Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
O foro. 06 Nov 2022, 20:46 70.19
O foro morreu. 13 Sep 2022, 12:55 70.19
Novo podcast do iletrado de José Garrote: https://omny.fm/shows/el-vestuario/el-vestuario-lunes-5-de-septiembre Falan do Arenteiro a partir do min 27.45 06 Sep 2022, 15:01 70.19
acertaches 22 May 2022, 20:17 70.19
Obxectivo conseguido. Forza Arenteiro. 09 May 2022, 10:56 70.19
No tocante ao que comentou Roblecito2018 o luns, a verdade é que eu son o primeiro sorprendido por esta xeira de resultados. E que así siga. Forza verdes! 23 Mar 2022, 09:51 70.19
Independentemente deste tema, estou moi feliz (como para non!) coa dinámica do equipo nestas últimas semanas. Parece que as pezas empezan a encaixar. Imos a Palencia con ilusión e a competir a por todas, que é o noso ADN. Forza verdes! 21 Mar 2022, 12:05 70.19
Eu non me meto na vida de ninguén, nin xuzgo o que fai ou o que deixa de facer. Bastante teño con mirar pra o meu carallo, faltaría máis. Que este xogador é un pechabares non é nin a miña opinión nin un prexuizo, é un feito. Simplemente estou a analizar o tema baixo a perspectiva de CD Arenteiro, que é o que me importa (e polo que comento no foro). A falta de profesionalidade é flagrante, e así o considera o corpo técnico ao darlle tan pouca bola a pesares de dispor dunha plantilla tan curta. O que non vou facer é pedir que Marquitos sexa titular mentres non mostre un pouco máis de respeto polo equipo que representa. 21 Mar 2022, 11:56 70.19
Opinión impopular, pero mentres Markitos siga a ser un borracho non o quero xogando no meu equipo. Dame igual que baixe balóns de xeito elegante, sinto absoluta vergoña cando este tipo sale ao terreo de xogo co NOSO escudo no peito. Non hai nada máis grande ca o Arenteiro, non nos confundamos. 20 Mar 2022, 23:50 70.19
O Templo ten que ser unha festa. Imos Arenteiro, a pola terceira seguida sen complexos! 12 Mar 2022, 20:02 69.93
+3. Quedan 8 finais, a seguir loitando. FORZA 12 Mar 2022, 20:01 69.93
Imos con todo, verdes. Hoxe é o día de sumar de 3. 12 Mar 2022, 10:33 69.93
9 partidos quedan para a conclusión da tempada, 7 finais contra rivais directísimos e dúas visitas finais a Adarve e Avilés (aínda que estes últimos, dadas as tornas actuais, pode que estén loitando con nós tamén). O comezo do noso Tourmalet particular foi inmellorable, sumando de 3 contra o Móstoles (unha mágoa os triunfos de Llanera e Marino contra rivais que están en postos de ascenso). Sería importante colleitar o segundo triunfo a domicilio contra o Leganés, para seguir apretando as cousas e chegar ao último mes dependendo de nós mesmos, que penso debería ser o obxectivo. Forza Arenteiro! 09 Mar 2022, 13:11 544.52
Despois do trato que recibiu a parroquia local no Templo, non merecen que lles vaia ninguén animar ao Vero Boquete. Pero sei que irán. 21 Feb 2022, 14:15 999.99
Comezamos a comentar por aquí o mércores cando aos nosos lles dé por adestrar. Un saúdo. 20 Feb 2022, 20:21 69.50
Sei que vai ser opinión impopular, pero hoxe non perdemos polo árbitro. Preduxicounos, non hai dúbida, así como hai outros días que nos beneficia. Tendo a quitar esta variable da ecuación porque non aporta nada e é ruido sen sinal. Hoxe perdemos porque nos entrou o delirio de grandeza despois de gañarlle ao antepenúltimo no Helmántico, que por certo leva 6 goles en toda a tempada. Para a próxima semana podemos comezar a preparar o partido o xoves en vez de o mércores, a ver se cambiando o método hai outro resultado. Gloria e honor aos granates por facer algo que, a pesar de ser sentido común, nós non aplicamos: respeto á competición e ao rival. Moito respeto ao Pontevedra por vir aquí, pintarnos a cara e golearnos incluso no desconto. Teñen máis presuposto que nós, o que implica máis talento. E, por riba disto, unha ética de traballo moi superior á nosa. Non concibo outra forma de competir, así que de parte dun siareiro carballiñés, moita envexa sana. Baño de humildade que, non por menos esperado, sempre senta como un tiro. Resultado XUSTÍSIMO que non fai máis que reflexar unha máxima que non só aplica no fútbol, pero tamén na vida; recolleitar o que se sementa. Non confío en que isto faga mella no ego do suxeito que se senta no banco. Endexamais aprenderemos. Gustariame concluir con un "a pensar no Compos", pero tampouco quero anticipar acontecementos porque agora semella que toca descansar. Forza Arenteiro e moito ánimo a Uxío. 20 Feb 2022, 20:16 754.83
forza arenteiro. 20 Feb 2022, 17:18 69.50
De momento o que sei é que hoxe, a golpe de mércores, os nosos están tendo a primeira sesión de adestramento da semana. Independientemente do resultado do domingo (o fin non sempre xustifica os medios), penso que non é unha aproximación óptima a un partido no que nos xogamos tanto. 16 Feb 2022, 13:08 39.73
O partido da primeira volta foi unha montaña rusa de emocións; adiantándonos 0-2 e dominando a placer, para ao final rascar un punto pedindo a hora. O Pontevedra vén de perder na casa no último minuto contra un rival da nosa talla, e nós chegamos no mellor momento da tempada. Sen dúbida, parece unha boa oportunidade de manter esta boa xeira de resultados e seguir alimentando a confianza nas nosas propias posibilidades. O obxectivo ten que ser sumar de 3 por moito que vaian de segundos na clasificación. Imos verdes! 14 Feb 2022, 11:49 39.72
Vitoria de moitos quilates no Helmántico. Grande esa afición que se desprazou ata Salamanca para seguir o partido, boa viaxe de volta. FORZA ARENTEIRO 13 Feb 2022, 18:59 514.15