Comentarios de Roblecito2018

Comentario Fecha Karma
E partido espectacular no Espiñedo o próximo sábado, penso que a pesar da diferencia na clasificación de puntos, podemos perfectamente tutear o Bergantiños e ter as nosas opcións...de feito xa se fixo na primeira volta, onde nos empataron faltando 10 minutos, e con 0-1 a favor non nos pitaron un penalti como a Catedral de Santiago de Compostela 15 Mar 2022, 17:59 10.90
Me imaxino que debeu ter un problema de lesión de última hora, xa que nas imaxes de Footers que enfocaron o banquillo do Arenteiro tampouco estaba. 15 Mar 2022, 17:57 10.90
Que si Paco, o entrenador non vale para o Arenteiro, eu son un loro por dicir o que penso e son un intransixente ,e hai autocomplacencia tanto nos xogadores coma por parte da directiva. Aquí pedinse moitas solucións, e trocos de sistemas, pero moitas veces hai que ver os muñecos cos que se conta para utilizar según que sistema. Eu non son un entendido do fútbol, nin moito menos, e non me atrevo de falar de sistemas e tácticas como facedes algún por aquí, eu o que sei e vexo é que, co defenestrado sistema empregador hasta ahora para os entendidios deste foro, fumos campeóns da terceira, competimos na Copa do Rei e competimos na liga, na miña opinión, bastante ben a pesar da clasificación. E para rematar, o único que dixen e que as crítcicas me parecen excesivas e que é moi fácil subirse o carro cando as cousas empezan a ir un pouco mellor. 16 Feb 2022, 18:38 80.40
Si, críticas feroces, con burlas/ironías que rozan a faltan o respeto ,sobre todo ó mister Fran Justo. Un entrenador que levou o Arenteiro a 2º REFF, que está competindo nunha categoría que se enfrenta a equipos de cidades como Pontevedra, Santiago, Palencia, Salamanca, Avilés...etc, e que en toda a primeira volta, a excepción dos partidos contra o Coruxo e Marino, puido gañar calquera dos demáis, sin esquecer que levaron a todo un equipo coma o Valencia a prórroga na Copa do Rei. Hai moito entrenador por ahí solto, ou máis ben aliñeador, e se cree que o Arenteiro é o Madrid ou o Barcelona. O levo dicindo toda a tempada, chapeau para equipo, entrenador, directiva, e por suposto afición, que neste último partido foi en máis de 50 persoas a Salamanca a apoiar o equipo. E os que tanto ladran, na directiva están abertos a que lles boten unha man. 16 Feb 2022, 08:59 80.40
e xogando como nos últimos partidos, moitas posibilidades de tumbar ó Pontevedra, para min o mellor equipo da liga. 15 Feb 2022, 20:52 80.40
Alégrome de que as críticas tan feroces dalgúnsde por aquí ahora se volvan en apoios ó equipo, penso que é o que necesitan, e non resaltar so que fan mal. 15 Feb 2022, 20:50 80.40
Moi ben o partido do Arenteiro, deulle un repaso o Arosa, lástima dos postes e ocasións fallidas. O arbitraxe foi un escándalo. Este equipo, si segue nesta progresión non vai ter dificultades para salvarse. Por certo, o marcador electrónico do Espiñedo durou pouco... 10 Feb 2022, 20:13 40.67
Bo partido e conseguiuse o único resultado que valía. O malo a lesión de Vitra, xa non estábamos moi sobrados de defensas coa lesión de Hector Blanco e a marcha de Mariña... 06 Feb 2022, 10:12 110.16
Si, é un partido contra un equipo da nosa liga é na casa, importante a victoria. 02 Feb 2022, 19:07 110.16
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2022/01/26/uxio-da-pena-abandona-bergantinos-fichar-arenteiro/00031643213809995662981.htm 26 Ene 2022, 19:22 10.90
Fichaje confirmado do Arenteiro. Uxío da Pena, procedente do Bergantiños. 26 Ene 2022, 19:21 10.90
Sendo importante o de marcar goles, tamén o é non encaixalos. Penso que co cambio de Bueso por Mariña saímos gañando na defensa. Veremos que tal, este Pibe para a zona de ataque. Tamén escoitei que queren ceder a Markitos, entón habería que traer outro máis arriba. Toca facer cambios para mellorar, non hai outra, por moi dolorosas que sexan as decisións...máis doloroso sería baixar por non tomalas. 11 Ene 2022, 13:31 10.90
Este partido ten que ser o punto de inflexión. Bo partido, e cun menos toda a 2º parte. 10 Ene 2022, 21:03 10.90
Osián o primeiro...creo que imos ter varios movementos, tando na defensa como na dianteira. 30 Dic 2021, 14:03 80.24
O mesmo digo, boas festas para todos, e que para o ano, aparte de que salvemos a categoría, veña a Espiñedo un Madrid ou Barcelona. 24 Dic 2021, 14:07 80.23
Bo partido resultado, tendo en conta de que viñan dunha prórroga cun equipo de primeira división. Ademáis a boa nova e que apenas nos crearon ocasión o equipo rival, aspecto clave para empezar a construir. Esperemos que os reis nos traigan un goleador. 19 Dic 2021, 19:34 80.23
Orgulloso deste equipo, como loitou e plantoulle cara a todo un Valencia, un equipo cun presuposto faraónico, onde so un xogador cobra máis que todos os do Arenteiro. Iste é o camiño da salvación, xogando así se lle pode gañar a calquera equipo da 2º REF. Fixestes historia para o Carballiño...grazas directiva, xogadores e corpo técnico, como se viu este xoves, a maioría da afección está con vos. 17 Dic 2021, 22:32 80.23
O entrenador terá a súa parte de culpa, non cabe duda, pero él non remata. Vese todo moi fácil dende fora, si Arce non xoga por algo será, non creo eu que esté tirando pedras contra o seu tellado. Tamén moitos falaban de porque non xogaba ésto o outro, e despois entraron e xa se viu porque non xogaban...simplemente porque están baixo de forma. Non me cabe a menor dúbida que iste equipo irá para arriba e se salvará. O digo a 12 de decembro... 12 Dic 2021, 22:26 80.22
Pois si, o Adarve aquí en Espiñedo non amosou absolutamente nada, calquera que estivera hoxe no campo ou o vira pola televisión o pode confirmar, dos peores equipos que pasou por aquí, e o Arenteiro amosou unha boa cara, faltándolle, eso si, o gol, que é o máis importante no fútbol. A cantinela para moitos é moi simplista, so miran para a clasificación e xa o explican absolutamente todo. Con esto non digo que o Arenteiro non merezca ir onde vai, pero hoxe non creo que sexa o día de darlle paos a este equipo, a non ser, como algúns de por aquí que xa o teñen de rutina. Creo que por aquí falta crítica constructiva e sobra crítica destructiva. 12 Dic 2021, 21:05 80.22
Hoxe resultado totalmente inxusto. E o Adarve que vai de primeiro pois non o entendo...por certo o gol un escándalo, fora de xogo claro. 12 Dic 2021, 19:45 256.07