Via Instagram do clube (https://www.instagram.com/p/CMNnGaJqZeo/?utm_source=ig_web_copy_link):
"Moi Boas:
O partido este DOMINGO contra o Pontellas será as 17 HORAS no municipal de ESPIÑEDO.
Quenes teñan o seu carnet de socio non teñen máis que acercarse a porta principal de Espiñedo co mesmo e seralle suficiente para entrar, pois temos os datos.
Quenes non teñan o carnet de socio, e queira recollelo aínda pode facelo ese mesmo día na propia taquilla, e senón, poranse 50 entradas á venda para quen queira entrar. A taquilla abrirá as 15,00 h.
O que se pide dende a Directiva e acceder ao campo canto antes mellor para facilitar ao colaboradores poder acomodar á xente convintemente nas cadeiras, para elo as portas abrirán as 15,30 h.
Os socios accederán á zona de bancada ata ter cuberto o seu aforo, e cando esto suceda poderán acceder ao resto de bancada de tribuna e fondos de portería.
Os que collan entrada inicialmente só terán acceso a tribuna e fondos de portería.
Cando esté completo o aforo de 450 persoas o clube restrinxirá o acceso ao campo.
Recordámosvos o seguinte:
1) O Bar estará pechado.
2) Permítese a agrupación de unidades de convivencia, recomendable non máis de 4 persoas.
3) Non se deben de ir ao campo quenes teñan síntomas de COVID-19 ou se estivesen en contacto nos derradeiros días con contaxiados de COVID-19.
4) Obrigatorio uso de mascarilla, toma de temperatura, hixiene de mans e pisado en alfombra hixienica e manter distancia de seguridade de 1,50 m.
5) Débese pemanecer no sitio e circular polo estadio só o imprescindible.
6) E moi Importente, empatía co persoal voluntario e respeto as súas instruccións.
Moitas Gracias pola vosa colaboración
Atentamente, A directiva de CD Arenteiro." |
09 Mar 2021, 22:13 |
43.46 |
1 |
0 |
+info
|
Confírmanse os rumores. Non ten pinta de que volvamos a Barbantes Estación no curto prazo https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-regresara-proximo-domingo-campo-espinedo/202103082153051011789.html |
09 Mar 2021, 09:39 |
43.46 |
1 |
0 |
+info
|
Empate xusto e mismo podemos dar as gracias. O Barco xogou mellor ca nós onte, mesmo na primeira parte en 11 contra 11 xeraron máis perigo e nós soubemos aguantar e aproveitar a nosa oportunidade. O punto de onte é moi valioso, tennos que dar motivación para este sprint final da primeira fase. O Bergantiños ten 2 partidos asequibles e unha visita ao Candocia, algo relativamente similar ao noso pero tendo que ir ao Pujales. Imos verdes! |
08 Mar 2021, 21:02 |
43.46 |
1 |
0 |
+info
|
Voltamos ao Templo. Só nos vale o +3. |
07 Mar 2021, 22:36 |
42.42 |
1 |
0 |
+info
|
55 minutos de viaxe de volta entre O Barco e O Carballiño, e eso que parei a mandarlle un churrasco na da miña curmá en Sober. Como se nos complicou o encontro a partires da expulsión de Naveira, facemos bo o empate e a pensar no Pontellas. Hai que seguire, Forza Arenteiro! |
07 Mar 2021, 22:24 |
12.59 |
1 |
1 |
+info
|
Un saúdo a toda a parroquia verde dende a bancada do Calabagueiros. A ver se voltamos cos 3 puntos no peto. IMOS@@@ |
07 Mar 2021, 18:25 |
42.42 |
1 |
0 |
+info
|
Verémonos mañá por Calabagueiros, a ver se conseguimos algunha desas 80 entradas que ofrece o CD Barco para non socios. |
06 Mar 2021, 10:16 |
42.42 |
1 |
0 |
+info
|
0-3 gañou o Alondras no San Campio, todavía lle quedan dous partidos por recuperar pero aséntase no terceiro posto e continúa a gañar enteiros pra xogar a liguilla de ascenso. |
04 Mar 2021, 00:53 |
42.43 |
1 |
0 |
+info
|
Non hai ganas de falar do partido desta semana... semella que o triunfo contra o Ourense deixou á parroquia verde emocionalmente exhausta. |
03 Mar 2021, 11:25 |
42.43 |
1 |
0 |
+info
|
Se todo vai ben ao longo desta semana, recuperaremos o XI de gala dado que Naveira non puido xogar o pasado domingo por cumplir ciclo de amonestación. O Barco de Valdeorras está no mesmo nivel anti-COVID que O Carballiño, habería que estar atentos ao tema entradas para ver se o CD Barco habilita entradas para non socios. Nese caso, eu desplazaríame ata Calabagueiros pra ver o partido en vivo. |
02 Mar 2021, 18:25 |
42.48 |
1 |
0 |
+info
|
A agresión foi na zona do córner oposta ao campo pequeno de artificial. Supoño que si non se viu en directo pola TVG 2 sería porque as cámaras estaban enfocando a lesión de Tiago ou algunha xogada na portería da UD Ourense. |
01 Mar 2021, 13:51 |
42.42 |
1 |
0 |
+info
|
Calabagueiros sempre é territorio comanche, mais non están en boa racha e a nós semella que nos sae de todo. A seguir gañando, forza verdes! |
28 Feb 2021, 22:07 |
41.24 |
1 |
0 |
+info
|
No tocante á polémica no campo, houbo un pequeno encaramento entre o adestrador da UD Ourense e algúns membros da xunta directiva de CD Arenteiro. Supoño que será normal dada a alta tensión coa que se viven estes derbis nos dous bandos.
O verdadeiramente flagrante e execrable foi a agresión recibida por certos seareiros carballiñeses nos últimos minutos do primeiro tempo, por parte dun sector (entendo que, radical) de aficionados ourensáns. Estes anormais non representan a nobleza que envolve á filosofía da UD Ourense, unha das mellores aficións de toda a categoría.
Os agresores liscaron correndo antes de que a Guardia Civil puidese chegar ao lugar dos feitos. Desexo de corazón que se poida levar a cabo un recoñecemento en calquera caso, e que se lle denegue o acceso a campos de fútbol no futuro. |
28 Feb 2021, 22:04 |
41.24 |
1 |
0 |
+info
|
Cecais o resultado máis xusto era o empate, pero facemos boa a vitoria cos empates de Arosa e Somozas. Moita sorte ao Ourense no que queda de tempada. Nós, a seguir sumando de 3 en 3. Forza Verdes! |
28 Feb 2021, 20:37 |
41.24 |
1 |
0 |
+info
|
Xa ao carón do Miño. Imos verdes! |
28 Feb 2021, 16:41 |
41.24 |
1 |
0 |
+info
|
Ao mellor xa fago noite alí pra garantizar o sitio na cima da árbore. |
26 Feb 2021, 11:16 |
41.24 |
1 |
0 |
+info
|
Quizais toque un paseíño pola beira do río en Barbantes Estación o domingo despois de comer, agora que levantaron o confinamento perimetral entre concellos. |
26 Feb 2021, 09:45 |
41.24 |
1 |
0 |
+info
|
Bo empate do Bergantiños hoxe nas Eiroas ante As Pontes, que deixa as cousas así de cara á segunda fase a falta de 5 xornadas:
Bergan 38 pts
Arenteiro 36 pts
Somozas/Arosa 33 pts
Lugo B 29 pts
Racing 25 pts (1 partido menos)
Choco 25 pts
Alondras 24 pts (2 partidos menos)
Viveiro 24 pts (1 partido menos) |
24 Feb 2021, 21:59 |
113.72 |
2 |
0 |
+info
|
Forza verdes! Toca seguir sumando de 3 en 3 para evitar que o Bergantiños colla velocidade de cruceiro no subgrupo A. |
22 Feb 2021, 10:19 |
41.27 |
1 |
0 |
+info
|
Vaia dous regalos da defensa. Xogou mellor a UD e aínda así vai 2 abaixo ao descanso. |
21 Feb 2021, 18:04 |
40.83 |
1 |
0 |
+info
|