos-de-ouro-no-alcalde |
05 Abr 2021, 09:37 |
49.28 |
1 |
0 |
+info
|
A NOSA RAISON D'ETRE. MEDIO ASCENSO PASA POR ESTE PARTIDO.
Cunha vitoria, deixamos ao terceiro da clasificación a 8 puntos con 12 en xogo, tendo en conta enfrontamentos directos. HAI QUE ARRASAR. FORZA ARENTEIRO! |
04 Abr 2021, 20:25 |
48.15 |
1 |
0 |
+info
|
+3. Partido absolutamente transcendental o vindeiro domingo no Templo ante o Lugo. |
04 Abr 2021, 20:18 |
48.13 |
1 |
0 |
+info
|
3-2, gol de Cano. Que mania tedes de poñer o resultado cando non toca. |
04 Abr 2021, 19:11 |
48.14 |
1 |
0 |
+info
|
Pois de momento na web non temos imaxe das Eiroas, e xa van 15 minutos. Non hai moitos visos pra ser optimistas co noso. Gaña o Alondras 0-1. |
04 Abr 2021, 17:33 |
48.13 |
1 |
0 |
+info
|
Suscribo punto por punto as túas palabras, Paco. |
04 Abr 2021, 15:33 |
48.13 |
1 |
0 |
+info
|
Noutra orde de cousas, gañou o filial do Lugo e quédanse a dous puntos. Sería bastante importante sumar hoxe no Candocia. |
04 Abr 2021, 14:39 |
48.13 |
1 |
0 |
+info
|
E semella que non vamos poder ver ningún partido por YouTube. Altos cargos de CD Arenteiro están a difundir esta mensaxe por grupos de WhatsApp: "Moi boas, este enlace que se facilitou para ver o partido, queda sen efecto, pois o Somozas ao igual que todos os equipos de terceira división, polo convenio que temos coa Tvg non retrasmitiremos ningún partido por medios propios na fase actual." |
04 Abr 2021, 14:37 |
48.13 |
1 |
0 |
+info
|