Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
Entendo que son cousas que pasan coas pulsacións a tope e no contexto dun partido importante pra os intereses do equipo que defendes. En calquera caso, unha reacción así prexudica ao escudo que representas, non só pola mala imaxe social senón tamén no ámbito deportivo. Non coñezo ao rapaz e todos temos dereito a equivocarnos, pero debería pensar en acudir a algún profesional pra axudarlle a xestionar os seus enfados (se é reincidente nestas lindes, obviamente). Aínda menos mal que non recurriu á violencia física, porque hai bastantes exemplos relacionados co clube últimamente: Dacosta vs Garrote no túnel do Couto, hostias na Regueiriña no Derbi da Amizade contra o Arenteiro... Coido que deberan abrir unha sección de boxeo. 21 Abr 2021, 10:24 -5.30
O Garrote entrou o outro día ao foro, leu ao noso Paco e pensou en facer un curto pra encher un anaco de páxina no panfleto local: https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/calculos-arenteiro-resultados-valen-sellar-ascenso-domingo/202104201305171022677.html Teslle que esixir a comisión correspondente, Paco, que non lle podes facer o choio. Debe cobrar ao peso (por palabras escritas), porque toda a merda que escribiu resúmese nunha liña: o Arenteiro ascende se gaña e o Polvorín non suma 3 na Lomba. 21 Abr 2021, 09:22 53.56
Eló que fixo o besta para que lle caian 12 partidos de sanción? EDITO. Acabo de ler a noticia da Región: 1 partido polo vermello, 4 por insultar ao linier, 4 por insultar ao trencilla, 1 por incumprir obrigacións ao ser expulsado e 2 por protestarlle ao trencilla no vestiario ao remate do encontro. 21 Abr 2021, 09:16 53.56
A ver qué fai o Callobre de Gelucho. 20 Abr 2021, 13:36 53.56
Despois da boa campaña que estamos a realizar, non me sorprendería que CD Arenteiro recibise unha das invitacións pra disputar a Superliga Europea. 20 Abr 2021, 13:35 53.56
Volve Eimil pero temos a defensa en cadro, sendo a solidez defensiva unha das grandes características deste equipo. Non vai ser sinxelo. 19 Abr 2021, 16:50 53.56
Por azulgranas refíreste aos de Callobre ou á UD? Porque pode ser unha mensaxe ambigua. 19 Abr 2021, 14:43 53.56
Ben feitas. Pero si perdemos e eles gañan, o Lugo depende de sí mesmo para ascender. É moi importante gañar e aproveitar a empanada do Somozas. 19 Abr 2021, 13:41 53.56
Non merecimos perder, mais outras veces tampouco nos tocou gañar e fixémolo. Toca seguir choiando! 19 Abr 2021, 00:55 51.58
Vémonos nas Eiroas. 17 Abr 2021, 15:58 51.58
No tocante ao que dixo Paco antes, aínda que en FutbolEnLaTV/Wosti anuncien que botan o partido pola TVG2, os do En Xogo acaban de anunciar isto... https://twitter.com/EnXogo_tvG2/status/1382645766821457921?s=20 Nunca se sabe con iles, sempre andan con cambios ata última hora. En calquera caso, eu acompañarei ao equipo in situ na Batalla das Eiroas. Podemos quedar pra tomarlle algo na cantina se alguén máis do foro decide persoarse. 15 Abr 2021, 12:46 128.02
Borja Míguez o calvo ex Estradense? Non sacou o pelazo do pai 13 Abr 2021, 22:33 236.21
Coido que haberá festival de goles no Viso cun Arzúa 4-3 UD Ourense, vacunas do Queixo Mecánico por parte de Ivan García López 'Ivalotelli' (3) e Iker Hurtado, ámbolos dous ex CD ARENTEIRO 13 Abr 2021, 16:37 51.52
Falando de periodistas con capacidade... cando lle dan a oportunidade, Jorge Ron escribe crónicas memorables. Eu lembro ista en particular con moito cariño https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/esas-pulsaciones/20180502090440789892.html (Daquela vitoria nos Carrís que, xunto co triunfo na última xornada contra o Cultural en Ponteareas, nos deu a salvación no noso retorno á Terceira). 12 Abr 2021, 16:40 51.39
Ricardo Tena xunta letras con rencor, coma si alguén da UD Ourense lle roubase a carteira. Ou coma se o presidente lle metera unhas hostias no tunel de vestiarios. https://www.laregion.es/opinion/ricardo-tena/quinta-division-bajando/202103290010501016776.html 12 Abr 2021, 15:35 51.39
Desde que prisma se tratou a situación económica de CD Arenteiro na Asemblea da UD? É o artigo firmado por Don Ricardo Tena unha pequena sinopse dos puntos que se tocaron, de forma sibilina? En caso afirmativo, grazas polas boas palabras. Dende a aldea tamén queremos o mellor para vós. 12 Abr 2021, 15:26 -83.89
Non creo que os que están a nómina no Lugo sexan moito mellores que os cracks do Polvorín, a tenor dos resultados que está labrando o baile de adestradores orquestrado polo presidente. 12 Abr 2021, 13:41 51.39
Amigo Traga2, haberá que dicirlle aos da Futgal que poñan o VAR como nas ligas profesionais, para eliminar as polémicas asociadas a este tipo de accións. É incrible que un partido tan igualado, entre dous equipos de gran nivel para os estándares da categoría, se decida por un erro humano nun lance illado. Ha de ser a primeira vez que acontece algo así na historia deste deporte. Estou seguro de que foi unha decisión deliberada e premeditada, polo que o Lugo debería reclamar a repetición do encontro cun novo trencilla. Ironías aparte, faime gracia que deixes un comentario tan sesgado sen facer mención ao gol anulado, que sería o 2-0, nunha acción completamente legal. Supoño que para construir o relato de "o máis xusto era o empate" préstache falar así, mais quizais non sexa o máis apropiado. 12 Abr 2021, 13:10 51.39
Xogámonos moito na Batalla das Eiroas. Coido que eles chegan nunha dinámica peor ca nosa, pero sairán a dalo todo e son o outro gran equipo da categoría. 12 Abr 2021, 09:19 51.39
Chegamos líderes. 11 Abr 2021, 21:01 51.13