Pois non coñezo o número total de socios choqueiros, pero seguramente máis do 50% quede fóra do campo. Como non haxa emisión do partido por parte das redes sociais do clube, vanse xerar asperezas difíciles de solventar. |
29 Oct 2020, 17:15 |
11.49 |
1 |
0 |
+info
|
Eu opino coma ti Paco_Mentarista, quizais ámbolos dous levados polo senso común. Pero Pikachu, que aparentemente ten fontes no seo da propia Futgal, afirma que o Arosa meteuse nun lío de dereitos pola emisión do primeiro partido - o cal non ten moito sentido cando na segunda xornada fan un desprazamento ao Couto pra emitir como visitantes (!!!). Como mal menor, secundo a moción de Marnotes cun móvil. Pero que avisen con tempo pra comprare algún medicamento antiemético por si as moscas. |
29 Oct 2020, 12:11 |
11.49 |
1 |
0 |
+info
|
Cónstame de amigos que xa contactaron de forma privada coas redes sociais do CD Choco solicitando, de forma amable, a emisión do encontro por vía telemática. En calquera caso non son moi optimista, pois aplicará a máxima de "cada can que lamba o seu carallo". Que conseguiran os permisos para meter seareiros choqueiros nas instalacións tamén xoga na nosa contra. Pero por intentalo que non falte. |
29 Oct 2020, 10:50 |
11.49 |
1 |
0 |
+info
|
E ademais de todo o que di Paco_Mentarista, a fin de contas isto é todo unha fonte de ocio pra xente que gusta deste fútbol máis humilde. A poboación está máis que concienciada acerca da situación actual e, quitando casos puntuais, o civismo é a tónica maioritaria. Alo menos, nas dúas horas que dura o partido, saír un pouco da casa pra outra cousa que non sexa ir facer a compra ou traballare e esquecer a merda do virus. En termos de saúde mental (a gran olvidada, pero está ahí) é importantísimo. |
28 Oct 2020, 13:52 |
11.49 |
1 |
0 |
+info
|
Eu entendo que é plausible abrir o noso Templo no curto/medio prazo (antes do Nadal). As cifras de contaxios continúan a baixar (https://badalnovas.com/2020/10/28/seguen-baixando-os-casos-activos-por-coronavirus-no-carballino-hoxe-146-casos-activos-11-menos-ca-onte/), e tendo en conta que é unha actividade ao aire libre, se se respetan os protocolos adecuados (mascarilla ben posta todo o tempo, distancia de seguridade e cantina pechada pra que a xente esté sentada evitando o maldito vicio de poñer a mascarilla por debaixo da boca) non debería haber ningún problema. |
28 Oct 2020, 12:31 |
11.49 |
1 |
0 |
+info
|
Semella que, protocolos sanitarios mediante, o CD Choco abrirá ás portas do sintético da Santa Mariña pra socios do equipo. Mesmo abrirán a cantina (iso sí, cun máximo de 8 persoas) pra tomarlle uns cubalibres si a parroquia así o desexa.
Penso que todo indica que non vai haber emisión audiovisual do partido e, por primeira vez na tempada, teremos que recurrir ao Galicia en Goles. É unha mágoa, porque a estas cousas acostúmase un rápido aínda que fora a primeira vez na nosa vida con este privilexio. |
28 Oct 2020, 11:04 |
11.49 |
1 |
0 |
+info
|
Está o noso foro tímido esta semana, non hai ganas de falar da dinámica do equipo. |
27 Oct 2020, 19:16 |
11.41 |
1 |
0 |
+info
|
Poderiase facer a comparación dos 800 usuarios conectados cunha entrada media ao Espiñedo? Penso que é un número significativo especialmente tendo en conta o grao de envellecemento da parroquia que ateiga o noso Templo os domingos pola tarde. Non digo que sexa algo malo, mais só destaco que un alto % desta xente non enchufou o partido polas redes sociais do clube ben por descoñecemento ou ben por falta de hábito. |
26 Oct 2020, 21:44 |
11.30 |
1 |
0 |
+info
|
Non sei se hai algún experto neste foro, pero coa nova aprobación do Estado de Alarma a nivel nacional entendo que as competicións federadas tamén se ven involucradas neste problema. Isto, sumado ao confinamento perimetral ao que está suxeito o concello de O Carballiño pode derivar en que este partido non se chegue a xogar na data prevista.
En calquera caso, vos qué pensades que pode pasar? Suspenderase este Choco - Arenteiro? Eu opino que se se quere completar a Liga e non pase o da campaña anterior, tense que xogar o máximo posible aínda que isto implique desputar os partidos a porta pechada. Sen dúbida é un golpe económico terrible para estas organizacións amateurs/semiprofesionais, mais o peche total é incluso peor. Ademais, parece que o modelo de emisión por YouTube está a ter relativo éxito; eu hoxe gocei moito da retransmisión de Xan Pinal e Lolo Carril, aportando anécdotas moi interesantes acerca do pasado do fútbol comarcal. Quizais foi un pouco caótica a digresión, posto que non compaxinaron ben coa dinámica do partido. Se organizan un pouco todo este coñecemento podería saír un libro interesante que eu estaría disposto a mercar. |
25 Oct 2020, 22:39 |
11.38 |
1 |
0 |
+info
|
Na Santa Mariña teño bos recordos dunha visita que fixemos no curso futbolístico 2018/2019 alá polo mes de setembro. Lembro que o partido rematou en empate, con Rui parando un penalti no último minuto.
A anécdota en cuestión foi Adil Soudassi xogando de extremo esquerdo; estaba tan perdido ao comezo do partido que invadiu o campo contrario antes de que o colexiado sinalara o comezo do partido. A cara do árbitro era un poema e as risas dos seareiros na bancada e dos xogadores no campo tuveron que escoitarse ata no centro da localidade choqueira. |
25 Oct 2020, 20:30 |
11.38 |
1 |
0 |
+info
|
Visita complicada a un campo pequeno en Redondela. A roda ten que seguir xirando. Comezar con 9 puntos de 9 posibles con dúas visitas difíciles é o comezo soñado pola parroquia carballiñesa. Imos verdes! |
25 Oct 2020, 18:39 |
11.38 |
1 |
0 |
+info
|
Vitoria moi sinxela, por inercia. A pensar no seguinte. |
25 Oct 2020, 18:34 |
11.35 |
1 |
0 |
+info
|
XI Arenteiro: García, Pol, Portela, Germán Novoa, Naveira, Álex Fdez, Presas, Zanelli, Markitos, Arce e Pazos. |
25 Oct 2020, 16:11 |
11.35 |
1 |
0 |
+info
|
En Barbantes-Estación xa están os Cazafantasmas coa sulfatadora: https://twitter.com/CD_Arenteiro/status/1320352316449587202?s=20
Noutra orde de cousas, o Marnotes está arestora instalando YouTube no seu dispositivo móvil. Agarraos que se vienen curvas. |
25 Oct 2020, 15:45 |
11.35 |
1 |
0 |
+info
|
Quedan escasas horas para o comezo do encontro e aínda non dispoñemos de enlaces pra disfrutar dos partidos vía telemática. Non son optimista porque non teño motivos pra selo. |
25 Oct 2020, 11:50 |
11.35 |
1 |
0 |
+info
|
Moitísima sorte á UD Ourense, o Arosa é un dos equipos chamados a estar na zona alta da clasificación por nivel de plantilla. A ver se conseguimos sumar +3 na provincia ourensá! |
24 Oct 2020, 13:39 |
11.35 |
1 |
0 |
+info
|
Tes razón Ourensejaps, desculpa o meu comentario malinterpretable. |
24 Oct 2020, 01:01 |
11.34 |
1 |
0 |
+info
|
Pikachu, Onda Arlequinada vai emitir en directo o UD Ourense - Arosa SC dende o Couto. Non penso que o clube vilagarcián se metera nun problema, como suxeriches no fío do partido anterior. Considero que deberías revisar as túas fontes. |
23 Oct 2020, 21:58 |
11.34 |
1 |
0 |
+info
|
No aspecto puramente deportivo, temos unha vez máis as baixas de Magisano, Manu Mariña e Sylla, que seguen a recuperarse. A novidade con respecto á primeira xornada será Renan, que veremos se sae de partida. Eu aposto polo mesmo XI que na Lomba mais cambiando a Presas polo brasileiro.
Lolo Carril dixo que o partido será televisado polas redes sociais do clube. Desexo de corazón que isto non signifique darlle un móvil ao Marnotes e que grabe o que vexa no campo. |
23 Oct 2020, 15:22 |
11.34 |
1 |
0 |
+info
|
Segundo o DOG Núm. 212-Bis, o partido poderíase disputar no Espiñedo xa que a data foi establecida con carácter previo ao 21 de outubro. Non entendo a complicación do asunto, supoño que a Futgal andará no allo. |
23 Oct 2020, 13:48 |
11.34 |
1 |
0 |
+info
|