Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
Porque esto es el Arenteiro, amigos y amigas. 25 Ene 2021, 18:54 33.52
Supoño que estuvestes atentos á rolda de prensa de Feijoo. No tocante á Terceira i) vaise seguir xogando ao ser unha categoría de ámbito nacional pero ii) tódolos partidos a porta pechada, independientemente das restriccións de mobilidade entre concellos. 25 Ene 2021, 16:20 101.71
Eu siempre dixen que mentres Espiñedo siga sendo un patatal temos que xogar na Regueiriña, porque a ganancia marxinal de dispor dun terreo de xogo en condicións (tanto para favorecer o noso xogo como para prexudicar o autobús rival) supera ao feito de xogar nun campo de dimensións reducidas. 24 Ene 2021, 19:38 32.47
A seguir sumando de 3 en 3, imos verdes! 24 Ene 2021, 18:52 32.47
Vaille caer un neverazo ao árbitro de cuidao. Nunca na miña vida vira unha expulsión así a un porteiro (2 amarelas en 30 segundos) por perder tempo. 24 Ene 2021, 18:44 32.47
Ben Cassio, hostia. 24 Ene 2021, 18:36 32.47
Seguimos invictos, seguimos líderes. Forza Arenteiro! 24 Ene 2021, 18:21 32.47
Vaia centro de Eimil coa esquerda, dálle ben coas dúas pernas! 24 Ene 2021, 16:40 32.47
Semella que a convocatoria contará coa maioría dos nosos xogadores, coa baixa de Ger no central dereito por ver o quinto cartón marelo contra o Ribadumia: http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-competicion-ante-o-choco-en-barbantes-verase-na-web-da-tvg-polo-mal-estado. Din que se verá pola web da CRTVG pero como xa sabemos todos isto non é moi fiable. 23 Ene 2021, 13:10 32.46
Forza Arenteiro, tanto no Espiñedo como na Regueiriña. 23 Ene 2021, 12:44 32.46
Fíxome gracia este documento audiovisual. Compártovolo por eiquí: https://www.youtube.com/watch?v=IBqtqXeyRPA 22 Ene 2021, 19:50 32.43
Estamos a falar de Mikel ou de Rodolfo Arrubarrena? 20 Ene 2021, 19:19 32.33
Semella que haberá partido este domingo, como indiquei na miña anterior mensaxe o equipo retornou onte aos adestramentos aínda que non dispoñemos de tódolos efectivos. Nin que nos leran os de COPE, debemos ter toupos por este glorioso FORO http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-volve-aos-adestramentos-coa-vista-posta-no-partido-ante-o-choco 20 Ene 2021, 16:20 32.33
Nunha das últimas tiradas da Rexión de 2020, Garrote informaba que o Arenteiro estaba disposto a facer un par de incorporacións (ou polo menos cotexar o estado do calciomercato) en vistas á segunda volta. O de Palcouvip tamén andaba a laretar nesto, pero hai semanas que non se sabe absolutamente nada. 20 Ene 2021, 11:22 32.33
Non é que sexa moi fácil falar de CD Arenteiro nestes momentos, tendo en conta que o último encontro se disputou o 20 de decembro. Dende aquela, os medios de comunicación oficiais do clube (Twitter ou Instagram, xa que a web leva en reconstrucción 4 meses) soamente realizaron tres publicacións relativas ao brote covid-19 ao igual que COPE Carballiño (aclaración para os "forasteiros", a estación de radio local é rexentada polo antiguo presidente do clube e membros da xunta directiva). Por aquí parece que hai xente que ten contactos dentro do clube pero tampouco solta prenda, e en fíos anteriores cando nos puxemos a teorizar e elucubrar cousas acerca do equipo, estes "insiders" mostraron o seu enfado porque semella que non tomamos en serio ao equipo de fútbol e non sei qué caralladas. Non che é nada sinxelo, Arenteirista, e máis cando semella que o partido contra o Choco pende dun fío, aínda que coido que os nosos volveron aos adestramentos onte e iso pode ser un raio de esperanza. 20 Ene 2021, 09:28 100.52
Concordo Pesule, penso que o chiringuito desta Terceira ten os días contados, moito me sorprendería calquera cousa que non fose unha suspensión da competición antes de que remate o mes. 19 Ene 2021, 19:09 32.33
Non é tonto o Louzán, quixo acelerar todo o proceso de recaudación con fechas límite inverosímiles no mes de decembro (mesmo traballando na Noitevella, é un traballador incansable) pra cobrar os cartos dos tontiños da Preferente. Se o tema tiña luz verde pra comenzar no medio da terceira vaga post-Nadal, Barrantes quedaría encumbrado á altura do calvo da RFEF como un xenio sen parangón no fútbol afeccionado, comisionando o comezo dunha liga no medio dunha pandemia mundial sen comparación no último século. No caso de luz vermella e parón pola situación sanitaria, non é recipiente de culpas porque nin pincha nin corta nas directrices do Sergas. Aquí o único claro é que il xa liscou cos cartos, alá coa súa conciencia de narcicista empedernido. O bo destas situacións críticas é ver aos trepas detrás con baño e masaxe intento escalar no escalafón administrativo e POLÍTICO da Futgal. Caretas fóra e xa sabemos a pasta de cada un. Que viva el vino! 19 Ene 2021, 13:34 32.33
Última hora segundo COPE Carballiño (http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-agarda-volver-aos-adestramentos-no-transcurso-da-semana-o-equipo-sigue-lider-tras). Como di Arenteirista, a día de hoxe todavía non está claro se o partido se vai disputar ou non. Temos unha situación fluida, que se avaliará día a día en base aos resultados das novas probas que se vaian facendo ao longo desta semana. 18 Ene 2021, 10:04 32.33
Correxín ao momento, desculpa. 17 Ene 2021, 19:09 32.42
Boa derrota do Bergantiños na Grela. 17 Ene 2021, 18:41 32.39