Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
+3, dácheme igual o cómo. Imos verdes!!! 21 Mar 2021, 20:21 45.14
Vale ben igualmente. 21 Mar 2021, 20:17 45.14
Gañar a clasificación no noso grupo está ben, pero só nos vale o ascenso. A sumar 3 contra o Ribadumia no Templo e despois a loitar cada puto partido dos seis que quedan na segunda fase. FORZA ARENTEIRO. 21 Mar 2021, 19:26 45.12
Unha análise xa máis en frío, despois de mandarlle un de xamón na Cañiza. O mellor partido da tempada en termos de DRAMA, unha mágoa que non se puidese disfrutar por vía telemática. Eramos poucos os seareiros verdes na Zona Franca de Bouzas. É curioso, mais o gol tan cedo fixo que lle désemos o coiro aos locais. Penalti, por certo, que inventou o colexiado. Supoño que se verá no En Xogo, pero Rui despexa limpo de cabeza e despois Pazos choca con il, dado que o cancerbeiro lusitano non pode desaparecer do lugar no que estaba. Na segunda parte, anotamos o tanto da tranquilidade na primeira que chegamos e semellaba que os 3 puntos viaxaban de volta ao Carballiño. Pero todo se complicou coa expulsión de Portela (partido lamentable o seu, xa contra o Pontellas deixou moito que desexar), noutro penalti moi dubidoso. Os agravios de compensación, que din por aí adiante. Coido que se notou que temos unha plantilla curta. As baixas de Sylla e Pol cumplindo ciclo, sumada á convalecencia de Manu Mariña, reflexáronse no esquema usado tras quedar en inferioridade. Primeiro, con liña de 5 e Alex Fdez no eixe central da defensa. Eventualmente, con dúas liñas de 4 (Naveira, Cissé, Ger, Eimil; Renan, Alex Fdez, Germán Pérez, Arce) e Martín Torres como referencia ofensiva. Xa puido empatar o Rápido antes do desconto, despois dunha cantada de Diego. A porta baleira dispararon ao pau. O partido durou unha xogada máis do que debía durar e caeu o gol, despois de bater en Renan para cambiar a traxectoria do balón. Quizais por cuestión de xustiza, quen sabe. Por certo, qué marabilla poder disfrutar de Víctor Eimil. Non hai máis de dous xogadores millores que o noso Tractor nesta categoría. 21 Mar 2021, 18:33 45.05
Increíble que se nos escapara este partido. Despois do 0-2 de Pazos, se o partido se xoga 100 veces, gañamos 99. Vermello a Portela e penalti en contra foi moito castigo. O equipo caeuse nos últimos 20 minutos, mostramos seguridade con 4-4-1 (Ger e Cissé imperiais na zaga), pero un mal rebote no 95' privounos do +3. A pensar no seguinte, pero golpe duro. Tamén expulsaron a Justo por protestar, veremos. 21 Mar 2021, 14:54 45.08
Non preguntei para entrar, estou dende a verxa que se ve mellor que na Regueiriña e así aforramos cartos. O mellor de momento, o resultado. 21 Mar 2021, 13:15 45.05
Un saúdo dende a verxa do Pujales. 21 Mar 2021, 12:11 45.05
Entendo. En calquera caso quero dicir que é miña opinión e non pretendo sentar cátedra de ningún xeito. Cando un se mete na xunta directiva dun equipo así, sabe que vai estar exposto a críticas faga o que faga. Cada vez que veñen xente de fóra di que este é o campo en peor estado de Galicia, pero agora que se propón un arranxo caen paus porque se fai cunha subvención pública. En calquera caso, as instalacións do pobo van seguir a anos luz do que se ve por aí adiante. Mesmo o tema de xogar na Regueiriña foi motivo de debate, porque o campo está mellor que o Espiñedo pero cabe menos xente na bancada, aparte do trasfondo filosófico de non xogar no teu pobo. Son todo cuestións moi complexas e nunca vas contentar a todo o mundo. Quen nos vería a nós nunha tesitura así... 18 Mar 2021, 15:24 45.05
Eu o único que digo é que me parece moita casualidade que se arranxe o campo despois de 30 anos (ou os que sexan) poucos meses despois de que Marnotes chegue á presidencia. E máis nesta situación económica tan delicada que estamos a vivir, quizais se poderían invertir os cartos noutras cousas. A fin de contas, hai cousas máis importantes por aí, por moito que sexamos do Arenteiro. Isto non quita que a título personal me alegre desta nova. 17 Mar 2021, 22:50 118.76
Por certo, nuestro gozo en un pozo. Algo de información de servicio... seica as instalacións do Baltasar Pujales están pechadas e non están acollendo público nestas últimas semanas. Salvo cambio significativo, non poderemos viaxar co equipo a non ser que haia un vacío legal coma na Regueiriña. Se alguén sabe algo máis, que comparta o seu coñecemento por eiquí. 17 Mar 2021, 15:58 118.76
Alá polo mes de Outubro fun o primeiro en reportar neste foro os chanchullos (obvios) que había entre Deputación e Marnotes, e recordo que moita xente se me botou riba (eu sigo lembrándote alá donde esteas, Verdegaio) poñendo en dúbida o meu sentimento arenteirista. Esta decisión, no contexto actual, é simplemente a constatación de que a política é inseparable de calquera cuestión de índole social. Hai moita xente que sorprendemente está a descubrir que a auga molla. 17 Mar 2021, 15:51 118.76
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG, ademais de Presidente de Honra de Clube Deputación Arenteiro. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos. EXHIBICIÓN CATEDRALICIA DE PULPOMIRO MARNOTES. 17 Mar 2021, 12:44 45.05
Pra película interesante a que se montou Montymario, enlazando dous sucesos claramente independientes nun arco temporal de 15 anos. 17 Mar 2021, 09:38 45.05
Eu tamén escoitei a entrevista de Justo en COPE, mais semella que Mariña segue de baixa polo que trascinde Garrote neste curto https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-puntos-ser-campeon-grupo/202103152318231013412.html Confiemos en que Cissé poida recuperarse da dolencia nos isquios pra estar dispoñíbel este fin de semana. Noutro orde de cousas, situación complexa a que está a vivir o Racing Villalbés, un equipo con 90 anos de historia https://twitter.com/racingvillalbes/status/1371582560057298945 16 Mar 2021, 09:25 44.98
Falando de todo un pouco, o Polvorín xoga co Estudiantil esta xornada... HOXE MÁIS QUE NUNCA, SOLDADOS DE ROGELIO GÓMEZ "ROGELUCHO". 15 Mar 2021, 12:17 45.00
Forza Viveiro, carallo. Hai que gañar 15 Mar 2021, 12:16 45.00
A estas alturas da película xa non hai triunfo sinxelo. O único que importa é o +3 e a moi boa nova acerca do estado do Espiñedo. Semella que cun clima máis benigno, o firme vai aguantar de xeito moi digno. Importante de cara ao último partido co Ribadumia e, especialmente, con respecto á segunda fase de mes e medio. 15 Mar 2021, 12:04 45.00
Como conta Arenteirista, Manu Mariña aínda está en proceso de recuperación despois da apendicite, Cissé renqueante cunha distensión muscular e Pol cumple ciclo de amonestación despois de ver onte o seu quinto cartón marelo. Imos coa defensa en cuadro. 15 Mar 2021, 09:34 45.00
Vémonos o vindeiro domingo na bancada do Pujales. Forza Arenteiro! 14 Mar 2021, 22:08 43.38
Visita complicada ten a UD... 09 Mar 2021, 22:18 43.46