Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
Na Asemblea falaredes diso se queda tempo despois de tratar a situación económica do Clube Deputación Arenteiro, que é o primeiro e máis importante punto do día. 16 May 2021, 23:59 365.79
Rogelio Gómez, quero un fillo teu. Vibrando hoxe no Couto cunha lección (unha vez máis) do Xenio de Cacheiras. Vós seguides mirando pra o dedo cando il sinala a lúa. SOLDADOS DE GELUCHO SEMPRE. 16 May 2021, 21:20 366.99
Galgu, eso de que non lle interesa a nadie non é certo, eu quero saber a actualidade do equipo. Poderías cubrir os adestramentos ti estes días e comentar as novidades polo foro? 12 May 2021, 14:36 92.91
Ola Galgu. Hai algún medio da túa zona que cubra a actualidade do Estudiantil? Quero informarme acerca do xeito co que os soldados de Rogelucho están a preparar a batalla do domingo. Un saúdo afectuoso a tódolos foristas. 12 May 2021, 12:59 57.51
Os cativos van ao Pabellón a xogar con 9 anos e despois, cando acaba a etapa de fútbol base, van xogar ao Barra de Miño en Terceira Rexional. 11 May 2021, 21:54 57.51
Non hai maior atractivo ca ter o equipo senior nunha categoría elevada. A ver si se vai acabando a tontería de ir ao Pabellón cando destacas un mínimo, que parece que reneguemos do noso. Hai que ter un pouco máis de orgullo. 11 May 2021, 21:44 57.51
Mira que eu no pasado fun fervente defensor de Javi Pazos, mais este 2021 seu foi pra esquecer. Cónstame que ademais ten unha ficha bastante elevada, polo que non considero chave a súa continuidade. Coido que o Gurú Justo tamén anduvo coa mosca detrás da orella con el, dado que Joni gozou de moitas máis oportunidades cara ao final da tempada. Desconozco se o killer de Marín lidiou cunha lesión que mermase o seu rendemento, pero os destellos de calidade que deixou na primeira volta foron inexistentes no tramo importante do ano. Eu tamén penso que Eimil, se continúa con esta progresión, acabará chegando ao fútbol profesional. Non creo que o lateral/carrileiro dereito do CD Lugo (por poñer un exemplo) sexa sustancialmente mellor ca o Tractor de Vilalba (gústame máis o de Tractor ca o de Expreso, que me sona a anuncio malo de café con George Clooney). 11 May 2021, 12:49 57.51
Non vai o link de Youtube, tampoco teñen o podcast na súa web, deben estar a ter problemas. Discrepo con Arenteirista no tocante á columna vertebral do equipo, que na miña opinión é: Diego, Eimil, Ger, Alex Fdez, Renan e Sylla. Estas son as renovacións fundamentais baixo o meu punto de vista. Francisco Justo ten unha boa relación a título persoal con Argimiro, cun parentesco que agora non lembro, polo que nese senso podería semellar que vai quedar. Pero o meu pálpito é que marchará ao Pontevedra se conserva o seu lugar en 2 RFEF. 11 May 2021, 10:45 57.51
Comezaron xa as obras no Novo Espiñedo? 10 May 2021, 21:01 57.51
9 puntos de déficit con 6 xornadas en xogo, semella complicado mais o ex-dianteiro de Cacheiras está sobradamente preparado para acometer tal misión. Forza Gelucho!!! 10 May 2021, 20:04 204.95
Toca viaxar esta semana até a capital da provincia pra dar folgos aos rapaces de Rogelio Gómez. Recollo a GALGU na Estrada, paramos a tomarlle unhas luras en Callobre e imos os dous xuntos a animar a Gelucho. 10 May 2021, 15:22 -216.22
Francisco Justo nin confirma nin desminte a súa continuidade na nosa entidade, agora mesmo na entrevista de Lolo Carril en COPE. Eimil di que a ofertas iguais queda no Arenteiro, pero coido que voará lonxe do Carballiño. Por certo, bonita homenaxe da Voz de Galicia a Lucy, unha persoa que representa todos os valores de CD Arenteiro https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/san-amaro/2021/05/09/tenolles-carino-aos-xogadores-coma-sua-nai-adoptiva/0003_202105O9C12991.htm?utm_source=twitter&utm_medium=referral&utm_campaign=twour 10 May 2021, 14:40 -129.28
Todo a película do Pontevedra só cuaxa se os de Pasarón non baixan a 3 RFEF, que iso todavía está por ver. Esta pasada fin de semana complícanse a vida perdendo na casa contra o filial do Sporting, e eu non teño moi claro que se vaian salvar por moito que haxa 4 equipos para 3 postos de permanencia. Teñen unha visita complicadísima a Villaviciosa e xogaranse a vida na última xornada nun duelo fracticida contra o Oviedo... coido que non vai ser sinxelo roer niles. 10 May 2021, 10:18 57.51
Ten pinta de que vai ser un verán intenso, sí... Tamén escoitei que hoxe xa comezaban as obras no campo, pero iso non termino de crermo. 10 May 2021, 09:44 57.51
21balonsfora, revisa ti ben o que escribín, que dixen que non xogamos na Malata. Moi ledo porque Racing e Depor certifiquen o seu lugar na 1 RFEF. Hoxe andaban falando uns vellos na grada que dende Pasarón xa lle están a quentar os miolos a Francisco Justo... alguén pode confirmar a veracidade deste rumor? 09 May 2021, 22:24 56.37
TRIPLE CORONA. 09 May 2021, 19:45 56.38
Non visitaremos a Malata a campaña que vén, o Racing acaba de certificar a súa permanencia na 1 RFEF. Noraboa aos de Ferrol terra. 09 May 2021, 14:29 56.37
E se Justo marcha, non pasa nada. Moitas grazas polos servizos prestados na mellor temporada da historia do clube, da cal é protagonista incuestionable e así quedará escrito nos libros de historia. Pero non nos confundamos, non hai ningunha figura máis grande (presidente, adestrador, xogador ou símiles) ca o escudo que os xogadores levan por riba do corazón. FORZA ARENTEIRO. 07 May 2021, 13:09 56.37
Algún espabilado que puxo a hora do partido antes de tempo. Xa está correxido. 06 May 2021, 17:38 -129.78
Aplicaremos a mesma política de acceso ca o Lugo? Neste caso, denegar a entrada a aficionados do Bergantiños? 03 May 2021, 20:27 56.31